Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Breve xustificación do mesmo

Este Plan Dixital do Centro (en adiante, PDC) foi acordado e elaborado polos membros encargados de dinamizar e mellorar a Competencia Educativa Dixital do centro seguindo as instrucións do comezo do curso comunicadas por SSCC. Foi incluído no Proxecto Educativo de Centro (PEC) tras ser aprobado polo Consello Escolar unha vez oído Claustro nas datas sinaladas neste documento.

Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuir a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis).
  • Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o esenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do Plan Dixital do centro. Contribución ao Proxecto Educativo de Centro.

O presente Plan Dixital incardínase dentro da liña marcada no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual contribuíndo ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro:

  • Plans anuais de lectura, incluído o proxecto lector do centro. O Plan Dixital é unha ferramenta máis do proceso de ensinanza- aprendizaxe e como tal pode complementar o traballo realizado dende o Plan Lector do centro permitindo a creación dun contexto de aprendizaxe diferente.
  • Plan de dinamización da Lingua Galega. 
  • Plan de atención á diversidade. 
  • Plan de Convivencia.
  • Programas de innovación educativa: PLAMBE, PROA.PROENS, POLOS CREATIVOS... 
  • Plan de Continxencia:
  • Outros proxectos de centro vinculados ás actividades complementarias relacionadas coas conmemoracións escolares. Ademais está previsto volver a participar no proxecto educativo EDU Innova : CompetenciaL Dixital para o vindeiro curso, o cal supón un importante fío aglutinador de todos os proxectos que se levan a cabo no centro.

Por último, o Plan Dixital potenciará directamente o Plan de dinamización das TIC de xeito que supoña un importante impulso para a implementación necesaria e definitiva das novas tecnoloxías na vida cotiá de toda a comunidade escolar.

Proceso de elaboración

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021, o proceso de elaboración do plan dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases:

No curso 2021/22 fíxose a análise da situación do centro a través de 2 instrumentos:

  • Informe SELFIE.- con aportacións de equipo directivo, alumnado, todo o profesorado do centro.
  • Test CDD.- Realizado por todo o profesorado do centro.
  • Fíxose a diagnose de situación do centro. Informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (en adiante DAFO).- elaborado polo equipo de dinamización do plan dixital.
  • Fíxose a elaboración do Plan Dixital. Deseño do plan de acción.- polo equipo de dinamización do plan dixital.
  • Elaboración do Plan dixital propiamente dito.- equipo de dinamización do plan dixital

No curso 2022/23. Implementación do Plan e subida a EduCalidade

No curso 2023/24. Se establecen novos obxectivos e continuamos con algúns dos que tiñamos.

Seguimos empregando o DAFO que fixemos no curso 2021/22 e a experiencia acumulada nestes dous anos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar a análise DAFO, no ano 2021/22 realizouse unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos derivados do informe extraído do test SELFIE.

Observando o resumo das áreas, os distintos sectores da comunidade escolar que realizaron o test obtiveron os resultados que se reflicten nos seguintes ítems, tanto internos como externos.

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, nese mesmo ano o centro xenerou unha análise DAFO que permitiu o coñecemento da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Para elo, levouse a cabo unha parametrización partindo da media obtida en cada área, observando a desviación obtida en cada ítem con respecto á puntuación de referencia. Clasificáronse pois, os aspectos internos dos diferentes ítems como fortalezas ou debilidades, e os aspectos externos como oportunidades ou ameazas.

Este curso escolar 2023/24 seguimos empregando os resultados desa análise, tendo en conta as experiencias acumuladas nestes dous anos e as novas necesidades detectadas.

 

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H.13 O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden o utilizar TD Alumnado Non
Debilidade H.11 O alumnado non aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade Falta de formación en competencias dixitais básicas da Comunidade Educativa Familias Si
Debilidade C3 Acceso a internet limitado o muy complicado Infraestruturas Non
Debilidade C14 Carecemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e aprendizaxe con TD Infraestruturas Non
Debilidade C2 NO existen dispositivos dixitais para o uso docente Infraestruturas Non
Debilidade C15 Alumando con NEE non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Si
Debilidade C1 Non están actualizados os equipamentos e redes Infraestruturas Non
Debilidade A.1. Non existe unha estratexia dixital de centro Organización de centro Non
Debilidade A.2 A estratexia dixital do centro non se acorda co profesorado Organización de centro Non
Debilidade B.4. Sinerxías para a aprendizaxe hibrida Organización de centro Non
Debilidade C11 non ten medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe hibrida Organización de centro Non
Debilidade C16 Non existen repositorios ou bibliotecas en liña Organización de centro Non
Debilidade C12 Insuficiente formación sobre a aprendizaxe mixta Organización de centro Non
Debilidade B.3.Colaboracións Persoal docente Non
Debilidade B.1.Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade F.5. Non se fomenta demasiado a participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios que empregan as TD Persoal docente Non
Debilidade G9 No se utilizan datos dixitais sobre alumnos concretos para mellorar a experiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G.7 Non se promove polo equipo directivo o uso de TD con fins de avaliación Baixos resultados no Test CDD (o 53% do profesorado ten un nivel A2, sendo a media do centro o nivel B1) A formación recibida ( a través dos PFPP e outros cursos) non se ve reflectida no nivel de competencia dixital do profesorado (Test CDD) Persoal docente Non
Debilidade D.3 Intercambio experiencias Persoal non docente Non
Debilidade G.3. Non se utilizan TD para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado Persoal non docente Non
Fortaleza H.1 O alumnado aprende a actuar de xeito seguro en Internet Alumnado Non
Fortaleza F.3 O alumnado participa máis cando emprega ecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza H.3. O alumnado aprende a actuar de maneira responsable e a respectar aos demais en Internet Alumnado Non
Fortaleza H.4. O alumnado si aprende a comprobar se a información que atopa en Internet e fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza C.7. Equipo directivo di que existen sistemas de protección de datos no centro Infraestruturas Non
Fortaleza C.10 Hai dispositivos portátiles suficientes a disposición do alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza A.3. A maioría do equipo directivo pensa que se apoia ao profesorado para que exploren novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza G.8 Sí se facilita ao alumnado TD para documentar su aprendizaxe Oferta Non
Fortaleza E.3. Sí se usan EVA co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E.4. Si se empregan as tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo Persoal docente Si
Fortaleza D1 Suficiente acceso a formación PFPP Persoal docente Non
Fortaleza E.5. Sí se empregan recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza G.1. Si e valoran as capacidades dixitais do alumando Persoal docente Non
Fortaleza E.1 Si se utilizan recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza B.2. Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza D2 Si se teñen conta as necesidades docentes para artellar os PFPP Persoal docente Non
Fortaleza E.2. Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar a labor de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza F.3 Fomentase a creatividade do alumnado a través de actividades dixitais Persoal docente Si
Fortaleza G.10 Valoración de las habilidades dixitais del alumnado desenvolvidas fora del centro educativa Persoal docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5 Asistencia técnica es insuficiente Administración educativa Non
Ameaza C1 Non están actualizados os equipamentos e redes- Falta de financiamento e equipamento por parte da Administración. Os equipos son insuficientes e están obsoletos Administración educativa Si
Ameaza Falta de planificación por parte da Administración Educativa (por exemplo no calendario que se está a levar a cabo con este Plan) que impide unha organización adecuada, un sobreesforzo do claustro e que impide unha reflexión adecuada sobre os diferentes aspectos a tratar Administración educativa Non
Ameaza A.4.Os docentes non teñen tempo para explorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza Cambios de directiva e falta de familias implicadas que queiran formar parte desta asociación ANPA Non
Ameaza Lexislación en constante actualización_Competencia Dixital Docente Lexislación Si
Oportunidade Posibilidade de colaboración económica para mellorar os equipamentos do centro ANPA Si
Oportunidade Aberto a colaboración nas actividades propostas ANPA Non
Oportunidade Servizo de Préstamos de Materiais Didácticos Dixitais do CFR de Vigo Estreita colaboración co noso asesor de referencia do CFR de Vigo Contorna Non
Oportunidade A.5. A meirande parte dos membros do equipo directivo e máis da metade do profesorado (57%) creen que se respectan os dereitos de autor e normas de uso ao empregar as tecnoloxías dixitais para o ensino e o aprendizaxe Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos resultados do DAFO, o equipo de dinamización do plan dixital priorizou as necesidades detectadas nas diversas áreas do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (en adiante DigCompOrg) e diagnosticou os diversos ítems a mellorar, situándoos por orde de prelación do seguinte xeito:

B. COLABORACIÓN EN REDE

C. INFRAESTRUCTURA  EQUIPAMENTO.

D. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO

H. COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

A partir de esta reflexión se redactaron os seguintes obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal, é dicir, temporizados (en adiante obxectivos SMART) prioritarios:

  1. Mellorar o equipamento e o o uso dos dispositivos dixitais do Centro
  2. Acadar unha mellora da competencia dixital docente a través da realización de actividades formativas.
  3. Aumentar a colaboración coa comunidade educativa a través da actualizacións das novas da web do centro e das redes sociais. 
  4. Mellorar a competencia dixital do profesorado a través do uso da aplicación PROENS para a elaboración de programacións didácticas e adaptacións.
  5. Actualizar o inventario dos dispositivos dixitais e espazos do centro coa colaboración de todo o claustro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
  6. Integrar recursos dixitais e tecnolóxicos que faciliten o aceso á aprendizaxe de todo o alumnado en xeral e NEAE en particular.
  7. Normalizar o uso do panel dixital interactivo as aulas , fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.    

Nas taboas das páxinas seguintes aparecen secuenciadas e temporizadas as accións para acadar cada obxectivo, os valores de partida e o valor previsto a acadar no tempo marcado. Ademais tamén se especifican os responsables das mesmas e a previsión de recursos necesarios.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o equipamento e o o uso dos dispositivos dixitais do Centro
O02PD Acadar unha mellora da competencia dixital docente a través da realización de actividades formativas.
O03PD Aumentar a colaboración coa comunidade educativa a través da actualizacións das novas da web do centro e das redes sociais.
O04PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través do uso da aplicación PROENS para a elaboración de programacións didácticas e adaptacións
O05PD Actualizar o inventario dos dispositivos dixitais e espazos do centro coa colaboración de todo o claustro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
O06PD Integrar recursos dixitais e tecnolóxicos que faciliten o aceso á aprendizaxe de todo o alumnado en xeral e NEAE en particular
O07PD Normalizar o uso do panel dixital interactivo as aulas, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos. Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

  • Avaliación inicial
  • Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
  • Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

O01PD: Mellorar o equipamento e o o uso dos dispositivos dixitais do Centro

AO1.1 Identificación do número de ordenadores existentes, priorizando o seu uso para o desenvolvemento de proxectos. En proceso.

AO 1.2 Adquisición tabletas e ordenadores. En proceso.

AO1.3. Realización dun seguimento do uso dos equipos. Realizada. En proceso ao longo do curso.

 

O02PD: Acadar unha mellora da competencia dixital docente a través da realización de actividades formativas.

Non lles concederan formación no PFPP para competencia dixital, co cal, é imposible acadar este obxectivo e retomarase no vindeiro ano.

 

O03PD: Aumentar a colaboración coa comunidade educativa a través da actualizacións das novas da web do centro e das redes sociais.

AO3.1. Identificar as necesidades de contido da páxina web. Realizada.

AO3.2. Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están correctamente formateados, que son accesibles e funcionan como se espera. Realizada. En proceso ao longo do curso.

O04PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado a través do uso da aplicación PROENS para a elaboración de programacións didácticas e adaptacións

AO4.1. Realizar formación sobre a aplicación PROENS. Realizada.

AO4.2. Publicar os documentos na plataforma PROENS. Realizada. En proceso ao longo do curso.

AO4.3. Revisar trimestralmente os documentos vinculados ao PROENS como as ACS.  En proceso ao longo do curso.

O05PD: Actualizar o inventario dos dispositivos dixitais e espazos do centro coa colaboración de todo o claustro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO5.1 Asignación de horas a coordinadora TIC. Realizada.

AO5.2. Cubrir a táboa compartida do inventario do centro. En proceso.

AO5.3. Actualización e avaliación do equipamento dixital

 

O06PD: Integrar recursos dixitais e tecnolóxicos que faciliten o aceso á aprendizaxe de todo o alumnado en xeral e NEAE en particular

AO6.1. Realizar formación para alumnado NEAE. Realizada. 

AO6.2 Selección de recursos dixitais para alumnado NEAE en función da formación recibida. Realizada.

O07PD: Normalizar o uso do panel dixital interactivo as aulas, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

AO7.1 Mantemento e coidado dos paneis. Realizada.

AO7.2 Realizar avaliacións regulares para medir a eficacia do panel interactivo. Realizada.

2º Trimestre

O01PD: Mellorar o equipamento e o o uso dos dispositivos dixitais do Centro

AO1.1 Identificación do número de ordenadores existentes, priorizando o seu uso para o desenvolvemento de proxectos. En proceso.

AO 1.2 Adquisición tabletas e ordenadores. En proceso.

AO1.3. Realización dun seguimento do uso dos equipos. Realizada. En proceso ao longo do curso.

O02PD: Acadar unha mellora da competencia dixital docente a través da realización de actividades formativas.

Non lles concederan formación no PFPP para competencia dixital, co cal, é imposible acadar este obxectivo e retomarase no vindeiro ano.

O03PD: Aumentar a colaboración coa comunidade educativa a través da actualizacións das novas da web do centro e das redes sociais.

AO3.2. Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están correctamente formateados, que son accesibles e funcionan como se espera. Realizada. En proceso ao longo do curso.

AO3.3 Recoller o feedback dos usuarios das redes sociais sobre os contidos subidos. En proceso.

O04PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado a través do uso da aplicación PROENS para a elaboración de programacións didácticas e adaptacións

AO4.3. Revisar trimestralmente os documentos vinculados ao PROENS como as ACS.  En proceso ao longo do curso.

O05PD: Actualizar o inventario dos dispositivos dixitais e espazos do centro coa colaboración de todo o claustro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO5.2. Cubrir a táboa compartida do inventario do centro. En proceso.

AO5.3. Actualización e avaliación do equipamento dixital. Ao final de curso.

O06PD: Integrar recursos dixitais e tecnolóxicos que faciliten o aceso á aprendizaxe de todo o alumnado en xeral e NEAE en particular

As dous accións foron acadadas así que o obxectivo xa está acadado.

O07PD: Normalizar o uso do panel dixital interactivo as aulas, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a

As dous accións foron acadadas así que o obxectivo xa está acadado.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos. Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

  •  Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
  •  Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. 
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  • Difusión do Plan ao Claustro
    • Destinatarios:Comunidade educativa
    • Na primerira reunión xeral informar ao clasutro da súa existencia e inclusión dentro da documentación entrgada ao comezo de curso
    • Responsable: Equipo directivo
  • Difusión á Comunidade Educativa
    • Destinatarios:Comunidade educativa
    • Inlusión do Plan Dixital no PEC para a difusión do mesmo na web do centro a través deste enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010162
    • Responsable: Equipo directivo
  • Difusión ás familias
    • Destinatarios: Familias
    • Na reunión xeral a comezo de curso informarase do proxecto e as accións nas que estarán implicadas de ser o caso
    • Responsable:Titores na reunión incial coas familias