Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente. 

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de educación
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, de educación
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023, de educación
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, de educación
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023, de educación

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

CONTEXTUALIZACIÓN : O C.E.I.P. “A Paz” Tintureira, está situado na parroquia de Coruxo, pertencente ao Concello de Vigo. Está situado na subida a Fragoselo, estrada que comunica Coruxo con Chandebrito. O alumnado procede de tres ámbitos diferenciados: Rural, Periurbano e Urbano. 

O alumnado: Son nenos e nenas con ambientes moi diferentes e vivencias moi contrastadas que abarcan desde experiencias de vida rural ata a vida na gran cidade. Estas diferenzas que son enriquecedoras no aspecto de intercambio cultural. E aínda que ás veces reflíctense diferenzas sociais e económicas, que xustifican desaxustes emocionais, dificultades na interacción e diferentes rendementos académicos, en xeral, o ambiente de convivencia é bo, producíndose só conflitos de maneira puntual. 

A relación coa contorna: A excursións que poidamos facer o longo do curso, e a participación en iniciativas procedentes doutras entidades como os obradoiros de coeducación do concello de Vigo, Plan Director para a convivencia e seguridade nos centros, axudarannos a coñecer o contorno no que vivimos e enriqueceran o noso proxecto educativo de centro.

CONTRIBUCIÓN AO PECNo Proxecto Educativo recollemos como obxectivo principal  buscar a formación integral do noso alumnado nun ambiente familiar de convivencia, integración e respecto ás diferenzas individuais. Ademais o grande avance tecnolóxico vivido nos últimos anos fai necesario a integración neste de obxectivos, aspectos organizativos e estratexias metodolóxicas que impliquen o uso e mellora da competencia dixital de toda a comunidade educativa. 

A nivel xeral o centro participa anualmente en diferentes proxectos tales como: PLAMBE, Plan PROXECTA, INCLÚE, INNOVA, etc Tamén cada curso académico o profesorado participa en diferentes cursos e  plans de formación permanente, sendo moitos deles de temática dixital. Nos últimos anos renovouse gran parte do equipamento dixital do centro con novos equipos informáticos de aula e paneis dixitais para algunhas aulas de primaria. Tamén a nivel de comunicacións ampliouse o abano de medios e recursos usados, xa que comezou a empregarse no curso pasado a aplicación AbalarPro. Con respecto ao alumnado seguimos coa implantación da Aula Virtual en todas as titorías e especialidades e continuamos co uso da páxina web e os diferentes blogues de centro como medios de comunicación, difusión e formación.

CONTRIBUCIÓN Á PXA DO CURSO 23/24: Na PXA do presente curso establecemos como un dos seus obxectivos xerais "Continuar afianzando a formación do profesorado e do alumnado no uso das TICs" . Coa integración e implantación neste curso do Plan Dixital pretendemos acadar na medida do posible este obxectivo que afecta principalmente a un ámbito concreto: Mellorar a competencia dixital de alumnado e profesorado.

Proceso de elaboración.  

Para a realización do Plan Dixital do curso 23/24 seguíronse as directrices dos asesores e a información achegada. Ao inicio de curso formouse o equipo do Plan Dixital que xunto a Responsable e a Coordinadora do Plan, estableceron os obxectivos para este curso académico e que aparecen recollidos máis adiante. Para a súa realización tivéronse en conta as necesidades e características propias do centro e  da comunidade educativa, ademais dos axentes implicados e os recursos dispoñibles.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Emprego da tecnoloxía para a súa autoavaliación, coavaliación e atención de feedback do profesorado Alumnado Si
Debilidade Falta de dispositivos dixitais Alumnado Non
Debilidade Creación de contido dixital. Alumnado Si
Debilidade Dar crédito ao traballo doutras persoas en internet Alumnado Si
Debilidade Comprobación da fiabilidade da información atopada en internet. Alumnado Si
Debilidade Porcentaxe importante cun baixo coñecemento das TICS. Familias Si
Debilidade Algunhas delas con pouco tempo para adicarlle a formarse en TICS. Familias Non
Debilidade Pensamento existente de asociar a metodoloxía correcta aquela que vai máis ligada ao traballo co libro de texto. Familias Si
Debilidade Falta de interese en participar nas actividades de formación ofertadas polo centro. Familias Si
Debilidade Ausencia de tablets ou dispositivos similares para dinamizar a ensinanza. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de dispositivos no centro para uso do alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade Mala calidade de conexión WIFI. Infraestruturas Si
Debilidade Acceso a posibilidades de DPC (formación facilitada pola administración) pero de baixa efectividade debido á ausencia de parte práctica na gran maioría. Oferta Non
Debilidade Falta de tempo por parte do profesorado para formarse en todos os ámbitos pedagóxicos que resultan necesarios e de interese: educación dixital, emocional, alumnado con necesidades, etc. Oferta Non
Debilidade ¿Pouco uso de tecnoloxías para a comunicación con outras organizacións? Organización de centro Si
Debilidade Falta de evaluación do progreso do profesorado na ensinanza-aprendizaxe empregando tecnoloxía Organización de centro Non
Debilidade Creación de materiais dixitais para a práctica docente Persoal docente Si
Debilidade Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe có alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Emprego da tecnoloxía para avaliar aos alumnos. Persoal docente Si
Debilidade Emprego de datos dixitáis sobre alumnos para mellorar a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Aprendizaxe de estratexias para navegar pola rede de forma segura. Alumnado Non
Fortaleza Uso da tecnoloxía en diferentes asignaturas. Alumnado Si
Fortaleza Aprendizaxe sobre o uso das redes de forma responsable. Alumnado Non
Fortaleza Boa actitude cara axudar no que faga falta dentro das súas posibilidades. Familias Si
Fortaleza Familiarizados coas ferramentas dixitais que usa o centro, tanto nas comunicacións (app Abalar, correo electrónico) coma nas contornas de aprendizaxe e información (Aula virtual, páxina web do centro). Familias Non
Fortaleza Espazo suficiente para crear unha boa sala de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Disposicin de asistencia técnica no caso de que sexa necesaria. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha oferta gratuita e adaptada a varios niveis educativos e de aprendizaxe Oferta Non
Fortaleza Apoio por parte do equipo directivo para implementar novas metolodoxías usando tecnoloxía. Organización de centro Non
Fortaleza Boa disposición para desarrollar calquera estratexia dixital e involucrar ao profesorado nela. Organización de centro Si
Fortaleza Desenvolvemento dunha estratexia dixital en proceso. Organización de centro Si
Fortaleza Se debate sobre as necesidades de DPC do equipo docente referente ás novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Se comparte información sobre vantaxes e desvantaxes de aplicacións e ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Uso da tecnoloxía para as comunicacións relativas ao centro Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias docentes coas novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Fortaleza Búsqueda activa de recursos educativos en líña. Persoal docente Si
Fortaleza Asistencia técnica ao alumnado se o precisa. Persoal docente Non
Fortaleza Boa relación co personal docente. Persoal non docente Non
Fortaleza Boa disposición para colaborar en tarefas variadas e de interese común. Persoal non docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouco tempo para adicarse a elas e cumplir co noso traballo laboral. Administración educativa Non
Ameaza Necesidade de cumprimentar moita burocracia para conseguila dotación Administración educativa Non
Ameaza Proporción de pouco tempo real para o profesorado para adicarse a formarse e crear material motivador e dixital. Administración educativa Non
Ameaza Dotación de material TIC. Administración educativa Si
Ameaza Contorna de tipo rural cun internet lento e de mala calidade. Contorna Non
Ameaza Dificil de entender e interpretar Lexislación Non
Ameaza Formato árido e pouco motivador Lexislación Non
Ameaza Oferta de fomación no ámbito dixital para toda a comunidade por parte das diferentes asociacións veciñais. Outras Non
Oportunidade Formacións. Administración educativa Non
Oportunidade Axuda na organización e xestión de eventos e excursións. ANPA Non
Oportunidade Boa relación e espíritu de colaboración. ANPA Non
Oportunidade Oferta de cursos e actividades de formación no ámbito dixital. ANPA Non
Oportunidade Nivel socio-económico medio, con capacidade económica boa á hora de dispor nos hogares dalgún equipo tecnolóxico: tablet, ordenador, consola Contorna Non
Oportunidade Base legal para solicitar material Lexislación Non
Oportunidade Base legal na que fundamentar o ensino Lexislación Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Una vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións.

 Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertindo os intems en obxetivos que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

A análise DAFO indícanos:

Factores Internos que debemos mellorar:

INFRAESTRUTURAS- EQUIPAMENTO, PERSOAL DOCENTE, ALUMNADO, FAMILIAS, OFERTA e ORGANIZACIÓN DO CENTRO QUE SE AMOSAN COMO DEBILIDADES.

Factores externos que deberían mellorar:

ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA,LEXISLACIÓN, CONTORNA QUE SE AMOSAN COMO AMEAZAS.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aplicar o itinerario dixital de centro para a adquisición da competencia dixital básica do alumnado.
O02PD Afianzar e consolidar a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A2*)
O03PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado (E3*)
O04PD Iniciar ao profesoado e ao alumnado no uso dos paneis dixitais de aula como recurso motivador e integrador de aprendizaxes.

Seguimento

Procedemento

Reunións do claustro onde se farán cuestións relacionadas cos diferentes obxectivos e se recollerán os datos pertinentes

1º Trimestre

AO1.1: Entregar e revisar o Itinerario Dixital de centro a todo o profesorado. ACADADA

AO1.2: Establecer un calendario de reunións para o seguimento da implantación do itinerario dixital.  ACADADA

AO1.3: Determinar aspectos organizativos relativos ao Itinerario Dixital de Centro a través dunha posta en común. ACADADA

AO3.1: Crear os cursos e matricular ao profesorado e alumnado na AV do centro. ACADADA

AO4.1: Establecer un protocolo de mantemento e xestión dos paneis dixitais. ACADADA

2º Trimestre

Neste segundo trimestre continuaronse coa realización das accións establecidas para cada un dos obxectivos cuxa temporalización remata no terceiro trimestre.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos se fará:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa empregarase a aplicación Abalar, a través da cal notificarase que este documento está dispoñible na web do centro e na plataforma EDUCALIDADE

ENLACE WEB