Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 Breve xustificación do mesmo

O plan dixital se enmarca dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo unha orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132). 
  • Neste marco lexislativo nacional, a Comunidade Autónoma de Galicia publicou a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. Nesta normativa autonómica se regula a elaboración por parte dos centros docentes durante o curso 2021/22 do plan dixital (Disposición adicional quinta).
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do plan dixital será realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e outra persoa do claustro, que no caso do noso centro será a persoa coordinadora do equipo TIC.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa, no que se concreta a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD.

Contextualización:

A Escola Infantil “Cristo da Victoria” de Vigo está situada na zona este do barrio de Coia, preto de centros comercias, praias, estaleiros, fábricas e tamén montes. É un barrio moi poboado que se foi creando sobre terreos de cultivo, a partir dos anos 60. Na actualidade conta cunha poboación de máis de 30000 habitantes. O presente Plan Dixital incardínase dentro da liña marcada no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual contribuíndo ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro:

  • Plan de dinamización da Lingua Galega.
  • Plan de atención á diversidade.
  • Plan de Convivencia.
  • Programa Innova EduSaúde.
  • Outros proxectos de centro vinculados ás actividades complementarias relacionadas coas conmemoracións escolares: Samaín, Magosto, Día internacional contra a violencia de Xénero, Día da declaración dos Dereitos humanos, Nadal, día da Paz, Entroido, Semana da Prensa, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana das Letras Galegas, Día mundial do medio ambiente. Por último, o Plan Dixital potenciará directamente o Plan de dinamización das TIC de xeito que supoña un importante impulso para a implementación necesaria e definitiva das novas tecnoloxías na vida cotiá de toda a comunidade escolar.

 Proceso de elaboración

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021 o proceso de elaboración do plan dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases: 

  • Fase de análise da situación do centro a través de 2 instrumentos: 
  • Informe SELFIE.- con aportacións de equipo directivo e todo o profesorado do centro.
  • Test CDD.- Realizado por todo o profesorado do centro.
  • Fase de diagnose de situación do centro.
  • Informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (en adiante DAFO).- elaborado polo equipo de dinamización do plan dixital.
  • Curso 21-22: Fase de elaboración do Plan Dixital.
  • Deseño do plan de acción.- polo equipo de dinamización do plan dixital.
  • Elaboración do Plan dixital propiamente dito.- equipo de dinamización do plan dixital
  • Curso 22-23: Implementamos o plan e empregamos a aplicación EduCalidade.
  • Curso 23-24: Novos obxectivos no Plan Dixital.
  • Seguimos empregando o DAFO que fixemos en 21-22 e a experiencia acumulada nestes dous anos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Para iso, levouse a cabo unha parametrización partindo da media obtida en cada área e, observando a desviación obtida en cada ítem con respecto á puntuación de referencia.

Calsificáronse os aspectos internos dos diferentes ítems como fortalezas ou debilidades, e os aspectos externos como oportunidades ou ameazas.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Poboación de 3 a 6 anos con carencias noutro tipo de propostas básicas para esta etapa. Alumnado Si
Debilidade Escaso acceso a internet e a recursos dixitais. Familias Non
Debilidade C2. Equipos tecnolóxicos obsoletos para levar a cabo o Plan Dixital. Infraestruturas Non
Debilidade C1. Non están actualizados os equipamentos e as redes. Infraestruturas Non
Debilidade Escola pequena que non conta con Equipo TIC suficiente. Organización de centro Non
Debilidade E4. Falta de formación permanente útil, necesaria para adquirir competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Alta motivación do alumnado polas súas características evolutivas. Alumnado Si
Fortaleza Alta participación. Familias Non
Fortaleza Escola familiar con persoal definitivo que da un bo uso dos recursos. Infraestruturas Non
Fortaleza Programación de actividades TIC nas sesións de obradoiros de inglés e linguaxe con grupos reducidos. Oferta Non
Fortaleza Autonomía pedagóxica. Organización de centro Non
Fortaleza Actitude do persoal docente. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de traballo burocrático Administración educativa Non
Ameaza Ciclos curtos de nomeamentos dos representantes. ANPA Non
Ameaza Moita lexislación non adaptada á realidade actual. Lexislación Non
Oportunidade Formación do profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Dispoñibilidade para levar a cabo calquera proposta que se lle comente. ANPA Non
Oportunidade Orientación grazas ao marco lexislativo Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo o DAFO do noso centro, e tras a experiencia acumulada nestes dous anos, consideramos que as liñas a traballar serán as seguintes para o curso 23-24:

Obxectivo 1: Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.

Obxectivo 2:   Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD E1. Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.
O02PD E2. Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.
O03PD F5. Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo.

Seguimento

Procedemento

Para a consecución seguiremos o plan diseñado, atendendo as accións e od obxectivos do Plan Dixital do centro.

  1. Levouse a cabo con éxito.
  2. Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
  3. Levouse a cabo sen éxito.
  4. Non se levou a cabo.
  5. Observacións (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)

 

1º Trimestre

O01PD. Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.

AO1.1 :Identificar e seleccionar ferramentas dixitais que poden ser útiles para a creación de recursos educativos para a etapa de educación infantil. Realizada.

AO1.2: Proporcionar formación ás docentes sobre como usar estas ferramentas para crear recursos educativos. Realizada, ao longo do curso.

AO1.3: Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas entre as docentes sobre como usar as ferramentas dixitais de maneira efectiva. Realizada, ao longo do curso.

AO1.4.: Revisar e actualizar regularmente os recursos educativos creados para asegurar que sigan sendo relevantes e útiles. Realizada, ao longo do curso.


O02PD: Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.

AO2.1: Identificar as necesidades de contido da páxina web. Realizada.

AO2.2: Proporcionar formación ou asistencia, se é necesario, para axudar ao persoal docente a elaborar e subir os contidos. Realizada, ao longo do curso

AO2.3: Elaborar plantillas comúns para a subida de contido á páxina web. Realizada.

AO2.4: Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están accesibles e no formato elixido. Realizada. En proceso ao longo do curso.

 

O03PD: Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo.

A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais. Realizada. En proceso ao longo do curso.

2º Trimestre

O01PD.  Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.

AO1.2: Proporcionar formación ás docentes sobre como usar estas ferramentas para crear recursos educativos. Realizada, ao longo do curso.

AO1.3: Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas entre as docentes sobre como usar as ferramentas dixitais de maneira efectiva. Realizada, ao longo do curso.

AO1.4.: Revisar e actualizar regularmente os recursos educativos creados para asegurar que sigan sendo relevantes e útiles. Realizada, ao longo do curso.

 


O02PD: Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.

AO2.2: Proporcionar formación ou asistencia, se é necesario, para axudar ao persoal docente a elaborar e subir os contidos. Realizada, ao longo do curso.

AO2.4: Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están accesibles e no formato elixido. Realizada, ao longo do curso.

 

F5. Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo

A03.1. Emprego de actividades dixitais coas que o alumnado sexa autónomo. Realizada, ao longo do curso.

A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais. Realizada, ao longo do curso.

3º Trimestre

O01PD.  Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.

 

AO1.2: Proporcionar formación ás docentes sobre como usar estas ferramentas para crear recursos educativos

 

AO1.3: Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas entre as docentes sobre como usar as ferramentas dixitais de maneira efectiva.

 

AO1.4.: Revisar e actualizar regularmente os recursos educativos creados para asegurar que sigan sendo relevantes e útiles

 


O02PD: Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.

 

AO2.2: Proporcionar formación ou asistencia, se é necesario, para axudar ao persoal docente a elaborar e subir os contidos.

 

AO2.4: Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están accesibles e no formato elixido.

 

F5. Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo

 

A03.1. Emprego de actividades dixitais coas que o alumnado sexa autónomo

 

A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24. A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:


1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto.


2. Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución:
Acadado, parcialmente ou pendente.


3. Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:
a. Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?
b. Manterase o obxectivo?
c. Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?
d. É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?
e. É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?
f. Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?
(*Estas preguntas u outras que poidan ir xurdindo nos dará as pautas para realizar unha
avaliación máis reflexiva e concisa que poderemos reflectir posteriormente nunha rúbrica.)


Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:


- Avaliación procesual.- Realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan dixital. Neste ámbito será necesario definir os protocolos ou estratexias que serán necesarios para organizar as revisións do plan e aplicar as actualizacións oportunas, así como publicitar e difundir o plan dixital entre a comunidade educativa.

PROTOCOLOS OU ESTRATEXIAS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL

Acción Destinatarios Canle Responsable Difusión do Plan ao Claustro de profesorado: Na primeira reunión xeral informar ao claustro a través dunha presentación.

Coordinadora TIC Difusión á Comunidade Educativa: Inclusión do Plan Dixital no PEC para a difusión do mesmo na web do centro*

Equipo directivo Difusión ás familias: Na reunión xeral a comezo de curso informarase do proxecto e as accións nas que estarán implicadas Equipo directivo

Nota*: daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro dentro do bloque “O centro” no elemento do menú “Regulamento do centro”.

http://www.edu.xunta.gal/centros/eeicristodavictoria

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010265