Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital e o Proxecto Educativo.

Tal e como se recolle nos principios xerais do Proxecto Educativo a ensinanza busca o desenvolvemento integral do alumnado e dentro destes hai que incluír a cualificación nas novas tecnoloxías atendendo a varias necesidades:

1.      Son ferramentas que facilitan e potencian o proceso de ensinanza-aprendizaxe por ofrecer recursos variados, motivadores e actualizados.

2.     Os medios tecnolóxicos están ao alcance da gran maioría de nós e ofrecen inmediatez

3.     Son o futuro xa que non se conciben as actividades de calquera índole sen o uso das TICs

4.    Temos que afrontar o seu manexo con seguridade

5.      As oportunidades profesionais no futuro pasan por ter certo nivel de dominio na ferramentas tecnolóxicas

Outros plans e proxectos do centro que teñen vinculación co Plan Dixital.

·        Iniciación a informática no entorno LINUX en 4º de E. P. ; esta actividade permite ao alumnado de  4º prepararse para o manexo dos equipos do proxecto EDIXGAL

·        Navega con Rumbo. Sesión informativa para preparar ao alumnado no manexo seguro das redes

·        Plan Director. A través desta iniciativa formamos e informamos aos membros da comunidade educativa.

·        EDIXGAL. Implantado desde hai anos no terceiro ciclo de E. P.

·      eTwinning.  Programa de colaboración con escolas Europeas para promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesorado e alumnado dos países participantes a través das TIC. O noso centro leva participando no programa dende o curso escolar 2007-2008. Neste curso escolar, estamos a desenvolver o proxecto Arcimboldo´s  Healthy Art, en colaboración con escolas de Alemania, Grecia e centros da nosa Comunidade Autónoma que participan en formación impartida por profesorado do centro.

·        Plan Proxecta na modalidade Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do PD creouse un grupo de traballo dentro do PFPP do centro coa liña elaboración do PD. No desenvolvemento do mesmo organizáronse actividades de xeito individual e grupal.

Aplicáronse todas as medidas establecidas pola administración educativa atendendo ás recomendacións dos asesores ADIX.

Creouse dentro da aula virtual do centro un curso para a realización por parte do profesorado do SELFIE correspondente, así como tamén do alumnado, facendo uso da aula virtual e estando asesorados polo profesorado para a realización do mencionado test. Do mesmo xeito actuouse para a elaboración do test competencial do profesorado, facilitando un apartado dentro do curso creado na mencionada aula vitual.

Unha vez lidos os datos de ámbalas dúas aplicacións estableceronse reunións periódicas momento no que se valoran as interpretacións dos datos obtidos nun e noutro test facilitando o debate e a redaccións das conclusións correspondentes ao seu redor.

Ao tempo que se lle transmite a información ao Claustro de mestres para que sexan coñecedores das diferentes respostas obitidas así como das conclusións e decisións tomadas.

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A4. O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o método de ensino con T. Dixitais Organización de centro Si
Debilidade B4. Non colaboramos con outros centros e organizacións para apoiar o uso das T. Dixitais Organización de centro Si
Debilidade A1. O noso centro non conta cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade C11. Non temos medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe mixta relacionadas coas dificultades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico Organización de centro Si
Debilidade A4. Falta de tempo do profesorado para explorar como mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade B1. Escasa avaliación do noso método de ensino e aprendizaxe con T. Dixitais Persoal docente Si
Debilidade B2. Insuficiente debate sobre as vantaxes do ensino e aprendizaxe con T. Dixitais Persoal docente Si
Debilidade B3. Non utilizamos T. dixitais para colaborar con outras organizacións Persoal docente Si
Debilidade E2. Escasa creación de recursos dixitais para reforzar o método de ensino por parte do profesorado Persoal docente Si
Debilidade G10 Non se valoran as habilidades dixitais que o alumno/a adquire fóra do centro educativo Persoal docente Si
Debilidade G3. Insuficiente uso das T. dixitais para facilitar retroalimentación adecuada ao alumnado Persoal docente Si
Debilidade G5. Non se usan T. dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza C10. O centro dispón de dispositivos portátiles para que o alumnado poida levar a casa Alumnado Si
Fortaleza C8. O centro dispón de dispositivos dixitais para uso do alumnado Alumnado Si
Fortaleza C2. No centro hai dispositivos dixitais para utilizar no labor docente Infraestruturas Si
Fortaleza C1. As infraestruturas dixitais acompañan o ensino e a aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza C3. No centro facilítase o acceso a internet Infraestruturas Si
Fortaleza C5. Asistencia técnica para resolver problemas tecnolóxicos Infraestruturas Si
Fortaleza C7. Existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C15. Alumnado con neae ten acceso a tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Si
Fortaleza C16. Existen repositorios ou bibliotecas en liña Infraestruturas Si
Fortaleza C5. O noso centro dispón de asistencia técnica para resolver problemas coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza C13. No noso centro o alumnado pode traer os seus propios portátiles e utilizalos na clase Organización de centro Non
Fortaleza C16. Existen repositorios ou bibliotecas en liña Organización de centro Si
Fortaleza A2. O equipo directivo involucra ao profesorado nunha estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Fortaleza C15. O alumnado con neae ten acceso a tecnoloxías asistenciais Organización de centro Si
Fortaleza D1. Debate sobre necesidades de DPC no ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias entre a comunidade educativa sobre ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza E4. O profesorado utiliza tecnoloxía dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza F1. O profesorado utiliza tecnoloxías abertas para adaptar o método ás necesidades do alumno Persoal docente Si
Fortaleza E1. Procura de recursos dixitais en liña Persoal docente Si
Fortaleza A3. O profesorado conta co apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza D2. Acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E3. O profesorado utiliza contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Si
Fortaleza E5. O profesorado utiliza recurso educativos abertos Persoal docente Si
Fortaleza F3. Uso de tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumno Persoal docente Si
Fortaleza F5. Uso de tecnoloxías para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Si
Fortaleza G9. O profesorado utiliza datos dixitais dos/as alumnos/as concretos para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza F4. Actividades de aprendizaxe dixital que implican ao alumnado Persoal docente Si
Fortaleza F6. O profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando as tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza G7. O equipo directivo axuda a utilizar tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Si
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias entre a comunidade educativa sobre ensino con tecnoloxías dixitais Persoal non docente Non
Fortaleza F5. Uso de tecnoloxías para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal non docente Si
Fortaleza E1. Procura de recursos dixitais en linea Persoal non docente Non
Fortaleza F4. Actividades de aprendizaxe dixital que implican ao alumnado Persoal non docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C12. Non existe un plan de axuda ao profesorado para abordar os retos que xorden na aprendizaxe mixta Contorna Si
Ameaza A5. Non respectamos suficientemente os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar as T. Dixi-tais Lexislación Si
Ameaza B4. Non colaboramos con outros centros e/ou orga-nizacións para apoiar o uso das t. Dixitais Outras Non
Ameaza B3. Non utilizamos T. dixitais ao colaborar con outras entidades Outras Si
Oportunidade C2. No centro hai dispositivos dixitais para uti-lizar no labor docente Administración educativa Si
Oportunidade C1. As infraestruturas dixitais acompañan o en-sino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Oportunidade C5. Asistencia técnica para resolver problemas tecnolóxicos Administración educativa Si
Oportunidade C16. Existen repositorios ou bibliotecas en liña Administración educativa Non
Oportunidade C3. No centro facilítase o acceso a internet Administración educativa Si
Oportunidade C16. Existen repositorios ou bibliotecas en liña ANPA Non
Oportunidade C1. As infraestruturas dixitais acompañan o en-sino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Outras Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

C1. As infraestruturas dixitais acompañan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a páxina web do centro
O02PD Extender o uso do servidor NAS
O03PD Fomentar o uso do software libre entre a comunidade educativa, recursos aplicativos de Linux e aula virtual
O04PD Iniciar aos alumnos de cuarto de primaria no uso do ordenador de cara aos seguintes niveis de etapa
O05PD Fomentar o suso da aula de informática en tódolos nivéis educativos
O06PD Formar ao profesorado interesado nos novos recursos Tics
O07PD Renovar os recursos materiais Tics do centro
O08PD Actualizar o inventario dixital do centro do 2015 á actualidade
O09PD Implantación do proxecto eTwinning
0010PD Traballar aspectos relacionados coa netiqueta

Seguimento

Procedemento
Ao longo do curso celebráronse reunións do equipo do Plan Dixital con periodicidade mensual para coordinar as actuacións establecidas.
Mantivéronse reunións periódicas co asesor Adix onde se consultaron dúbidas, solventáronse pequenos problemas e incidencias que foron xurdindo.
Valorouse a efectividade das actuacións realizadas e establecéronse propostas de mellora de cara ao vindeiro curso.
 
1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre acadaronse as seguintes accións:

- O1.3 Establecer un contador de visitas

- O2.1 Explicar o aceso a NAS e maneira de usalo

- O2.2 Comprobar que existe conexión desde todos os equipos.

- O3.3 Informar/formar ás familias sobre o uso do software libre a partir de 5º de E. P.

- O3.4 Incluír nos plan de formación do centro o uso de ferramentas dixitais e aplicativos LINUX

- O5.1 Incluír nos plan de formación do centro o uso de ferramentas dixitais e aplicativos LINUX

- O5.2 Dotar de máis dispositivos á aula de informática

- O7.2 Instalar máquina virtual en ordenadores para visualizar xogos educativos

As seguintes accións foron acadadas parcialmente porque se están a desenvolver a través dun grupo de traballo:

- O6.1 Formación sobre manexo dos novos paneis interactivos

- O6.2 Formación sobre o material dos polos creativos

- O6.3 Formación sobre novos programas educativos

O obxectivo 8 está sen iniciarse por non estar habilitado pola Consellería o aplicativo.

2º Trimestre

Realizouse o seguimento trimestral do plan dixital a través da revisión do nivel de execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

O obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre desenvolvense según o previsto:

- O O08PD continúa pendente de activación por parte de AMTEGA a aplicación inventario.

- Os obxectivos referentes a formación están en marcha e contamos que finalicen no mes de maio.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez  ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Na mesma tamén buscarase que posibilidades existen de poder enfocar os seguintes obxectivos,  baseándose no éxito ou no fracaso dos anteriores, e comprobar a partires desa avaliación posibles  deficiencias ou necesidades, no proceso de ensinanza-aprendizaxe no centro que podan ser  susceptibles de ser traballadas ou non precisan un enfoque tan directo.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O centro daralle difusión ao Plan Dixital unha vez que sexa aprobado, a través dos medios que ven empregando para comunicarse cos membros da comunidade educativa:

  1. Na URL de educalidade https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006390
  2. Páxina web na que se creará un apartado específico
  3.  Abalar Móbil a través do que se notificará a súa publicación
  4.  Tríptico informativo distribuído ao inicio do curso entre as familias do alumnado
  5. A través do Consello Escolar e da ANPA