Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN

O Plan Dixital ven a completar o desenvolvemento normativo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e pola propia autonomía do noso centro. Como tal, ven a substituír o Plan Tic, que xa fai máis dunha década veu a concretar como traballamos na comunidade educativa do IES Lagoa de Antela coas TIC´s, tanto dentro e fóra da aula.

A introdución das novas tecnoloxías no terreo da educación fai que toda a comunidade educativa se comprometa no seu avance dentro da aula. O profesor, como na materia, debe tomar unha actitude onde comprobe que a competencia dixital é unha unha ferramenta de comunicación e intercambio que o alumnado sabe manexar, unha ferramenta para informar e orientar, así como unha ferramenta para o ensino e autorización a distancia.

LEXISLACIÓN

Este Plan Dixital de centro ten a súa base legal na seguinte normativa::

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

BREVE XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

Xa a LOE e a LOMCE, instruían aos centros e ao profesorado para concretar obxectivos, procedementos e medidas para traballar coas novas tecnoloxías en relación á metodoloxía docente, pero tamén nos resultados e competencias dos discentes.

O reto que supón a introdución definitiva das TIC na educación secundaria obrigatoria, obriga a tomar unha serie de medidas e demarcar unha serie de normas que faciliten o traballo do profesorado e a comprensión do alumnados, destes novos métodos a utilizar. A sociedade global na que nos atopamos hoxe, implica o uso case imprescindible das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), feito que permite distintas estratexias e recursos aplicables ao ámbito educativo, tanto na xestión do Centro como nos labores educativos ou mesmo nas relacións entre profesores, pais e nais e alumnado.

Cales os as razóns que nos levan a aproveitar as posibilidades que proporcionan a Competencia Dixital e as TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe? Pois, a nós ocórrensenos varias, ao menos:

  • No tocante á motivación do alumnado (pero tamén do profesorado), os novos medios poden resultar máis atractivos para ambos.
  • Un vínculo permanente coas fontes de información actuais e globais.
  • Promoción da aprendizaxe cooperativa, que permite o traballo en grupo, o intercambio de ideas e a participación, tanto entre o alumnado, coma entre o alumnado e o profesorado.
  • Acceso inmediato a múltiples recursos educativos e entornos de aprendizaxe.
  • Tratamento axeitado da Atención á diversidade. Pódense personalizar os procesos de ensinanza aprendizaxe para cada alumno.

 

O lento pero progresivo incremento en dotación que teñen os centros, non vai en relación moitas das veces coa lenta adaptación tanto dos espazos do Centro, os recursos cos que conta o alumnado nas súas casas, e os xeitos de traballo dos docentes. Esta situación crea dificultades na aplicación das novas metodoloxías e técnicas relacionadas coa ensinanza dixital e as TIC, tanto de espazos como de medios, debidos á falta de planificación ou a carencias na formación.

Por último, temos que sinalar outras dificultades para poñer en marcha un proxecto deste tipo as cales se deben, fundamentalmente, ao contexto socioeconómico e cultural no que se circunscribe o noso centro. Non queremos deixar de mencionar o feito de que a maior parte do noso alumnado vive no rural onde, por razón diversas, o acceso ás novas tecnoloxías non é doado.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

INFORME SELFIE

TEST DE COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar. 2. O alumnado non está suficientemente informado de que existen dispositivos no centro que poden levar a casa en modalidade de préstamo. Alumnado Non
Debilidade 1. No noso centro o alumnado non pode traer os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. 2. As familias non están suficientemente informadas de que o centro pode emprestar dispositivos aos seus fillos/as. Familias Non
Debilidade 1. Non podo traer o meu propio dispositivo portátil ao centro e utilizalo durante as clases. 2. Non contamos con asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. 3. Hai limitacións nos espazos físicos que non facilitan o ensino e aprendizaxe contecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade 1. O alumnado non está suficientemente informado de que o centro conta con dispositivos para emprestar ao alumnado. 2. O alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. 3. No noso centro non contamos con bibliotecas e repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade 1. O equipo directivo considera que pode apoiar ou fomentar en maior medida a posta en práctica de novas modalidades de ensinanza por parte do profesorado. 2. Tanto o equipo directivo como o resto do profesorado non dispoñen de suficiente tempo para explorar o ensino dixital. 3. O alumnado considera insuficiente o emprego das tecnoloxías no centro para a realización de tarefas escolares. 4. O 80% do equipo directivo considera a conexión a internet no centro como pouco fiable ou lenta. Oferta Non
Debilidade 1. Non colaboramos con outros centros e/ou outras organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. 2. Fenda dixital:apoio para abordar dificultades. Organización de centro Non
Debilidade 1. Non se aproveitan as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. 2. O profesorado non conta con tempo suficiente para explorar o ensino dixital. 3. Non avaliamos o progreso en aprendizaxe dixital. 4. No noso centro non debatemos sobre o uso detecnoloxías dixitais. 5. Non debatemos sobre as necesidadesdo Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Debilidade 1. Non intercambiamos experiencias co persoal non docente sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. O noso centro posúe e administra dispositivos portátiles que o alumnado pode levar é casa en caso de que sexa necesario. Alumnado Non
Fortaleza 1. A maioría das familias comunícanse co noso centro a través de ABALAR. Familias Non
Fortaleza 1. A infrastrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2. Contamos con sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza 1.No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu labor docente. 2.Contamos con dispositivos dixitais para a aprendizaxe. 3.O centro conta con dispositivos dixitais que pode emprestar ao alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O profesorado séntese apoiado polo equipo directivo á hora de probar novas modalidades de ensinanza. 2. O profesorado valora como útil ou moi útil as actividades de Desenvolvemento Profesional Continuo nas que participou no último ano. Oferta Non
Fortaleza 1. A asistencia técnica con respecto ao equipamento do noso centro valoraríase positivamente. 2. O funcionamento da biblioteca e os repositorios en liña valórase positivamente, sobre todo entre o profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza 1.O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. 2.O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de explorar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Búsqueda de recursos educativos dixitais en liña 2. Creación de recursos dixitais para reforzar o método de ensino. Persoal non docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Non podo traer o meu propio dispositivo portátil e utilizalo durante as clases. 2. Asistencia técnica cando xurden problemas cas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza 1. Observamos que existe unha baixa competencia dixital das familias, o alumnado só pide axuda na casa para usar software nun 26.6%. 2. Pouca actualización e reciclaxe no mundo tecnolóxico. ANPA Non
Ameaza 1.Non contamos con medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. 2. No noso centro non contamos cun plan que axude ao profesorado a abordar os retos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. 3. Alta porcentaxe de alumnado que ten dificultades para conectarse a Internet dende o seu enderezo. Contorna Non
Ameaza 1. O pago de licencias e dereitos de autor. Lexislación Non
Ameaza 1. Non utilizamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras entidades. 2. Non colaboramos con outros centro ou/e organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade 1. A infrastuctura dixital respalda o proceso de ensinoaprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2. No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor docente. 3. O funcionamento da biblioteca e os repositorios en liña valóranse positivamente, sobre todo entre o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Existe unha boa conexión entre o centro educativo e os membros da ANPA, conexión abalada pola mensaxería electrónica e polo uso de ABALAR. ANPA Non
Oportunidade 1.Somos conscientes do contexto socioeconómico do noso alumnado, que non é favorable ao uso de tecnoloxías dixitais no proceso de ensino. Contorna Non
Oportunidade 1. A maioría do profesorado é coñecedor das normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. 2. No noso centro contamos con sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade 1. No noso centro somos conscientes da importancia de utilizar as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras entidades. 2. Somos conscientes da importancia de colaborar con outros centro ou/e organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de  Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear novo espazo (AULA DIXITAL) no centro educativo para á ensinaza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O02PD Achegar o funcionamento e uso da biblioteca dixital (Proxecto ELBE)
O03PD Dinamizar a páxina web do centro e mellora da identidade corporativa dixital.
O04PD Creación dun grupo de traballo e solicitude de formación para a utilización dos novos paneis dixitais que, presumiblemente, van instalar no centro ao longo deste curso.
005PD Creación dun grupo para inventariar todo o equipamento dixital do centro a través da aplicación que a Consellería vai habilitar para tal efecto.

Seguimento

Procedemento

AVALIACIÓN PROCESUAL: Unha vez ao trimestre, os membros do equipo de traballo realizarán un informe baseado en listas de control (ver Exemplo I) sobre o grao de desenvolvemento do Plan de Acción. Dito informe será remitido á persoa coordinadora do Plan Dixital, quen identificará e valorará o estado de execución das accións e os resultados acadados ata o momento. Estes puntos serán tratados de forma  conxunta nunha reunión do Equipo Dixital para a discusión de posibles modificacións e propostas de mellora. Estas modificacións serán tidas en conta en posteriores avaliacións.

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará unha visita trimestral ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre levaronse a cabo as seguintes accións, coa finalidade de implementar o Plan Dixital:

O01PD: Crear novo espazo (AULA DIXITAL) no centro educativo para á ensinaza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.

  • AO1.1 Realización dun pedido á UAC de 30 equipos novos, que aínda segue pendente.
  • AO1.2 Reacondicionamento de equipos xa existentes para completar a aula de informática creada no curso pasado no edificio Antela.
  • AO1.3 Elaborouse un documento que recolle as pautas para facer uso da Aula Dixital.

O02PD: Achegar o funcionamento e uso da biblioteca dixital (Proxecto ELBE)

  • AO2.1: O alumnado recibiu formación na hora de titoría sobre o funcionamento da Plataforma de Préstamo de Contidos Dixitais ELBE.
  • AO2.2: O alumnado recibiu as súas credenciais para poder acceder a ela.

O03PD: Dinamizar a páxina web do centro e mellora da identidade corporativa dixital.

  • AO3.1: Acadouse o número de publicacións establecido coma indicador por parte de case todos os departamentos por trimestre na páxina web do centro (4 publicacións ou máis por departamento)
  • AO3.2 : Realizouse unha sesión formativa cos xefes e xefas de departamento para que saiban como subir contidos da súa materia e das súas actividades extraescolares á páxina web do centro.

O04PD: Creación dun grupo de traballo e solicitude de formación para a utilización dos novos paneis dixitais, que vai instalar a Consellería nos centros educativos.

  • AO4.1: Iniciarse nos Polos Creativos. Solicitouse o curso dos polos creativos, que foi concedido e xa realizamos as dúas primeiras sesións de traballo.
  • AO4.2: Na primeira sesión o grupo de profesores e profesoras que integran o grupo de formación visitaron a sala de Impresión 3d en Ourense o día 13 de novembro de 2023.
  • AO4.3: Na segundaa sesión o grupo de profesores e profesoras que integran o grupo de formación visitaron a aula piloto dos Polos Creativos no CFRE de Ourense o día 30 de novembro de 2023.

O05PD: Creación dun grupo para inventariar todo o equipamento dixital do centro a través da aplicación que a Consellería vai habilitar para tal efecto.

  • AO5.1: Comezouse a inventariar o euipamneto infromático das salas dixitais do centro, á espera de que a Consellería habilite a aplicación destinada a tal efecto.
2º Trimestre

No segundo trimestre levaronse a cabo as seguintes accións, coa finalidade de implementar o Plan Dixital:

O01PD: Crear novo espazo (AULA DIXITAL) no centro educativo para á ensinaza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.

  • AO1.1 Recepción de parte do pedido realizado á UAC dos 30 equipos novos solicitados, recibimos 20.
  • AO1.2 Realización dun planing para a ubicación e distribución do equipamento na aula de informática do edificio Mar de Antela.

O02PD: Achegar o funcionamento e uso da biblioteca dixital (Proxecto ELBE)

  • AO2.1: O alumnado accede con normalidade á Plataforma de Préstamo de Contidos Dixitais ELBE, cando así o precisa.
  • AO2.2: O alumnado de recente incorporación vai recibindo as credenciais para poder acceder a ela, según van chegando ao centro.

O03PD: Dinamizar a páxina web do centro e mellora da identidade corporativa dixital.

  • AO3.1: Acadouse o número de publicacións establecido coma indicador por parte de case todos os departamentos por trimestre na páxina web do centro (4 publicacións ou máis por departamento)
  • AO3.2 : Realizouse unha  segunda sesión formativa cos xefes e xefas de departamento para que saiban como subir contidos da súa materia e das súas actividades extraescolares á páxina web do centro.

O04PD: Creación dun grupo de traballo e solicitude de formación para a utilización dos novos paneis dixitais, que vai instalar a Consellería nos centros educativos.

  • AO4.1: Realiación dunha formación sobre Vídeos tutorias de captura de Pantalla, o xoves, 15 de febreiro
  • AO4.2. Formación sobre o Funcionamento e aplicacións do CHAT GPT, o xoves, 22 de febreiro.
  • AO4.3. Creción de obxectos tridimensionais de papel con PepaKura, xoves, 29 de febreiro.
  • AO4.4. Gravación e edición de audio con dispositivo móbil, xoves, 14 de marzo.
  • AO4.5. Edición de vídeo con iMovie, mércores, 3 de abril.
  • AO4.6. Obradoiro de fotografía con Noelia Caseiro, xoves, 4 de abril.

O05PD: Creación dun grupo para inventariar todo o equipamento dixital do centro a través da aplicación que a Consellería vai habilitar para tal efecto.

  • AO5.1: seguimos e a inventariar o equipamento informático que vai chegando ao centro, á espera de que a Consellería habilite a aplicación destinada a tal efecto.
3º Trimestre

Equipamento de radio na escola.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación final, a final de curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

A valoración dos obxectivos propostos no Plan de Acción (ver punto 3 do presente documento) realizarase a través de listas de control adaptadas aos mesmos. Así, para cada obxectivo, entre 2 e 3 membros do equipo de traballo avaliarán o grao de aplicación e cumprimento do Plan de Acción nun informe que será remitido á  persoa coordinadora do Plan Dixital para a súa posterior valoración.

AVALIACIÓN FINAL: A finais de curso, remitido xa o informe correspondente ao último trimestre e analizados os resultados, o equipo dixital reunirase para valorar de forma conxunta o logro dos obxectivos recollidos no Plan de Acción.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

É preciso que o Plan Dixital elaborado chegue a tódolos membros da comunidade escolar: Claustro de profesores, alumnado, familias e PND.

Os responsables do Plan Dixital comunicarán os aspectos máis relevantes do mesmo aos membros do Claustro por medio de diferentes canles, como poden ser: as reunións da CCP nas que participan os xefes de Departamento, as do Claustro de Profesores, a publicación do documento na web do centro a través da ligazón de acceso público ao PDC en EduCalidade, que usaremos para dar visibilidade ao mesmo na nosa web:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015232 .