Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • O IES castro de Baronceli é un centro de ensino secundario situado no concello de Verín. É un centro receptor dos diferentes CEIP da comarca, tendo adscritos ao alumnado de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Rios e Vilardevós. Ademais, recibimos alumnos dalgúns dos centros de Verín.
    O noso alumnado procede na súa maioría de zonas rurais cun nivel sociocultural medio-baixo. Os núcleos de poboación están moi dispersos e ofrecen moi poucos servizos ce carácter cultural. Dáse tamén unha alta porcentaxe de desemprego, con familias de baixos recursos económicos e dificultades na conectividade e no acceso a recursos dixitais.
    O noso é un centro que só imparte a ESO. En total contamos con 7 unidades. Unha delas é un aula específica e temos o programa ABALAR.
    A metodoloxía máis utilizada no centro é a tradicional. Ademais, utilizamos metodoloxías inclusivas e os agrupamentos flexibles, sempre que o permita a dispoñibilidade de profesorado.
    O centro conta con 12 aulas para alumnado, unha delas dobre, que pode ser usada como salón de actos. Temos ademais aulas de Plástica, Música,  Tecnoloxía e 2 de Informática. Dispomos tamén de Biblioteca, Laboratorio e Ximnasio.
    Todas as aulas contan con ordenador do profesorado, canón e pantalla dixital. O alumnado de 1º e 2º conta ademais cos ordenadores do equipamento ABALAR, se ben o seu estado de uso no é o mellor, dados os anos que levan xa no centro.
    O centro conta con 21 profesores/as, contando os concedidos por ARCO E PROA+. O número de persoal non docente é de 7.
    Os recursos do cento non están infrautilizados e responden perfectamente ás necesidades que se presentan.

    O centro dispón de sete titorías que funcionan de xeito normal. Ao ser un centro pequeno, as relacións co alumnado son moi boas en xeral. Cada titoría dispón da súa aula, e o alumnado desprázase ás diferentes aulas que lle corresponden segundo a materia: Música, Plástica, Educación Física, TIC¿S, optativas...
    As relacións internas no centro e o clima en xeral e bo. A maioría dos departamentos son unipersoais. Só 3 departamentos son pluripersoais, e neles as relacións son boas. A colaboración, tanto dentro dos departamentos como no claustro é moi boa, respondendo sempre as demandas que se presentan.
    As relacións entre profesorado e alumnado son boas. Non existe unha conflitividade fóra do que pode considerarse como aceptable. É moi raro que durante o curso teñamos que abrir algún procedemento corrector. As relacións da dirección co profesorado tamén son boas, cun clima de traballo apropiado para desenvolver satisfactoriamente as nosas funcións. As relacións da dirección co alumnado son tamén boas, ao ser un centro pequeno existe a posibilidade de comunicación directa con todo o alumnado.  As relacións coas familias son boas, aínda que se bota de menos un maior achegamento das familias ao centro. Por exemplo, non temos ANPA a pesar de intentar contactar con grupos de pais/nais todos os cursos.
    En definitiva, o clima de convivencia en xeral é moi bo, con apenas algún conflito importante entre os membros da nosa comunidade educativa.
    As relacións institucionais con outras entidades son tamén boas. O centro intenta dar resposta adecuada a todas as solicitudes de colaboración que as entidades do noso entorno nos presentan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O proceso de elaboración consistiu na creación dun grupo de traballo a partir do Equipo de Dinamización do Plan Dixital que procedeu primeiro á implementación da ferramenta SELFIE e do Test de Competencias Dixitais Docentes para dos seus resultados elaborar un DAFO co que preparar os obxectivos SMART para a elaboración final deste documento.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. 2. Comportamento seguro en internet. 3. Comportamento responsable en internet. 4. Verificar calidade da información en internet. 5. Habilidades dixitais mellorables. Alumnado Non
Debilidade 1.Baixa competencia dixital das familias. 2.Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet. Familias Non
Debilidade 1.O 90% dos ordenadores que usa o alumnado teñen máis de 10 anos de vida. 2. Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais. 3. Problemas derivados das compatibilidades das plataformas editoriais coa maqueta corporativa. 4. Problemas de software derivados do uso de software privativo. 5. Non hai dispositivos portátiles administrados e propiedade do centro que todos os alumnnbos poidan levar a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Si
Debilidade 1.Falta de acceso a recursos dixitais en liña ben organizados. Oferta Si
Debilidade 1.Falta de estratexia dixital ben definida. 2. Mellorable práctica reflexiva sobre o uso das tecnoloxías. Organización de centro Si
Debilidade 1.A colaboración do profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro é mellorable. 2. Dependencia dos recursos e plataformas das editoriais. 3. Pouco uso da maqueta e ferramentas corporativas a nivel particular. 4. Falta de traballo cos conceptos e procesos do pensamento computacional como parte da competencia dixital docente. 5.Modificar e compartir recursos dixitais respectando autoría. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Uso habitual das TICs como medio de apoio e recursos. Alumnado Non
Fortaleza 1.Vontade de solventar as incidencias que xurdan o antes posible e do xeito máis eficiente. 2. Uso da tecnoloxía para a comunicación organizativa e coa comunidade 3. No noso centro existen sistemas de protección de datos. 4. Medios para identificar a fractura dixital e as necesidades educativas. Organización de centro Non
Fortaleza 1.Uso da tecnoloxía para a colaboración profesional entre o profesorado. 2. Uso da tecnoloxía para contribuír dun xeito positivo e ético ao mundo dixital, tendo en conta as prácticas dixitais seguras e responsables. 3. Uso das tecnoloxías para a aprendizaxe profesional. 4. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 1.Uso da tecnoloxía para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Inasumible e absurda acumulación de protocolos, informes e demáis papeles que complican moito máis que axudan. 2.Falta de solucións eficientes e reais en moitos casos por mor do punto 1, e noutros polas sinerxias derivadas de externalización de servicios a empresas privadas. 3. Falta de coraxe para a instauración exclusiva e definitiva do software libre a pesar dos perigos do privativo. 4. Necesidade de Tecnoloxías asistenciais e asistencia técnica eficiente. 5. Mellorable adaptación dos espazos físicos. Administración educativa Non
Ameaza 1. Condicións socioeconómicas da contorna pouco desenvoltas. Contorna Non
Ameaza 1. Lexislación educativa tan complexa ciscada e enciclopédica que precisaría unha rama do dereito para ela soa. 2. Aprobación tardía das concrecións das normas precisas para levar a cabo normativa superior. Lexislación Non
Ameaza 1. Cambios no software que bloquean aprendizaxes e recursos anteriores. Outras Non
Oportunidade 1. Oferta de actividades formativas Administración educativa Non
Oportunidade 1. Cercanía a Portugal para desenvolver actividades conxuntas. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1 Modernización de infraestructuras e equipamento
A02 Fomentar a ampliación do emprego de entornos virtuais de aprendizaxe
A03 Número de profesorado involucrado na práctica das actividades desenvoltas no centro en relación aos recursos educativos, licenzas e recoñecemento autoría

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Acta 18-10-22

-Formación e asesoramento ao profesorado no emprego de PROENS para a elaboración das programacións LOMLOE do centro.
-Mellora dos equipos informáticos da aula de Informática I, pero no canto de cambiar os discos duros dos antiguos, cambiáronse uns equipos por outros máis modernos que estaban depositados sen uso
na secretaría do centro.
-Estanse a actualizar os ordenadores do alumnado coas últimas maquetas corporativas, aínda que se vai priorizando por aqueles equipos que están dando problemas coa maqueta anterior.

Acta 22-11-23

-Empregando a aula virtual do propio centro habilitouse un foro ao profesorado para recabar posicionamentos ao respecto do emprego de libros de texto en papel ou dixitais e da contorna dixital educativa, na liña de organizar as actividades reflexivas previstas no obxectivo
no.2 do plan dixital
-Xa está creado o board para compartir os recursos segundo o previsto na acción 03.1 do plan dixital
-Tense previsto tratar na seguinte CCP o acordo entre o profesorado de esixir ao alumnado as fontes nos traballos

 

 

2º Trimestre

Acta 31-1-23

-Neste trimestre vaise potenciar a organización de actividades reflexivas previstas no obxectivo no.2 do plan dixital e a partires dos posicionamentos recabados do profesorado no foro da aula virtual
habilitado ao respecto do emprego de libros de texto en papel ou dixitais e da contorna dixital educativa -Seguirase potenciando o emprego do board creado para compartir os recursos segundo o previsto na acción 03.1 do plan dixital

ACTA 28-02-23

En relación ao previsto no obxectivo no.2 do plan dixital séguese a ofertar o foro da aula virtual habilitado ao respecto de recabar posicionamentos do profesorado sobre o emprego de libros de texto en papel ou dixitais e da contorna dixital educativa -Séguese empregando o board creado para compartir os recursos segundo o previsto na acción 03.1 do plan dixital -O centro está a traballar na introdución do vixente plan dixital na plataforma educalidade aberta recentemente a todos os centros

3º Trimestre

ACTA 9-5-2023

-No que vai deste terceiro trimestre e en relación ao previsto na
acción A02.3 do plan dixital do centro, convocouse e realizouse o
Claustro planificado para recabar a súa toma de decisión respecto da
oferta autonómica do programa Edixgal, sendo aquela negativa.
-Séguese a empregar neste trimestre o board creado para compartir
os recursos segundo o previsto na acción 03.1 do plan dixital
-Estívose a revisar os apartados de seguemento e avaliación do plan
dixital a rexistrar no aplicativo educalidade e que o centro debera ter
cumplimentados ao remate do curso.

ACTA 13-6-2023

01.-Respecto do obxectivo no.01 “Modernización de
infraestruturas e equipamento”
01A.-Realización das accións planificadas para acadar este obxectivo
-No primeiro trimestre e en relación á primeira das accións previstas
do plan dixital de centro como A01.1, leváronse a cabo arranxos e
postas a punto polo responsable TIC do centro dos distintos
equipamentos tecnolóxicos das distintas aulas e despachos do centro
que posibilitarano traballo dixital axeitado no curso, tales como:
arranxo accesorios -cableado, lámparas...- e configuración de canóns,
arranxo accesorios -disco ssd, memoria ram, cableado...- ordenadores
sobremesa e portátiles ou na súa configuración e mesmo
conectividade coa rede, axuda á instalación do equipamento novo que
se lle enviou ao equipo directivo do centro...
Tamén se levou a cabo a mellora dos equipos informáticos da aula de
Informática I, pero no canto de cambiar os discos duros dos antiguos,
cambiáronse uns equipos por outros máis modernos que estaban
depositados sen uso na secretaría do centro, deixando os máis
antigos para modernización de compoñentes que permitan alongar
axeitadamente a súa vida útil.
-En relación á acción prevista como A01.2 do plan, ao longo do
primeiro trimestre viñéronse actualizando os ordenadores do
alumnado coas últimas maquetas corporativas, na medida en que
estes equipos ían dando problemas coa maqueta anterior

02A.-Realización das accións planificadas para acadar este
obxectivo
-No primeiro trimestre habilitouse na aula virtual do propio centro un
foro co que ir recabando do profesorado posicionamentos ao respecto
do emprego de libros de texto en papel ou dixitais e da contorna
dixital educativa, na liña de organizar nos vindeiros trimestres do
curso as actividades reflexivas previstas no obxectivo no.2 do plan
dixital
-No terceiro trimestre e en relación ao previsto na acción A02.3 do
plan dixital do centro, convocouse e realizouse o Claustro planificado
para recabar a súa toma de decisión respecto da oferta autonómica
do programa Edixgal, sendo aquela negativa

03A.-Realización das accións planificadas para acadar este
obxectivo
-No primeiro trimestre creouse un board para compartir os recursos
segundo o previsto na acción 03.1 do plan dixital ao longo do curso
-No segundo trimestre crease unha ligazón dende a páxina principal
da Aula Virtual á información da Xunta sobre os Creative Commons a
fin de cumplir o obxectivo 03.2.
-Segundo o previsto na acción A03.3 xa no segundo trimestre
apróbase por unanimidade do claustro do Centro acordo entre o
profesorado de esixir ao alumnado as fontes nos traballos

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual. A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspecctos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Avaliación final. A frecuencia da sua realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

01.-Modernización de infraestruturas e equipamento:

Para este obxectivo marcáronse dous indicadores nos que se obtiveron os seguintes valores:
¿Porcentaxe de ordenadores da aula de Informática I con cambios de disco duro
¿ valor de partida: 0
¿ valor previsto: 100
¿ valor acadado: 15
¿Porcentaxe de equipos do centro con actualización da súa maqueta
¿ valor de partida: 0
¿ valor previsto: 100
¿ valor acadado: 30
01C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados nos indicadores sinalados, considérase parcialmente acadado este obxectivo

02.-Fomentar a ampliación do emprego de entornos virtuais de aprendizaxe:
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se  obtiveron os seguintes valores:
¿Criterio decisorio do centro respecto de Edixgal (sendo, non aceptación do programa= 0, aceptación do programa = 1)
¿ valor de partida: 0
¿ valor previsto: 1
¿ valor acadado: 0
02C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados no indicador sinalado, considérase parcialmente acadado este obxectivo

03.-Incrementar o número de  profesorado involucrado na práctica das actividades desenvoltas no centro en relación aos recursos educativos, licenzas e recoñecemento da autoría
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se  obtiveron os seguintes valores:
¿Porcentaxe do profesorado involucrado na práctica das actividades desenvoltas no centro en relación aos recursos educativos, licenzas e recoñecemento da autoría
¿ valor de partida: 10
¿ valor previsto: 50
¿ valor acadado: 15
03C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados no indicador sinalado, considérase parcialmente
acadado este obxectivo

 

A valoración xeral é parcialmente positiva. Os indicadores amosan que os obxectivos foron parcialmente acadados, inda que alomenos considérase que a dirección dos obxectivos é a correcta  e son suficientemente realistas e conviría modelar algo máis os indicadores correspondentes.

Proposta de mellora

Considérase necesario seguir insistindo nos mesmos obxectivos a fin de ir mellorando inda máis os indicadores, así mesmo considérase tamén que é preciso modificar os indicadores do obxectivo 2 a fin de que amose dunha forma máis realiste o estado de partipación do profesorado, posto que inda que pola votación do claustro contraria ao Edixgal puidese parecer que non se avanzou moito, sen embargo houbo iniciativas que se levaron a cabo no centro por moito profesorado e que amosan unha certa melloría na consecución do obxectivo. Neste senso podemos destacar por exemplo que houbo un grupo de traballo no centro do que derivou un traballo moi interesante cun glosario de lingua de signos feito con cortos de video e que foi publicado na Aula Virtual para toda a comunidade educativa.  Iso, xunto coas actividades de TICS realizadas por parte do profesorado é unha mostra que debería terse en conta nalgún indicador, posto que se se analiza o bxectivo 2 correctamente podería parecer que nada mudou cando isto non foi así. E máis, o obxectivo realmente dicía "Fomentar a ampliación do emprego de entornos virtuais de aprendizaxe", e pódese dicir que isto realmente sí se fixo, outra cousa é que o claustro decida o que a él lle pareza oportuno.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para a publicidade do plan dixital ente a comunidade educativa, ademáis da aprobación no seu caso polo claustro e consello escolar, consistirá na publicación do mesmo na páxina web así como a ligazón ao mesmo dende a Aula Virtual.

Ligazón ao Plan Dixital