Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1. Datos básicos do centro

-NOME: CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO.

-CÓDIGO CENTRO: 32015189. -TELÉFONO e FAX: 988 26 00 52. -CÓDIGO ZONA: 320389.

-RÚA : ESTRADA DE CELANOVA, No 1. -CONCELLO: A MERCA. -CÓDIGO POSTAL: 32830. -PROVINCIA: OURENSE. - MAIL: ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es

- DIRECCIÓN WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinagallegojorreto/

- ETAPAS EDUCATIVAS: Infantil e Primaria. - Nº ALUMNADO: 76  alumnos e alumnas.

- Nº PROFESORADO: 12 mestres/as (contando unha mestra substituta) e 1 orientadora compartida.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O C.E.I.P. Joaquina Gallego Jorreto encóntrase nun ámbito rural situado a uns 20Km. da cidade de Ourense, compartindo características do ámbito rural galego, así como beneficios da súa proximidade ao núcleo de poboación urbano da cidade, que aglutina a maioría dos servizos e recursos.

O Centro Educativo conta con arraigamento na zona levando varias décadas como centro de referencia. A procedencia do alumnado é de familias de clase media sen grandes problemas económicos que viven en pobos adxacentes ao Centro Educativo en busca dunha maior calidade de vida que a que oferta vivir na área urbana. A poboación dedícase maioritariamente á agricultura e gandería. Hai sectores industriais coma : cerámica, serradoiros de madeira, serradoiros de pedra, talleres de metalurxia, carpinterías, industrias cárnicas, granxas : porcinas, avícolas, ovinas., etc. A procedencia familiar do alumnado é rural, e de familias de tres ou catro membros. Os pais destes nenos posúen, en xeral, estudios elementais ou medios. A calidade de vida do alumnado é moi satisfactoria.

A escolarización iníciase no Centro ós tres anos. O alumnado pertence ós Concellos de : A Merca (Corredoira, Entrambosríos, Forxás das Viñas, A Manchica,A Mezquita, As Marianas, A Medorra, A Merca, Olás, Parderrubias, Pereira de Montes,As Pías, Rubillós, Salpurido, Solveira, Vilachá e Vilar); Cartelle ( Augalevada, Espiñoso e Muntian ); Taboadela ( Barrio, A Telleira ).

O centro conta con 2 unidades de Infantil e 4 de Primaria, deste xeito quedan agrupados os cursos de primaria por ciclos educativos,agás 1º e 2º de Primaria, sendo estas dúas unidades separadas. Entre as instalacións do centro consta unha biblioteca, un aula de informática, de educación artística, de audición e linguaxe, de madrugadores/as, comedor escolar que fai a súa vez de aula de usos múltiples, sala de profesores/as e un ximnasio, respectando así as exixencias do Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros. Durante anos o centro levou a cabo a introdución das tic a través da asistencia de cada grupo a aula de informática unha hora a semana, ata que coa chegada da pandemia se interrompeu esta iniciativa.

Relacións con outros Plans e proxectos do centro:

- Plan de Dinamización da lingua galega. Incluíndo entre as ferramentas para a dinamización do galego nas aulas softwares de ámbito lúdico que motiven e enganchen ao alumnado coa lingua da súa cultura.

- Plan lector. Ademais da versión tradición de promoción do plan lector, a través do emprego de libros de lectura da biblioteca escolar para os trinta minutos de lectura diario; o profesorado tamén  emprega lectura de acceso online que se proxectan nas aulas e incluso o emprego de vídeos con letras de cancións. Esta última proposta resultou ser de gran interese e motivación para un dos grupos de primaria.

- Plan TIC. Con este Plan Dixital, queremos entre outras medidas, recuperar no centro o “Proxecto Didáctico de Iniciación á Informática e Incorporación das novas Tecnoloxías no Proceso Educativo” iniciado no curso 2001/2002, co alumnado de Ed. Infantil e Primaria, intentarase dar resposta ó Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación que ten como Marco lexislativo a Lei Orgánica 2/2006, de Educación, de 3 de maio; e que está integrado dentro do Plan TIC.

1.3. Breve xustificación do mesmo O equipo directivo do centro promoverá o uso das TIC na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo tarefas de ensinanza e aprendizaxe (art. 11 bis, art. 121 e art. 132 da LO 2/2003, de 3 de maio de Educación. Tal e como se insta na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 o centro elaborou durante o curso o presente plan dixital. Para levar a cabo este Plan Dixital tívose en conta a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, a cal continúa vixente no presente curso escolar.

1.4. Proceso de elaboración

1. Reunión: 18/11/2021.Informar sobre o PD. Constituír Equipo Dinamización PD. Informar sobre a normativa aplicable.

2. Reunión: 22/11/2021.Constitución do Equipo de Dinamización do PD

3. Sesión individual: 23/11/2021.Informar sobre Test SELFIE Pax 6 de 19

4. Sesión individual 14/12/2021.Entrega SELFIE" Toma de decisión sobre como proceder

5. Docencia. 21/03/2022.Videoconferencia: Reunión deseño, elaboración e implantación do PD

6. Reunión. 06/04/2022.Análisis DAFO

7. Docencia. 21/04/2022.Videoconferencia: Reunión deseño e elaboración do plan de acción.

8. Reunión. 12/05/2022.Acordar os obxectivos a traballar.

9. Reunión. 19/05/2022.Acordar as actividades a desenvolver para a consecución dos obxectivos.

10.Reunión 26/05/2022.Redacción PD

11. Actualización do Plan Dixital cara o curso 2023/2024.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de informavión previa foron o Informe SELFIE e o test de Competencia Dixital.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Comportamento responsable. 2. Creación de contidos dixitais. 3. Habilidades dixitais para diferentes contextos. Alumnado Si
Debilidade 1. Traer o propio dispositivo. 2. Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Familias Si
Debilidade 1.Traer o propio dispositivo. 2. Tecnoloxías asistenciais. 3. Asistencia técnica. 4. Protección de datos. 5. Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade 1.Instalación de pantallas dixitais en aulas de nova creación. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Organización dun espazo físico común para o traballo con ordenadores. 2. Emprego de ordenadores dispoñibles no centro polo alumnado de cursos inferiores. Organización de centro Si
Debilidade 1. Intercambio de experiencias. 2. Colaboración do alumnado. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. 2. Comportamento seguro. 3. Verificar a calidade da información. Alumnado Si
Fortaleza 1. Acceso a Internet. 2. Infraestructuras. 3. Dispositivos dixitais para a ensinanza. 4. Resolución de incidencias técnicas. 5. Características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensino. 2. Participación en proxectos interdisciplinares. 3. Creación de espazos para compartir en recursos dixitais educativos. Oferta Non
Fortaleza 1. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. 2. Novas modalidades do ensino. 3. Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. 4. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. 5. Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza 1.Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Organización de centro Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensino. 2. Avaliación do progreso. 3. Creación de recursos educativos dixitais. 4. Colaboracións. 5. Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Recursos educativos en liña. 2. Comunicación coa comunidade educativa. 3. Inclusión do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza 1.Recursos educativos en liña. 2. Inclusión do alumnado. Persoal non docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Achegas económicas que recibe o centro. 2. Estabilidade laboral do persoal docente. 3. Actuacións da administración educativa. 4. Dotación de equipamento tecnolóxico. 5. Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Administración educativa Si
Ameaza 1. Participación das familias. ANPA Non
Ameaza 1. Participación das familias. 2. Condicións socioeconómicas da contorna. 3. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. 4. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fora do centro educativo. Contorna Non
Ameaza 1. Existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade 1. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. 2. Estabilidade laboral do persoal non docente. Administración educativa Si
Oportunidade 1. Relación coa ANPA. ANPA Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No presente curso 2023/2024, analizando novamente o contexto do centro, as conclusións son as seguintes:

Fortalezas e oportunidades

  • Boa disposición do profesorado.
  • Boa conexión a Internet.
  • Posibilidade de fomentar a inclusión e a aprendizaxe de novos contidos no alumnado.
  • Contar con dispositivos dixitais (gracias ao proxecto EDIXGAL).
  • Relación coa ANPA.
  • Oferta de actividades formativas.
  • Mellora da competencia dixital do profesorado con respeco ó curso anterior.

 

Como principais debilidades ou ameazas, podemos mencionar:

  • Asistencia técnica.
  • Responsabilidade do alumnado ante o material tecnolóxico que recibe como préstamo.
  • Características dos software instalados nos equipos.
  • Instalación de pantallas dixitais en aulas de nova creación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1.PD Elaborar actividades que preparen ao alumnado para o uso responsable e de respecto aos demais cando empreguen a rede.
O2..PD Impartir talleres de ofimática co alumnado do primer e segundo ciclo de Primaria.
03.PD Determinar diferentes actividades para que docentes e discentes melloren a aplicación de lei de protección de datos.
04.PD Desenrolar recursos dixitais que reforcen a labor da ensinanza.
05.PD Inventariar o Material Dixital do centro

Seguimento

Procedemento

O seguimento do proxecto realizarase mediante comunicación coa persoa mentora ADIX Ourense.

1º Trimestre

Durante o primer trimestre, inciciamos o traballo de proxectos interdisciplinares a través das TICS, empregando as aplicacións Libre Office en tarefas de búsqueda, recollida e exposición de información; tamén, inculcamos no alumnado o respecto e tolerancia no uso de Internet, así como a Lei de Protección de Datos, explicando o concepto de "creativecommons", o cal fai referencia ao emprego libre de música e imaxes de Internet sen copyright.

Ademais, visualizamos o conto infantil "El diario de Lola" e fixemos actividades vinculadas a Scape Rooms, Geniallys e Kahhots.

Por último, dicir que fixemos encontros periódicamente entre os membros do claustro, coa intención de intercambiar e valorar coñecementos sobre o uso de diferentes recursos dixitais.

2º Trimestre

No segundo trimestre, continuamos co emprego de aplicacións Libre Office nos proxectos de búsqueda, recollida e exposición de información mediante as TICS, inculcando novamente o uso responsable na rede e respectando a propiedade intelectual.

Tamén, continuamos coas reunións entre os membros do claustro, nas cales creamos o espazo dixital común para o centro (a Aula Virtual) e solicitamos un PFPP para reforzar a nosa labor de ensinanza. Este PFPP consistiu na formación de actividades con croma, concretamente coa aplicación "Cap Cut", no cal recibimos unha formación de 3 horas.

 

3º Trimestre

A revisión do traballo realizado realizarase a trimestre vencido.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para levar a cabo a avaliación, analizaremos nunha táboa, tarefa por tarefa, o éxito da mesma e o grao de satisfación acadado; así como as modificacións de acción e as propostas de mellora que xurdan no proceso.

Realizaremos reunións entre o claustro do profesorado, co fin de analizar o desenvolvemento do proxecto e poder levar a cabo unha avaliación da nosa propia práctica docente e formativa, así como os resultados acadados co alumnado.

 

Valoración xeral

Como consecuencia do traballo realizado no pasado curso 2022/2023, consideramos os seguintes aspectos:

  • O profesorado aumentou a súa competencia dixital, recibindo formación en materia de protección de datos; así como no uso de diferentes plataformas Libre Office (word e impress), ademais de aplicacións educativas como kahoots, genially ou liveworksheets.
  • O alumnado mellorou progresivamente no uso das mencionadas aplicacións ó longo do curso.
  • O alumnado e as familias cada vez están máis acostumbradas ao uso das novas tecnoloxías no día a día do centro.
Proposta de mellora

Como propostas de mellora cara o presente curso 2023/2024, dende o centro propoñemos as seguintes ideas:

  • Continuar formándonos no uso e emprego das pantallas dixitais, coa finalidade de poder ensinar ao noso alumnado unha maior variedade de tarefas e recursos.
  • Organizar as aulas de xeito que os alumnos de cursos inferiores teñan un maior acceso aos ordenadores e portátiles dispoñibles no centro.
  • Dotar de actividades e recursos a Aula Virtual do centro.
  • Formarnos en contidos vinculados aos polos creativos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital entre a comunidade, realizarase por diferentes medios, en función dos remitentes da información. En primeiro lugar, informarase a través dun claustro a totalidade dos docentes, do resultado final da elaboración do Plan Dixital. En segundo lugar, ás familias (Consello Escolar) para que coñezan a implantación de este plan e a posibilidade de consultalo a través da web do centro. E por último, o alumnado será informado de maneira oral, explicándolles cales son obxectivos deste plan e como se van a traballar.