Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Pintor Antonio Fernández é un centro educativo de liña 1 situado na Praza do Pintor Antonio Fernández 6, na parroquia de Goián, concello de Tomiño, correo electrónico ceip.pintor.antonio@edu.xunta.gal e páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorantonio/ O alumnado procede de dúas parroquias (Goián e Figueiró) distantes un quilómetro e medio, ambas rurais e con características bastante semellantes. Imparte as ensinanzas de Infantil e Primaria a un total de 142 alumnos e alumnas (31 EI e 111 EP) e conta cunha plantilla de 17 mestres e mestras.

Durante o curso 2021/2022, todo o Claustro participou nun PFPP no que un dos itinerarios plantexaba a elaboración do Plan Dixital. En primeiro lugar mantívose unha reunión informativa para a súa elaboración e, ademais, realizar o Plan de Acción a seguir. A continuación, confeccionouse a enquisa SELFIE para que todo o profesorado respondera á mesma. Ao remate, obtívose o informe SELFIE do centro. No segundo trimestre, o profesorado contestou ao CDD para obter o nivel competencial do centro. Partindo destes datos mantivéronse distintas xuntanzas para analizar as dificultades, ameazas, fortalezas e oportunidades e elaborar o correspondente informe DAFO. Coa guía e asesoramento ao longo de todo o proceso da nosa Asesora ADIX de Tui, o profesorado celebrou varias xuntanzas para debater os obxectivos considerados máis importantes e necesarios para elaborar o Plan de Acción de cara ao vindeiro curso 2022/23. Finalmente, para elaborar este Plan Dixital, recolléronse todos estes datos,reflexionouse sobre o proceso de elaboración e analizouse a situación do centro. No que se refire ás infraestruturas, e para solventar as deficiencias, solicitouse dos organismos competentes a súa actuación tal e como se viña facendo ata o de agora. Durante este mes de maio solucionáronse algunhas carencias (por ex: mellora da wifi, dotación dunha fotocopiadora multifunción en branco e negro ( fixérase a petición dunha en cor fai varios cursos…), canalización do edificio de Ed. Infantil (falta acometer a canalización para outra dependencia do centro que xa se ten solicitado fai tempo).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a análise DAFO, inicialmente cada mestra e mestre realizou a enquisa SELFIE, e posteriormente o Test de Competencia Dixital Docente (CDD)

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Escasa competencia dixital no alumnado que non participa no programa E-dixgal. 2. Navegación pouco segura. Alumnado Si
Debilidade 1. Escasa competencia dixital. Familias Non
Debilidade 1- O inventario TIC-TAC-TEP non está a disposición de todo o mundo. Hai medios que non todo o profesorado coñece. 2 - Estanse a utilizar tabletas prestadas por unha empresa privada que as deixaron como proba piloto. En breve remata o período de proba e o seu uso tería que ser de pago a un prezo excesivo para a economía das familias que temos no centro. 3- Escaseza de mobiliario e espazo de almacenaxe. 4- Non existe telefonía no edificio de EI e no edificio da Escola Vella onde se atopan o Comedor, a sala para actividades da ANPA e a Aula Museo. 5- Non posibilidade de participación nalgúns programas ofertados pola Xunta, como por exemplo, Radio na Biblio debido a que o equipamento está absolutamente desfasado. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Escaso uso da Aula Virtual. Oferta Non
Debilidade 1.- Escaso tempo para desenvolver a competencia dixital. Organización de centro Non
Debilidade 1- Non todo o claustro adopta a tecnoloxía para a docencia (como por ex. o emprego da AV). 2- Ausencia de recursos de elaboración propia en galego. 3- Non se empregan os recursos dixitais en todas etapas incluída EI. 4- Descoñecemento dos dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza 1- Motivación positiva de cara ás novas tecnoloxías. 2- O alumnado de 3º ciclo ten mellores competencias dixitais debido ao emprego do programa EDIXGAL. 3- Participación nos proxectos Navega con Rumbo e Plan Director. Alumnado Non
Fortaleza 1- Colaboración por parte das familias. 2- Participación nas charlas do Plan Director. Familias Non
Fortaleza 1. Páxina web. 2. E-dixgal. 3. Aula virtual Oferta Non
Fortaleza 1- Tanto o Equipo Docente como o profesorado apóianse para explorar novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. 2- Non se conta no centro cunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza 1-O profesorado recoñece a importancia das novas tecnoloxías na función docente. 2- Porcentaxe de tempo adicado a ensinanza dixital. 3- O persoal docente ten moito interese por participar en programas de desenvolvemento profesional dixital. 4- Motivación do profesorado cara a elaboración do PD. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1- O profesorado non dispón de dispositivos suficientes para desenvolver a labor docente e poñer en práctica as formacións (AV, PDI, creación de vídeos didácticos,...) 2- Falta de tempo do profesorado. 3- Falta de fondos. 4- Ausencia de portátiles para o alumnado que non cursa 5º e 6º EP. 5- Sobrecarga de traballo do profesorado. Non hai recursos humanos suficientes para levar a cabo as tarefas do centro. Administración educativa Non
Ameaza 1- Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais. 2- Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet. 3- Baixa competencia dixital das familias. 4- Mobilidade do profesorado. 5- A Comunidade Educativa considera imprescindible o uso das Novas Tecnoloxías e que haxa recursos suficientes para o desenvolvemento da actividade educativa, proxectos,... feito que se viu agravado pola situación do confinamento que se sufriu. Contorna Non
Ameaza 1- Salvo o profesorado de 5º e 6º, os docentes non dispoñen de conectividade suficiente para poñer Pax 11 de 17 en práctica as formacións, desenvolver a súa práctica docente (AV, PDI, creación de vídeos didácticos, ¿) ou colaborar con outras asociacións. 2- O Concello non leva a cabo as accións necesarias para que chegue Internet a todas as aulas e ter un correcto proceso de ensino aprendizaxe que favoreza o uso das Novas Tecnoloxías. Outras Non
Oportunidade 1- Programas de formación en liña que aumenten a seguridade ao empregar a tecnoloxía. Administración educativa Non
Oportunidade 1- Implicación e preocupación das familias. Contorna Non
Oportunidade 1- Elaboración do PLAN DIXITAL segundo as directrices de Consellería. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A falta de tecnoloxía, medios e recursos dixitais que houbo durante moitos anos no centro, foi motivo de que a maioría do profesorado non teña integrado o uso de TICs na súa dinámica de aula e polo tanto teñamos un desfase temporal de coñecementos de recursos xa dispoñibles con anterioridade pero mostra interese por aprender en canto haxa medios e formación dispoñibles. Ademais as familias, fan un uso restrinxido dos medios dixitais (non saben manexar con soltura a descarga e o uso de aplicacións, o emprego de contrasinais non é autónomo e constantemente están pedindo restitución das mesmas por perdas ou esquecemento, non teñen habilidade no manexo de plataformas onde subir arquivos, enviar tarefas online, etc.). Pola contra, comezan a ver a necesidade de uso das mesmas e paulatinamente van tentando probar o seu uso.

O persoal do centro está saturado de horario, debido a falta de profesorado ou a realización de substitucións, e polo tanto, non dispón de tempo suficiente para experimentar ou argallar coa tecnoloxía e deste xeito, familiarizarse con ela e as súas posibilidades. A falta de equipos informáticos, ou a obsolescencia dos mesmos, e a ausencia de internet en todo o centro agrava a situación. Pola contra, mostra dispoñibilidade para formarse e por iniciarse no uso coa axuda pertinente de persoas formadoras, colaboración do equipo docente do centro, etc.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Facilitar o acceso e o coñecemento da Aula Virtual ao alumnado (D2 e E3*)
O02PD Empregar recursos dixitais na práctica docente na etapa de EI (E2*)
O03PD Ofrecer formación permanente do profesorado no proxecto E-Dixgal (D2 e E3*)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos están especificados no propio Plan de Acción. No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora mediante enquisas e a realización da Memoria

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre iniciamos a consecución dos 3 obxectivos plantexados no Plan de acción quedando como acadados: 

Sobre o 1º obxectivo: Facilitar o acceso e coñecemento á Aula Virtual por parte do alumnado. Mandoúselles un abalar ás familias para a actualización dos contrasinis. E determinouse o seguinte índice de participación: 1º E.P. (27%); 2º E.P. (100%); 3º E.P. (17%); 4º E.P. (24%); 5º E.P. (100%); 6º E.P. (100%).

Sobre o 2º obxectivo: Empregar recursos dixitais na práctica docente na etapa de E.I. Estase a empregar a Pizarra Intelixente de Aula como repositorio de contidos fotográficos das diferentes actividades ou conmemoracións de aula. Ademáis do seu emprego como medio de ensino.

Sobre o 3º obxectivo: Ofrecer formación permanente do profesorado relativa á Pizarra Dixital. Elaborouse una charla formativa ao respecto e proporcionouse un enlace a un banco de recursos docentes  sobre o emprego da mesma.

2º Trimestre

Ao longo deste trimestre iniciamos a consecución dos 3 obxectivos plantexados no Plan de acción quedando como acadados: 

Sobre o 1º obxectivo: Facilitar o acceso e coñecemento á Aula Virtual por parte do alumnado. Mandoúselles un abalar ás familias para a actualización dos contrasinis. E determinouse o seguinte índice de participación: 1º E.P. (27%); 2º E.P. (100%); 3º E.P. (17%); 4º E.P. (24%); 5º E.P. (100%); 6º E.P. (100%).

Sobre o 2º obxectivo: Empregar recursos dixitais na práctica docente na etapa de E.I. Estase a empregar Aula Virtual como repositorio de contidos fotográficos das diferentes actividades ou conmemoracións levadas a cabo na aula e no ciclo. A Pizarra Intelixente de Aula estase empregando medio de ensino, como canle de comunicación con outros centros.

Sobre o 3º obxectivo: Ofrecer formación permanente do profesorado relativa á Pizarra Dixital. Elaborouse una charla formativa ao respecto e proporcionouse un enlace a un banco de recursos docentes  sobre o emprego da mesma. Comporase dun código QR contido no apartado de recursos do profesorado.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Os obxectivos foron deseñados acorde as necesidades do noso centro, o profesorado participou activamente para a consecucións dos mesmos.

Proposta de mellora

Actualización e dixitalización da documentación informativa do centro, tanto para o profesorado como para as familias.

Seguir coa formación do profesorado. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente plan publicitarase na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorantonio/ Ás familias serán informadas a través da aplicación de comunicación ABALAR MÓBIL.