Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

  • O Instituto San Tomé de Freixeiro conta cun alumnado predominantemente urbano. Aínda que a situación socioeconómica das familias é tamén moi variada, habendo familias con problemas económicos importantes mesturadas con familias de alto poder adquisitivo, o sector predominante ao que pertencen responde a un perfil de familias cun nivel de vida relativamente desafogado. O alumnado da ESO é predominantemente do mesmo concello, proveniente dos colexios públicos de educación primaria adscritos: CEIP Altamar, CEIP Illas Cíes e CEIP Lope de Vega. O alumnado de Bacharelato provén, máis ou menos nun 50% de alumnado do propio centro que aprobou a ESO e a outra metade de alumnado procedente de diversos colexios concertados.

  • O PD é un instrumento que forma parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Direccio¿n e a Programación Xeral Anual.

  • Contribución do PD á Programación Xeral: contribuíu a dinamizar todas as xestións e ensinanzas e actividades extraescolares que se fixeron neste centro.

Breve xustificación do mesmo.

Normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

  • O Equipo de Dinamización do Plan Dixital reuniuse mensualmente para a toma de decisións, análise e diagnose de situación do centro (elaboración de preguntas personalizadas, informes de resultados do SELFIE e informe grupal do testCDD e informe DAFO). Nas últimas reunión tratáronse os obxectivos do plan de acción para a elaboración e diseño do plan dixital.
  • O alumnado e profesorado do Centro respondeu as preguntas pertinentes ao SELFIE e ao testCDD

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO

Participación SECUNDARIA (ESO) Bacharelerato (BAC)

- Membros del equipo directivo: 40%(ESO) 60%(BAC)

- Profesorado 32%(ESO) 19%(BAC)

- Alumnado: 81%(ESO) 30%(BAC)

Véxase Táboa 1.2. en Anexos


Test CDD

Inclúese a información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro. Tamén o recollido na táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD.

Véxase Táboa 1.3. Táboa 2.1 Táboa 2.2. Táboa 2.3. en Anexos

 

 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. COMPORTAMENTO RESPONSABLE. 2. OUTORGAR RECOÑECEMENTO AO TRABALLO DOS DEMAIS. 3.APRENDER A COMUNICARSE. 4. HABILIDADES DIXITAIS PARA DIFERENTES MATERIAS. Alumnado Non
Debilidade 1. ACCESO A INTERNET. 2. PROTECCIÓN DE DATOS. Infraestruturas Non
Debilidade 1. NOVAS MODALIDADES DE ENSINO. Oferta Non
Debilidade 1. DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA CO PROFESORADO. 2. NOVAS MODALIDADES DE ENSINO. Organización de centro Non
Debilidade 1. AVALIACIÓN DO PROGRESO. 2. DEBATE SOBRE O USO DA TECNOLOXÍA. 3. RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA. 4. CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS. 5. COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Persoal docente Non
Debilidade 1. RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA. 2. CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA A APRENDIZAXE. 2. DISPOSITIVOS PARA O ALUMNADO. 3. COMPORTAMENTO SEGURO. 4. VERIFICAR A CALIDADE DA INFORMACIÓN. 5. CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS. Alumnado Non
Fortaleza 1. INFRAESTRUTURA. 2. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA O ENSINO E APRENDIZAXE. 3. ASISTENCIA TÉCNICA. 4. ESPAZOS FÍSICOS. 5. DISPOSITIVOS PARA Ou ALUMNADO. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. ENSINO DIXITAL. 2. TEMPO PARA EXPLORAR O ENSINO DIXITAL. 3. AVALIACIÓN DO PROGRESO. 4. ESPAZOS FÍSICOS. 5. ORIENTACIÓN PROFESIONAL. Organización de centro Non
Fortaleza 1. NOVAS MODALIDADES DE ENSINO. 2. COLABORACIÓNS. 3. NECESIDADES E PARTICIPACIÓN DE DPC (DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO). 4. INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS. 5. ADAPTACIÓN Ás NECESIDADES, INCLUSIÓN E COLABORACIÓN DO ALUMNADO. Persoal docente Non
Fortaleza 1. INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS. 2. IMPLICACIÓN DO ALUMNADO. 3. COLABORACIÓN DO ALUMNADO. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. DESCOÑECEMENTO DA LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. 2. FALTA IMPLICACIÓN POR PARTE DAS FAMILIAS. ANPA Non
Ameaza 1. PROTECCIÓN DE DATOS, TRATAMENTO DE DATOS E DEREITOS DE AUTOR. 2. INESTABILIDADE DA LEXISLACIÓN EDUCATIVA. Lexislación Non
Oportunidade 1. ACCESO A INTERNET. 2. DISPOSITIVOS DIXITAIS. 3. INFRAESTRUTURA E ESPAZOS FÍSICOS. Administración educativa Non
Oportunidade 1. AS NOVAS TECNOLOXÍAS COMUNICAN A COMUNICACIÓN FLUÍDA. ANPA Non
Oportunidade 1. APERTURA DE NOVOS CENTROS EDUCATIVOS. PARA REDUCIÓN DO COCIENTE ALUMNADO, AFORRO TRANSPORTE ESCOLAR. Contorna Non
Oportunidade 1. FLEXIBILIDADE E ADAPTACIÓN COA LEXISLACIÓN ACTUAL. Lexislación Non
Oportunidade 1. COLABORACIÓNS. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • Dispoñemos da rede que nos proporciona a xunta, e de puntos Wifi en todas as aulas. NON se dispón de Wifi nos despachos de administración, nin en departamentos, nin en espacios comúns.

  • Equipamento dispoñible: temos en cada aula un ordenador portátil coa súa correspondente pizarra dixital. Estes ordenadores están moi deteriorados polo seu uso e trato de múltiples usuarios. Temos neste momento 3 aulas de Informática,  tras a reforma emprendida no cuarto andar. Existen 6 ordenadores de sobremesa dispoñibles para o profesorado y outros 6 ordenadores para a administración do centro.

  • Servizos dixitais educativos que usamos no centro: páxina web do centro, aula virtual, espazoAbalar, Abalarmóbil, Abalarpro.

  • Xestión do mantemento do equipamento do centro: temos a unha persoa externa que se ocupa das incidencias incidencias informáticas  nas aulas, e noutros espazos ( secretaría, sala do profesorado..)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellora das competencias dixitais dos docentes.
O02PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado.
O03PD Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle.
O04PD Promover e mellorar a comunicación entre o centro educativo, os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar, Espazoabalar, e entre o profesorado en xeral o aplicativo AbalarPro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Nunha Primeria reunión co novo asesor do Plan Dixital, José A. Rodríguez, o día 11 de outubro de 2023 as 10:40 horas, en presencia da Directora do centro, Mª del Carmen Vélez e o Coordinador do Plan Dixital, José Antonio López,  abordáronse os seguintes temas:

- Explicación do plan dixital en Educalidade.

- Resolución de dúbidas varias.

- Inclúese no plan de formación do centro para o presente curso, unha liña dxital.

- Modificación dos obxectivos do plan con respecto ao do ano pasado, buscando obxectivos mais realistas e plausibles.

2º Trimestre

Na segunda reunión, correspondente ao segundo trimestre, o día 31 de xaneiro de 2023 as 10:40 horas celebrada  o asesor do Plan Dixital, José A. Rodríguez, en presencia da Directora do centro, Mª del Carmen Vélez e o Coordinador do Plan Dixital, José Antonio López,  abordáronse os seguintes temas:

- Indicacións e asesoramentosobre o seguimento das accións do Plan Dixital, por parte do asesor do plan dixital.

- Resolución de dúbidas técnicas sobre a correcta xestión e incorporación de datos nos diferentes apartados da aplicación EDUCALIDADE do Plan Dixital.

- A formación que se corresponde a liña dixital xa está iniciada e estase a impartir a formación correspondente, así como a realización do traballo cooperativo e individual dos diferentes participantes na devandita formación.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan debe incluír indicadores de éxito para avaliar o progreso do desenvolvemento profesional do centro ano tras ano. O nivel de consecución dos obxectivos virá dado polos indicadores que permitan detectar, programar epor en práctica os axustes e melloras necesarios. A avaliación do PD realizarase en función dos resultados obtidos, no marco de obxectivos, prazos e condicións aplicables segundo o establecido no Plan de Acción.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será na web do centro, tras a súa aprobación polo consello escolar.. O informe de progreso formaría parte da Memoria anual do centro.

 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36011580