Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital no Centro e contribución ao Proxecto Educativo

O Plan Dixital do noso centro debe ser o instrumento que adapte e facilite o uso dos medios no proceso de ensino-aprendizaze, entendido desde  obxectivo de desenvolvemento do alumnado completo e integral.

É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, para que se convirta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dé coherencia e guíe no uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo e a Programación Xeral Anual.

 Preténdese :

    Dar solución ás novas inquedanzas que ten o alumnado, desenvolvendo as súas capacidades creativas e de organización, e promovendo as súas competencias dixitais.

  • Fomentar accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas en actividades tanto de formación como de creación no ámbio audiovisual e tecnolóxico.
  • Facilitar a aprendizaxe e a solución conxunta de proxectos coa participación de alumnado, profesorado e familias.
  •  Empregar a programación e a robótica educativa como medio para acceder aos contidos do currículo dun xeito diferente.

O mundo dixital é un novo hábitat no que a infancia e a mocidade viven cada vez máis, nel aprenden, relaciónanse, consumen, gozan do seu tempo libre. Co obxectivo de que o sistema educativo adopte o lugar que lle corresponde no cambio dixital, debemos traballar pola atención ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado das nosas etapas educativas.

Esta idea debe verse reflictida cada curso na Programación Xeral Anual e servir de referencia para promover e mellorar a nosa participación en programas e proxectos de innovación educativa :

Edixgal, Polos creativos....dando continuidade á traxectoria que comezamos hai catro cursos onde a meirande parte do profesorado partipa nas formacións en ferramentas dixitais,traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais,linguaxes de programación (robótica), ben sexa como asistente a cursos externos ou formando parte dos PFPP que se levan a cabo no centro.

Proceso de elaboración

O equipo de dinamización do Plan dixital constituíse coa maioría dos membros do equipo TIC  e como representantes do equipo directivo asumen a participación o director do centro e a secretaria como coordinadora.

Despois do establecemento dun primeiro contacto co centro educativo, a nosa mentora do equipo ADIX enviou á persoa coordinadora as instrucións  para formalizar o autorrexistro na aplicación informática e a partir de ahí elaboráronse os documentos secuencialmente.

En primer lugar, configurouse o cuestionario SELFIE pero non conseguimos unha participación mínima do alumnado, así que se repetíu o cuestionario engandindo unha serie de cuestións de carácter obrigatorio  que a Consellería ordenou a posteriori.

No segundo trimestre o profesorado voluntario realizou o test de Competencia Dixital Docente .

Asistimos á primeira formación online en marzo para elaborar o DAFO e a unha segunda formación en abril para definir os obxectivos do plan de Acción, tendo en conta os resultados do informe SELFIE e o DAFO.

Unha vez elaborada a táboa cos obxectivos do Plan de Acción nas diferentes áreas e seguindo un documento guía facilitado pola Consellería conseguiuse a primeira versión do noso PLAN DIXITAL, do que se fai seguimento e avaliación cada curso, modificando ou creando novos obxectivos se foxen acadados.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Informe SELFIE
  • Test CDD
  • Reflexións do Claustro
Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No centro, o alumnado non utiliza moito a tecnoloxía nalgunhas materias. Alumnado Si
Debilidade A tecnoloxía no fogar, emprégase pouco para as tarefas escolares Familias Non
Debilidade A tecnoloxía no fogar emprégase fundamentalmente para actividades de lecer Familias Si
Debilidade A infraestrutrura dixital do centro é insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade Adopción da tecnoloxía. Normalmente o profesorado empeza a usar as tecnoloxías dixitais cando comenzan os compañeiros/as. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non dispón de tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade No centro non dispoñemos de espazos físicos que faciliten o ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade No noso centro apenas evaluamos os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Noso profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa su aprendizaxe . Persoal docente Si
Debilidade No noso centro non debatimos sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade No centro non dispoñemos de espazos físicos que faciliten o ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado non precisa empregar software de pago para a realización das actividades propostas desde o centro educativo. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado pode facer un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro na maioría das materias Alumnado Si
Fortaleza O profesorado proponnos diferentes actividades que requiren o uso de tecnoloxías acordes as nosas necesidades. Alumnado Si
Fortaleza Utilizamos a tecnoloxía para traballar en grupo. Alumnado Si
Fortaleza Aprendemos a comprobar se a información que atopo e internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza Son coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e dispoño e fago uso deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado ten acceso a dispositivos dixitais fora do centro Alumnado Si
Fortaleza Dispoñemos de asistencia técnica. Alumnado Non
Fortaleza Aprendemos a actuar de xeito seguro e responsable en internet e respetando aos demais. Alumnado Si
Fortaleza As familias e o alumnado atopan a información que precisan na Web do centro Familias Non
Fortaleza Ó alumnado e ás familias chéganlles avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil. Ademais pódense xustificar as faltas ou pedir titorías. Familias Non
Fortaleza O noso centro conta cunha estratexia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña e crea os seus propios recursos. Persoal docente Si
Fortaleza Debatimos co noso profesorado sobre as súas necesidades de D.Profesional continuo no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O centro dispon de asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas polasAdministración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Nas aulas hai equipamento informátcio mercado polo propio centro. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Si
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza No centro, a infraestrutura dixital non respalda a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Os recursos son insuficientes. Administración educativa Non
Oportunidade A administración posibilita a formación do profesorado a través dos PFPPs en centros e outras canles. Administración educativa Si
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do test CDD  e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan dixital do Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo quede aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións.

Aquelas que son máis urxentes, serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os items en obxectivos que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerasepa pestana " obxectivos "

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover o uso da aula virtual a través de actividades creadas por e para o alumnado nos cursos de 3º a 6º de Ed. Primaria
O2PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais para levar a cabo prácticas de avaliación a partir de 3º de Ed.Primaria
O3PD Fomentar o uso responsable das TIC para que o alumnado realice unha navegación segura e fiable.
O4PD Promover o uso das TIC como ferramenta educativa na etapa de Ed.Infantil e Primeiro Ciclo de Ed.Primaria.
05PD Familiarizar ao profesorado e alumnado coas técnicas de gravación de imaxe, son, locución e edición.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A mentora Adix analizará xunto coa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión do director.

1º Trimestre

Non  hai accións para valorar no primeiro trimestre , todas exténdense ao  segundo ou terceiro  trimestre.

2º Trimestre

Reunido o equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorouse a evolución deste, ao longo do segundo trimestre, cos seguintes resultados:

 

  1. Respecto ao PRIMEIRO OBXECTIVO, a acción AO1.1 está conseguida, a AO1.2 segue en proceso xa que a temporalización abrangue ata xuño  para acadar o obxectivo final e non se acadou a porcentaxe total.
  2. Do SEGUNDO OBXECTIVO, levouse a cabo a acción AO2.1 peron non se conseguiu desenvolver a AO2.2 no 100% dos cursos, valorarase en xuño.
  3. A acción AO3.1 desenvolveuse tal como estaba programada antes de rematar o mes de marzo, todos os cursos de 3º a 6º recibiron charlas informativas sobre os perigos de internet e sobre redes sociais. Queda pendente a elaboración dunha listaxe de boas prácticas para  conseguir o TERCEIRO OBXECTIVO xa que a temporalización indicada para esta acción remata en xuño.
  4. O CUARTO OBXECTIVO programado para Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed.Primaria está programado para levarse a cabo durante o todo curso, cumpríndose as accións AO4.1 e AO4.2( emprego dos blogues  e panel interactivo)  A última acción AO4.3 non se está desenvolvendo nin en Infantil nin no primeiro nivel do primeiro Ciclo de Ed. Primaria. Estudiarémolo na próxima xuntanza do noso equipo.
  5. Respecto ao QUINTO  e último OBXECTIVO,  a  AO5.1 relativa a acadar a técnica de redacción dun guión audiovisual foi conseguida neste segundo trimestre, queda pendente a segunda acción para obter o valor deste obxectivo que é a edición dun vídeo cuxa temporalización abrangue ata xuño.
3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 

O noso PLAN DIXITAL  será publicado compartindo co Claustro e Consello Escolar a URL  da aplicación EDUCALIDADE para ser aprobado  polo Consello ,oído o Claustro, o día 24 de outubro de 2023.

A URL do noso Plan dixital sería https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010538