Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Datos básicos do centro:

36011798 - IES ALEXANDRE BÓVEDA

E-mail: ies.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesalexandreboveda/

Dirección: Calle de Cuntis, s/n, 36209 Vigo, Pontevedra

Teléfono: 986 29 28 12

O instituto conta con 17 departamentos e o seguinte nº de profesores/as no curso 2023/24 :

Departamento Nº profesores/as

Departamento de Ciencias Naturais 2

Departamento de Debuxo 3

Departamento de Economía 1

Departamento de Educación Física 3 

Departamento de Filosofía 3

Departamento de Física e Química 3

Departamento de Latin e Grego 1

Departamento de Lingua Castelá 7

Departamento de Lingua Galega 9

Departamento de Lingua Inglesa 7

Departamento de Lingua Francesa 2 

Departamento de Matemáticas 7

Departamento de Música 3

Departamento de Relixión 2

Departamento de Tecnoloxía 5

Departamento de Xeografía e Historia 5

Departamento de Orientación 4

Persoal administrativo 2

Persoal subalterno 2

ANPA: Existe unha asociación de pais e nais de alumnos. É importante a súa colaboración na organización das actividades extraescolares e complementarias do alumnado.

OFERTA EDUCATIVA: O instituto conta con unha oferta educativa moi ampla sendo o único centro en Vigo que oferta todos os bacharelatos. Actualmente no IES Alexandre Bóveda impártense ensinanzas de: ESO, Bacharelato: Modalidade Cientifico-Técnico, Modalidade de Ciencias socias e Humanidades, Modalidade de Artes (música e artes escénicas). Ademais, neste momento o centro conta con catro seccións bilingües (idioma inglés): 2º ESO: Unha sección bilingüe na materia de matemáticas. 3º ESO: Dúas seccións bilingües, unha na materia de educación plástica e visual e outra na materia de matemáticas. 4º ESO: Unha sección bilingüe na materia de matemáticas

  • Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O IES Alexandre Bóveda é un centro público creado no ano 1.975 sito no barrio de Coia (Rúa Cuntis s/n). O Polígono de Coia está ao SO do termo municipal de Vigo a pouca distancia da súa ría, esténdese entre a zona das Travesas e a praia de Samil; a Avda. de Castelao é a columna vertebral do barrio . O Polígono de Coia, construíuse durante a década dos setenta, e hoxe ten unha poboación de máis de trinta mil habitantes. Naceu coa pretensión de resolver un grave problema que se presentara durante aqueles anos como consecuencia da carencia de vivendas que se estaba a acusar tralo aluvión que xerou o boom industrial de Vigo nese momento. O problema do barrio de Coia é que non se desenvolveu cos servizos que estaban teoricamente previstos e propios dunha urbanización: centros comerciais, áreas de lecer, centros culturais, locais para terceira idade, parques, zonas deportivas, servizos médicos... e tomou o aspecto dun simple barrio dormitorio. Co tempo fóronse reparando esas carencias, aínda que, como é natural, sen conseguir o equipamento total que Coia debería ter dende un primeiro momento.

INFRAESTRUTURAS DE SERVIZOS SOCIAIS NO BARRIO DE COIA

Escolas • No barrio de Coia existen 7 colexios públicos de Primaria, dos cales 4 son centros adscritos:

- CEIP Illas Cies

- CEIP Seis do Nadal

- CEIP Balaídos

- CEIP O Rocío

• 2 institutos públicos de Secundaria e Bacharelato.

• 2 colexios concertados de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

• 1 colexio de educación infantil.

Equipamento sanitario: Un centro de saúde dependente do SERGAS

 

Zonas verdes e equipamento deportivo e cultural: O barrio de Coia dispón na actualidade de varias zonas verdes (A Bouza, praza da Miñoca, praza das Telladas...) sendo a máis extensa a que discorre ao longo da Avenida Castelao dende a Praza de América ata o cruce coas rúas Tomás Paredes e Porriño.

Instalacións deportivas: Pavillón municipal de Coia, campo de fútbol de A Bouza, pista polideportiva Volcáns... Finalmente salientar que existe no barrio un importante movemento cidadán composto por varias asociacións de veciños e diversas asociacións socio-culturais.

  • Transporte Varias liñas de transporte urbano conectan o barrio de Coia con outras zonas de Vigo. A maior parte do alumnado desprázase a pé ata o Centro xa que reside nas rúas próximas. Na ESO, o centro conta cun servizo de autobuses postos pola Consellería de Educación para uns 250 alumnos
  • FAMILIAS E ALUMNADO. A maior parte do alumnado naceu e reside en Vigo ou na contorna e o resto son nados en Galicia fora de Vigo. Aínda que hai alumnado nado no resto de España e inmigrantes estranxeiros, estes son un número reducido. No que respecta á situación socioeconómica tendo en conta os ingresos económicos unha maioría pertence á clase media e a profesión maioritaria entre os pais é a de traballador cualificado. En canto ós estudios de pais e nais, son maioría os que teñen titulación da bacharelato, formación profesional ou titulo universitario fronte aos que teñen titulación en ESO ou EXB, ou non teñen estudios.
  • CONTORNA SOCIOLINGÜISTICA. O galego segue sendo moi utilizado polos/as avós/avoas, aínda que o castelán xa está un pouco por riba tamén neste sector, máis descende dunha maneira acentuada entre pais e nais e na mocidade. Significativo é tamén o dato de seren practicamente capaces de comprender, falar e escribir en galego, aínda que cren ter máis dificultades que co castelán.
  • O IES Alexandre Bóveda é un centro público e, polo tanto, aberto a tódolos alumnos e alumnas que reúnan os requisitos académicos establecidos na lei, independentemente da súa raza, sexo ou crenzas relixiosas. Maniféstase laico e respectuoso con tódalas crenzas. Así mesmo, maniféstase plural, democrático, galego e busca a integración co e no contorno en relación ás diferentes dimensións (social, lingüística, cultural, natural, económica, etc.) e ós diferentes ámbitos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A elaboración do PD constou dos seguintes pasos: realización dunha enquisa ao alumnado e ao equipo docente (SELFIE) para coñecer a situación de partida, una segunda enquisa na plataforma FPROFE para coñecer o nivel de competencias dixitais do profesorado, un análisis DAFO para identificar as oportunidades e as amenazas, a elaboración dos obxectivos e por último a elaboración do Plan de Acción para implementar o PD no centro.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado non pode traer os seus propios dispositivos portátiles para utilizalos durante as clases. 2. Os alumnos non utilizan a tecnoloxía para avaliar o traballo dos compañeiros Alumnado Non
Debilidade 1. Moitas familias permiten o uso de moviles sen control aos nenos. 2. Falta de implicación por parte dos proxenitores na educación dixital. Familias Non
Debilidade 1. A rede wifi non alcanza todos os puntos do centro. 2. Instalación eléctrica moi antiga e con capacidade insuficiente para o número de alumnos do centro. 3. Frecuentes fallos nas pizarras dixitais. O cableado das mesmas dá bastantes problemas. 4. Dispositivos moi antigos. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A variada oferta educativa complica a organización dos grupos e os horarios. 2. Ratio de alumnado elevado Oferta Non
Debilidade 1. Ausencia de tempo e espacios físicos para a explorar ensinanza dixital. Organización de centro Non
Debilidade 1. Falta de repositorio de materiales de enseñanza en linea. 2. No centro non se colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza 1. Os alumnos aprenden un comportamento responsable no uso de internet. 2. Os alumnos dispoñen dunha plataforma en liña para o desenvolvemento da labor docente Alumnado Non
Fortaleza 1. As familias utilizan moito o ABALAR na comunicación co centro e a solicitude de titorías Familias Non
Fortaleza 1. As aulas dispoñen de acceso a internet. 2. No centro resólvense as incidencias técnicas. 3. As aulas dispoñen de pizarras dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O instituto dispón dunha oferta educativa variada. Oferta Non
Fortaleza 1. Desarrollo da estratexia co profesorado 2. Departamento de orientación implicado cas TIC. Organización de centro Non
Fortaleza 1. O profesorado busca recursos educativos en internet. 2. O profesorado utiliza as TIC na comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza 1. O persoal non docente está familiarizado co uso das TIC no instituto. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Tempo requerido na adaptación polo cambio no próximo no equipo directivo. Administración educativa Non
Ameaza 1. Incorporación de alumnado extranxeiro con dificultades nas competencias dixitais. Contorna Non
Ameaza 1. Inestabilidade na lexislación educativa que obstaculiza a programación a largo plazo da oferta educativa do centro. 2. Descoñecemento da lei de protección de datos Lexislación Non
Oportunidade 1. Incorporación de membros ao equipo directivo que aporten unha visión enriquecedora á estratexia dixital. 2. Previsión na organización do centro en xuño. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Apertura dun novo centro IES de Navia que reducirá os ratios de alumnado e mellora o aforro que supón nas liñas de transporte ANPA Non
Oportunidade 1. As novas tecnoloxías facilitan unha comunicación fluída Contorna Non
Oportunidade 1. Flexibilidade na adaptación da lexislación á realidade social actual orientada ás TIC. Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellora das competencias dixitais dos docentes
O02PD Utilizar as webcams das aulas para videoconferencias didácticas
O03PD Supervisar e asesorar na implantación do protocolo de protección de datos no centro.
004PD Solucionar as necesidades de equipamento e conectividade do alumnado

Seguimento

Procedemento

"O seguimento do Plan Dixital lévase a cabo a través de reunións periódicas do equipo do plan dixital e a través de reunións do coordinador co mentor Adix. Ademais, o coordinador participa en reunións informais co/a director/a do centro para informar do proceso que se está a seguir no desenvolvemento do mesmo."

1º Trimestre

O día 29/09/2023, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX presentouse e aclarou conceptos acerca do uso da aplicación "educalidade" e a estructura e elaboración do plan dixital.

O día 05/10/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión, o equipo do plan dixital revisou dito plan e acordou a creación, eliminación e modificación de varios obxectivos. Asimesmo planifícase un grupo de traballo sobre a aula virtual (moodle).

 

O día 17/10/2023, infórmase a todo o Claustro do Plan Dixital a través do correo electrónica.

O día 20/10/2023, o Plan Dixital é aprobado polo Consello Escolar.

O día 17/11/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión se fixo un seguimento dos obxectivos e tomáronse decisións acercas dos obxectivos relacionados co préstamo de ordenadores portátiles e coa implantación do uso de abalarbox.

2º Trimestre

O día 15/01/2024 reuniuse a equipa do plan dixital e abordouse a modificación do protocolo para o próximo curso en relación ao empréstimo de computadores, dada a pouca operatividade do modelo seguido este ano.

O día 18/01/2024 comezo da formación na aula virtual para o profesorado que o demanda no centro.

O día 19/01/2024 reunión co asesor ADIX, acerca do seguimento das accións do Plan dixital na plataforma educalidade.

3º Trimestre

A data 30/04/2024 rematamos o PFPP da Aula virtual no IES Alexandre Bóveda.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital entre os membros da comunidade educativa terá lugar a través do claustro e asemade vía e-mail para todos os interesados. Asimesmo, será público na páxina web do instituto.