Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Datos do centro
Código: 32016327 Denominación: CEIP A PONTE
Enderezo: R
úa Xesús Pousa, 14 (Ourense) CP:32001
Correo electrónico

ceip.aponte.ourense@edu.xunta.gal

Páxina web
www.edu.xunta.es/centros/ceipaponteourense/

Etapas educativas: Infantil e Primaria

Nº de alumnado: 355 Nº de profesorado: 41

2. Contexto institucional:

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos están en total consonancia e han de ser complementarios. Desta forma, o Plan Dixital pódese considerar como unha especie de plan estratéxico do centro, determinando a misión, visión, valores e estratexia do noso centro escolar para desenvolver un proceso de cambio dixital con iniciativas a curto e medio prazo cuxa viabilidade teremos que valorar atendendo aos nosos obxectivos e recursos. Do mesmo xeito que o PEC, o Plan Dixital someterase á avaliación e aprobación por parte do Claustro e o Consello Escolar do centro ao comezo de cada curso escolar.

O Plan dixital será o referente para as liñas de actuación das Coordinación TIC e Edixgal que se incluirán na Programación Xeral Anual do curso 23/24.

3. Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD , obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes  accións:

Reunión xeral para informar ao Claustro

Realización do SELFIE

Realización do test CDD

Interno
59 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende suficientemente a comprobar se a información que atopa na rede é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade O alumnado ten un coñecemento insuficiente dos dereitos de autor e licencias de uso dos recursos dixitais Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a comunicarse usando TD Alumnado Non
Debilidade Reticencias económicas do emprego de entornos virtuais de aprendizaxe non gratuítos (SNAPPET). Familias Non
Debilidade Escaso seguimento da páxina web do centro. Familias Non
Debilidade Actualización das PDI de 4º de EI ata 4º de EP. Infraestruturas Si
Debilidade Desenvolvemento da actividade de robótica e a súa aplicación lúdica ao aprendizaxe nas diferentes áreas. Oferta Non
Debilidade Falta de tempo no horario presencial para explorar NTD. Organización de centro Non
Debilidade Avaliar os nosos progresos coas NTD Organización de centro Non
Debilidade Fomentar o intercambio de experiencias entre niveis, ciclos e etapas. Organización de centro Non
Debilidade Sistematizar as medidas para identificar a fenda dixital. Organización de centro Non
Debilidade Desenvolvemento da estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Actualizar e divulgar o repositorio de recursos dixitais do centro. Organización de centro Non
Debilidade Avaliar os nosos progresos coas NTD Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo no horario presencial para explorar NTD. Persoal docente Non
Debilidade Uso das NT con outras entidades Persoal docente Non
Debilidade Emprego de actividades dixitais para o fomento da creatividade. Persoal docente Non
Debilidade Emprego das TD para a realización de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Uso das TD para avaliar ao alumnado Persoal docente Non
Debilidade Uso das TD para dar unha retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade Emprego das actividades dixitais para a inclusión Persoal docente Non
Debilidade Emprego das TD para o traballo colaborativo Persoal docente Non
Debilidade Emprego das TD para autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Uso para a avaliación entre iguais Persoal docente Non
Debilidade Busca e emprego de recursos en liña. Persoal non docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais. Persoal non docente Non
Debilidade Intercambio de experiencias con NTD. Persoal non docente Non
Debilidade Emprego das actividades dixitais para a inclusión. Persoal non docente Non
Debilidade Emprego das TD para o traballo colaborativo. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado aprende un comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais do centro a disposición do alumnado Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende un comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza O alumnado DIXGAL aprende a resolver problemas técnicos que xorden no emprego das TD. Alumnado Non
Fortaleza Emprego maioritario dos sistemas de comunicación corporativos. Familias Non
Fortaleza Respecto e colaboración das familias ás propostas dixitais do centro e ao seu método organizativo (EDIXGAL). Familias Non
Fortaleza Capacidade de adaptación e resposta das familias en relación ás NTD. Familias Non
Fortaleza Equipamento: equipos e redes Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitais para o ensino: portátiles 5º/6º, tablets e carros de carga de 1º a 4º, ordenadores aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Política de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente acceso a Internet para uso no ensino: renovación rede 30/04/22 Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos do centro para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Boa asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza A ANPA oferta actividades extraescolares vencelladas ás NTD: robótica, informática. Oferta Non
Fortaleza O centro forma parte do Plan EDIXGAL dende o inicio do mesmo. Oferta Non
Fortaleza Boa asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de blogs de centro con repositorios de contidos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Apoio do profesorado ás NTD Organización de centro Non
Fortaleza Reflexionar sobre o uso das NTD Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre a necesidade de desenvolvemento das NTD Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Acceso e oportunidades do profesorado para o desenvolvemento das NTD Persoal docente Non
Fortaleza Apoio do profesorado ás NTD Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias con NTD Persoal docente Non
Fortaleza Busca e emprego de recursos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe EVA EDIXGAL, Aula Virtual ... Persoal docente Non
Fortaleza Uso das TD na comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Adaptación das NT ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
59 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Inadecuación do calendario escolar e falta de tempo para organizar o inicio do curso escolar. Administración educativa Non
Ameaza Obsolescencia do equipamento informático (portátil de aula e proxectores EDIXGAL do 2011 e PDI de 4º de EI ata 3ºA de Primaria) Administración educativa Non
Ameaza Carga lectiva e rateo do alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Imposibilidade de formación durante o horario presencial. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática e prazos da mesma. Administración educativa Non
Ameaza Falta de recoñecemento e regulación do horario de liberación do encargado TIC do centro. Administración educativa Non
Ameaza Sobrecarga de traballo pola renovación da documentación debida aos cambios lexislativos. Lexislación Non
Ameaza Inestabilidade lexislativa e curricular debida aos cambios na Lei de educación. Lexislación Non
Ameaza Inadecuación dos prazos organizativos do inicio de curso con respecto á adscripción do profesorado. Lexislación Non
Oportunidade Posta en marcha do Plan Dixital de Centros. Administración educativa Non
Oportunidade Ofertas de formación permanente en FPROFE e CEFORE. Administración educativa Non
Oportunidade Servizos de asesoría e asistencia técnica: UAC; Servizo Premium. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade nos postos de traballo con profesorado definitivo. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de actualización dos equipos que o precisan atendendo ás peticións do centro. Administración educativa Non
Oportunidade Convocatorias de programas vencellados ás NTD (EDIXGAL...) Administración educativa Non
Oportunidade Oferta extraescolar de actividades relacionadas coas NTD. ANPA Non
Oportunidade Apoio ao programa EDIXGAL. ANPA Non
Oportunidade Zona urbana con suficiente acceso a Internet. Contorna Non
Oportunidade Posibilidade de acceso das familias a equipos propios e internet. Contorna Non
Oportunidade Regulación da obrigatoriedade do Plan Dixital. Lexislación Non
Oportunidade Oportunidades de formación externa ofertada por: Concello, sindicatos, editoriais... Outras Non
Oportunidade Oferta de actividades complementarias relacionadas coas NTD: Deputación, Concello, Afundación... Outras Non
Oportunidade Posibilidade de asesoría dende AMTEGA. Outras Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD 1. Inventariar o material dixital do centro.
O2PD Afondar na aprendizaxe dun comportamento seguro e responsable no uso de Internet.
O3PD Conseguir o emprego pola totalidade das familias das ferramentas dixitais corporativas para a comunicación Abalarmóbil e páxina web do centro e a correcta presentación de documentación dixital de ser preciso.
O4PD Renovación dos equipos informáticos da unidade administrativa do colexio
O5PD Recibir formación para o uso das pantaias dixitais
O6PD Aumentar a formación dos docentes, implementación da Biblioteca Creativa
O7PD Iniciar a formación en Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

 

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.

A persoa mentora ADIX realizará unha visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.

A coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da directora.

Reunións periódicas para avaliar a implementación do plan e os obxectivos acadados.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O5PD xa que tivemos no noso centro, persoal cualificado que nos impartiu formación sobre o uso das novas pantallas dixitais.

En relación ao O02PD Afondar na aprendizaxe dun comportamento seguro e responsable no uso de Internet, están realizadas as accións AO2.1.: Inclusión no Itinerario TIC do centro de contidos relacionados co uso seguro e responsable das tecnoloxías e recursos dixitais:

-Afondamento nas ferramentas, medidas e estratexias de seguridade

-Dereitos de autor e licencias de uso dos recursos dixitais.

E iniciouse o O03PD:: Seguese a concienciar as familias no o emprego das ferramentas dixitais corporativas para a comunicación Abalarmóbil e páxina web do centro e a correcta presentación de documentación dixital de ser preciso. 

Na actualidade temos acadadas as accións AO3.: Divulgar entre as familias novas no centro e lembrar ao resto da comunidade educativa a necesidade do emprego da App Abalarmóbil en todas as súas funcionalidades., AO3.2: Rexistrar o emprego do Abalarmóbil para xustificar faltas, solicitar titorías e recibir e emitir mensaxes.  e AO3.3 estando en proceso as AO3.4 e AO3.5

Temos xa iniciado o obxectivo O7PD que seguirá desenvolvendose todo o período escolar.

No mes de novembro inicia o obxectivo O6PD, coa formación a través de PFPP cuxa temática é as Bibliotecas Creativas.

 

En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

No 2º trimestre cargouse o Plan Dixital en Educalidade.

Difusión do uso responsable e seguro dos recursos dixitais.

Elaboración de documentos en formato autoeditable.

 

3º Trimestre

No 3º trimestre estableceranse os obxectivos cara ao vindeiro curso.:

Formar ao profesorado no funcionamento e manexo dos paneis dixitais interactivos.

Valoración das actividades levadas a cabo: Constátase a necesidade de dar maior difusión, a través dos medios habituais: Páx. web, Abalar de Centro...á posibilidade de cubrir os documentos de uso habitual en secretaría en formato autoeditable.

Plan Director.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Os participantes na elaboración, implementación  e seguimento do Plan Dixital fomos capaces de seleccionar, analizar e interpretar o grao de consecución dos obxectivos propostos que nos sirven para determinar as accións a desenvolver de cara ao vindeiro curso ( Plan de acción)

Valoración xeral

Empregáronse axeitadamente as tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación organizativa, a través do emprego da plataforma Abalar, con estudantes, familias e de ser preciso, cos demáis membros da comunidade educativa.

Constatouse o aumento das familias que usan o Abalar Móbil para comunicarse cos titores e titoras, xustificar faltas e pedir citas de titoría.

Promoveuse a reflexión crítica sobre o uso e emprego responsable do contido dixital, difundiuse información sobre protección de datos, participamos no Plan director.

Elaboráronse documentos de uso habitual en formato autoeditable.

Proposta de mellora

-Difusión de documentos en formato autoeditable: é necesario dar unha maior difusión á posibilidade de cubrir a documentación en formato autoeditable, a través da páxina web, Abalar...información entre o alumnado, etc

-Formación para o emprego dos Paneis Dixitais.

-Conseguir o emprego pola totalidade das familias das ferramentas dixitais corporativas para a comunicación Abalarmóbil e páxina web do centro e a correcta presentación de documentación dixital de ser preciso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PD será presentado no Claustro e Consello Escolar nas reunións previstas para MES de xuño.

O plan será publicado na páxina web do centro e no blog das TIC e dado a coñecer polo equipo directivo e o profesorado nas reunións que se realicen no comezo do curso 23/24.