Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro IES María Soliño

– R/Monte Carrasco 14, 36949, Cangas do Morrazo

e-mail: ies.maria.solino@edu.xunta.gal

web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmariasolino/

Etapas educativas: ESO, Bacharelato e Ciclo formativo de grao superior en acondicionamento físico

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

• Contexto socioeconómico e cultural: o IES María Soliño atópase nunha contorna rural da vila de Cangas, unha poboación costeira de economía mixta, na que a maioría da poboación se dedica á pesca, ao comercio e á industria e construción, tanto no propio concello coma nas cidades de Vigo e Pontevedra. Esta actividade económica compleméntase co cultivo de pequenas parcelas ou hortas arredor do domicilio familiar e fóra do horario laboral. Unha alta porcentaxe da poboación da contorna pertence a un nivel educativo primario (fundamentalmente as persoas de maior idade) e a un nivel secundario (predominante na poboación adulta e moza), sendo o nivel educativo universitario o máis baixo.

• Contribución ao Proxecto Educativo: o IES María Soliño participa, dende o curso 20-21, no proxecto Educación Dixital (E-dixgal), implantado en todos os cursos da ESO; neste senso o Plan Dixital pode ser un importante impulso para asegurar o éxito de dito programa. Ademais o centro leva participando nos últimos anos en programas de innovación educativa cunha clara compoñente dixital, dentro dos CP-Innova, e oferta o bacharelato de excelencia en Tecnoloxía, casos estes nos que o Plan Dixital podería contribuír á súa mellora.

• Contribución á Programación Xeral Anual do curso 23/24: o Plan Dixital preséntase como unha ferramenta destacada para poder acadar parte dos obxectivos contemplados na PXA do centro tales como o fornecemento do uso da aula virtual, a modernización da páxina web, a consolidación do bacharelato Stem, o desenvolvemento tecnolóxico integral do centro e o avance cara a un ensino que poida apoiarse nas tecnoloxías dixitais dun xeito adecuado, crítico e seguro.

Breve xustificación do mesmo

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test CDD

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.- H6- O alumnado debe aprender a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopa en internet. Alumnado Non
Debilidade 2.- H13 OP- No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao empregar tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade 1.- C10 OP- No centro non temos suficientes dispositivos portátiles para que todos os alumnos poidan levar á súa casa. Infraestruturas Non
Debilidade 2.- B1- No centro non temos estratexias para avaliar o noso progreso en materia de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 4.- A4 OP- É necesario contar con tempo para explorar e mellorar o método de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 1.- A1- O centro non conta cunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade 3.- C16 OP- No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña. Organización de centro Non
Debilidade 5.- C13 OP, C15 OP- No noso centro o alumnado non trae dispositivos portátiles propios para empregar nas clases e o alumnado con NEAE non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Organización de centro Non
Debilidade 6.- G7 OP, G8 OP- O profesorado non emprega a tecnoloxía dixital para avaliar nin para documentar a aprendizaxe do seu alumnado. Organización de centro Si
Debilidade 1.- E1, E2, E3- O noso profesorado non busca recurso educativos en liña, non crea recursos dixitais nin REA. Persoal docente Non
Debilidade 5.-F6- O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade 6.-G1, G3- O profesorado non emprega as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado nin para facilitar unha retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Debilidade 3.-F1.- No noso centro non se empregan as tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais. Persoal docente Non
Debilidade 4.- F4, F5.- O profesorado non realiza actividades de aprendizaxe dixital para motivar ao alumnado nin para facilitar a comunicación entre eles. Persoal docente Non
Debilidade 2.- B2.- No noso centro non debatemos sobre as vantaxes e inconvenientes do ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade 7.- G5, G6- O profesorado non emprega as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo nin para realizar observacións sobre os traballos dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade 8.- G9 OP, G10 OP- O profesorado non emprega datos dixitais sobre alumnos concretos para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe nin para valorar as habilidades dixitais que o alumnado desenvolve fóra do centro. Persoal docente Non
Fortaleza 1..- H1, H3- O alumnado do centro aprende a actuar de forma segura e responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza 4.- H8- O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza 5.- H10 OP- O alumnado desenvolve habilidades dixitais para as diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza 2.- H4- O alumnado aprende a verificar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza 3.- H7- O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza 1.-C1,C2,C3- O noso centro conta con infraestrutura dixital, dispositivos dixitais e acceso a internet para profesorado e alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza 2.-C8. O noso centro conta con dispositivos dixitais propiedade do centro para que os use o alumnado se é preciso. Infraestruturas Non
Fortaleza 3.- C5- O noso centro conta con asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza 1.- A3- O profesorado conta co apoio do ED para probar e explorar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza 1.-A.2-O equipo directo involucra ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Si
Fortaleza 1.-D1, D2- O ED e o profesorado reflexionan sobre as súas necesidades de DPC referente a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Participa e ten acceso o DPC no ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 3.-F3- O profesorado emprega actividades de aprendizaxe virtuais que fomentan a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 4.- D3- No noso centro valoramos e estamos interesado en mellorar o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 2.-E3, E4- O profesorado emprega contornas virtuais co seu alumnado e para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Si
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.- C14 OP- No noso centro non existen espazos físicos suficientes que faciliten o ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza 1.- C12 OP- No centro non contamos cun plan de axuda ao profesorado para facer fronte aos desafíos da aprendizaxe mixta. Contorna Non
Ameaza 1.- C7- No noso centro non existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza 1.B4 OP- O noso centro non colabora con outros centros ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade 1.- C11 OP-Fenda dixital: O noso centro conta con medidas para identificar as dificultades que xorden na aprendizaxe mixta. Contorna Non
Oportunidade 1.-A5 OP- No centro respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade 1.- B3-No noso centro queremos empregar as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, do TCDD e outras fontes o equipo do PD xerou a seguinte análise DAFO que permite coñecer a realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Plan de Acción:

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción terá en conta os recursos materiais e humanos existentes no momento da súa elaboración. Este Plan de Acción incide en obxectivos que supoñen unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.


3.1. Obxectivos, indicadores e accións:

A partir da análise da matriz DAFO a coordinadora do PD xunto co equipo de dinamización delimitou as áreas prioritarias para o curso 23-24 e determinou os obxectivos que se queren conseguir para o centro. Estes obxectivos encádranse na categoría SMART (específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal) e están contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.
Cada obxectivo queda recollido nunha táboa na que se inclúe tamén a seguinte información:

• Indicadores: identifican o alcance do obxectivo, até onde queremos chegar. Esta información repórtana os seus valores de partida e de chegada.

• Accións a desenvolver: determinan a forma de conseguir cada obxectivo e concretan a súa temporalización, os recursos que requiren e as persoas responsables das mesmas.


3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas:

O equipamento e as infraestruturas tecnolóxicas coas que conta actualmente o centro considéranse suficientes para poder cumprir os obxectivos que se recollen neste Plan de Acción para o curso 23-24.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomento do uso das ferramentas de xestión que ofrece a Consellería de Educación (rexistro de ausencias, cualificacións trimestrais, comunicación coas familias, citas de titoría, espazo de titoría..) a través de ABALAR e ABALAR PRO. E4
O02PD Presenza dixital do centro e difusión dos logros acadados coa integración das tecnoloxías.A1,A2
O03PD Uso de REA (recursos educativos abertos) de elaboración propia ou obtidos desde repositorios oficiais. E
O04PD Empregar os recursos da AV (cuestionarios, foros, tarefas,..) como instrumentos de avaliación. G7
O05PD Empregar o recurso obradoiro para a auto e co-avaliación na AV Moodle fomentando unha aprendizaxe competencial. G5, G6

Seguimento

Procedemento

En cada curso escolar farase un seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital, así como da consecución dos seus obxectivos, dende dous contextos:

• Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez por trimestre e nela avaliarase o estado de execución de cada acción, analizando e valorando os resultados e, de ser o caso, realizando posibles modificacións e/ou aportando propostas de mellora. Esta avaliación realizarase utilizando as mesmas táboas que recollen os obxectivos, que conteñen para tal efecto unha columna co título “Seguimento da acción”.

• Avaliación final: realizarase unha vez ao ano coincidindo co final do curso escolar. Nela realizarase a valoración do logro de cada obxectivo e faranse as propostas de mellora, se é o caso.

• Actas de reunión con mentor ADIX programadas trimestralmente.

1º Trimestre

O01PD Fomento do uso das ferramentas de xestión que ofrece a Consellería de Educación (rexistro de ausencias, cualificacións trimestrais, comunicación coas familias, citas de titoría, espazo de titoría..) a través de ABALAR e ABALAR PRO.

                AO1.1: Formación das familias no emprego da ferramenta por niveis.

                AO1.3: Potenciar o uso das ferramentas e das súas funcionalidades para o profesorado e familias.

O02PD Presenza dixital do centro e difusión dos logros acadados coa integración das tecnoloxías.A1,A2. Estado: parcialmente conseguido.
               AO2.1: Formación do equipo de CM do centro que se responsabiliza da web do centro e da presenza nas redes sociais. Estado: acadado.

              AO2.2: Establécense criterios e normas aplicables ás publicacións nas redes sociais do centro.

             AO2.3: Actualización da web do centro e participación nas redes sociais case a diario publicando os logros do alumnado

 

O04PD   Empregar os recursos da AV (cuestionarios, foros, tarefas,..) como instrumentos de avaliación.

              AO4.1: Formar ao profesorado do centro nos distintos recursos que existen en Moodle para avaliar.

2º Trimestre

 

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

En cada curso escolar farase un seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital, así como da consecución dos seus obxectivos, dende dous contextos:

• Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez por trimestre e nela avaliarase o estado de execución de cada acción, analizando e valorando os resultados e, de ser o caso, realizando posibles modificacións e/ou aportando propostas de mellora. Esta avaliación realizarase utilizando as mesmas táboas que recollen os obxectivos, que conteñen para tal efecto unha columna co título “Seguimento da acción”.

• Avaliación final: realizarase unha vez ao ano coincidindo co final do curso escolar. Nela realizarase a valoración do logro de cada obxectivo e faranse as propostas de mellora, se é o caso.

• Actas de reunión con mentor ADIX programadas trimestralmente.

Valoración xeral


 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro publicarase, unha vez aprobado, na páxina web do centro, informándose á comunidade educativa deste feito a través da aplicación ABALAR ou ben do correo corporativo da Consellería de Educación.