Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Xustificación do plan dixital en relación coa normativa vixente.

O plan dixital se enmarca dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

- Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (art. 111 bis, art. 121 e art 132)

- Lei Orgánica 2/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Pprofesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 (regula a elaboración do plan dixital por parte dos centros docentes na disposición adicional quinta).

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral dke Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

- Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (art. 30.1)

- Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o D 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (art. 15).

- D. 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (art. 34.1)

- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (art. 14)

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao proxecto educativo.

O presente Plan Dixital incardínase dentro da liña marcada no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual contribuíndo ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro:

- Plans anuais de lectura, incluido o proxecto lector do centro.

- Plan de dinamización da Lingua Galega.

- Plan de atención á diversidade.

- Plan de Convivencia.

- Programas de innovación educativa: PLAMBE, ARCO e PROA+

- Outros proxectos de centro vinculados ás actividades complementarias relacionadas coas conmemoracións escolares: Samaín, Magosto, Día internacional contra a violencia de Xénero, Día da declaración dos Dereitos humanos, Nadal, día da Paz, Entroido, Semana da Prensa, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana das Letras Galegas, Día mundial do medio ambiente.

1.3. Proceso de elaboración do Plan Dixital.

O presente Plan Dixital elaborouse seguindo diferentes fases:

- Análise: a través do informe SELFIE e o test CDD.

- Fase de diagnose a través dun informe sobre debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (en adiante DAFO)

- Fase de elaboración do Plan Dixital na que se realizou o deseño do plan de acción e a elaboración do plann dixital propiamente dito.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar a análise DAFO realizouse unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos derivados dos informes extraídos do test SELFIE (cuxas siglas en Inglés significan "reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas") e do test CDD (test de Competencia Dixital Docente).

Ademáis tamén se analizou a situación de partida do centro en canto a infraestrutura, equipamento e servizos dixitais.

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7 Creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade UTIC3 Tecnoloxía fora do centro con fins de aprendizaxe. Familias Non
Debilidade UTIC2 A tecnoloxía no fogar para as tarefas escolares. Familias Non
Debilidade C5 Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Debilidade C15 Tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Debilidade UTIC 1 Tecnoloxía no centro. Infraestruturas Non
Debilidade PE2 Promocion e emprego de software libre no ámbito educativo. Organización de centro Si
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade G6 Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade A4 Tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade E3 Empleo de Entornos Virtuais de Aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza UTIC 4 A tecnoloxía no fogar para o ocio. Familias Non
Fortaleza AFC Acceso do alumnado a dispositivos fora do centro. Familias Non
Fortaleza UTIC 5 Ausencia de tecnoloxía fora do centro. Familias Non
Fortaleza C10 Dispositiviso dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C7 Protección de datos Infraestruturas Si
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Oferta Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza DPC 5 Orientación / asesoramento interno. Persoal docente Si
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza E4 Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza DPC 3 Desenvolvemento profesional a través da colaboración. Persoal docente Si
Fortaleza F4 Inclusión do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza DPC 6 Outra formación interna. Persoal docente Si
Fortaleza SMT 1 Preparación de clases. Persoal docente Si
Fortaleza SMT 2 Impartición de clases. Persoal docente Si
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal non docente Si
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1 Infraestrutura. Administración educativa Non
Oportunidade C7 Protección de datos. Administración educativa Si
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS  e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES E AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en bas á cal de xeito cuantitativo establécese unha orde de prelación que fixemos pasar tamén por un fiiltro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporizacións.

Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertindo os items en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

A análise DAFO indícanos:

Factores internos que debemos mellorar:

1º - A4 Tempo para explorar o ensino dixital.

2º - C5 Asistencia técnica e C15 tecnoloxías asistenciais.

3º - F5 Colaboración entre o alumnado e F6 Proxectos interdisciplinares.

4º - E2 Creación de recursos dixitais e E3 Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe.

5º - H7 Creación de contidos dixitais.

6º - PE1 Utilización de servizos dixitais corporativos para información e comunicación coas familias PE2 Emprego de software libre (promoción e coñecemento por parte de profesorado e alumnado) no ámbito educativo.

7º - G6 Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo

 

Factores externos que deberían mellorar:

1º - C1 Infraestrutura.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar a dotación de ordenadores da Aula Móbil de informática durante alomenos unha sesión diaria co alumnado de cada curso axeitado ao nivel.
O02PD Solicitar o proxecto educativo Radio na Biblio (en https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/ )
O03PD Poñer en marcha un proxecto de robótica colaborativo inter-ciclos coa creación dun "Libro robot".
O04PD Utilizar ferramentas institucionais para a comunicación coas familias: Abalar e abalarbox.
O05PD Solicitar a charlas informativas axeitadas ao nivel do alumnado sobre uso responsable de dispositivos dixitais e redes sociais.
O06PD Continuar participación no programa Polos Creativos Plus realizando proxectos audiovisuais para a canle de radiotelevisión escolar aberta no pasado curso 22-23 para darlle difusión ao traballo realizado nas aulas ( https://www.youtube.com/playlist?list=PLoinSALF7auj1uypmB_ExjBqgHFIshFmL)
O07PD Involucrar ás familias en obradoiros co material de polos creativos ofertándolles espazos e materiais tecnolóxicos do centro para a creación de produtos nos que participe o alumnado (por exemplo, coa confección de disfraces para o musical "Greasse").
O08PD Facer un repositorio de ferramentas que o alumnado poda empregar de xeito autónomo para a creación de recursos.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguemento do desenvolvemento do Plan Dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A mentora Adix analizará xunto coa coordinadora do Plan Dixital o desenvolvemento do proxecto.

A coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da directora.

1º Trimestre

AO01.01. Creación e mantemento de contas de usuario individuais para cada un dos dispositivos con conectividade destinados a uso do alumnado. Acción finalizada con éxito.

AO02.01. Solicitar a participación en Radio Na Biblio a través da plataforma https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/ Acción finalizada pero obxectivo non acadado xa que non se nos concedeu a participación en dito programa educativo por non ter claros os criterios a valorar.

AO03.01. Solicitar o Plan de Formación Permanente do Profesorado para o centro na liña didáctica cun itinerario de Polos creativos. Acción finalizada con éxito (código V2306179) dentro do PFPP do centro (código V2331093)

AO04.01. Formación interna entre o profesorado para utilizar a ferramenta institucional de comunicación coas familias: Abalarpro. Acción finalizada con éxito.

AO04.02. Información ás familias da exclusividade das canles de comunicación institucional. Acción finalizada con éxito.

AO05.01. Solicitar non enredes a cargo da asociación alborada. Acción finalizada con éxito.

AO07.02. Reunión da Mestra especialista de Inglés coas familias para explicar o proxecto "Greasse" e pedir colaboración. Acción finalizada con éxito.

 

 

2º Trimestre

AO03.02. Participar no PFPP no itinerario de didáctica (itinerario de Polos creativos) cun proxecto de robótica inter-ciclos. Acadado con éxito.

AO05.02. Solicitar participación no plan Navega con rumbo (a cargo da consellería de Educación). Non acadado (non temos novas sobre a convocatoria).

AO07.01. Enviar mensaxe de difusión ás familias co material do Polo Creativo dispoñible para a súa utilización e solicitando colaboración. Acadado con éxito.

AO07.03. Elaboración de vestiario para o musical "Greasse". Acadado con éxito.

AO07.04. Obradoiros de cociña utilizando material do Polo creativo. Acadado con éxito.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliarase tanto o proceso como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirá o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.

- Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Para a avaliación final cumprimentarase unha táboa tricotómica (con indicadores realizada, aprazada ou pendente) nas que se revisarán os seguintes valores anotando tamén as observacións que sexan precisas en cada un:

- Incluiuse no tempo de permanencia no centro do profesorado unha sesión de unha hora de duración mensual para formación colaborativa en TIC?

- Creouse e actualizouse un repositorio de actividades interactivas para uso e manexo do alumnado no tempo semanal de Biblioteca?

- Realizouse a montaxe e posta en marcha da radio e televisión escolar?

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A este Plan Dixital daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro, dentro do bloque "O centro", no elemento do menú "Regulamento do centro" na seguinte URL:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsansalvador/node/641