Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.
A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.
A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.
Dentro dos obxectivos programados no Plan Dixital acadaronse neste primeiro trimestre as seguintes accións
1.-Presentar as novidades da biblioteca mediante os soportes dixitais que temos en diferentes puntos do centro.
Creouse un sub-apartado na páxina web do centro, dentro do apartado de Biblioteca para dar difusión ás novidades da biblio. Xa se subiron algunhas novidades.
2.-Empregar na aula e na biblioteca do centro libros dixitais para fomentar a lectura e mellorar a comprensión lectora.
Actualizaronse os 4 libros dixitais e engadironse 5 exemplares de libros de lectura en cada un dos equipos.
3.-Alfabetizar ao profesorado no uso de ferramentas corporativas da consellería e subir arquivos usando a web do centro.
Formouse ao profesorado en Aula virtual, subir contido audiovisual na páxina web e compartironse algúns documentos do centro en Agueiro.
4.-Formación no uso de apps educativas escolares para a súa posterior aplicación na aula.
Pendente de consecución.

Obxectivo
O01PDPresentar as novidades da biblioteca mediante os soportes dixitais que temos en diferentes puntos do centro. Acadado
O02PDEmpregar na aula e na biblioteca do centro libros dixitais para fomentar a lectura e mellorar a comprensión lectora. Acadado
O03PDAlfabetizar ao profesorado no uso de ferramentas corporativas da consellería e subir arquivos usando a web do centro. Acadado
O04PDFormación no uso de apps educativas escolares para a súa posterior aplicación na aula. Pendente
Avaliación
A valoración do Plan Dixital foi positiva. Acadaronse a maioría dos obxectivos. O profesorado aumentou a súa competencia dixital.
Para o vindeiro curso queda pendente o obxectivo, O04PDFormación no uso de apps educativas escolares para a súa posterior aplicación na aula.
Proponse utilizar máis recursos dixitais no primeiro ciclo.
Proponse seguir aumentando a formación do profesorado en competencia dixital.
Solicitar o plan Observa Acción para coordinarse con outros coles da zona e poñer en común as nosas propostas.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do Ceip Chano Piñeiro estará visible libremente na plataforma Educalidade ( edu.xunta.gal/educalidade) ou picando no seguinte enlace directo:PLAN DIXITAL CHANO PIÑEIRO 23-24