Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

- O CENTRO

Nome: CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro

Enderezo: Rúa Ruxidoiro 2, As Lamas, 32890, Barbadás

Páxina web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporuxidoiro/

Enderezo electrónico: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal

O CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro está situado no barrio de Barbadás en Ourense

- PROFESORADO

O centro conta, desde o último catálogo de postos de traballo, 6 unidades Educación Infantil e 12 de Educación Primaria. Para cubrir ditas unidades hai os seguintes postos de traballo: 8 de Ed. Infantil; 12 de Ed. Primaria (4 delas bilingües); 2 de Ed. Física; 1 de Ed. Musical; 2 de Lingua Inglesa; 1 orientadora; 3 Pedagoxía terapéutica (dúas delas compartidas); 2 Audición e linguaxe (unha en comisión de servizos que comparte coas funcións de Dirección);1 mestra de PT e AL de atención preferente e 1 de Ed. Relixión Católica. Todas as prazas do catálogo (menos 1 de Ed. Primaria) estarán cubertas por profesorado propietario definitivo. feito que redunda nunha mellora da calidade educativa ofertada e garante a continuidade dos proxectos.

- ALUMNADO

O centro, actualmente, acolle a un total de 341 alumnos/as. A pesar do descenso da natalidade dos últimos anos, observamos que o número de matrículas mantense no centro, sobretodo en primaria.

- PERSOAL NON DOCENTE

O persoal non docente está formado soamente por un conserxe, unha administrativa, dúas coidadoras, e tres limpadoras.

Contextualización do Plan Dixital no centro

- Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

Os veciños de Barbadás traballan fundamentalmente na construción, o comercio, os servizos e a industria, quedando nas últimas décadas a agricultura e a gandería relegadas aos últimos lugares do ranking municipal das diferentes dedicacións laborais. Atopámonos con que a maior parte dos pais e nais do alumnado só posúen os estudos elementais ou medios, sendo unha minoría os que realizaron estudos universitarios. Con todo isto podemos concluír que o nivel socieconómico e cultural das familias é, en xeral, mediobaixo.

- Contribución do Plan Dixital ao Proxecto educativo de centro

En plena era dixital é imprescindible adaptar a educación á vida cotiá das persoas, de maneira que non só adquiran coñecementos, senón que estos sexan útiles para adquirir competencias e habilidades. A competencia dixital está presente na realidade das nosas vidas e, como tal, debe ser potenciada nos centros educativos, tanto, como recurso facilitador do proceso ensino-aprenidzaxe, como obxectivo competencial para resolver situacions cotiás na vida do nosos alumnado.

O centro ten como fins educativos:

- Formar persoas competentes en todos os ámbitos e capaces de resolver situacións cotiás en contextos diversos e actuais, e comprometidos coas responsabilidades colectivas.

- Proporcionar unha educación de calidade para que todo o noso alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, independentemente da súa condición e circunstancias.

Por iso, faise preciso, por tanto que o sistema educativo dea resposta a esta realidade e inclúa un enfoque da competencia dixital máis actualizado, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. O desenvolvemento da Competencia Dixital é clave para que, tanto o profesorado como o alumnado, podan desenvolverse nesta nova situación, de maneira que o alumnado poda aplicar as competencias e habilidades do século XXI, e o profesorado poda mellorar e modernizar os procesos de ensino-aprendizaxe.

Xustificación do Plan dixital

A competencia TIC consiste esencialmente en dispor de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Por tanto, o dominio e a alfabetización TIC converteuse nunha ferramenta instrumental imprescindible. Ademais, a natureza complexa e globalizadora da competencia dixital contribúe ao desenvolvemento do resto das competencias clave, especialmente a competencia en comunicación lingüística, a competencia social e cidadá e a competencia para aprender a aprender. Asemade, as posibilidades didácticas e pedagóxicas que nos ofrecen o acceso e xestión da información e do coñecemento, conceden a esta competencia un peso específico como eixe transversal dentro da actividade docente. Todo iso esixe transformacións metodolóxicas que afectan á globalidade do proceso educativo nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares. É precisamente esta transcendencia global das novas tecnoloxías o que xustifica a confección deste plan como documento de referencia que recolla e regule todos os aspectos relativos a esa transformación dixital no centro.

Proceso de elaboración

O presente Plan Dixital elaborouse a través do itinerario Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital, dentro do PFPP de centro durante o curso 2021-2022. Para a súa elaboración e coordinación distinguimos tres fases ou momentos no desenvolvemento do mesmo:

a) 1ª Fase: Análise.

Completando e detectando as necesidades, debilidades e problemas que necesitan accións concretas no centro. Fase en constante evolución. A través da ferramenta SELFIE e do Test de Competencia dixital do profesorado, determinamos as prioridades e establecer os seguintes niveis de planificación (programas e accións) que marcarán o plan de traballo do centro no seu proceso de cambio e mellora, en definitiva, unha boa estratexia para mellorar a dixitalización do noso centro.

b) 2ª Fase:

Recollida dos datos e elaboración da análise DAFO para centrar as debilidades, fortalezas, oportunidades e amaezas. Deste modo, este análise permitiunos establecer un punto de partida das necesidades do centro.

c) 3ª Fase

Avaliación dos resultados do curso 2022-23 e actualización do plan de acción para o curso 2023- 2024. Estas accións teñen asociado un obxectivo medible, real, planificado e axustado ás necesidades de centro detectadas. Determinaranse unha serie de indicadores para medir a súa consecución durante a súa implantación e avaliación a final de curso.


 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Partimos de dous anos nos que a presenza dixital nas aulas e, fóra delas, púxose de manifesto e case imprescindible en situacións como unha pandemia que implicou un confinamento das aulas. Levamos xa todo o curso 2022-2023 inventariando e actualizando os equipos dixitais existentes e detectando as necesidades para dar resposta á nova realidade. Por tanto, analizamos as debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades (DAFO) do centro e realizar así a “fotografía” actual do noso centro e establecer as necesidades e planificar as accións prioritarias para os vindeiros dous cursos. Os instrumentos utilizados para a recollida de información foron:

Informe Selfie, TCDD, enquisas.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe e a dos demais. Alumnado Non
Debilidade 2. Insuficiente comportamento seguro e responsable no uso de internet. Alumnado Si
Debilidade 3. Insuficiente formación do alumnado para resolver pequenos problemas técnicos que xorden ao utilizar as tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade 1. As familias non teñen formación axeitada para a posta en práctica dunha aprendizaxe mixta. Familias Non
Debilidade 2. Non todas as familias dispoñen de dispositvos tecnolóxicos ou internet. Familias Non
Debilidade 2. Non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos en clase. Infraestruturas Non
Debilidade 3. Non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Non hai asistencia técnica suficiente. Infraestruturas Si
Debilidade 4. Non existen medidas para resolver as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta Infraestruturas Non
Debilidade 2. Os espazos físicos que faciliten a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais son insuficientes para todo o alumnado Organización de centro Non
Debilidade 1. Non existe unha estratexia dixital no centro. Organización de centro Si
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Non
Debilidade 2. Insuficiente tempo para: ¿ formacións específicas e máis completas. ¿ xestión de repositorios propios. ¿ trasladar a aula os cambios metodolóxicos. Persoal docente Non
Debilidade 3. Non se contempla dentro do horario tempo adicado á comunicación. Persoal docente Non
Debilidade 4.Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade 5. Insuficiente emprego de prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía , incluíndo información e retroalimentación ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade 1. Insuficiente formación para a colaboración en rede. Persoal non docente Si
Fortaleza 1.Utilízanse as aulas virtuais para a aprendizaxe do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza 2. Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza 3. O alumnado manexa a rede para a busca de información e comprobar se é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza 4. O alumnado coñece os dereitos de autor. Alumnado Non
Fortaleza 5. O alumnado coñece as vantaxes do emprego de software libre e dispón deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Fortaleza 1. No centro o profesorado e o alumnado dispón de dispositvos dixitais para o ensino aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Os equipos informáticos existentes están actualizados polo propio centro Infraestruturas Non
Fortaleza 3. Facilítase o acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza 1.O centro apoia a exploración de novas formas de ensino con tecnoloxía dixital Oferta Si
Fortaleza . Promóvese polo equipo directivo o uso das tecnoloxías dixitais para a avaliación. Organización de centro Non
Fortaleza . O centro apoia a exploración de novas formas de ensino con tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Coñecemento da lexislación relativa aos dereitos de autor e protección de datos. Persoal docente Non
Fortaleza . Busca recursos en liña para resolver cuestións técnicas relacionadas cos programas administrativos. Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 3. Insuficiente formación específica e máis completa Administración educativa Non
Ameaza 5. A administración non dota de suficiente equipamento informático aos centros. Administración educativa Non
Ameaza 1.Insuficiente comunicación externa Administración educativa Non
Ameaza 2. Non existe certificación en competencia dixital Administración educativa Non
Ameaza 4. Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Administración educativa Non
Ameaza Os programas TIC propostos pola Consellería non ofrecen formación suficiente e axeitada previa á súa implantación (Edixgal...) Administración educativa Non
Ameaza 7. Non existe financiación suficente para a actualización e renovación do equipamento informático. Administración educativa Si
Ameaza 8. Insuficiente formación para os coordinadores á hora da elaboración do Plan Dixital así como tempo insuficiente para levalo a cabo en condicións óptimas. Administración educativa Non
Ameaza 9. Insuficiente asistencia técnica para resolver os distintos problemas técnicos que xorden diariamente nas aulas. Administración educativa Non
Ameaza 1. A ANPA non dispón de formación suficiente para axudar ás familias coas tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza 2. O alumnado non é capaz de resolver os problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza 3. A ANPA non dispón de bibliotecas ou repositorios en liña para favorecer a aprendizaxe. ANPA Non
Ameaza 1. Non existe colaboración con outros centros. Outras Non
Ameaza 2. Non existe colaboración con outras institucións públicas. Outras Non
Oportunidade A administración cubre as vacantes necesarias para dispor dunha plantilla estable no centro. Administración educativa Non
Oportunidade Participación da ANPA na promoción das actividades do centro a través das súas redes sociais. ANPA Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a dinamización, implementación, xestión e avaliación do plan dixital de centro (PDC)
002PD Colaborar con outras entidades.
003PD Actualizar e inventariar os equipos informáticos do centro.
004PD Dotar as aulas de 3 e 4 de educación primaria de equipamento dixital

Seguimento

Procedemento

Para facer o seguimento deste Plan DIxital, realizaranse diferentes reunións do equipo e valoraranse o grao de consecución de cada obxectivo e acción.

Ademais, realizaranse reunións periódicas coa asesora ADIX para aclarar dúbidas.

1º Trimestre

- Subiuse o Plan dixital á web.

- Revisouse todo o equipamento informático para detectar as necesidades.

- Elaboración de horarios para a utilización da zona informática da biblioteca.

- Elaboración dun protocolo de comunicación de incidencias do equipamento dixital.

- Solicitáronse charlas sobre Ciberseguridade  do Plan Director para o alumnado de 5º e 6º de primaria

2º Trimestre

 

Realización de Formación acoso e ciberacoso PFPP para profesorado de 3º Ciclo e membros do equipo de Benestar Emocional e Convivencia.

Realización do curso de formación sobre polos creativos o que asistiu o responsable de TICS e EDIXGAL e que logo trasmitui o resto do claustro a través de enlaces das diferentes conferencias

 

 

3º Trimestre

- Formación para o profesorado de STEAM ( beebot, tru tru.) relacionado cos POLOS CREATIVOS 

Os obxectivos acadados foron os seguintes: 001, 004, 007, 009.

- Os obxectivos parcialmente acadados foron os seguintes: 002 (falta AO2.1), 003 (falta AO3.1), 005 (falta completar a actualización dos ordenadores- AO5.3), 006 (falta dotar as aulas de 3º e 4º co equipamento dixital básico AO6.4), 008 (falta crar un espazo en Agueiro que non se vai facer por considerar a aula virtual do centro máis útil para as necesidades do profesorado- AO8.1, AO8.3).

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Continuar cos obxectivos e acción non acadadas neste curso e procurar non engadir moitos obxectivos para ter o tempo necesario de acadar os existentes.

Por outro lado, é necesario insistir na adicación dunha hora semanal para a elaboracion de recursos.

Continuar coa formación segundo as necesidades do profesorado.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Os canais de difusión deste Plan e do seguimento do mesmo serán os seguintes:

- Aula virtual do centro: no curso Plan Dixital Ruxidoiro compartirase toda a información relativa ao Plan dixital. Neste curso participará todo o profesorado do curso 2023-2024.

- Páxina WEB de centro: publicarase o Plan Dixital para a consulta de toda a comunidade educativa.