Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP  aséntase no barrio de Coia, un dos máis poboados da cidade de Vigo. É unha zona residencial moi ampla, situada en torno a avenida Castelao. Trátase dun núcleo eminentemente urbano, próximo ó centro de Vigo. É lugar de residencia dunha poboación de procedencia variada.

Todo o alumnado vive no núcleo urbano onde está situado o centro. Aproximadamente un 20% é de procedencia estranxeira.

Practicamente a totalidade do alumnado do centro ten conexión a internet, contan con computador, tablet ou algún dispositivo móbil con acceso a internet. O centro sempre buscou paliar as carencias de medios técnicos facilitando o acceso á zona multimedia da biblioteca durante os recreos e polas tardes.

 É un centro completo dunha liña, escolarizando alumnado de Infantil e Primaria. A plantilla de profesorado é a contemplada no catálogo de postos de traballo para un centro desta índole, a maiores temos unha mestra especialista en pedagoxía terapéutica para alumnado de atención preferente, así como a docente PROA (PT)  e a docente ACOMPAÑA (AL).

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Realizouse durante o inicio de curso 20-21 unha enquisa sobre a conexión a internet e dispositivos a todo o alumnado do centro, identificáronse as carencias en canto a conexión á rede, dispoñibilidade de computadores no fogar e impresoras.

No curso 21-22, iniciamos a andaina en EDIXGAL en 5º de Primaria, que se implantará no curso 22-23 e 6º de Primaria. Neste curso 23-24 xa está implantado en 5º e 6º.

O centro conta con Web, diversos espazos/blogues, Instagram (aulas, equipos dinamizacións, administración, ANPA,….) e aula virtual.

O centro ten unha boa conectividade tanto por Wi-Fi como por cable (fibra óptica). Cada dúas dependencias hai un punto wifi en todo o centro, incluíndo o comedor e salón de actos. Todas as aulas teñen acceso a internet, pero os equipos están moi deteriorados. É preciso renovar equipos, PCs portátiles e carros de carga para renovar e crear aula de informática en movemento. Ademais, temos os paneis que dende finais do curso 22-23 están instalados nas aulas de infantil e 1º ciclo.

O noso centro educativo ten a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e aproveitar ao máximo as tecnoloxías da información e da comunicación, e recursos educativos dixitais cos que contamos, sendo conscientes das limitacións e as fortlezas coas que contamos.

Mediante este PLAN DIXITAL prétendese:

-Revisar e consolidar o Plan TIC.

- Continuar avaliando a situación do centro educativo en relación co uso da innovación e das TIC en diferentes elementos clave incluídos no Marco Europeo para as organizacións educativas dixitalmente Competentes, para posteriormente deseñar e acometer un proceso de transformación no centro.

-Recoñecer o Plan Dixital Anual como un recurso fundamental para a planificación da estratexia dixital de unha organización educativa.

-Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo posible só se é a organización dixitalmente competente.

Contextualización legislación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo de EP na comunidade galega e se regula a avaliación nesta etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  •  Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e membros do equipo directivo) coa ferramenta SELFIE para organizar a información nas diferentes áreas (1º trimestre do curso 21-22).

  •  Análise dos recursos do alumnado. Enquisa as familias.

  • Análise da infraestrutura, recursos e estado do centro. Inventarios.

  • Análise da situación actual.

  • Análise polo equipo e Claustro de Profesorado do informe SELFIE.

  •  Realización da enquisa da da CDD (Competencia Dixital Docente) (2º trimestre).

  •  Volcado de datos por parte do equipo coa ferramenta EXCEL para elaborar a matriz DAFO do centro.

  •  Parametrización por parte do equipo e do Claustro para fixar debilidades e fortalezas.

  •  Fixáronse os obxectivos e liñas de actuación neste plan, que serán revisados cada ano e susceptibles de ser modificados durante o curso escolar.

  •  Redacción do plan por parte do equipo.

 

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G6 Comentarios a otros/as alumnos/as sobre su trabajo Alumnado Si
Debilidade H6 Otorgar reconocimiento al trabajo de los demás Alumnado Si
Debilidade H10 Habilidades digitales para diferentes materias Alumnado Si
Debilidade H11 Aprender a codificar o programar Alumnado Non
Debilidade H13 Resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade H7 Creación de contenidos digitales Alumnado Si
Debilidade C1 Infraestructura Infraestruturas Non
Debilidade C5 Asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade C7 Protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade C14 OP Espazos físicos Infraestruturas Non
Debilidade B4 OP Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia Organización de centro Si
Debilidade A4 OP Tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Non
Debilidade C13 OP Traer o propio dispositivo Organización de centro Non
Debilidade C5 Asistencia técnica Organización de centro Non
Debilidade G8 OP Avaliación Dixital Organización de centro Non
Debilidade C11 OP FENDA dixital: medidas para identificar dificultades Organización de centro Non
Debilidade C16 OP Bibliotecas-repositorios en liña Organización de centro Non
Debilidade C12 OP FENDA dixital Apoio para abordar dificultades Organización de centro Non
Debilidade C14 OP Espazos físicos Organización de centro Non
Debilidade C15 OP Tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade G9 OP Documentación do aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade B2 Debate sobre o uso da tencoloxía Persoal docente Si
Debilidade B3 Colaboracións Persoal docente Si
Debilidade D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Si
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade F1 Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Si
Debilidade F3 Fomento da creatividade Persoal docente Si
Debilidade G5 Autorreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade A4 OP Tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade G10 OP Empleo de datos para mellorar o aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza H3 Comportamiento responsable Alumnado Si
Fortaleza H4 Verificar la calidad de la información Alumnado Si
Fortaleza H10 Habilidades digitales para diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza C3 Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza C3 Acceso a internet Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal non docente Si
Fortaleza E1 Recursos educativos en Liña Persoal non docente Non
Fortaleza E4 Comunicación con la comunidade educativa Persoal non docente Non
Fortaleza H3 Comportamiento responsable Persoal non docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en Liña Persoal non docente Si
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C7 Protección de datos Lexislación Non
Ameaza B4 OP Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia Outras Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O equipo TIC do centro, xunto con Equipo Directivo e o profesorado serán os/as encargadas de implementar e conseguir os obxectivos propostos. Todo o claustro e o alumnado son os axentes participantes.

Ao ter Edixgal no centro faise máis doado a consecución dos obxectivos en canto ao alumnado, pois temos ordenadores para cada unha cas aulas de quinto e sexto.

O gran maioría do profesorado implícase no PFPP de intelixencia computacional e Plan dixital. Desta forma aumentaremos a competencia dixital do profesorado que incidirá no alumnado.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Introducción a Edixgal do alumnado de quinto mediante titoria entre iguais durante o primeiro e segundo trimestre.
O2PD Formación do alumnado do primeiro ciclo nas funcionalidades dos paneis dixitais durante todo o curso para elaborar actividades que activen unha mellora na competencia dixital e no diseño de actividades.
O3PD Incrementar a creación de traballos dixitais polo alumnado de 3º a 6, ferramentas CANVA, KAHOOT, GENIALLY, EDITORES VÍDEO, durante todo o curso.

Seguimento

Procedemento

A través dos seguintes instrumentos  farase o seguimento do Plan:

Análise de materiais producidos.

Documento de recollida de información e incidencias

Rendemento e valoración da competencia dixital.

Valoración de traballos do alumnado.

Formularios

Memoria

Informes e actas de reunión.

Web centro.

Enquisas.

1º Trimestre

2.1. Deseño e creación do guión para o alumnado de sexto. Acadado.

2.2 Titorización do alumnado de sexto a do quinto tendo en conta o guión. Acadado.

AO2.3: Seguimiento dos coñecementos adquirido. Acadado

 

2º Trimestre

AO4.1: Deseño e creación de traballos dixitais. Acadado.

3º Trimestre

Elaboración de materiais dixitais.

Elaboración de materias cos paneis dixitais

Valoración das actividades realizadas durante o curso.

Encuestas ao alumnado e profesorado.

Elaboración da memoria.

Elaboración propostas de mellora.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

PROCEDEMENTO PARA A AVALICIÓN

Participación.

Nivel de uso das TIC.

Cambio na metodoloxía docente.

Implicación comunidade educativa.

Eliminación fenda dixital.

Mellora de procesos.

Número de contidos dixitais creados.

Avaliación dixital do alumnado.

Funcionamento aulas EDIXGAL

Creación de traballos dixitais do alumnado

 

PROCEDEMENTO PARA ANÁLISE DE RESULTADOS

Enquisas.

Análise de materiais producidos.

Documento de recollida de información e incidencias

Rendemento e valoración da competencia dixital.

Valoración de traballos do alumnado.

Valoración do cambio da aula de informática por portátiles móviles.

Actas

Informes

Memoria

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O procedemento que o centro adoptou para a aprobación do Plan Dixital no curso 2023/2024 foi o seguinte:

  • Redacción por parte do Equipo formada para tal fin..

  • Consenso pola CCP.

  • Información ao Claustro de profesorado.

  • Aprobación polo Consello Escolar (previo envío por correo electrónico) o 2 de novembro de 2023.

  • Publicidade na páxina web do centro: no inicio do curso 23-24.

  • Información ás familias.

  • Información ao alumnado por parte dos titores/as e profesorado especialista.

  • LIGAZÓN Á WEB DO PLAN DIXITAL:

  • PLAN DIXITAL WEB CENTRO. EDUCALIDADE

  • PLAN DIXITAL 22-23