Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase da seguinte forma:
- No contexto da avaliación procesual realizarase unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora a través do apartado seguimento da acción (Valoración da acción e estado) presente nas táboas 1, 2 e 3 do Plan de Acción.
10/10/23 Reunión presencial Encontro con Fran recentemente nomeado Coordinador (a partir de agora CPD) do Plan Dixital de Centro (a partir de agora PDC). Primeira toma de contacto, Fran non pode atenderme pois se atopa en horario lectivo me indica que os martes a primeira hora (09:40- 10:30) pode ser un bo momento para reunirnos. Envío por correo o documento pdf cos primeiros pasos en EduCalidade e trato de explicar o máis detalladamente posible o proceder durante estas primeiras semanas en todo o relacionado co PDC do centro. En todo caso quedo pendente de realizar unha nova visita para atender as súas necesidades. Temos de prazo ata o vindeiro 06 de novembro para pechar a elaboración do PDC 2023-24, previa información/aprobación en Claustro e a aprobación en Consello Escolar.
Reunión presencial de encontro con Jacob na que se trataron os seguintes temas:
14-5-24, entrevista presencial con Jacob na que se trataron os temas que figuran na acta seguinte:
Avaliación
En xeral a valoración feita polo equipo tic's foi positiva.
En cuanto ao material utilizado e os medios técnicos non hai ningunha queixa. Adquiriuse máis material en relación coa radio e tv escolar. Foron engadidos ao inventario e presentados ao profesorado para uso comunitario.
O itinerario tic sigue o seu curso, aínda que é difícil implementalo co novo profesorado. Os recen chegados fixeron un esforzo para adaptarse as condicións do colexio.
A aula virtual quedou sin activar xa que ningún titor mostrou interés por usala no día a día da aula.
Queda pendente o uso da plataforma E-LBE.2 como instrumento de lectura, o uso masivo da biblioteca física do cole non nos deixou ver as posibilidades desta plataforma.
En referencia coa páxina web a valoraciòn é moi positiva, sendo unha das ferramentas que máis usamos para a difusión das actividades realizadas no colexio. Ademáis sirve de canle de comunicación ideal para estar en contacto coas familias e alumnado.
Utilizar a plataforma E-LBE2 como ferramenta do fomento da lectura no noso alumnado. Establecer esta plataforma para as lecturas colectivas de aula, evitando así a compra masiva de libros e conseguinte derroche de papel.
Por en marcha dende o principio do curso a AULA VIRTUAL e fomentar o seu uso nas aulas, independientemente da metodoloxía usada por cada profesor titor.
Seguir coa compra e actualizaciòn do material de radio e tv para posta en marcha de programas, podcast e videos.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do CEIP Mestre Manuel García estará publicado na web do centro no apartado de documentación, sendo totalmente público o seu contido.
No momento da súa entrada en vigor informarase á comunidade educativa a través dun Abalar trala súa aprobación no consello escolar e posterior entrada en vigor.
Aqueles aspectos relacionados coa publicidade e mecanismos de comunicación presentes no Plan Dixital estarán incardinados e coordinados no marco do Plan de Comunicación de Centro nos seus apartados 4 e 5 relacionados coa comunicación externa e interna do centro
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006067