Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital

A creación deste documento está alicerzado na seguintes referencias legais:

  • rt. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer. Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital.

Polo tanto, as TIC convértense nun instrumento indispensable no noso centro educativo, tanto polas posibilidades que abre a súa utilización didáctica no proceso de ensino-aprendizaxe, como na mellora da xestión académica e dos recursos do centro.

Ademais, o centro está inmerso en diferentes programas onde a competencia dixital e TIC son o alicerce principal: EDIXGAL , DIGICRAFT EN TU COLE e INTROUCCIÓN Á ROBÓTICA NA EDUCACIÓN PRIMARIA.

Contribución do PD ao Proxecto Educativo e á Programación  Xeral Anual:
Este Plan Dixital de Centro entendémolo como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto  nos procesos de ensino aprendizaxe como nos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado.

Ademáis, é imprescindible dotar ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles, para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de xeito que se convirta nun proxecto compartido por tódolos membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías.
Por estas razóns, debe ser un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo do Centro e da Programación Xeral Anual do curso.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para recoller os datos cos que se elaborou o DAFO foron o  informe SELFIE e test CDD. Para facer unha análise real dos datos obtidos, o equipo de traballo encargado de elaborar o presente PD, reunímonos para poñer en común e reflexionar acerca de cal é a realidade do centro. Para isto empregamos directamente as táboas DAFO e, sobre cada categoría, cada quen achegou os seus pareceres baseándonos na experiencia dos últimos anos e o día a día na nosa escola.

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dificultade para concentrarse e estudar empregando unicamente contornas dixitais (estudar empregando unha pantalla como soporte). Alumnado Non
Debilidade A calidade e idoneidade da información e contidos atopados na rede. Alumnado Non
Debilidade Elemento de distraccións do alumnado, por presentar demasiados estímulos simultaneamente. Alumnado Non
Debilidade Inseguridades e comportamentos difíciles de controlar en contornas virtuais. Alumnado Si
Debilidade Fanse máis visibles as diferenzas socioculturais polo distinto dominio que o alumnado ten das ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade O alumnado muda configuracións dos equipos que impiden o seu correcto funcionamento, o que fai que a tarefa non poida progresar como estaba planificada. Alumnado Non
Debilidade Fogares con diferentes tipos de conectividade. Familias Non
Debilidade Pouco coñecemento do nivel de manexo persoal das TIC: Teñen equipamento pero non coñecemento máis aló do destinado ao ocio. Familias Si
Debilidade Escaso coñecemento das TIC como ferramenta de traballo, polo que non poden axudar ao alumnado na adquisición das mesmas. Familias Non
Debilidade Nivel socioltural e económico moi dispar. Familias Non
Debilidade A ensinanza dixital non pode desprazar totalmente o traballo sobre soporte papel, polo que moitas veces hai que facer un gasto moi elevado en fotocopias que ten que sufragar o centro. Infraestruturas Non
Debilidade Desgaste, arranxos e reposición do equipamento informático mercado polo centro que, ao non ser procedente de AMTEGA, ten que ser sufragado a nivel económico e técnico co orzamento do colexio. Infraestruturas Si
Debilidade As etapas de Infantil e Primaria atópanse en edificios diferentes e alonxados, o que dificulta a creación de espazos e infraestruturas equipadas dixitalmente que dean cobertura ao alumnado de todo o centro. Infraestruturas Si
Debilidade Precisaríanse materias, horario e dispoñibilidade docente para implantar materias destinadas ao coñecemento das TIC como ferramenta de traballo académico en tódolos cursos. Oferta Si
Debilidade O alumnado de Ed. Infantil e Primaria están en edificios diferentes polo que é dobremente complicado ter equipamento TIC dispoñible para todo un grupo clase así como levar a cabo espazos de traballo cooperativo coas TIC. Organización de centro Si
Debilidade Ausencias de espazos específicos para dinámicas de traballo coas TIC. Organización de centro Si
Debilidade Necesidade de profesorado de apoio dentro da aula para dar cobertura ás necesidades do alumnado cando todo o grupo está empregando equipos informáticos, sobre todo ao principio que sempre aparecen dificultades puntuais e individuais que impiden as progresións. Persoal docente Si
Debilidade Os recursos dispoñibles no repositorio abalar están (algúns deles) obsoletos, en formatos que xa non se empregan (lim, ardora, adobe flash player) ou non se adaptan ben aos diferentes niveis do currículo para o que están creados. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado, aínda tendo a formación, non dispón de tempo para crear contido en liña para dar cobertura ás necesidades curriculares do alumando. Precisaríase un repositorio moito máis amplo e adaptable ás necesidades curriculares de cada materia. Persoal docente Si
Debilidade Parte do profesorado, como amosa o Test Selfie e CDD, non amosa interese por empregar as TIC como ferramenta de ensino aprendizaxe e opta máis pola metodoloxía tradicional. Afronta con medo, por descoñecemento, a transición cara a educación alicerzada nas ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para a formación. Persoal docente Si
Debilidade Non recibe formación nin instrucións específicas en materia dixital. Persoal non docente Non
Debilidade Parte do persoal non ten posibilidade de acceder á rede wifi, posto que non posúe usuario para conectarse a edu.xunta. Persoal non docente Non
Debilidade Non dispoñen de equipamento TIC enviado pola da administración. Persoal non docente Non
Fortaleza A competencia dixital aporta ao alumnado ferramentas que o fan máis autónomo para a adquisición de novas aprendizaxes. Alumnado Si
Fortaleza Fomento do traballo cooperativo. Alumnado Si
Fortaleza Aumento do interese, motivación e implicación do alumnado Alumnado Si
Fortaleza Ten ao seu alcance ferramentas de autocorrección e retroalimentación. Alumnado Si
Fortaleza Algunhas familias amósanse favorables á comunicación empregando ferramentas dixitais. Cada vez vanse familiarizando máis coa páxina web e a aula virtual do alumnado. Familias Non
Fortaleza Equipamento enviado para a aula de 5º e 6º pola implantación do proxecto EDIXGAL Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento custeado polo centro para levar a cabo a aprendizaxe no eido dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza Boa cobertura de acceso á rede Wifi (edu.xunta) Infraestruturas Non
Fortaleza O Plan Dixital, supoñemos, axudaranos estrutural e economicamente a mellorar os servizos e ferramentas dixitais das que dispomos na actualidade. Oferta Non
Fortaleza Programas e proxectos novos centrados na competencia dixital tales como A Robótica en Ed, Primaria ou Digicraft en tu cole. Oferta Non
Fortaleza Concienciación e apoio por parte do equipo directivo no fomento do uso das TIC e traballo sobre a competencia dixital do alumnado e profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego de novos espazos de traballo dixital: EVA e Aula virtual. Organización de centro Si
Fortaleza Actualización recente da web do centro para ofrecer os contidos de xeito máis ordenado e intuitivo. Organización de centro Non
Fortaleza Destínase orzamento de funcionamento para mellorar o equipamento dixital, posto que dende a administración hai anos que non se cobren as necesidades. Organización de centro Non
Fortaleza Posibilidade de adaptar as tarefas aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxes. Persoal docente Si
Fortaleza Gran cantidade de recursos dispoñibles na rede tanto para a formación docente como para o seu emprego co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza As TIC ofertan gran cantidade de recursos á hora de facer un seguimento e avaliación das aprendizaxes do alumnado. Ademais, aforran moito tempo e aportan obxectividade á hora das cualificacións. Persoal docente Si
Fortaleza O emprego de ferramentas de comunicación coas familias, como Abalar, son máis flexibles e rápidas. Persoal docente Si
Fortaleza Implicación do persoal non docente do centro no progreso do mesmo no eido dixital Persoal non docente Non
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Restricións no emprego de ferramentas e programas cando non hai alternativas de software libre que cumpran a mesma función. Administración educativa Non
Ameaza Ratios de alumnado elevadas que imposibilitan poder atender a todo o alumnado á hora de presentarse problemas relacionados co funcionamento dos equipos. Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación de material TIC fóra do destinado ao plan EDIXGAL Administración educativa Non
Ameaza Alta carga de traballo burocrático que non ten relación coa mellora da calidade educativa. Administración educativa Non
Ameaza Ausencia flexibilidade (debido á falta de profesorado) de facer desdobres ou diferentes agrupamentos. Administración educativa Non
Ameaza Gran cantidade de contidos curriculares que limitan o tempo para o traballo sobre o aprendizaxe das TIC (ferramenta e seguridade) Administración educativa Non
Ameaza Escasa flexibilidade na autonomía do centro para destinar as diferentes partidas económicas en material que realmente precisa o centro. Normalmente as dotacións económicas esíxese que se gasten en material funxible cando o que se precisa é equipamento TIC inventariable. Administración educativa Non
Ameaza Escasa iniciativa na planificación e posta en marcha de actividades relacionadas coas TIC. Contorna Non
Ameaza Falta de compromiso e colaboración das entidades locais na mellora das infraestruturas do colexio. Contorna Non
Ameaza Pouco peso das TIC como ferramenta dentro do currículo. Debería ser un elemento transversal. Lexislación Si
Ameaza Ausencide flexibiliade curricular, na nova Lei, para intruducir materias relacionadas coa competencia dixital. Ata o de agora, en 4º e 6º de Primaria, impartimos Robótica como materia de libre configuración. Lexislación Si
Oportunidade Servizos de mantemento dos equipos informáticos (Servizo Premium e UAC) Administración educativa Non
Oportunidade Dotación económicas dos novos programas Administración educativa Non
Oportunidade Ten a oportunidade de levar a cabo actividades extraescolares en materia dixital, atendendo ás necesidades do alumnado neste eido, para contribuír a eliminar a fenda dixital por cuestións socioeconómicas, ANPA Non
Oportunidade Coñece, posto que ten representación no concello, cales son as necesidades do centro en materia dixital. ANPA Non
Oportunidade Pode contribuír na concienciación e apoio ás familias no eido TIC. ANPA Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise do Contexto DAFO
A partir do Informe SELFIE do Test de Competencia Dixital Docente e outras fontes de información da comunidade educativa o equipo de dinamización do PD xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD (Pedagoxía: Apoio e Recursos. E) Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe
O02PD Liderato A2. Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas. A2
O03PD (Pedagoxía: Implementación na aula F). Implementación das TIC: Polos creativos, Digicraft e robótica.
O04PD (Desenvolvemento profesional continuo D). Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital.
O05PD (Infraestrutura e equipos C). Soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.
O06PD (Liderato A1) (Infraestrutura e quipos C15, C16) (Desenrolo profesional continuo D3) (Pedagoxía: Apoio e recursos E3, E4).Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.
O07PD (Competencias Dixitais do alumnado H). Benestar dixita e Competencias Dixitais do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase do seguinte xeito:

• Avaliación procesual por parte dos responsables de cada obxectivo, supervisado polo Equipo TIC, valorando e adaptando, se fose necesario, o cumprimento das accións a desenvolver de cada obxectivo nas datas previstas. Esta avaliación procesual farase ao remate de cada avaliación.

• Avaliación final levarase a cabo ao finalizar o curso académico nunha xuntanza entre o coordinador TIC e os responsables de cada obxectivo. Nesta, farase unha reflexión sobre o cumprimento dos obxectivos e resultados obtidos. Estes datos, recolleranse na memoria de fin de curso. Tamén se deixarán recollidas as propostas de mellora, así como esbozadas as liñas de traballo do plan de acción do ano seguinte.

1º Trimestre

O01PD. Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe

- Mantemos a web do centro actualizada semanalmente coas novas dos diferentes eidos: Secretaría, biblioteca, EDLG, Actividades complementarias e extraescolares, galería de imaxes...

- Seguimos seguindo recursos, dentro do curso correspondente da AV para traballar co alumnado do GAL

 

O02PD. Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas.

- A primeira semana de curso levouse a cabo unha xuntanza co profesorado novo no centro para darlles a coñecer o funcionamento das impresoras por rede, o NAS do centro, a AV así como outras ferramentas TIC coas que se traballa no centro.

 

O03PD. Implementación das TIC: Polos creativos, Digicraft e robótica.

Nesta primeira avaliación, estamos facendo una cambio de espazo da biblioteca debido á entrada do centro no PLAMBE. Polo tanto, temos pendente:

- Crear un espazo para Robótica na Biblioteca.

- Non nos chegou aínda ningún material de polos creativos.

Actualmente, faise emprego do Bluebot en Infantil para o traballo de aula e algunhas conmemoracións e actividades complementarias.

Debido a que o profesorado non ten dispoñibilidade horaria, non podemos:

- Ter un mestre de apoio con competencia TIC, dentro da aula, para levar a cabo con eficacia as tarefas de Digicraft/ Robótica co alumando.

 

O04PD. Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital.

Actualmente temos dúas liñas de traballo no PFPP do centro:

- Seminario destinado á mellora das bibliotecas escolares.

- Seminario destinado ao coñecemento do material de Polos Creativos. Ademais, o coordinador de Polos Creativos do centro, está asistindo á formación de Coordinadores do mesmo.

 

O05PD. Soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.

Actualmente no centro:

- Contamos cunha listaxe actualizada das necesidades e incidencias de equipamento e cobertura dixital do centro, situada na secretaría do mesmo.

- Todos os equipos do centro están actualizados e funcionando. Ademais, os equipos do profesorado teñen acceso á carpeta compartida do centro (onde compartimos os recursos, documentos e material audiovisual) e  ás impresoras por rede.

- Temas a Aula Virtual do centro creada cos cursos, materias e o alumnado matriculado.

- Contamos con dotación de equipos dixitais para a meirande parte do alumnado de 3º e 4º curso de EP (equipos do centro e Educa en Dixital) e todo o alumnado de 5º e 6º de EP (Edixgal)

- O equipo TIC Da soporte audiovisual nas actividades extraescolares e complementarias que se celebren no centro., e prestar axuda aos demais Equipos (EACE, Biblioteca, EDLG...) cando o soliciten para montar as diferentes conmemoracións: Magosto e 25N 

 

O06PD. Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.

Empregamos as ferramentas corporativas para a comunicación interna e externa coa comunidade educativa tal e como establece o Plan de Comunicación do Centro aprobado no presente curso: (Páxina web, Abalar, EVA, AV)

 

O07PD. Benestar dixita e Competencias Dixitais do alumnado.

Completada xa a actividade do  Plan Director da Garda Civil e Policía Nacional sobre a Protección da natureza e o CiberAcoso esocolar.

2º Trimestre

O01PD. Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe

- Seguimos mantendo a web do centro actualizada semanalmente coas novas dos diferentes eidos: Secretaría, biblioteca, EDLG, Actividades complementarias e extraescolares, galería de imaxes...

 

O02PD. Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas.

- Cando chega profesorado novo substituto, o coordinador mantén unha pequena xuntanza para darlles a coñecer o funcionamento das impresoras por rede, o NAS do centro, a AV así como outras ferramentas TIC coas que se traballa no centro.

 

O03PD. Implementación das TIC: Polos creativos, Digicraft e robótica.

Seguimos facendo o acondicionamento da nova biblioteca. Polo tanto, segue pendente:

- Crear un espazo para Robótica na Biblioteca.

 

O04PD. Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital.

- Seminario destinado á mellora das bibliotecas escolares: Tivemos xa varias sesións nesta materia.

- Seminario destinado ao coñecemento do material de Polos Creativos: levamos a cabo a formación de radio escolar.

 

O05PD. Soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.

Actualmente no centro:

- Contamos cunha listaxe actualizada das necesidades e incidencias de equipamento e cobertura dixital do centro, situada na secretaría do mesmo.

- Todos os equipos do centro están actualizados e funcionando. Ademais, os equipos do profesorado teñen acceso á carpeta compartida do centro (onde compartimos os recursos, documentos e material audiovisual) e  ás impresoras por rede.

- Temos a Aula Virtual do centro creada cos cursos, materias e o alumnado matriculado.

- Contamos con dotación de equipos dixitais para a meirande parte do alumnado de 3º e 4º curso de EP (equipos do centro e Educa en Dixital) e todo o alumnado de 5º e 6º de EP (Edixgal)

- O equipo TIC Da soporte audiovisual nas actividades extraescolares e complementarias que se celebren no centro., e prestar axuda aos demais Equipos (EACE, Biblioteca, EDLG...) cando o soliciten para montar as diferentes conmemoracións:  Día da Paz, Entroido e Semana da prensa 

 

O06PD. Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.

Empregamos as ferramentas corporativas para a comunicación interna e externa coa comunidade educativa tal e como establece o Plan de Comunicación do Centro aprobado no presente curso: (Páxina web, Abalar, EVA, AV)

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo ou estratexia para a difusión do Plan Dixital será o seguinte:

1. O Plan será presentado e dado a coñecer ao profesorado en Claustro por parte do equipo directivo e do equipo de Dinamización. O aplicativo EduCalidade dispón da posibilidade da visibilidade e consulta do Plan Dixital.

 

2. Na páxina web do Centro tamén se informará da súa existencia e estará á disposición de toda a comunidade educativa, do mesmo xeito que os restantes documentos do Centro.

3. Dispoñible a consulta en EduCalidade