Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, tanto no artigo Art 111 bis, no 121 e no 132.

Así mesmo tamén veñen regulados nos seguintes documentos:

-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

-Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

-Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización

O CEIP Plurilingüe Paraixal está ubicado na parroquia de Teis, na cidade de Vigo.

É un centro onde actualmente funcionan dúas unidades de Infantil e tres de Primaria.

O centro conta con 49 alumn@s e 7 mestras, a maiores temos os especialistas de PT, AL, Orientación e Relixión compartidos con outros centros. Das 7 mestras do centro 6 son definitivas o que axuda á hora de poder facer

proxectos a longo prazo, ao non haber moita mobilidade de profesorado no centro.

Ao ser un centro con pouco alumnado o presuposto anual é escaso non puidendo levar a cabo moitas melloras necesarias no centro, entre elas as relacionadas coas novas tecnoloxías.

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda e se forme como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A competencia Tic tanto do profesorado como do alumnado incrementouse dende a pandemia pola necesidade de adaptarse a novas situacións de ensinanza-aprendizaxe.

Practicamente a totalidade do alumnado conta con dispositivos tecnolóxicos así como de acceso a Internet nos seus fogares.

No Centro lévanse a cabo actividades Steam e búscase ir introducindo ao alumnado pouco a pouco no pensamento computacional.

Co proxecto Edixgal o terceiro ciclo, este próximo curso, terá á súa disposición portátiles para

poder traballar dixitalmente os contidos do currículo.

Dentro do plan Tic de centro lévanse a cabo actividades de programación de robótica.

O Plan Dixital contribuirá a que moitas actividades e obxectivos da PXA poidan ser levados a cabo, se conseguimos ter o equipamento e a conexión á rede necesaria.

Elaboración

O Plan Dixital comezouse a desenvolver polo equipo de dinamización do Plan Dixital que formou un grupo de traballo dentro dun PFPP, onde se levou a cabo o informe SELFIE, logo pasáronse os datos a unha táboa para sacar a información do DAFO e dende aí se valoraron as debilidades e fortalezas do centro en tema dixital para elexir os obxectivos que formarán parte do Plan de acción dentro do plan Dixital de centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A información previa foi recollida cos resultados do informe SELFIE así como do Test CDD.

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente practica no uso da metodoloxía Steam Alumnado Non
Debilidade Diversidade na competencia dixital Alumnado Si
Debilidade Competencia para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais Alumnado Non
Debilidade Acceso insuficiente á Aula Virtual do centro Familias Si
Debilidade Funcionamento deficiente dos dispositivos Infraestruturas Si
Debilidade Equipos desfasados Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica insuficiente Infraestruturas Non
Debilidade Adicación dun tempo estipulado para actividades Steam Oferta Si
Debilidade Falta dun tempo establecido para a coordinación no ámbito Tics Organización de centro Si
Debilidade Falta de formación sobre aprendizaxe mixta Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar as novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente formación en metodoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Falta de oferta en formación dixital Persoal non docente Non
Fortaleza Motivación intrínseca en actividades relacionadas coas Tics Alumnado Non
Fortaleza Uso de programa de edición de Scribus para a realización de Xornal Alumnado Non
Fortaleza Aprendizaxe da programación de robots por bloques Alumnado Non
Fortaleza Implicación do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Uso positivo do correo electrónico como canle co centro Familias Non
Fortaleza Boa ratio de dispositivos por alumno Infraestruturas Non
Fortaleza Implementación dun entorno Steam Oferta Si
Fortaleza Iniciación á Robótica Oferta Si
Fortaleza Boa disposicion do profesorado para facer uso das novas tecnoloxias Organización de centro Si
Fortaleza Interese do profesorado na actualización dixital Organización de centro Non
Fortaleza Tempo que se adica á reflexión sobre as Tics Persoal docente Non
Fortaleza Creacción de recursos para o afianzamento dos contidos Persoal docente Non
Fortaleza Busca de recursos para repaso dos contidos, aloxados na Aula Virtual Persoal docente Non
Fortaleza Difusión de proxecto educativo do centro a través das redes sociais Persoal docente Non
Fortaleza Coñecementos informáticos para actualizar os sistemas operativos dos dispositivos Abalar Persoal non docente Non
Fortaleza Boa disposición para creación de materiais dixitais en inglés. Persoal non docente Non
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficientes dotación de equipamento tecnolóxico Administración educativa Si
Ameaza Insuficientes achegas económicas Administración educativa Si
Ameaza Carga burocrática desproporcionada en detrimento da calidade educativa Administración educativa Non
Ameaza Temporalización deficiente para a integración de metodoloxías innovadoras Administración educativa Non
Ameaza Oferta insuficiente de cursos de calidade de actualización dixital Administración educativa Si
Ameaza Baixo número de familias no centro ANPA Non
Ameaza Excesivo número de centros educativos na cidade Contorna Non
Ameaza Mala execución da implementación da lexislación europea Lexislación Non
Ameaza Actualización en canto ao marco europeo Lexislación Non
Ameaza Moita teoría e pouca práctica Lexislación Non
Ameaza Falta de reflexión na introdución de métodos e recursos Lexislación Non
Ameaza Falta de financiación externa Outras Non
Oportunidade Comunicación continua a través do correo electrónico Administración educativa Non
Oportunidade Boa disposición para ofertar cursos ANPA Non
Oportunidade Participación das familias ANPA Non
Oportunidade Boa localización por pertencer a unha cidade grande Contorna Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións

 Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertindo os items en obxetivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións.
 
A análise DAFO indícanos
  • Factores Internos que debemos mellorar:

Funcionamento deficiente dos dispositivos

Asistencia técnica insuficiente

Equipos desfasados

Falta de formación sobre aprendizaxe mixta

Insuficiente formación en metodoloxías dixitais

Falta de tempo para explorar as novas modalidades de ensino

Falta de oferta práctica en formación dixital

Insuficiente práctica no uso da metodoloxía Steam

Competencia para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais

Diversidade na competencia dixital

Acceso insuficiente á Aula Virtual do centro

Adicación dun tempo estipulado para actividades Steam

Falta dun tempo establecido para a coordinación no ámbito Tics

  • Factores externos que deberían mellorar:

Maior dotación de equipamento tecnolóxico

Insuficientes achegas económicas

Temporalización deficiente para a integración de metodoloxías innovadoras

Carga burocrática desproporcionada en detrimento da calidade educativa

Oferta insuficiente de cursos de calidade de actualización dixital

Mala execución da implementación da lexislación europea

Moita teoría e pouca práctica

Falta de reflexión na introdución de métodos e recursos

Baixo número de familias no centro

Excesivo número de centros educativos na cidade

Falta de financiación externa

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Posta en marcha dos recursos incluídos nos Polos Creativos
02PD Levar a cabo formacións dirixidas a mellorar a competencia dixital
03PD Impulsar o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado de segundo e tercer ciclo
04PD Impulsar unha utilización eficaz dos nosos recursos tecnolóxicos

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do plan Dixital levará a cabo unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do plan así como dos seus obxectivos.

A coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para a actualización deste plan, así como para ir facendo o seguimento do mesmo.

Contarase co apoio da mentora ADIX para calquera necesidade que poida xurdir en canto ao PD, así como para recepción das informacións necesarias.

1º Trimestre

AO1.1-Solicitar PFPP do material incluído en Polos Creativos: ACADADA

AO3.1-Matricular ao alumnado e profesorado na aula virtual: ACADADA

 

2º Trimestre

AO1.2-Organización dos espazos e alumnado ao que irá dirixido: ACADADA

AO3.2-Crear contrasinal para o alumnado do centro: ACADADA

AO4.1-Iniciar a alfabetización dixital do alumnado de 1º Ciclo cos portátiles Abalar: ACADADA

3º Trimestre

AO1.3-Coñecemento e uso dos novos materiais a utilizar:

AO2.1-Participar en cursos ofertados pola Consellería: ACADADA

AO2.2-Toma de contacto cos recursos dixitais H5P: ACADADA

AO2.3-Continuar co traballo de elaboración de contidos no espazo Edixgal:

AO3.3-Traballar co alumnado as actividades creadas:

AO4.2-Crear unha actividade común relacionada co proxecto anual de centro adaptada a cada etapa educativa:

AO4.3- Actualizar e mellorar funcións da páxina web do centro: ACADADA

AO4.4-Creación de recursos dixitais por parte do alumnado do 3º Ciclo:

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do proceso do Plan Dixital farase unha vez ao trimestre, en relación coa consecución dos obxectivos que nos marcamos, tendo en conta os resultados obtidos e os plazos previstos. De ser o caso valoraranse as posibles modificacións así como as propostas de mellora.

O informe final formará parte da memoria anual de centro onde se valorará despois do curso o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan Dixital do centro está dispoñible na páxina Web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipparaixal/?q=node/470

Podese visualizar o Plan Actual 2023-24 no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010678