Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Contextualización do Plan Dixital no centro.Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O alumnado do centro procede de barrios de gran tradición na cidade: Sta. María, S. Roque, A Moureira... As familias viven nos edificios da zona, convivindo algúns cós avós e ás avoas. As profesións e oficios das nais e pais son variadas, a meirande parte traballadores e traballadoras do sector terciario.

Cabe salientar que existe unha porcentaxe significativa de familias con estudos superiores. Aproximadamente un 55% de nais e pais participan na ANPA.

Este Plan Dixital axudará a vertebrar gran parte do traballo que xa se viña realizando no centro.

Antes da realización do Plan Dixital o centro xa contaba con PDI en todas as aulas, aula virtual, participación no proxecto E-Dixgal, participación no proxecto E-Twinning, PLAMBE, robótica en infantil, Plan Acción Titorial, Plan Atención á diversidade.

Coa realización do PD pretendemos atallar as dificultades coas que nos viñamos atopando nos anteriores cursos académicos en relación co traballo dixital. A través deste, organizaremos e planificaremos o traballo para resolver as diferentes dificultades que identificamos, comezando polas escollidas para afrontar no curso 2023-2024, que estarán tamén reflexadas na Programación Xeral Anual.

2. Breve xustificación do mesmo

A lexislación principal na que se basea a elaboración do presente documento é:

  • Art. 15 da Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesta etapa educativa.
  • Artigo 14 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autonóma de Galicia e se regula a avaliación nesta etapa educativa.

 3. Proceso de elaboración

O equipo está formado por Pedro M. Mariño Rivadulla, coordinador do equipo e Cristian Castro Maquieira, titor de 5º EP

Cabe destacar que contamos coa prezada axuda de Belén Junquera, asesora Adix asignada ao noso centro.

Pasos na elaboración do PD:

1º Análise da situación do centro a través do cuestionario SELFIE.

2º Análise da competencia dixital docente.

3º Análise DAFO para detectar necesidades.

4º Creación do Plan de Acción para o curso 2022-23.

5º Redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información previa se empregaron os seguintes instrumentos:

- Autoavaliación SELFIE.

- Test CDD.

- Análise DAFO.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado de EI a 4ºEP Alumnado Non
Debilidade H7: Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C7: Protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade C16: Bibliotecas, repositorios en liña. Organización de centro Non
Debilidade A2: Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Organización de centro Non
Debilidade A3: Organización do centro. Organización de centro Si
Debilidade B4: Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia. Organización de centro Si
Debilidade G8: Documentación da aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A1: Estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade B1: Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade B2: Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade D1: Necesidades de desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Si
Debilidade D2: Participación no desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Debilidade E3: Emprego de contornas vituais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G6: Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade G7: Avaliación dixital. Persoal docente Non
Debilidade F5: Colaboración do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F6: Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade G3: Retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Debilidade G5: Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G9: Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade E4: Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Debilidade G1: Avaliación das capacidades. Persoal docente Non
Fortaleza C10: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado de 5º e 6º. Alumnado Non
Fortaleza H13: Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Fortaleza H1: Comportamento seguro Alumnado Si
Fortaleza H3: Comportamento responsable. Alumnado Si
Fortaleza H11: Aprender a codificar e programar. Alumnado Non
Fortaleza C3: O centro posúe unha boa conexión a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C8: Dispoñemos de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C11: Fenda dixital; medidas para identificar dificultades. Organización de centro Si
Fortaleza E1: Recursos educativos en liña (posibilidade de acceso) Persoal docente Non
Fortaleza E2: Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza F4: Implicación e inclusión do alumnado. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14: Espazos físicos (non hai espazo suficiente) Administración educativa Non
Ameaza C5: Asistencia técnica para o equipamento do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza A4: Tempo para explorar a ensinanza dixital. Administración educativa Non
Ameaza C12: Fenda dixital; apoio para abordar dificultades. Outras Si
Oportunidade C5: Asistencia técnica para o equipamento do alumnado Edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade A5: Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade B3: Colaboración con outras entidades e institucións. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Normalizar o uso de Abalar móbil como ferramenta de comunicación coas familias.
O02PD Consolidar o uso das aulas virtuais en todo o centro
O03PD Cumprir a normativa de protección de datos persoais.

Seguimento

Procedemento

Como parte complementaria do da avaliación do PD, e sendo necesaria unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora:

O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase con carácter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguemento do proceso de implementación do plan. Do mesmo xeito, poderanse facer reunións extraordinarias se así o considerase oportuno o EDPD.

1º Trimestre

- En relación ao O01PD. Normalizar o uso de Abalar móbil como ferramenta de comunicación coas familias.

Estamos xa ao 90% de uso das notificacións a través de Abalar, tendo que avanzar no que queda de curso na xestións das titorías a través de esta ferramenta.

- Sobre a consolidación das aulas virtuais en todo o centro. Non está acadado, soamente temos a un coordinador designado por ciclo con funcións de administrador para a súa xestión. Esperamos avanzar neste obxectivo ao longo do mes de xaneiro.

- O obxectivo O03PD é unha das nosas referencias no traballo diario. Estase a cumprir toda a lexislación en relación ao tratamento dos datos, con carácter especial os referidos á imaxe do alumnado.

 

2º Trimestre

- En relación ao O01PD. Normalizar o uso de Abalar móbil como ferramenta de comunicación coas familias.

Está normalizado o uso das notificacións a través de Abalar. Agora deberemos difundir as novas funcionalidades da aplicación Abalar Pro.

- Sobre a consolidación das aulas virtuais en todo o centro. Non están funcionando. Deberemos revisar o reparto de funcións entre as distintas coordinadoras para a súa xestión.

- O obxectivo O03PD está consolidado. Empregando as solicitudes para a protección de datos, incluso cando nas citas de titoría veñen acompañados de outros profesionais que están a colaborar.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital que presentamos ten vocación de ser un elemento dinámico que acompañe a vida do centro e que sirva como referencia dos diferentes proxectos e procesos que se van desenvolver no proximo curso. Para dotalo dese dinamismo é preciso planificar un sistema de revisión, avaliación e feedback que nos vai permitir facer os axustes e correccións necesarios en cada momento do proceso. O equipo de dinamización do plan dixital será o encargado de levar a cabo os procesos de avaliación, tendo sempre en conta as aportacións dos diferentes ciclos e do profesorado tomado de xeito individual. O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase con carácter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguemento do proceso de implementación do plan, fará finalmente unha avaliación final do Plan Dixital no seu conxunto.

Para avaliar o PD realizarase:
• Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
• Unha avaliación final ao remate do curso académico no que se valorará a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora oportunas.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En canto á comunicación e difusión no Plan Dixital, poderemos atopar o mesmo publicado na páxina web do centro na seguinte dirección:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/?q=node/1050