Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O colexio Compañía de María fundouse en Cangas no ano 1925. Nel desenvólvense os seguintes niveis educativos: Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, e Educación Especial (todos eles niveis concertados).

En total, na actualidade, están matriculados no noso centro 

  • Infantil: 47 alumnos
  • Primaria: 135 alumnos
  • Secundaria: 107  alumnos

O alumnado procede na súa maioría da contorna de Cangas, pero tamén contamos cun número importante de alumnos/as de zonas máis alonxadas como Moaña e Bueu. O centro conta ademais con 34 profesores.

Mediante o obxectivo do Plan Dixital de Centro, se pretende:

  • Avaliar a situación dun centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
  • Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas.


Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 24/25

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Seguindo as pautas establecidas no Proxecto TIC Institucional da Compañía de María, o Plan Dixital do Centro desenvólvese en cada un dos seus colexios no ámbito do Grupo TIC Local (GTL) coa supervisión e apoio do equipo directivo. Contouse así mesmo coa percepción sobre a situación actual e as suxerencias dos alumnos, o persoal do Centro e o seu Equipo Directivo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Poucos dispositivos dixitais exclusivos para os alumnos. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente auto reflexión sobre a aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Alumnado con escasos recursos monetarios para destinar á adquisición de novas tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente comportamento seguro do alumnado nas redes sociais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non outorga recoñecemento ó traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Diferenzas económicas entre as familias e escaso poder adquisitivo na maioría dos casos. Familias Si
Debilidade Insuficientes sistemas de protección de datos Infraestruturas Si
Debilidade Equipos dixitais insuficientes para os profesores. Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica mellorable Infraestruturas Si
Debilidade Poucos dispositivos dixitais exclusivos para os alumnos Infraestruturas Si
Debilidade Non existe servizo de transporte. Oferta Non
Debilidade O centro non provee ós profesores de dispositivos persoais para a docencia. Organización de centro Si
Debilidade A asistencia técnica do centro é deficiente. Organización de centro Si
Debilidade Insuficiente autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Pouco debate sobre as vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías na ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Pouco tempo para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Debilidade Poucos proxectos interdisciplinarios. Persoal docente Si
Debilidade Non se explotan demasiado os lazos externos con persoal non docente no beneficio das melloras educativas. Persoal non docente Si
Fortaleza Alumnado moi motivado co uso das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado confía nas súas capacidades e coñecementos tecnolóxicos. Alumnado Si
Fortaleza Familias achegadas ó centro. Familias Si
Fortaleza Experiencia na plataforma de ensinanza online Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de canles virtuais de comunicación Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet en todo o centro Infraestruturas Si
Fortaleza Servizos de extraescolares (deportivas, robótica...). Oferta Non
Fortaleza Servizo de comedor. Oferta Non
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital a varios anos vista. Organización de centro Si
Fortaleza Existen sesións de formación anuais promovidas pola organización do centro dentro do calendario. Organización de centro Si
Fortaleza A organización promove a novas modalidades de ensino como a ensinanza online. Organización de centro Si
Fortaleza Promóvese a inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Proximidade coas empresas e grupos locais para desenvolver proxectos Persoal docente Non
Fortaleza Promoción entre o profesorado de novas innovacións educativas. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha base de coñecemento sobre as novas tecnoloxías a disposición dos docentes. Persoal docente Si
Fortaleza Existen lazos con persoal non docente que ás veces colabora co centro educativo. Persoal non docente Si
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aumento da burocracia que resta tempo ás demais tarefas. Administración educativa Si
Ameaza Centros educativos próximos con máis recursos. Contorna Si
Ameaza Deixar de participar en eventos relacionados co mundo educativo. Contorna Si
Ameaza Non cumprir o 100% coas leis de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza A lexislación obriga a ter un plan dixital de centros. Lexislación Non
Ameaza Non ter relacións coas universidades para proxectos conxuntos.. Outras Si
Oportunidade A Consellería de Educación está interesada no desenvolvemento dun plan dixital de centros. Administración educativa Si
Oportunidade Existen proxectos a disposición do centro tales como: Edixgal, Abalar, ... Administración educativa Si
Oportunidade Achega de recursos extras para o centro ANPA Si
Oportunidade Proximidade e disposición co centro. ANPA Non
Oportunidade Contribución de oferta de extraescolares. ANPA Non
Oportunidade Crear alianzas educativas con outros centros. Contorna Non
Oportunidade Equidade do marco legal común para tódolos centros. Lexislación Non
Oportunidade Obrigatoriedade da conexión de que a banda ancha chegue a tódolos centros. Lexislación Si
Oportunidade Proxecto Digicraft de Vodafone Outras Si
Oportunidade Involucrarse en máis proxectos con entidades externas. Outras Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os datos aquí reflectidos, o Equipo do Plan Dixital elaborou os obxectivos do seguinte apartado.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer a formación do profesorado do centro
O02PD Favorecer a formación das familias do centro
O03PD Formación e participación do alumnado en dinámicas dixitais
O04PD Elaborar un informe de necesidades de equipamento e catalogar todos os recursos técnicos
O05PD Mellorar o equipamento e infraestruturas dixitais do centro

Seguimento

Procedemento

En cada ciclo anual:

  • O Grupo TIC Institucional:

Elaborará unha memoria do seu avance nos obxectivos  trienais, remitindo unha copia da mesma para a súa valoración ao Equipo de Titularidade. 

Elaborará unha programación de obxectivos e resultados clave para o ano seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos trienais, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. 

  • O Grupo TIC Local:

Elaborará unha memoria do seu avance nos obxectivos  trienais reflectidos no Plan Dixital de Centro, remitindo unha copia da mesma ao Equipo Directivo para a súa valoración e inclusión na Memoria Anual do Centro. Esta memoria elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma.

Elaborará unha Programación TIC Anual que incluirá obxectivos e resultados clave para o curso seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos trienais, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. A programación elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma.

Ao comezo de cada curso daranse a coñecer á Comunidade Educativa de cada centro os contidos máis relevantes tanto da Memoria como da Programación TIC do seguinte curso.

En cada ciclo trimestral:

  • O Grupo TIC Institucional:

Recollerá a realimentación dos centros con relación ao cumprimento dos seus propios obxectivos e dos obxectivos institucionais.

Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto aos seus resultados clave asociados e á realimentación recollida dos centros.

O  GTI informará aos  GTL da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións.

  • O Grupo TIC Local: 

Recollerá a realimentación dos distintos estamentos da Comunidade Educativa que considere necesarios con relación ao cumprimento dos obxectivos do trimestre anterior. 

Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto aos seus resultados clave asociados e á realimentación recollida dos centros. 

O GTI informará ó Equipo Directivo da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións, que serán trasladadas posteriormente á Comunidade Educativa do Centro, e en especial aos sectores máis implicados na consecución dos obxectivos establecidos. 

O grupo TIC Institucional facilitará recursos persoais para a fixación e seguimento destes obxectivos.


Seguimento co Mentor Adix:

  • Comprobarase o seguimento do plan co Mentor Adix asignado ao centro nas reunións que sexan programadas ao longo do curso.
1º Trimestre

O01PD: Favorecer a formación do profesorado do centro

  • AO1.1: En proceso. Formación sobre radio co programa de Polos Creativos.
  • AO1.2: En proceso. Revisión e formación de usos de Educamos.
  • AO1.3: Realizado. Realizar formación sobre Canva.
  • AO1.4: En proceso. Aumentar o nivel competencial do profesorado nos niveis da CDD.


O02PD: Favorecer a formación das familias do centro

  • AO2.1: En proceso. Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante Educamos.
  • AO2.2: Vindeiro trimestre. Crear pílulas formativas para a uso de formularios.


O03PD: Formación e participación do alumnado en dinámicas dixitais

  • AO3.1: Realizado. Definir obxectivos Pedagóxico-TIC para os distintos niveis educativos.
  • AO3.2: Vindeiro trimestre. Buscar espazos e dinámicas para impulsar os obxectivos Pedagóxico-TIC.
  • AO3.3: Vindeiro trimestre. Comezar a implementar os obxectivos Pedagóxico-TIC para cada unha das etapas.
  • AO3.4: En proceso. Traballar a seguridade e formación TIC do alumnado mediante programas externos de formación.


O04PD: Elaborar un informe de necesidades de equipamento e catalogar todos os recursos técnicos

  • AO4.1: Aprazado. Etiquetar todos os recursos tecnolóxicos do centro.
  • AO4.2: Vindeiro trimestre. Elaborar un informe das necesidades de equipamento de cada espazo do centro.
  • AO4.3: Vindeiro trimestre. Etiquetar o stock de equipamento dispoñible no despacho do GTL.
  • AO4.4: Aprazado. Revisar e catalogar o material adquirido mediante o programa de Polos Creativos.

    
O05PD: Mellorar o equipamento e infraestruturas dixitais do centro

  • AO5.1: Realizado. Completar a transformación de todas as aulas de primaria en aulas dixitais.
  • AO5.2: En proceso. Modernizar as aulas de tecnoloxía e música con ordenadores conectados aos proxectores.
  • AO5.3: Realizado. Modernizar as aulas de 4 e 5 anos con ordenadores conectados aos paneis dixitais.
  • AO5.4: Realizado. Cambiar o ordenador da biblioteca e migrar os datos co arquivo dos libros.
  • AO5.5: Realizado. Unificación de dominios web para a simplificación da comunicación.
  • AO5.6: Vindeiro trimestre. Realizar campañas de marketing dixital para mellorar a imaxe e popularidade do centro.
2º Trimestre

O01PD: Favorecer a formación do profesorado do centro

  • AO1.1: En proceso. Formación sobre radio co programa de Polos Creativos.
  • AO1.2: Realizada. Revisión e formación de usos de Educamos.
  • AO1.3: Realizado. Realizar formación sobre Canva.
  • AO1.4: En proceso. Aumentar o nivel competencial do profesorado nos niveis da CDD.


O02PD: Favorecer a formación das familias do centro

  • AO2.1: En proceso. Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante Educamos.
  • AO2.2: Cancelada. Crear pílulas formativas para a uso de formularios.


O03PD: Formación e participación do alumnado en dinámicas dixitais

  • AO3.1: Realizado. Definir obxectivos Pedagóxico-TIC para os distintos niveis educativos.
  • AO3.2: Realizado. Buscar espazos e dinámicas para impulsar os obxectivos Pedagóxico-TIC.
  • AO3.3: En proceso. Comezar a implementar os obxectivos Pedagóxico-TIC para cada unha das etapas.
  • AO3.4: Realizado. Traballar a seguridade e formación TIC do alumnado mediante programas externos de formación.


O04PD: Elaborar un informe de necesidades de equipamento e catalogar todos os recursos técnicos

  • AO4.1: En proceso. Etiquetar todos os recursos tecnolóxicos do centro.
  • AO4.2: Vindeiro trimestre. Elaborar un informe das necesidades de equipamento de cada espazo do centro.
  • AO4.3: Vindeiro trimestre. Etiquetar o stock de equipamento dispoñible no despacho do GTL.
  • AO4.4: En proceso. Revisar e catalogar o material adquirido mediante o programa de Polos Creativos.

    
O05PD: Mellorar o equipamento e infraestruturas dixitais do centro

  • AO5.1: Realizado. Completar a transformación de todas as aulas de primaria en aulas dixitais.
  • AO5.2: Aprazado. Modernizar as aulas de tecnoloxía e música con ordenadores conectados aos proxectores.
  • AO5.3: Realizado. Modernizar as aulas de 4 e 5 anos con ordenadores conectados aos paneis dixitais.
  • AO5.4: Realizado. Cambiar o ordenador da biblioteca e migrar os datos co arquivo dos libros.
  • AO5.5: Realizado. Unificación de dominios web para a simplificación da comunicación.
  • AO5.6: Realizado. Realizar campañas de marketing dixital para mellorar a imaxe e popularidade do centro.
3º Trimestre

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan realizarase mediante o seguimento da resultados clave de cada un dos obxectivos, tanto os do presente plan, como aqueles obxectivos intermedios que puidesen establecerse para cada trimestre. 

O proceso de avaliación e seguimento do plan realizarase anual e trimestralmente.

En cada ciclo anual:

  • O Grupo TIC Institucional: Elaborará unha memoria do seu avance, remitindo unha copia da mesma para a súa valoración ao Equipo de Titularidade. Elaborará unha programación de obxectivos e resultados clave para o ano seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos trienais, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. 
  • O Grupo TIC Local: Elaborará unha memoria do seu avance nos obxectivos reflectidos no Plan Dixital de Centro, remitindo unha copia da mesma ao Equipo Directivo para a súa valoración e inclusión na Memoria Anual do Centro. Esta memoria elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma. Elaborará unha Programación TIC Anual que incluirá obxectivos e resultados clave para o curso seguinte baseada na revisión dos seus obxectivos, remitindo así mesmo unha copia da mesma para a súa revisión e aprobación por parte do Equipo de Titularidade. A programación elaborarase conforme ao modelo proposto polo  GTI, que tamén recibirá copia da mesma. Ao comezo de cada curso daranse a coñecer á Comunidade Educativa de cada centro os contidos máis relevantes tanto da Memoria como da Programación TIC do seguinte curso.

En cada ciclo trimestral:

  • O Grupo TIC Institucional: Recollerá a realimentación dos centros con relación ao cumprimento dos seus propios obxectivos e dos obxectivos institucionais. Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto á súa resultados clave asociados e a realimentación recolleito dos centros. Así mesmo considerarase en caso necesario a creación de novos obxectivos que contribúan a facer realidade os obxectivos de nivel superior do proxecto. O  GTI informará aos  GTL da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións.
  • O Grupo TIC Local: Recollerá realimentación dos distintos estamentos da Comunidade Educativa que considere necesarios con relación ao cumprimento dos obxectivos do trimestre anterior. Revisará os seus obxectivos anuais e trimestrais xunto á súa resultados clave asociados e a realimentación recolleito dos centros. Así mesmo considerarase en caso necesario a creación de novos obxectivos que contribúan a facer realidade os obxectivos de nivel superior do proxecto. O GTI informará o Equipo Directivo da revisión realizada e das súas conclusións e recomendacións, que serán trasladadas posteriormente á Comunidade Educativa do Centro, é especial aos sectores máis implicados na consecución dos obxectivos establecidos. O grupo TIC Institucional facilitará persoais para a fixación e seguimento destes obxectivos.
Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital de Centro entre toda a comunidade educativa entra dentro do punto avaliación e seguimento (Informes, notas, memorias, programacións) do protocolo de comunicacións do Plan de Comunicacións do colexio (entre elas a publicación do Plan Dixital na web do centro)

Ademais as actualizacións anuais do Plan Dixital serán revisadas polo claustro e presentadas e aprobadas polo do Consello Escolar de acordo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.