Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital que se desenvolve no presente documento, é a renovación do que foi deseñado para ser aplicado no CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño, no curso anterior, situado no Concello de Campo Lameiro, nan provincia de Pontevedra.

Este Plan toma como referencia as indicacións realizadas tanto no Proxecto Educativo do centro, como nas sucesivas Programacións Xerais Anuais; nas que se sinala como un dos obxectivos a “mellora da Competencia Dixital do alumnado” así como o “fomento no uso das ferramentas TIC por parte dos integrantes da comunidade escolar” . 

Deste mesmo xeito, queda tamén enmarcado nas propostas realizadas no actual “Plan das TIC” do centro, incluído no mencionado Proxecto Educativo de centro. Documento que se tivo como referencia á hora de elaborar certos aspectos do presente Plan, de modo que conteña todas as finalidades nel sinaladas.

Tanto a PXA do vindeiro curso, así como Proxecto Educativo,contemplan as indicacións feitas no presente Plan Dixital, que se desenvolverá nas seguintes páxinas.

Para a elaboración do Plan Dixital do noso centro tivéronse en conta, entre outros, os seguintes aspectos normativos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

  • LOMCE: Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro para a mellora da calidade da Educación.

  • Currículos LOMCE de Educación Infantil en Galicia : Decreto 330/2009 do 4 de xullo.

  • Currículos LOMCE de Educación Primaria en Galicia: Decreto 105/2014 do 4 de setembro.

  • LOMLOE: Lei Orgánica 3/2022 do 29 de decembro, pola que se modifica a lei orgánica 2/2006 do 3 de maio.

Este plan foi elaborado tendo en conta as indicacións da LOMLOE, dos currículos elaborados a partir da mesma e das indicacións feitas en relación ás Competencias Clave, en espeical á Competencia Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital empregáronse os seguintes documentos para a recollida de información, a partir dos cales se elaborou o informe de análise DAFO, no primeiro curso de elaboración e aplicación do mesmo:

  • Resultados do informe SELFIE
  • Test CDD
  • Documento adicional “dos porques” de elaboración propia no centro, no que se fixo unha análise das causas dos resultados obtidos en tanto no SELFIE como no test CDD.

Tamén se levou a cabo unha análise cuantitativa e cualitativa, dos datos obtidos do SELFIE, dos que se elaborou cadandseu documento, onde se reflectiu a reflexión realizada sobre se se trataba de debilidades, fortalezas, oportunidades ou amenazas.

Os resultados iniciais foron analizados, unha vez implementado o Plan Dixital no seu primeiro curso, observándose unha mellora en certos aspectos dos inicialmente sinalados, sendo preciso en todo caso, continuar a afondar no mesmo, tal como se indica na presente actualización.

 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Carecemos de instrumentos para avaliar habilidades dixitais do alumnado desenvolvidas fora do centro. - G1 e G3: Non se fomenta o uso de ferramentas TIC para a co-avaliación, en tódolos niveis. Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento e pouca implicación das familias nas propostas realizadas no eido da CD: charlas, obradoiros. - Falta de propostas atractivas, desde o centro, para implicar as familias no eido da CD. Familias Si
Debilidade C3: O centro conta cunha conexión inarámica con pouco alcance, non chega a algunhas aulas nin ó pavillón. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe estratexia dixital definida. - C5: Non existe un protocolo para a resolución de incidencias técnicas TIC, quen asume toda a carga, nin autoxestión das mesmas polo profesorado Organización de centro Si
Debilidade E3: O profesorado usa menos do agardado o entorno virtual de aprendizaxe (aula virtual), agás en 5º e 6º.Formación media . B1: Non se incorporan as ferramentas TIC para a avaliación. Non existe ninguha plataforma común na que compartir recursos. Persoal docente Si
Fortaleza 8: Conta con equipamento dixital que pode levar para as súas casas. F5: Úsase a tecnoloxía para o traballo en grupo. Aprende a comunicarse usando as TIC. As TIC están integradas no día a día da aula. Alumnado Si
Fortaleza A partir da pandemia as familias incrementaron a dotación en dispositivos dixitais nos domicilios. Familias Si
Fortaleza C3: O centro conta cunha conexión con velocidade de conexión de 100Mb/s por cable, como mínimo. Infraestruturas Si
Fortaleza Edixgal en 5º e 6º - Área de Libre Elección en 4º e 6º de Robótica Educativa e CD (participan 3º e 5º) - Nos restantes grupos do centro obradoiros sobre TIC e CD - Uso e creación de ferramentas TIC en Educación Infantil. Oferta Si
Fortaleza Formación media B1: Organízanse actividades de formación no centro formais (PFPP) e informais. - Explorar novas modalidades de ensino. - Páxina web actualizada coa colaboración de todos/as. - C14: Conta con espazos para facilitar o ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, deben mellorarse para facelos máis eficaces. - A estabilidade do profesorado é unha oportunidade de afondar no uso das TIC, con media de idade baixa. Organización de centro Si
Fortaleza E1: Busca recursos educativos en liña. Participa activamente nas formacións que se levan a cabo. Constancia e participación activa nas propostas dixitais que se planexan. Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C8: Características do equipamento e software instalado. A maqueta Edixgal Abalar non é modificable. - C8: A dotación tecnolóxica e achegas da administración non constante nin coherente coas necesidades. Administración educativa Si
Ameaza Non existe implicación da ANPA no desenvolvemento da estratexia dixital, debemos fomentar a mesma para acadar os obxectivos que se propoñan. ANPA Si
Ameaza A localización do centro, implica desprazamentos longos, para poder participar en propostas fora do mesmo, relacionados coa tecnoloxía. Contorna Non
Ameaza A variabilidade lexislativa e falta estabilidade, implica non poder planificacións a longo prazo na estratexia dixital. Lexislación Si
Ameaza Nula implicación do Concello no eido da CD. Non fai propostas nin colabora por iniciativa propia nas feitas desde o centro. Outras Si
Oportunidade C8: O centro conta cos dispositivos dixitais do equipamento Edixgal e os mercados polo propio centro. - Existe variedade de propostas formativas, debe fomentarse a participación do profesorado nas mesmas. Administración educativa Non
Oportunidade Debemos aproveitar a participación das familias no desenvolvemento da estratexia dixit ANPA Si
Oportunidade F6: O profesorado fomenta a participación en en proxectos interdisciplinares e en relación coa contorna. Contorna Si
Oportunidade Inclusión de aspectos relacionados coa CD nos currículums e lexislación educativa, incluída a elaboración do Plan Dixital. Lexislación Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver, a partir das necesidades formativas e de actuación detectadas no centro.

Tal como se sinalou anteriormente os resultados iniciais foron analizados, unha vez implementado o Plan Dixital no seu primeiro curso, observándose unha mellora en certos aspectos dos inicialmente sinalados, sendo preciso en todo caso, continuar a afondar no mesmo, tal como se indica na presente actualización.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Contar e poñer en práctica un estratexia dixital para o centro.
O02PD Contar e poñer en práctica cun protocolo para a resolución de incidencias TIC no centro.
O03PD Implicar ás familias nas propostas TIC realizadas desde o centro, facendo propostas atractivas
O04PD Contar con instrumentos de avaliación que permitan avaliar as habilidades dixitais desenvolvidas fora do centro
O05PD Usar as TIC como instrumento para a co-avaliación do por parte do alumnado.
O06PD Incorporar máis ás ferramentas TIC no proceso de avaliación do alumnado, por parte do profesorado.
O07PD Crear unha plataforma virtual para compartir contidos e recursos dixitais, dentro do centro pero accesible desde fora.
O08PD Incluír de forma efectiva, propostas variadas para desenvolver a CD, nas programacións de nivel e aula, a a partir das indicacións dos documentos de centro e lexislación.
O09PD Habilitar espazos específicos no centro e optimizar os existentes, para o traballo coas TIC
O10PD Mellora efectiva do traballo e funcionamento do Equipo para a dinamización das TIC do centro.
O11PD Mellorar a implicación do Concello, para que fagan propostas TIC a desenvolver
O12PD Coñecer o funcionamento, potencialidade e usos do software instalado nas maquetas Edixgal e Abalar Libre, para solventar a limitación de non poder instalar novos programas.
O13PD Fomentar unha maior implicación da ANPA e familias, integrándoos en obradoiros TIC co alumnado
O14PD Mellora da dotación e equipamento tecnolóxico
O14PD Actualizar o inventario do centro, desde 2015, coa nova aplicación "Inventario" da Consellería de Educación.

Seguimento

Procedemento

O seguimento da posta en funcionamento desta renovación do Plan Dixital, será levado a cabo por parte do Equipo para a Dinamización das TIC do centro, e coordinado polo coordinador do citado equipo.

Faranse nas sucesivas reunións do Equipo TIC, que se elevarán ao Claustro para a súa valoración a nivel centro

1º Trimestre

Comezouse a levar a cabo as propostas realizadas para este trimestre, e rematáronse algunhas previstas para o curso anterior. Entre elas comezouse a organización os obradoiros para as familias, coas temáticas sinaladas nas enquisa levada a cabo anteriormente, fixando como data final o final deste curso escolar, continuando coas mesmas nos seguintes trimestres.

En relación ao indicado no obxectivo do inventario, estamos á espera de que estea dispoñible a aplicación.

2º Trimestre

Continuáronse coas propostas iniciadas no primeiro trimestre, e que non foran rematadas, sendo todas elas rematadas neste segundo trimestre. Continouse coa organización dos obradoiros para as familias, que se desenvolverán no terceiro trimestre, por razóns organizativas e de espazo no centro.

Leváronse a cabo formacións técnico-didácticas, en relación os contidos de Polos Creativos, tanto por parte do coordinador do centro como do resto do profesorado, con diferentes docencias dentro do seminario específico no PFPP do centro.

Solicitouse colaboración ao Concello e administración en relación á solicitude de equipamento, recibíndose un equipo por parte da Consellería de Educación. Permanecemos á espera da resposta por parte do Concello, ás solicitudes realizadas, sendo xa efectuadas algunhas das demandas (recolocación de EDI e proxectores, instalación eléctrica e diferentes dispositivos tecnolóxicos...)

En relación ao indicado con relación ao inventario, seguimos á espera de que estea dispoñible a aplicación que permita facelo.

Comezouse a reorganización da aula de informática, para reconvertila nunha aula STEAM, con material dispoñible e en previsión do material a recibir en "Polos Creativos", cumplindo así o obxectivo indicado ao respecto.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avalición da posta en funcionamento deste Plan Dixital, teranse en conta estes dous momentos:

  • Avaliación procesual: Farase un seguimento do grao de cumprimento, por parte do Equipo para dinamización das TIC, polo menos unha vez por trimestre, dentro das reunións establecidas polo citado equipo. Desta avaliación proporanse á CCP cambios ou modificacións a incluír no Plan de cara a incrementar a súa eficacia real, que permita unha consecución satisfactoria dos obxectivos propostos.

  • Avaliación final:  Rematado cada curso escolar, o Equipo para dinamización das TIC fará un seguimento do grao de consecución dos obxectivos establecidos, facendo unha proposta de valoración para cada un deles que presentará ó claustro de mestres/as, onde será debatido e completado coa participación de tódolos integrantes. 

Valoración xeral

Nos momentos sinalados, a través do procedemento establecido, farase unha valoración xeral do cumplimento e evolución da posta en práctica deste Plan Dixital

Proposta de mellora

Como resultado do seguimento, antes sinalado, o Claustro fará as propostas definitivas, para modificar e mellorar este Plan, nun proceso continuo de actualización, que permita unha mellor consecución efectiva dos obxectivos propostos.

Estas propostas, uha vez acordadas, serán incluídas no presente plan para seren sometidos á consideración do Consello Escolar, para a súa aprobación definitiva.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será difundido entre a comunidade educativa para o seu coñecemento, ó fin de que poidan coñecelo e facer as aportacións que consideren oportuno.

A tal fin establecemos as seguintes vías para difusión e para dar publicidade a este plan:

  • Publicación na páxina web do centro unha aprobado por parte do Consello Escolar.

  • Presentación do plan ás familias e envío do mesmo á ANPA, para que poidan difundilo entre as familias.

  • Remisión do plan ó Concello de Campo Lameiro, como axente externo implicado.