Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro

O CIFP A FARIXA de Ourense, está situado na rúa das Laxas s/n.

O noso correo electrónico é : cifp.farixa@edu.xunta.gal. A nosa web é:

www.farixa.gal

O CIFP A Farixa foi inaugurado no ano 1981 como centro de Formación Profesional para as especialidades de Electrónica de Comunicacións, Equipos de Informática e Delineación de Edificios e Obras, dos estudos da Lei de Educación de 1970, impartindo os dous niveis para a obtención dos títulos de Técnico Auxiliar ( FPI) e Técnico Especialista ( FPII).

A pesar da súa curta vida, a evolución foi constante como o demostra o ser o único centro da capital ourensá que se acolleu voluntariamente á implantación anticipada do Ensino Secundario Obrigatorio no ano 1992, completando máis tarde todo o ciclo de LOXSE coa impartición dos tres tipos de Bacharelato: Científico-Técnico, Ciencias da Natureza e Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais. No seu momento tamén foi o primeiro centro en impartir ensinos dos ciclos formativos.

No curso académico 2006-07 pasa a denominarse CIFP A Farixa por transformación do IES A Farixa, segundo regúlase no Decreto 154/2006, no seu Anexo I.

No curso 2021-22 o alumnado do centro é de 388, e o de profesorado de 57. Ademáis temos unha dinamizadora de Relación coas empresas na FP, unha auxiliar de conversa e unha intérprete de signos.

A oferta educativa actual do centro é a seguinte:

 

CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS

CS SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOS

CS SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOS - Distancia

CS AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

CB ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

CE CIBERSEGURIDADE EN CONTORNOS DAS TECNOLOXÍA DE OPERACIÓN

CS ACONDICIONAMENTO FÍSICO

DUAL - CS TERMALISMO E BENESTAR

DUAL - CS ACONDICINAMENTO FÍSICO

CB ACCESO E CONSERVACIÓN EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

CM FÚTBOL SALA (NIVEL I E NIVEL II)

CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICA

CS AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS (distancia)

DUAL - CS XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

DUAL - CS DOBRE TITULACIÓN AVV E XESTIÓN DE EVENTOS TURÍSTICOS

CS EFICIENCIA ENERXÉTICA E ENERXÍA SOLAR TÉRMICA

DUAL - CS ENERXÍAS RENOVABLES

CS PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS, RADIO E ESPECTÁCULOS

CM VÍDEO DISC-JOCKEI E SON

CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

DUAL - CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

CM DE OBRA INTERIOR, DECORACIÓN E REHABILITACIÓN

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación Selfie

Enquisa de acreditación para a competencia dixtital do profesorado. [novembro 2024]

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4 - Verificar información fiable na internet Alumnado Non
Debilidade H1 - Comportamento seguro na internet Alumnado Non
Debilidade H3 - Actuar de maneira responsable na internet Alumnado Non
Debilidade H6 - Outorgar recoñocemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade A1 - Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade A4 - Tempo para explorar como mellorar método de ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade G7 - Avaliación dixital Persoal docente Si
Debilidade E3 - Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Si
Fortaleza C8 - Dispositivos dixitais propiedade de centro, para utilizar alumnado cando o precise Infraestruturas Non
Fortaleza C1 - A infraestrutura do noso centro respalda ensinanza e apendizaxe dixital Infraestruturas Non
Fortaleza C5 - Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza F8 - Utilización da tecnoloxía dixital con fins de orientación profesional Organización de centro Non
Fortaleza E2 - Crear recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Persoal docente Non
Fortaleza E4 - Utilización de tecnoloxía dixital para comunicación centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza F1 - Adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E5 - Utilizar recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza E3 - Utilización de entornos de aprendizaxe, aula virtual Persoal docente Non
Fortaleza A5 - No noso centro respectamos os dereitos de autor Persoal non docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Tanto os obxectivos como as accións propostas neste plan, foron deseñados tendo en cuenta as fortalezas do noso centro e as oportunidades que nos ofrece a contorna, evitando en medida do posible as ameazas e minimizando debilidades

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar a dixitalización dos procesos administrativos do centro
O02PD Formación sobre emprego da intelixencia artificial. Novidades aula virtual e uso de Agueiro
O03PD Fomentar o emprego do caderno do profesorado en liña como instrumento de avaliación e seguimento do alumnado

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos estará marcado polo estado de excución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

·         Obxectivo O01PD: Fomentar a dixitalización dos procesos administrativos do centro:

o    AO1.1: En proceso

o    AO1.2: Pendente.

o    AO1.3: Pendente.

 

·         Obxectivo O02PD: Emprego da intelixencia artificial. Novidades aula virtual e uso de Agueiro:

o    AO2.1: Acadado

o    AO2.2: Pendente

o    AO2.3: Pendente.

 

·         Obxectivo O03PD: Fomentar o emprego do caderno do profesorado en liña como instrumento de avaliación e seguimento do alumnado

o    AO3.1: Acadado

o    AO3.2: En proceso

o    AO3.3: Pendente

o    AO3.4: Pendente

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

·         Obxectivo O01PD: Fomentar a dixitalización dos procesos administrativos do centro:

o    AO1.1: Acadado

o    AO1.2: Acadado.

o    AO1.3: Pendente.

 

·         Obxectivo O02PD: Emprego da intelixencia artificial. Novidades aula virtual e uso de Agueiro:

o    AO2.1: Acadado

o    AO2.2: Acadado

o    AO2.3: En proceso.

 

·         Obxectivo O03PD: Fomentar o emprego do caderno do profesorado en liña como instrumento de avaliación e seguimento do alumnado

o    AO3.1: Acadado

o    AO3.2: Acadado

o    AO3.3: Acadado

o    AO3.4: En proceso

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento do plan será cada trimestral. Incluíndo o estado da execución das accións, análise  e valoración dos resultados.

Ao final do curso os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Informarase ao profesorado da realización do Plan Dixital a través do claustro e publicarase na web do centro e enviarse por correo electrónico para o coñecemento de toda a comunidade educativa do centro.