Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PD

O uso das Tecnoloxías de Información e a Comunicación xeneralizouse de tal forma na nosa contorna que resulta imprescindible na actualidade. 

Neste sentido, a escola non debe permanecer de costas e debe proporcionar ao alumnado as aprendizaxes e recursos necesarios para que aprendan a utilizar esta ferramenta da forma máis adecuada posible. A utilización destas ferramentas por parte dos docentes e do alumnado introduce unha nova dimensión nos procesos de ensino aprendizaxe que deben ser tidos en conta por todos nós (mestras e mestres).

Coa posta en marcha deste plan, pretendemos achegar ao alumno e ao profesorado ás Tics dunha maneira sinxela e directa. Non será levar os equipos simplemente ás aulas, senón convertelos realmente nunhas ferramentas eficaces en mans dos docentes para levar a cabo os procesos de ensino-aprendizaxe, aumentando desta maneira a calidade da educación que ofrecemos aos nosos alumnos. Neste sentido, o Plan Dixital é entendido como un recurso ao dispor do profesorado encamiñado a potenciar a utilización das tecnoloxías como unha ferramenta máis dentro do proceso de ensino-aprendizaxe, ademais de desenvolver no alumnado aquelas competencias necesarias para que utilicen o computador da forma máis adecuada e segura.

A normativa vixente non son alleas a esta realidade. Así, a “ LOMLOE”, Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación indica no seu PREÁMBULO:

“Así mesmo, o uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá ha acelerado cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e os homes e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medioambiente, que se desenvolva tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente. En consecuencia, faise necesario que o sistema educativo dea resposta a esta realidade social e inclúa un enfoque da competencia dixital máis moderno e amplo, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.”

E, máis adiante afirma que:

“ Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento traballaranse en todas as áreas.”

Para a súa elaboración, tívose en conta a seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional. 

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD 

A competencia dixital supón un reto tanto para o profesorado como para o centro, xa que require o uso duns recursos en constante cambio e mellora e que requiren unha elevada cualificación por parte do profesorado así como una alta inversión económica. Por iso, o centro vén realizando un importante esforzo económico para dotar dos recursos tecnolóxicos necesarios que garanten a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC no centro, facilitando, deste xeito, a conversión centro educativo tradicional en Centro Educativo Dixital (CED).

  • Equipamento: proxectores, taboleiros dixitais, ultra portátiles de alumnos/as e profesores/as, mobles con bandexas para a recarga, cámara de vídeo, equipamento radio ...

  • Infraestruturas: CPD, cabreado e canalizacións, acondicionamento de aulas, instalación eléctrica ...

  • Conexión: á rede de Educación e a internet. 

Durante os últimos anos, o centro formou parte do programa Abalar dende a súa primeira convocatoria e ,posteriormente, no curso 2020-21, o centro foi elixido para participar no programa E-dixgal. Paralelamente, a través de distintos plans de formación, procurouse incluír de xeito regular algunha liña de formación co obxectivo de mellorar a competencia dixital dos docentes. En canto ao alumnado e familias, programáronse charlas relacionadas con uso seguro da Internet e, derivado da situación Covid, formación específica para as familias a través do CFR de referencia e da Aula Virtual do centro

O PD contribuirá cos distintos plans recollidos no Plan Educativo favorecendo o desenvolvemento dos seguintes obxectivos:

  • Plan Anual do DO: promover á Innovación Educativa. 
  • Proxecto Lingüístico: utilizar as tics para motivar e mellor a competencia lingüística do alumnado. 
  • Plan de convivencia: velar pola igualdade, fomentar as relacións positivas, colaborar no desenvovlemento da cultura do coidado mutuo..
  • PXA: mellorar a formación do alumnado e do profesorado no campo da tecnoloxía, consolidará BE como fonte de recurss de información e dinamizadora da actividade educativa cultural, impulsar o desenvolvemento de proxectos de mellora (Contrato Programa), organizar e actualizar os materiais e recursos do centro, ...

PROCESO DE ELABORACIÓN

Para a elaboración deste Plan Dixital creouse un grupo de traballo dentro dunha liña específica de formación do PFPP 21-22 deseñado no centro. Dito grupo estivo formado por catro membros do claustro que representan todos os sectores organizativos do centro: dirección, persoal docente, Coordinador Tic e distintos equipos de dinamización do centro.

A metodoloxía empregada para acadar os obxectivos consistiu na realización dunha secuencia didáctica en cinco pasos: Análise individual, reflexión conxunta, deseño , revisión e mellora.

Partindo dunha análise individual e unha posta en común, planificáronse e elaboráronse as diferentes fases do Plan dixital seguindo as pautas de traballo establecidas polo equipo Adix de referencia. Este deseño levouse ao claustro para a súa avaliación incorporando as propostas ao deseño final.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización do informe DAFO empregamos as seguintes ferramentas de análise: informe SELFIE (recollido na táboa do PD),  o TEST CDD (ofreceu resultados agrupados da autoreflexión do profesorado presentando un nivel de competencia dixital orientativos) e debates e reflexións xurdidos no centro sobre as tics. 

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade ALUMNADO H13. Resolver problemas técnicos Un alto porcentaxe de alumnado ten competencias dixitais insuficientes(45,5%) Carga no Coordinador TIC na resolución de problemas técnicos que xurden no día a día por falta de formación técnica básica do profesorado. Alumnado Non
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais O alumnado non crea contido dixital(nos cursos máis baixos se considera que non é obxectivo prioritario pero si que nos cursos de Edixgal se debería traballar. Alumnado Si
Debilidade C7. Protección de datos Baixa valoración por parte do Equipo Directivo (50%-27% parcialmente dacordo) Infraestruturas Si
Debilidade A1. Estratexia dixital Obtén unha baixa puntuación pola falta dunha estratexia explícita, aínda que é un reto do equipo directivo. Organización de centro Si
Debilidade B1. Avaliación do progreso. Pouca autoanálise da praxis no uso da tecnoloxía na nosa práctica diaria. Organización de centro Si
Debilidade B3. Colaboracións POUCA colaboración con outros centros (18% do profesorado dacordo frente ao 100% do ED). Persoal docente Si
Debilidade D1. Necesidades de DPC Baja valoración por parte del Equipo Directivo en relación al debate sobre las necesidades (50% en desacuerdo) en contraste con el profesorado (18% en desacuerdo) Respecto al DPC, el profesorado valora especialmente la formación presencial (es útil para 44 % ) pero no tanto en línea (cierta utilidad para el 56%). Contrasta con la evaluación del debate sobre las necesidades de formación. Persoal docente Si
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinares.Ausencia de proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5. Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Insuficiente emprego de prácticas de avaliación faci-litadas pola tecnoloxía, incluíndo información e re-troalimentación ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G6. Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo.Descoñecemento da potencialidade da avaliación e coavaliación. Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Aínda que a puntuación obtida foi alta, un posterior debate, reflectiu unha baixa porcentaxe de creación de recursos propios empregando ferrametas dixitais para o apoio ao ensino. Insuficiente coñecemento do profesorado das vantaxes do emprego do software libre no ámbito educativo e uso deste tipo de ferramentas no centro.(20%-20%) afecta á creación de contidos dixitais por parte do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza C1. Infraestrutura e equipos Xa hai unha sinerxía polo Proxecto Abalar e logo continuado polo Proxecto Edixgal. Infraestruturas Si
Fortaleza C14 OP. Espazos físicos O espazo escolar facilita o uso das tecnoloxías. Infraestruturas Si
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia do profesorado Por parte do profesorado hai unha apreciación de que existe e é suficiente formación en TIC proposta dende o Centro, Grupo TIC. Aínda así, non está de máis seguir avanzando en formacións específicas e máis completas Organización de centro Si
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Concienciación e apoio ao profesorado por parte do Equipo Directivo para explorar novas formas de ensino con ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D2. Participación no DPC Alta participación do profesorado nas actividades de formación. Persoal docente Si
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña Parte do profesorado está acostumado a buscar e usar recursos educativos na práctica diaria. Uso de blogues, ula Virtual e Edixgal para uso do alumnado destes recursos. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa Uso de ferramentas institucionales para a comunicación coa familia: Abalar, correo electrónico,..así como outras non institucionais. Persoal docente Si
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4.Tempo para explorar a ensinanza dixital. Falta de tempo dos profesores para crear materiais na aprendizaxe mixta (54,5%) Administración educativa Si
Ameaza C12 OP. Fenda dixital: apoio para abordar retos. Un alto porcentaxe das familias carecen de competencia dixital. Contrasta coa valoración favorable do ED e profesorado en relación a fenda dixital. Tras certo debate, enténdese que esta pregunta fai referencia a competencia dixital das familias non ao soporte informático co que conta o centro. Contorna Si
Ameaza A5 OP. Normas sobre dereitos de autor e licencias de uso. Aínda quea puntuación media non ñe moi baixa, cremos necesario afondar sobre este aspecto de cara a creación de material dixital e emprego de material xa creado. Lexislación Non
Ameaza B4 OP. Sinerxías para a aprendizaxe híbrida Non hai colaboración con institucións alleas ao centro educativo para o apoio no uso de tecnoloxías dixitais Outras Non
Oportunidade C2..Dispositivos dixitais para o ensino Proxecto E-DixGal e en Primaria e Infantil pizarras, ordenador de aula, proxector e dispositivos para uso do alumnado(tabltes, ordenadores portátiles, algún de mesa). Administración educativa Si
Oportunidade C3. Acceso a internet. Fibra, cabreado en todo o centro e punto wifi. Administración educativa Si
Oportunidade C5. Asistencia técnica O mantemento está xestionado por unha empresa externa e pola UAC e o CXR. Está supervisado polo Grupo TIC Administración educativa Si
Oportunidade C10. Dispositivos para o alumnado Dotación económica da administración. Administración educativa Si
Oportunidade C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Dotación económica da administración Administración educativa Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Crear un banco de recursos que favoreza o intercambio de recursos dixitais e/ou experiencias entre o profesorado do propio centro (D3*)
002PD Crear recursos dixitais empregando as aplicacións web Canva e Genially(E3)
003PD Formar ó profesorado no uso de software libre.
004PD Organizar formacións para traballar a competencia dixital a través do PFPP.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar as evolucións deste plan. 

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar cunto coa persoa coordinadoar do PD, o desenvolvemento do proxecto. 

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora. 

1º Trimestre

SEGUIMENTO

  • OBXECTIVO 1:Crear un banco de recursos que favoreza o intercambio de recursos dixitais e/ou experiencias entre o profesorado do propio centro
  1. Acción 1 Actualizar os usuarios do banco de recursos da Aula e revisar o seu deseño e contido.   ACADADA
  2.  Acción 2 Pescuda de recursos dixitais e/ou experiencias que se están a realizar noutros centros e incorporación ao banco de recursos.  EN PROCESO
  • OBXECTIVO 2:Crear recursos dixitais empregando as aplicacións web Canva e Genially
  1. Acción 1: Formación en aplicacións web Canva e Genially        EN PROCESO
  2. Acción 2: Creación de recursos dixitais con Canva e Genially    EN PROCESO
  • OBXECTIVO 3:Formar ó profesorado no uso de software libre.
  1. Acción 1:Formación en Paneis Dixitais   ACADADA
  2. Acción 2: Facer uso do software libre por parte da maioría do profesorado. EN PROCESO
  • OBXECTIVO 4: Organizar formacións para traballar a competencia dixital a través do PFPP.
  1. Acción 1 Formación de Polos Creativos creando unha liña de traballo dentro do PFPP do centro. EN PROCESO

 

2º Trimestre

SEGUIMENTO

  • OBXECTIVO 1:Crear un banco de recursos que favoreza o intercambio de recursos dixitais e/ou experiencias entre o profesorado do propio centro
  1. Acción 1 Actualizar os usuarios do banco de recursos da Aula e revisar o seu deseño e contido.   ACADADA
  2.  Acción 2 Pescuda de recursos dixitais e/ou experiencias que se están a realizar noutros centros e incorporación ao banco de recursos.  EN PROCESO
  • OBXECTIVO 2:Crear recursos dixitais empregando as aplicacións web Canva e Genially
  1. Acción 1: Formación en aplicacións web Canva e Genially        ACADADA
  2. Acción 2: Creación de recursos dixitais con Canva e Genially    EN PROCESO
  • OBXECTIVO 3:Formar ó profesorado no uso de software libre.
  1. Acción 1:Formación en Paneis Dixitais   ACADADA
  2. Acción 2: Facer uso do software libre por parte da maioría do profesorado. EN PROCESO
  • OBXECTIVO 4: Organizar formacións para traballar a competencia dixital a través do PFPP.
  1. Acción 1 Formación de Polos Creativos creando unha liña de traballo dentro do PFPP do centro. ACADADA
3º Trimestre

SEGUIMENTO

  • OBXECTIVO 1:Crear un banco de recursos que favoreza o intercambio de recursos dixitais e/ou experiencias entre o profesorado do propio centro
  1. Acción 1 Actualizar os usuarios do banco de recursos da Aula e revisar o seu deseño e contido.   ACADADA
  2.  Acción 2 Pescuda de recursos dixitais e/ou experiencias que se están a realizar noutros centros e incorporación ao banco de recursos. PARCIALMENTE ACADADO
  • OBXECTIVO 2:Crear recursos dixitais empregando as aplicacións web Canva e Genially
  1. Acción 1: Formación en aplicacións web Canva e Genially        ACADADA
  2. Acción 2: Creación de recursos dixitais con Canva e Genially    ACADADA
  • OBXECTIVO 3:Formar ó profesorado no uso de software libre.
  1. Acción 1:Formación en Paneis Dixitais   ACADADA
  2. Acción 2: Facer uso do software libre por parte da maioría do profesorado. ACADADA
  • OBXECTIVO 4: Organizar formacións para traballar a competencia dixital a través do PFPP.
  1. Acción 1 Formación de Polos Creativos creando unha liña de traballo dentro do PFPP do centro. ACADADA

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Consideramos que a valoración xeral do PD este curso é moi positiva. Agás o obxectivo 1(accións 2) os demais obxectivos foron acadados. 

Veuse unha mellora significativa e un maior interese no profesorado pola formación no eido tecnolóxico. Ao alumnado tamén se lle pode apreciar unha melloría nas súas habilidades dixitais. en canto a creación de recursos empregando Canva (alumnado de 5º e 6º)

A aposta de formarnos en tecnoloxía de Polos Creativos resultou interesante para parte do profesorado, aínda que sería convinte contar co material de Polos para que a formación recibida poida ser posta en práctica, tanto por parte do profesorado coma do alumnado. 

Queremos destacar que aínda que consideramos que imos por bo camiño, porque hai melloría en toda a comunidade educativa, precisamos seguir traballando moito neste eido xa que partiamos dun nivel de competencia TIC desigual por parte do profesorado. Cabe destacar a implicación do alumnado e o seu interese no uso das ferramentas para a creación de materiais propios.

Proposta de mellora

Aínda que as propostas de mellora serán analizadas e precisadas no mes de setembro coa formación do novo claustro, a groso modo, propoñemos:

- Seguir mantendo o obxectivo 1 (dado que é un obxectivo á longo prazo)

- Apostar por unha formación máis significativa en competencia dixital a través do PFPP (sobre todo enfocada á dotación de Polos Creativos para a que solicitaremos formación técnica e didaáctica) e da formación ofertada para a adquisición da Competencia Dixital Docente.

- Facer un espazo para Polos Creativos máis operativo con algunha reforma e modificación ( sobre todo no que respecta a mobiliario e almacenaxe)

Se a consellería manifesta a intención de por en funcionamento a app corporativa:  inventario, proporemos para o curso 2024-2025 un  obxectivo novo para actualizar o inventario dixital do centro

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes será publicado na páxina web do centro. Trasladaráselles comunicación ás familias a través da aplicación Abalarmóbil.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenoradores/

 URL do centro en EduCalidade.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36003111