Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do IES Manuel García Barros configúrase como unha ferramenta estratéxica cuxo propósito central é promover o desenvolvemento de competencias relacionadas co manexo da información e as habilidades dixitais, así como a plena integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) como recursos educativos fundamentais nos procesos de ensino e aprendizaxe. Este enfoque busca consolidar un proxecto compartido que oriente de maneira coherente o uso da tecnoloxía no centro educativo, aproveitando ao máximo as posibilidades e recursos dispoñibles.

É importante destacar que este plan esixe un compromiso activo de todos os membros da comunidade educativa, e da Administración, pois para un correcto desenvolvemento das competencias nas TIC, tal e como indican as directivas da Unión Europea e a LOMLOE, necesítase dun equipamento e dunha condición destes que na actualidade non é a idónea, porque a súa mellora implica unha partida orzamentaria da que non dispoñen os centros que non impartimos Formación Profesional.

 

Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao proxecto educativo do centro

O centro recibe na ESO un alumnado proveniente maioritariamente da contorna urbana da propia vila desta localidade (o centro de Primaria adscrito é o CEIP Figueroa), con todo, no bacharelato súmase alumnado de zonas máis amplas do Concello ou de concellos colindantes como Cuntis. As familias, en xeral, teñen un nivel nivel social medio-baixo. Hai que destacar que, do mesmo xeito que noutras localidades, cada vez recibimos máis alumnado estranxeiro, coas necesidades educativas e sociais que implican, que en parte, a nivel das TIC'S, téntase solventar co préstamo dun portátil, e co compromiso dun uso adecuado por parte destes.

O Plan Dixital debe estar integrado no Proxecto Educativo de Centro, tal coma indica a LOMLOE. A contribución do Plan Dixital ao PEC e á PXA constrúese co obxectivo de incentivar e reforzar o uso adecuado das novas tecnoloxías na comunidade educativa, que debe actuar como unha ferramenta que facilite a utilización de recursos dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe. É necesario ter en conta que a competencia dixital é unha das competencias chave nas que cómpre traballar co estudantado, e por conseguinte, co profesorado, pois este será o elemento vertebrador. O noso centro adquiriu o compromiso cunha educación integradora, baseada na igualdade de oportunidades. Na PXA formúlanse obxectivos directamente relacionados coa dixitalización: 1. Facilitar a incorporación do alumnado novo no centro. 2. Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado. 3. Potenciar e mellorar a comunicación coas familias.

 

Breve xustificación do PD

O PD é elaborado tendo en conta as premisas referidas nas diferentes lexislacións publicadas e nas orientacións da mentora dixital do centro, Belén Junquera.

A finalidade do Plan Dixital é:

1. Avaliar a situación do centro no que respecta ao uso das TIC para continuar co proceso de transformación e mellora.

2. O plan dixital contribuirá ao desenvolvemento da estratexia dixital da comunidade escolar.

3. Contribuír a desenvolver unha cultura dixital na comunidade educativa.

 

Proceso de elaboración

Seguindo as instrucións da mentora dixital, Belén Junquera, o e quipo foi o encargado de avaliar ata o momento da implementación do PD e de deseñar as estratexias para o presente curso 2023-24.

Os pasos foron os seguintes:

1.       Posta en común das necesidades en competencia dixital da comunidade escolar.

2.       Posibles estratexias para solucionar as necesidades en competencia dixital do profesorado.

3.       Posibles estratexias para solucionar as necesidades en competencia dixital do alumnado.

4.       Elaborar os obxectivos para o presente curso 2023-24 co fin de mellorar as competencias nas TIC da comunidade escolar.

5.       Redacción do PD.

Todo seguindo o seguinte marco lexislativo:

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Comezouse pola elaboración de dúas enquisas entre o profesorado, o SELFIE e o TEST CDD. A partir de aí elaborouse un DAFO do que surdiron as liñas de acción que compoñen este plan dixital.

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e unhas DEBILIDADES a nivel interno, e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo, que aparecen recollidas na presente análise DAFO. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN.

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Os alumnos non poden traer os seus propios dispositivos (ou poden traelos pero sen conexión). Non hai un espazo físico onde poidan traballar conectados. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non verifica axeitadamente a calidade da información. Necesidade de contar con sitios web de referencia proporcionados polo profesor. Alumnado Si
Debilidade Licenzas de uso. Non se lle outorga a importancia suficiente nos traballos e actividades realizadas pola comunidade educativa. Alumnado Si
Debilidade Algúns equipos están obsoletos (canóns, ordenadores) Infraestruturas Si
Debilidade Acceso a internet (por cable: defectuoso, moitas incidencias de cortes; wifi: a wifi non chega a todo o centro) Infraestruturas Non
Debilidade Asistencia técnica. A empresa da un mal servizo, non cumpre prazos nin informa con regularidade. Infraestruturas Non
Debilidade Os alumno poden traer os seus propios dispositivos pero sen conexión. Non hai un espazo físico onde poidan traballar conectados. Infraestruturas Non
Debilidade Novas modalidades de ensino. O profesorado non explora e proba novas técnicas dixitais. Oferta Si
Debilidade Tempo para explorar. A burocracia excesiva, e que vai en aumento ano tras ano, impide que os profesores dediquen máis tempo a investigar novas ferramentas. Oferta Si
Debilidade Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. (estratexias conxuntas dende coordinación TIC, proposta e asesoramento sobre ferramentas novas, realización de pequenos obradoiros cunha estratexia definida). Pensado máis ben para o vindeiro curso Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital de centro. Non hai. Organización de centro Non
Debilidade Novas modalidades de ensino. O profesorado non explora e proba novas técnicas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Tempo para explorar. A burocracia excesiva, e que vai en aumento ano tras ano, impide que os profesores dediquen máis tempo a investigar novas ferramentas. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado que o precisa ten dispositivos dixitais con conexión a internet en préstamo que pode levar a casa. Alumnado Si
Fortaleza Ben informadas. Abalar como plataforma de contacto coas familias. Familias Non
Fortaleza Web do centro que proporciona toda a información necesaria. Familias Si
Fortaleza Protección de datos. (formularios dereitos de imaxe no principio curso) Infraestruturas Non
Fortaleza Infraestructura. (aulas con canón e ordenador, conexión cable, pizarras dixitais; 3 aulas de informática) Infraestruturas Non
Fortaleza Páxina web activa Organización de centro Si
Fortaleza Sistema de xestión académica informatizado (secretaría) Organización de centro Non
Fortaleza Abalar como plataforma de contacto coas familias Organización de centro Non
Fortaleza Infraestructura. (fotocopias por correo-e) Persoal non docente Non
Fortaleza Xestión informatizada (formularios dende a web, xestión de faltas de asistencia con certificado dixital) Persoal non docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Algúns equipos están obsoletos (canóns, ordenadores) Administración educativa Non
Ameaza Acceso a internet (por cable: defectuoso, moitas incidencias de cortes; wifi: a wifi non chega a todo o centro) Administración educativa Non
Ameaza Asistencia técnica. A empresa da un mal servizo, non cumpre prazos nin informa con regularidade. Administración educativa Non
Ameaza Novas modalidades de ensino. O profesorado non explora e proba novas técnicas dixitais. Administración educativa Si
Ameaza Tempo para explorar. A burocracia excesiva, e que vai en aumento ano tras ano, impide que os profesores dediquen máis tempo a investigar novas ferramentas Administración educativa Si
Ameaza O alumnado que o precisa ten dispositivos dixitais con conexión a internet en préstamo que pode levar a casa. >> O contrato de internet cadudou á metade do curso escolar!! Contorna Non
Ameaza Licenzas de uso. Non se lle outorga a importancia suficiente nos traballos e actividades realizadas pola comunidade educativa. Lexislación Non
Oportunidade Proxecto de aula de informática para grupos grandes Administración educativa Non
Oportunidade Conta cun correo-e propio e redes sociais. ANPA Non
Oportunidade Conta cun espazo propio na web, pode publicar na mesma se o precisa. ANPA Non
Oportunidade Unificar a comunicación coas familias. Contorna Non
Oportunidade Formación para o profesorado sobre a plataforma Abalar. Contorna Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD, e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, obsérvanse unfas FORTALEZAS e DEBILIDADES a niuvel interno, e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO.

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e, a partir del, deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Continuar coa mellora e aumento do material informático do centro
002PD Fomentar un comportamiento seguro e responsable de internet por parte do alumnado.
003PD Evitar na medida do posible a fenda dixital
004PD Facilitar ao profesorado o acceso de maneira rápida a toda información asociada á organización do centro, á documentación básica, a titoriais e a calquera outro tipo de novas organizativas e á lexislación
005PD Formación do profesorado en competencias dixitais
006PD Mellora da Web do Centro
007PD Mellora nas boas prácticas nas comunicacións dixitais na comunidade educativa, para a adquisición de normas axeitadas, que inclúen a necesidade de desconexión dixital
008PD Reducir o dano no material nas aulas de Informática

Seguimento

Procedemento

Os obxectivos e liñas do plan serán incluídos na PXA como liñas prioritarias de acción do centro.

O seguimiento será trimestral. Terase en conta o avance dos obxectivos e a repercusión nas competencias dixitais da comunidade escolar.

1º Trimestre

Continuar coa mellora e aumento do material informático do centro

  • Continuamos coa mellora do material informático. Compráronse 5 CPU novas e 4 pantallas, ademais de ratos, teclados, etc. 
  • Rematouse coa instalación e mellora da aula de INFO I.
  • Recibiuse material do IES Antón Losada Diéguez (material que eles non usan por obseletos).
  • Rematouse coa adecuación do salón de usos múltiples en canto ao sonido e mobiliario informático.

Fomentar un comportamiento seguro e responsable de internet por parte do alumnado.

  • Charla sobre o internet seguro.

Evitar na medida do posible a fenda dixital

  • Préstamo de equipo ao alumnado que non pode acceder ao mesmo.

Facilitar ao profesorado o acceso de maneira rápida a toda información asociada á organización do centro, á documentación básica, a titoriais e a calquera outro tipo de novas organizativas e á lexislación

  • Actualización e organización de toda a información na web do centro.
  • Folla de instrucións, dentro do plano dixital, para o profesorado substituto.

Formación do profesorado en competencias dixitais

  • No primeiro trimestre consolidaronse os grupos de traballo do Plan Dixital e Polos creativos. A formación planificouse para o segundo trimestre.

Mellora da Web do Centro

Mellora nas boas prácticas nas comunicacións dixitais na comunidade educativa, para a adquisición de normas axeitadas, que inclúen a necesidade de desconexión dixital

  • Iniciamos co profesorado a desconexión dixital, evitando na medida do posible, as comunicacións fora de horario (noites, fins de semana e festivos). Boa acollida e mellor cumprimento.

Reducir o dano no material nas aulas de Informática

Estase acadando bos resultados coas medidas adoptadas. Alumnado en posto fixo, aviso por parte do mesmo se atopa algunha avaría ou desperfecto e entregar a distribución de alumnas e alumnas por posto de traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º Trimestre

Continuar coa mellora e aumento do material informático do centro

  • Continuamos coa mellora do material informático, e a reparación do equipo obsoleto, que é a gran maioría do mesmo.
  • Instalaronse os 3 PC's novos recibidos, un na xefatura de estudos e os outros dous na sala de profesorado.

Formación do profesorado en competencias dixitais

  • Levouse a cabo a formación correspondente a Moodle, uso de recursos, e o uso do mesmo coma libro do profesorado.

Mellora da Web do Centro

Estamos a ver que será un obxectivo que teremos que pospoñer, falta de tempo e é o principal motivo.

Mellora nas boas prácticas nas comunicacións dixitais na comunidade educativa, para a adquisición de normas axeitadas, que inclúen a necesidade de desconexión dixital

  • Continuamos coa boa aceptación e boas prácticas por parte das profesoras e profesores profesorado na desconexión dixital, evitando na medida do posible, as comunicacións fora de horario (noites, fins de semana e festivos). 
  • Queda pendente o mesmo co resto da comunidade educativa, principalmente co alumnado.

Reducir o dano no material nas aulas de Informática

Segue a disminución ata casi a cero no dano no material informático. Na actualidade é practicamente inexistente.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Farase un informe ao final do curso que formará parte da Memoria anual do centro, no que se recollerá o progreso do PD e a propostas de mellora cara o futuro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital difundirase empregando os medios de comunicación habituais no centro, que inclúe a páxina web e espazo Abalar