Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Porriño é unha localidade estratexicamente localizada respecto ás vías de comunicación o que favorece que a poboación traballe nas empresas dos arrredores (canteiría, industria química e farmacéutica, compoñentes do automóbil…); esta circunstancia ofrécenos un abano de poboación que pode desempeñar labores máis especializados e outros a nivel de operarios. No ámbito rural, de onde procede parte dos nosos alumnos/as, aínda atopamos a presenza de agricultura minifundista que axuda a completar a economía doméstica. 

As taxas de paro na parroquia do Porriño son, en agosto de 2023, dun 12,66% da poboación.

No curso 2010-2011 o IES Pino Manso foi un dos primeiros centros de Galicia en  incorporarse ao proxecto Abalar, de aí que dende ese ano académico contemos cun Plan Dixital dentro do PEC. No curso 2014-2015 arrinca o proxecto E-Dixgal no centro no nivel de 1º de ESO, incorporándose no ano seguinte, 2º de ESO. Á ampliación de 3º e 4º de ESO ao proxecto E-Dixgal tivo lugar no 2021-2022. De toda esta traxectaria dedúcese que a liñas dun proxecto dixital están presentes no IES Pino Manso dende hai máis dunha década.

Actualmente, o centro participa en CPInnova na modalidade EDUinnova e no CPIinclúe nas modalidades Convíve-T, Igual-T, Inclúe-T e Emocióna-T, Plan Proxecta, nos que o emprego das TICs constitúen un apoio para o seu desenvolvemento.

No curso 2202-2023 redactouse na aplicación Educalidade o Plan Dixital do IES Pino Manso, ao tempo que comezaba a súa aplicación.

A contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro é a seguinte: 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Art. 37.1. do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Art. 35.1. do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na normativa de desenvolvemento dos dous anteriores Decretos concrétase a estrutura que debe ter o Plan Dixital nos seguintes artigos:

  • Artigo 18 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesta etapa educativa. 
  • Artigo 218 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesta etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Recollemos datos do SELFIE  realizado no curso 21-22 e os datos extraídos do test CDD deste mesmo curso. Tamén se tiveron en conta aqueles aspectos que no Plan Dixital do curso 22-23 non foron suficientemente desenvoltos. 

 

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa capacidade para resolver problemas técnicos que xorden no uso das tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade Escasa procura de fontes de información seguras e fiables. Alumnado Si
Debilidade Escasa práctica dunha saudable comunicación a través das TICs. Alumnado Si
Debilidade Identificar dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta relacionadas co contexto socioeconómico do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Falta de dispositivos móbiles para seren empregados durante a clase en Bacharelato. Infraestruturas Non
Debilidade Necesario renovación dos equipos. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiencia de espazos físicos para facilitar o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais para o alumnado de BAC. Infraestruturas Non
Debilidade Escasa exploración de novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Escaso fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Falta de repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade, colaboración, autoavaliación e coavaliación, documentación da propia aprendizaxe do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Inexistente participación do profesorado no desenvolvemento dunha estratexia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Percibe que se facilita o acceso a internet para desenvolver os seus estudos. Alumnado Non
Fortaleza Percibe que se lle facilita, cando así o demanda, dispositivos dixitais para estudar e para levar a casa. Os dispositivos son propiedade do centro e están xestionados polo propio centro. Alumnado Non
Fortaleza Desenvolve habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza Guíaselles na aprendizaxe de como actuar de maneira segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza Utiliza entornos virtuais de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos dixitais para o uso do alumnado (ESO) dentro do centro e tamén para levar para casa. Infraestruturas Non
Fortaleza Bo soporte de acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos dixitais para o uso do alumnado de Bacharelato con dificultades económicas, para levar para casa. Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais no centro para a ensinanza coma para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Procura recursos educativos en internet. Persoal docente Non
Fortaleza Utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Procura recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Crea recursos educativos dixitais para reforzar o seu método de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza Desenvolve actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Utiliza entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Incorpora o uso das novas tecnoloxías como axuda á xestión do centro (Administrativa e Bedeis). Persoal non docente Non
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Vaivéns lexislativos Lexislación Non
Oportunidade Acreditación dixital docente Administración educativa Non
Oportunidade Desenvolvemento do plan dixital de centro. Administración educativa Non
Oportunidade Apoio do Concello. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O anterior DAFO anterior  constitúe unha reflexión respecto aos obxectivos que cómpre acadar, a partir do cal se deseñou o Plan Dixital do IES Pino Manso.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
0O1PD Ter unha lixtaxe do alumnado con falta de recursos para o uso das tecnoloxías dixitais no ámbito familiar
0O2PD Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe para o uso do profesorado e alumnado do centro
0O3PD Educar ao alumnado na necesidade de procurar fontes de información seguras e fiables
0O4PD Crear entre o alumnado unha práctica saudable de comunicación a través das TICs.

Seguimento

Procedemento

En cada avaliación procesual, cumprimentarase a táboa adxunta -Anexo 3, Plan Dixital do IES Pino Manso- en referencia ás accións dos diferentes obxectivos que correspondan en tempo dende a anterior avaliación procesual. 

A temporalización da avaliación procesual será, como mínimo, unha por trimestre.

Tamén se terá en conta o seguimento que se realice nas reunións que se leven a cabo co asesor ADIX de zona.

 

1º Trimestre

18/10/23 Reunión presencial
Reunión con Jacob Seijas ADIX do noso ámbito xeográfico. Comprobamos o acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...). Tamén comprobamos o acceso á aplicación EduCalidade con permisos de edición. Revisamos os distintos apartados da aplicación no PDC, facendo principal fincapé nos seguintes puntos:

  • Introdución
    • Data de aprobación do Consello
    • Data de aprobación/ información Claustro
  • Contexto DAFO
    • Revisión e actualización
  • Obxectivos
    • Procedemento de borrado
    • Procedemento para a creación de novos Obxectivos
    • Introdución das Accións
  • Comunicación e Difusión
    • Revisión e actualización
  • Seguimento
    • Borrado/Actualización dos cadros de texto
  • Avaliación
    • Borrado/Actualización dos cadros de texto
  • Anexos

Traslado a notificación recibida desde SSCC indicando que se amplía o prazo de aprobación do PDC 2023_2024 ata o 06 de novembro. Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito público na aplicación EduCalidade. Xa están definidos os Obxectivos do novo PDC e revisamos a edición dos indicadores e das accións.

2º Trimestre

24/01/24 Reunión presencial


Reunión con Jacob Seijas ADIX do noso ámbito xeográfico. Nesta 2ª reunión, tras deixar o PDC correctamente trasladado á aplicación EduCalidade, o obxectivo principal é realizar o seguimento de cada un dos Obxectivos analizando as Accións particulares dos mesmos.

Na reunión seguimos a seguinte Orde do día:

 

  1. Sinatura da acta anterior.
  2. Corrección de posibles eivas do PDC na aplicación EduCalidade.

Revisado todo o trasladado na aplicación EduCalidade non se aprecia ningunha incidencia.

  1. Recollida das RRSS utilizadas polo centro educativo.

As RRSS utilizadas quedan recollidas nesta acta no apartado correspondente.

  1. Recollida da planificación de formación específica sobre competencia dixital (través dun PFPP).

A formación específica en competencia dixital solicitada no PFPP do centro queda recollida nesta acta no apartado correspondente.

  1. Revisión do estado dos Obxectivos O01PD, O02PD...

O01PD Ter unha lixtaxe do alumnado con falta de recursos para o uso das tecnoloxías dixitais no ámbito familiar.
Pendente Parcialmente Acadado


O02PD Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe para o uso do profesorado e alumnado do centro.
Pendente Parcialmente Acadado


O03PD Educar ao alumnado na necesidade de procurar fontes de información seguras e fiables.
Pendente Parcialmente Acadado

O04PD Crear entre o alumnado unha práctica saudable de comunicación a través das TICs.
Pendente Parcialmente Acadado

 

  1. Seguimento particular das Accións vencidas en cada obxectivo A01.1, A01.2...

Marcamos en grosa as accións levadas a cabo e que recollen no seu seguimento particular a súa execución e, no caso de telas, as evidencias documentais:


AO1.1: Reunión do Equipo Directivo coas titoras e titoras para informar da acción que se pretende iniciar.
AO1.2: Detectar, por grupos, o alumnado con falta de recursos (ordenadores e conexión a internet en BAC e FPB; conexión na ESO) para o uso de tecnoloxías dixitais no ámbito familiar.
AO1.3: Elaborar a listaxe de alumnado do centro con falta de recursos para o uso de tecnoloxías dixitais no ámbito familiar.


AO2.1: Crear un grupo de traballo interdisciplinar para o deseño dos repositorios ou bibliotecas en liña.
AO2.2: Pór en marcha formación específica.

AO2.3: Elaboración dos materiais.
AO2.4: Porcentaxe de profesorado creando repositorios en liña.


AO3.1: Desenvolvemento dunha enquisa inicial para concienciar da carencia.
AO3.2: Elaboración dunha proposta de actividade con diferente grao de dificultade para cada materia e nivel.
AO3.3: Desenvolvemento das propostas de actividades.


AO4.1: Elaboración dun borrador de enquisa inicial ( PRE-TEST) sobre prácticas de comunicación seguras.
AO4.2: Reunión entre o profe D.O. e profes titorías nivel (1º ESO) para informar sobre as enquisas.
AO4.3: Cumprimentación durante as titorías por parte do alumnado
AO4.4: Envío ás familias para a cumprimentación.
AO4.5: Valoración dos resultados da enquisas.
AO4.6: Posta en común dos resultados da enquisa para fomentar prácticas de comunicación saudables a través das TICs.
AO4.7: Sesións formativas sobre a seguridade nas redes e comunicación saudables a través das TICs
AO4.8: Reunión da Comisión de convivencia para informar para reflexionar sobre posibles propostas de mellora

 

  1. Evidencias documentais para acreditar o cumprimento das nosas Accións (cando sexa posible) e que podemos achegar no seu Seguimento.

Se achegan as evidencias documentais existentes no seguimento particular de cada Acción na aplicación EduCalidade.

  1. Actualización na lapela Seguimento --> 1º trimestre.

Actualizamos o apartado 1º trimestre dentro da lapela Seguimento na aplicación EduCalidade, recollendo toda a actividade relacionada coa coordinación do PDC.

3º Trimestre

15/05/24 Reunión presencial


Reunión con Jacob Seijas ADIX do noso ámbito xeográfico. Tras comprobar que o PDC se atopa no estado de “Plan pechado-seguimento“ dentro da aplicación EduCalidade o obxectivo principal é realizar o seu seguimento, practicamente definitivo. Esta reunión mantense cando queda aproximadamente 1 mes para finalizar o curso e existe a posibilidade dalgunha edición, previa o estado “Finalizado” do PDC, na aplicación EduCalidade tras a sinatura desta Acta.


Seguimos a seguinte Orde do día:

 

  1. Sinatura da acta anterior.
  2. Revisión do estado dos Obxectivos O01PD, O02PD...
  • O01PD Ter unha lixtaxe do alumnado con falta de recursos para o uso das tecnoloxías dixitais no ámbito familiar.
  • O02PD Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe para o uso do profesorado e alumnado do centro.
  • O03PD Educar ao alumnado na necesidade de procurar fontes de información seguras e fiables.
  • O04PD Crear entre o alumnado unha práctica saudable de comunicación a través das TICs.

Revisamos a situación actual (Pendente – Parcialmente - Acadado) de cada un dos Obxectivos do PDC e editamos o estado dos mesmos na aplicación EduCalidade.

  1. Seguimento.
  • Accións.

AO1.1: Reunión do Equipo Directivo coas titoras e titoras para informar da acción que se pretende iniciar.
AO1.2: Detectar, por grupos, o alumnado con falta de recursos (ordenadores e conexión a internet en BAC e FPB; conexión na ESO) para o uso de tecnoloxías dixitais no ámbito familiar.
AO1.3: Elaborar a listaxe de alumnado do centro con falta de recursos para o uso de tecnoloxías dixitais no ámbito familiar.


AO2.1: Crear un grupo de traballo interdisciplinar para o deseño dos repositorios ou bibliotecas en liña.
AO2.2: Pór en marcha formación específica.
AO2.3: Elaboración dos materiais.
AO2.4: Porcentaxe de profesorado creando repositorios en liña.


AO3.1: Desenvolvemento dunha enquisa inicial para concienciar da carencia.
AO3.2: Elaboración dunha proposta de actividade con diferente grao de dificultade para cada materia e nivel.
AO3.3: Desenvolvemento das propostas de actividades.


AO4.1: Elaboración dun borrador de enquisa inicial ( PRE-TEST) sobre prácticas de comunicación seguras.
AO4.2: Reunión entre o profe D.O. e profes titorías nivel (1º ESO) para informar sobre as enquisas.
AO4.3: Cumprimentación durante as titorías por parte do alumnado
AO4.4: Envío ás familias para a cumprimentación.
AO4.5: Valoración dos resultados da enquisas.
AO4.6: Posta en común dos resultados da enquisa para fomentar prácticas de comunicación saudables a través das TICs.
AO4.7: Sesións formativas sobre a seguridade nas redes e comunicación saudables a través das TICs
AO4.8: Reunión da Comisión de convivencia para informar para reflexionar sobre posibles propostas de mellora

Para cada unha das Accións particulares de cada Obxectivo realizamos o seu seguimento achegando cando é posible evidencias documentais, quedando recollidas na aplicación EduCalidade (Lapela Obxectivos). Pendente de realizar as executadas ao final de curso tales como as
accións de Valoración.

 

  • Trimestral.

Indicamos nos 3 trimestres todas as accións levadas a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital e lideradas pola coordinación do PDC. Quedando recollido na aplicación EduCalidade (Lapela Seguimento). Pendente de achegar aquelas accións executadas ata que finalice o curso.

  1. Avaliación.

Na aplicación EduCalidade (Lapela Avaliación) quedará pendente realizar as achegas, antes de pasar ao estado “Finalizado”, nos seguintes apartados.

  • Valoración xeral.
  • Propostas de Mellora.

Esta edición realizarase tras a reflexión do EDPD reflectindo a evolución do PDC ao longo deste curso e focalizando xa nos Obxectivos que podemos planificar para o curso 2024-2025.

  1. Revisión Anexos.

Achégase no seguimento particular de cada Acción as evidencias documentais das que se dispón (Lapela Obxectivos), no caso doutra documentación auxiliar que se xere ata finalizar o curso, queda á disposición na Lapela Anexos un espazo para ao seu arquivo.

  1. Sinatura da presente Acta

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Neste curso académico, 2023-2024, o Plan Dixital pasou de ser obxectivo a ser acompañante doutras lliñas de actuación e formación que se están a realizar no IES Pino Manso; concretamente todo o que ten que ver coa atención á diversidade e o tratamento da comprensión lectora. O profesorado está traballando máis neste último eido ca no dixital. Confiemos que no vindeiro curso se nutra máis das actuacións nesta liña.

Proposta de mellora

Cara ao curso vindeiro, deberán traballarse os seguintes obxectivos:

- Dotar de recursos tecnolóxicos ao alumnado que non dispón deles, axilizando o máximo os prazos no caso do alumnado de recente incorporación.

- Directamente relacionados co alumnado estaría seguir traballando cara á procura de fontes seguras e fiables e práctica saudable de comunicación a través das TICs.

- Ligado co profesorado estaría crear repositorios ou bibliotecas en liña de recursos. Este último apartado, neste curso, estase abordando dende o PFPP. Convén incorporar os seus resultados dentro do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital difundirase a través da páxina web. Da súa publicación informarase a toda a comunidade educativa a través da mensaxería Abalar (familias e alumnado maior de idade) e correo corporativo (persoal docente e non docente). Tamén se poderá acceder a través desta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36007011