Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro:
Denominación: CEIP MESTRE VIDE
Titularidade PÚBLICO
No código de centro 320115669
Municipio (Localidade): OURENSE
Provincia: OURENSE
CP 32004
Tfno: 988238556
Enderezo: PASEO MESTRE VIDE No 4 32004
Enderezo electrónico ceip.mestre.vide@edu.xunta.es
Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestrevide/

 

Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O C.E.I.P. Mestre Vide está situado na zona das Lagoas, barrio novo, ben comunicado e moi próximo ao centro urbano. As características socio-económicas e culturais das familias do alumnado do Centro son maioritariamente as que caracterizan á clase media composta fundamentalmente de funcionarios, traballadores por conta allea e algúns autónomos.
No barrio abondan os centros educativos de distintos niveis. Os servizos culturais e de lecer son os do mesmo concello de Ourense. Non existen problemas de marxinación acusada ou de conflito social, nin características culturais diferenciadoras con respecto ao resto da cidade.
Imparte as etapas de educación infantil e educación primaria: Segundo ciclo de educación infantil e os seis cursos de primaria. Consta de 19 unidades: seis de infantil e trece de primaria. Tamén conta con Departamento de Orientación. O total de alumnado son 407. O persoal docente adxudicado ao centro é: 35 mestres: 8 especialistas en Educación Infantil, 13 Especialistas en Educación Primaria, 2 especialistas en Educación Física, 2 especialistas en Lingua Estranxeira Inglés e outra compartida cun centro máis, 1 especialista en Educación Musical, 2 Especialistas en Relixión (unha con liberación horaria sindical e outra compartida con outro centro). O departamento de Orientación está formado por unha orientadora, 4PT, 2AL e 2 coidadoras. No centro estase a participar, na actualidade, en varios proxectos:
• Erasmus+ k120 (acreditación 2022/2027) e K122 .
• Bibliotecas escolares.
• E-dixgal.
• Seccións Bilingües.
• Convenio con universidad de Massachusetts, programa Cost.
• Centro Rede DixitalGal

O horario escolar é de xornada lectiva única de mañá, de 09:00 horas a 14:00 horas. As actividades extraescolares desenvólvense pola tarde de 16:00 horas a 18:00 horas.
En canto ao Plan dixital respecto dos OBXECTIVOS recollidos dentro do Proxecto Educativo de Centro:
Este contribuirá a facer que o centro sexa un lugar propicio para o desenvolvemento das aptitudes dixitais do alumnado e do profesorado mellorando a súa formación nos valores dunha sociedade moderna dentro dun clima saudable tanto fisicamente como psicoloxicamente. Este favorecerá a inclusión das necesidades educativas especiais, ou do alumnado de apoio educativo, pero tamén de todo tipo de diversidade do alumnado, pois dende este Plan Dixital potenciamos a colaboración e cooperación entre iguais, a tolerancia e o respecto mutuo en orde á consecución dos fins da educación que define a lexislación vixente, dando valor ás diferenzas e procurando o avance cara facilitar a accesibilidade cognitiva a todo o alumnado.
Procurarase no profesorado e no alumnado promover e facilitar o desenvolvemento tanto da autonomía como da responsabilidade e da creatividade na utilización de toda a tecnoloxía dixital da que se dispoña no centro. Tamén facilitará o manter coa comunidade educativa, e co entorno do centro a difusión das experiencias realizadas; así como establecer canles de comunicación e de apertura ao diálogo educativo.

Breve xustificación
Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementacióndo Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

Proceso de elaboración
No noso centro, seguindo a Resolución do 3 de setembro de 2021, creouse un equipo de dinamización do plan dixital. En constante comunicación e coordinación co CFR e apersoa mentora, fomos realizando as distintas fases indicadas dende Servizos Centrais para elaborar o plan dixital.

Esas fases foron:
-Fase de análise e diagnose da situación dos centros: nesta fase realizáronse varios test para determinar cal era o noso punto de partida no eido dixital.
-Fase de deseño e elaboración do plan dixital: Primeiro consideramos aqueles obxectivos prioritarios para traballar no noso centro e despois redactamos un plan de acción cuns obxectivos no noso plan dixital, seguindo o modelo que se nos proporcionou. Unha vez aprobado no consello escolar, oído claustro, fíxose público o documento para que podan acceder a el toda a comunidade educativa.
A seguinte fase, a de implementación e avaliación, levouse a cabo no curso 2022/2023. Despois de levar a cabo aquelas accións viables e acadar, ou non, os obxectivos plantexados, ao remate do curso valoramos os resultados e fixéronse propostas de mellora para continuar neste curso cunha nova versión mellorada na que cada vez axustemos máis e partir así daqueles aspectos prioritarios.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida da información utilizáronse o informe de autoavaliación SELFIE e TCDD o e se creou un Equipo de Dinamización do Plan Dixital e unha liña de formación no PFPP do centro destinado a crear o Plan Dixital do centro. As reunións foron destinadas á valoración da situación e punto de partida do centro que permitiu facer unha análise obxectiva e cuantitativa, que xunto coa análise cualitativa feita de maneira consunta, acadouse a información previa para posteriormente elaborar o informe DAFO. 

Tamén se fixo unha análise dos servizos dixitais dispoñibles no centro.

 


Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
-Resolución do  3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Neste presente curso 2023/24, despois dunha nova análise cualitativa conxunta no Equipo de Dinamización do Plan Dixital , replantéxanse aqueles aspectos do DAFO que poden ser prioritarios no momento de formular os obxectivos do plan de acción neste curso.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7- Convén reforzar a aprendizaxe da creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade En proceso de desenvolvemento e comunicación da estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade E1- O profesorado considera que non dispón de tempo autoreflexión suficiente para adicarllo á creación de recursos dixitais. O nivel medio orientativo de competencia dixital é de B1. Persoal docente Si
Fortaleza C8- Dispomos de dispositivos dixitais para o proceso de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza H1, H3- O noso alumnado aprende a facer un uso responsable e seguro das tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C2- Dispomos de dispositivos dixitais para o proceso de ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza C7- O centro conta cun sistema de protección de datos coñecido e utilizado por unha elevada porcentaxe de profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta cunha amplia oferta de servizos de setembro a xuño: Atención a madrugadores, comedor, atención ao alumnado despois do comedor e tamén variadas actividades extraescolares (codificación e robótica) Oferta Non
Fortaleza O centro participa no plan Edixgal que lle proporciona ao alumnado hardware e software educativo axeitado. Oferta Non
Fortaleza Ofrecemos á comunidade catro blogs con contido educativo para Educación Infantil e Primaria. Oferta Non
Fortaleza O profesorado síntese apoiado polo equipo directivo á hora de desenvolver novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza F1- A comunidade considera que as actividades adáptanse ás necesidades do alumnado a través das TIC. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Moi boa comunicación coa comunidade educativa a través das diferentes canles dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G1, G5- Convén continuar o proceso de implementación do uso das TIC no ámbito da avaliación e da autoreflexión. Persoal docente Non
Fortaleza F4, F5- O alumnado implícase mais activamente cando se empregan as tecnoloxías dixitais tanto de maneira individual como a nivel grupal Persoal docente Si
Fortaleza O persoal administrativo utiliza diariamente diferentes ferramentas dixitais para o desenvolvemento da súa labor. Os conserxes colaboran no mantemento. As coidadoras colaboran co profesorado no ámbito da comunicación Persoal non docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade Pertencemos á Rede Galega de Educación Dixital, contando con máis recursos materiais e persoais. Administración educativa Si
Oportunidade Sobre un 35% do profesorado está inscrito na plataforma Etwinning Administración educativa Non
Oportunidade Oferta variada e axeitada de formación contínua para o persoal docente. Administración educativa Si
Oportunidade A administración proporciona dispositivos, recursos e acceso a internet. Administración educativa Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No noso centro, seguindo a Resolución do 3 de setembro de 2021, creouse un equipo de dinamización do Plan Dixital. En constante comunicación e coordinación co CFR e a persoa mentora correspondente, fomos realizando as distintas fases indicadas dende Servizos Centrais para elaborar o plan dixital do noso centro.
Esas fases foron:
-Fase de análise e diagnose da situación dos centros: nesta fase realizaronse varios test para determinar cal era o noso punto de partida no eido dixital.

-Fase de deseño e elaboración do plan dixital: Primeiro consideramos aqueles obxectivos prioritarios para traballar no noso centro e despois redactando o plan dixital seguindo o modelo que se nos proporcionou.

Para poder traballar os aspectos prioritarios no desenvolvemento no eido dixital no centro o plan de acción no noso centro plantexamos 8 obxectivos dentro de tres áreas de mellora:

  • Liderado
  • Desenvolvemento profesional contínuo-Competencial dixital do profesorado.
  • Competencias dixitais do alumnado.

Para cada obxectivo cóntanse cunha serie de accións e responsables das mesmas que facilitan a consecución das mesmas.

O documento fíxose público unha vez aprobado no Consello Escolar, oído claustro, para que podan acceder a el toda a comunidade educativa.
-A seguinte fase, a de implementación e avaliación, levouse a cabo no curso 2022-23.

Neste curso 2023-24 continuamos coa fase de implementación e avaliación, e como resultado da valoración e tendo en conta as propostas de mellora do curso pasado, reformulamos novos obxectivos cos que imos creando a estratexia dixital do noso centro xa que apoiámonos, en gran medida, nas fortalezas e oportunidades que son moitas para atallar as debilidades e ameazas que se nos presentan.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Asignar ao profesorado do 1º e 2º ciclo un tempo dentro do horario lectivo para a realización de distintas tarefas utilizando espazos do centro con recursos dixitais variados.
O02PD Crear un banco de recursos humanos, dentro da comunidade educativa, competentes en distintos aspectos do eido dixital (robótica, pensamento computacional, gamificación...)
O03PD Fomentar o intercambio de experiencias coas TICs dentro e fóra do centro.
O04PD Participar nun curso sobre ferramentas dixitais e coñecemento de metodoloxías activas co alumnado
O05PD Dinamizar a blibioteca do centro a través da súa dixitalización
O06PD Selección de contidos e destrezas dixitais do alumnado nas distintas etapas
O07PD Realizar talleres STE(A)M para o alumnado para a creación de contidos dixitais.
O08PD Fomentar a colaboración co uso da rede Agueiro por parte do alumnado de quinto e sexto de primaria e o Equipo dinamizador das TICs

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento será a través das datas estipuladas para cada unha das accións recollidas nos distintos obxectivos do plan de acción do noso Plan Dixital.

O Equipo de DInamización do Plan Dixital, cunha reunión trimestral, e unha reunión formal mensual coa persoa mentora do Plan DIxital, que ao estaren no centro por ser o noso centro Rede DixitalGal, existen breves reunións de distintas cuestións referidas a aspectos relacionados co Plan Dixital.

A persoa coordinadora do Plan Dixital, xunto co equipo directivo, seguen o cumprimento daqueles obxectivos que se están a realizar e que van concretándose a través das súas accións. 

1º Trimestre

O  plan de acción no primeiro trimestre desenvolveuse sen dificultade agás nalgún obxectivo que non se realizaron as accións correspondentes. Así por exemplo, aquelas accións dirixidas á información ao Claustro e de formación, realizáronse seguindo o estipulado.

Realizouse unha reunión  cos membros do EDPD e mensualmente coa persoa mentora Adix do PD que nos mantiña informados das distintas cuestións a considerar no desenvolvemento do mesmo e coa que se consultaban as dúbidas. 

Neste trimestre os obxectivos plantexados foron acadándose, agás algún puntual. Este progreso quedou reflectido nos indicadores dos distintos obxectivos ao igual que nos seguimentos das distintas accións plantexadas no noso plan de acción. 

Iniciouse a solicitude de formación para potenciar os polos creativos, aspecto que consideramos moi importante.

O obxectivo 1 (asignar ao profesorado un tempo dentro do horario lectivo para emprego da aula de informática), non se levou a cabo xa que por motivos de espazos, a aula de informática vai ser empregada para inglés, aínda así seguen quedando horas para un futuro intento.

A creación do banco de recursos humanos supuxo unha iniciativa ca que se pretende mellorar  o intercambio e achegamento de toda a comunidade educativa, coa participación de varias persoas da comunidade que poden resultar enriquecedoras. Neste caso temos exemplos de que se empregaron neste trimestre, coma a visita da universidade en infantil para empregar a tarxetas “tecla tecla” e en 5º de Primaria na que asistiu unha nai a impartir formación de programación en dúas sesións.

Dende o primeiro momento procuramos a utilización dos servizos e recursos dixitais para un intercambio e colaboración con toda a comunidade educativa, que participa de maneira activa na vida diaria do centro a través de obradoiros ou charlas co alumnado sobre distintas temáticas. Valoramos a sinerxia de apertura do noso centro á comunidade.

Tamén destacar desenvolvimos o Obxectivo de formación do profesorado, solicitando xa o PFPP sobre Plan dixital e Polos Creativos. Esta formación foi complementada para o alumnado con formación sobre seguridade na Rede con varias sesións propostas para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, entre as que descansan:

- Charlas da Policia Nacional ao alumado de 6º de Primaria dentro do programa Ciberexperto que consiste en 5 sesións de formación entre os meses de outubro e febreiro.

- Charlas desde o concello de Ourense sobre ciberseguridade para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

- Visita ao autobus de ciberseguridade sitado no mes de novembro no Concello de Ourense para o alumnado de Primaria.

- Participación en outubro do alumnado de 6º de Ed. Primaria na III Edición do concurso de ciberseguridade no cole promovida por el Nodo Gallego de Ciberseguridad CIBER.gal en el marco del III Encuentro CIBER.gal.

- Visita a un contacontos sobre ciberseguridade para o alumnado de 5º de Ed. Primaria no centro e para 6º de Ed. Primaria en Santiago de Compostela desenvolvido por AMTEGA.

2º Trimestre

O plan de acción no segundo trimestre desenvolveuse sen dificultade agás nalgún obxectivo que non se realizaron as accións correspondentes. Así por exemplo, aquelas accións dirixidas á formación, realizáronse seguindo o estipulado. Neste trimestre os obxectivos plantexados foron acadándose, agás algún puntual. Este progreso quedou reflectido nos indicadores dos distintos obxectivos ao igual que nos seguimentos das distintas accións plantexadas no noso plan de acción. Os obxectivos nos que traballamos nestre trimestre foron:
Como centro pertencente á Rede DixitalGal formamos parte da pilotaxe do aplicativo Educalidade, que será a plataforma na que subiremos os distintos plans de centro, comezando co PD o curso pasado e incluindo este ano outros plans como o de atención a diversidade, Plan de Biblioteca ou Plan de Igualdade, que facilitará o seu seguimento e implementación. Fixémonos ao seu uso incluíndo os plans do noso centro nel cos seus obxectivos e accións correspondentes. O seguimento do mesmo resultaba doado xa que permite incluír revisións en cada acción e un seguimento trimestral.
Neste trimestre recibimos a formación sobre os Polos Creativos ademais dos seus Kits singulares. Os cales intentaranse ir traballando ao longo do terceiro trimestre. Tamén contamos con recibir o resto de material de Polos Creativos no terceiro trimestre. Ademais o alumnado de 6º de Educación Primaria traballaron coas tarxetas "tecla - Tecla" prestadas polo CFR de Ourense para facer diversos xogos e aprender a programar diversos xogos en Scratch. 
Terminamos a formación do alumnado sobre seguridade en Internet desenvolvida dende setembro no centro ao alumnado de 6º de Educación Primaria que complementa coa formación que xa recibiron primeiro trimestre sobre esta temática.

Por último tamén desenvolvimos a actividade para a conmemoración do día da Muller, o 8 de Marzo, no que as aulas procuraron información e fixeron vídeos sobre diferentes mulleres que teñen unha rúa en Ourense e engadiuse un QR nas rúas preto da escola para que a xente que lle interese poda acceder a información desenvolvida polo alumnado.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada un dos obxectivos propostos neste plan ten unhas accións e uns indicadores específicos que axudarán a determinar si foi acadado ou si é preciso realizar variacións
no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Esta revisión levarase a cabo durante o proceso (avaliación procesual) polo menos unha vez ao trimestre para o que o coordinador do Plan Dixital, xunto co equipo TIC ,e en coordinación co equipo directivo valorarán o estado de execución das accións tendo en conta ao responsable de cada obxectivo. Farase unha análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora para o vindeiro curso.

 

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A continuación preséntase unha visión xeral do plan de traballo que permita a difusión continua dos resultados e produtos obtidos durante a realización do proxecto, buscando a mellor maneira de facelos chegar a toda a comunidade educativa.

O plan de difusión considérase un documento vivo, en continua evolución, que se actualizará periodicamente.

O principal obxectivo para a difusión do plan dixital céntrase en dar a coñecer os resultados do mesmo a toda a comunidade educativa. Para iso procuramos levar a cabo as seguintes accións:

  • Publicouse a primeira versión do plan dixital na páxina Web do centro.

  • Envío de mensaxes a través de Abalar móvil ás familias informando da súa publicación.

  • Envío de información a través das RRSS.

  • Envío do plan dixital por correo electrónico aos membros do claustro e do Consello Escolar.

  • Participación en xornadas onde se poidan mostrar os avances do plan dixital.

Elaboración de pósters ou dípticos coa información mais relevante para expoñer no tablón de anuncios do centro e para enviar á comunidade educativa.

As presentes accións constitúen unha referencia para as actividades de difusión, non obstante, poden sufrir variacións, para conseguir unha maior difusión entre a comunidade educativa.

A partir deste curso 2023/2024, as familias poderán visualizar o Plan Dixital e ver o seu seguemento dende este aplicativo, usando a seguinte ligazón en aberto: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015669