Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • -Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

    O centro está situado nunha zona rural da provincia de Ourense. É unha zona con pequenos núcleos de poboación. Poboación envellecida, temos pobos nos que só hai un alumno/a. A situación socioeconómica é media baixa, a a maioría dos proxenitores traballan fóra do municipio.

    Hai algunha explotación gandeira e agrícola.

    As oportunidades culturais son escasas, contamos cunha biblioteca municipal cun fondo bastante bo. Hai unha asociación cultural que xunto co concello oferta actividades culturais sobre todo no verán e nalgunha data sinalada: letras galegas, día da muller etc

    - Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo. Relación con outros plans e proxectos de centro.

    No Plan Dixital estará estruturado todo o relacionado coas novas tecnoloxías, contribuirá a desenrolar todo o relacionado coas novas tecnoloxías no Proxecto Educativo, será unha ferramenta básica á hora de elaborar os diferentes programas e proxectos e centro así como a Programación Xeral Anual e as programacións das diferentes materias.

    Estará moi relacionado cos seguintes proxectos: Biblioteca creativa, Proxecto Plurilingüe e todo o relacionado co Proxecto LIA.

    Contribución do PD á Programación Xeral Anual do Curso 2023/2024

    O plan de acción que se deseña nesta versión estará totalmente integrado na Programación do vindeiro curso, recollendo os obxectivos e as accións á levar a cabo

  • Breve xustificación do mesmo

    Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo daeducación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Proceso de elaboración

    A través do PFPP no que participamos todo o profesorado do colexio foise organizando todo o proceso de elaboración.

  • Dado que somos un centro pequeno, todo o profesorado formou parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Resultados cuestionario SEFIE

- Test CDD do profesorado

- Análise dos tres porque

- Análise cualitativa

- Análise cuantitativa

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Escaso uso das novas tecnoloxías para a avaliación entre iguais. Alumnado Non
Debilidade 2.Fallo na responsabilidade e seguridade Alumnado Non
Debilidade 1.Dispositivos máis adaptados ó xogo. Familias Non
Debilidade 2.Baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade 3.Asociación das novas tecnoloxías co xogo e non coa aprendizaxe Familias Non
Debilidade - Rede inestable con periodos de bo funcionamento e outros non tanto Infraestruturas Non
Debilidade 1.Falta dun programa de reparación e conservación do equipamento Organización de centro Si
Debilidade 1.Dificultade para saír da zona de confort en canto á avaliación se refire Persoal docente Non
Debilidade 2.Dificultade á hora de controlar ó alumnado e manter a orde ao implementar novas estratexias Persoal docente Si
Fortaleza 1.Implicación e motivación do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza 2.Experiencia na creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza 3.Capacitación e desenvolvemento dixital Alumnado Si
Fortaleza 1.Existencia de dispositivos dixitais e datos móbiles Familias Si
Fortaleza - Número de equipos suficiente para alumnado e profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza 1.Optimización de recursos humanos e equipamento Organización de centro Si
Fortaleza 1.Uso normalizado das novas tecnoloxías Persoal docente Si
Fortaleza 2.Prácticas dixitais seguras e responsables Persoal docente Si
Fortaleza 3.Experiencia no intercambio con outros centros Persoal docente Non
Fortaleza 4.Implicación en proxectos e programas educativos Persoal docente Non
Fortaleza 5.Formación adecuada Persoal docente Non
Fortaleza 6.Experiencia na creación de recursos dixitais Persoal docente Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Apoio técnico deficiente Administración educativa Non
Ameaza 2.Falta de tempo por parte do profesorado Administración educativa Non
Ameaza 1.Nula oferta de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías ANPA Non
Ameaza 2.A oferta de actividades viuse mermada pola pandemia COVID_19 ANPA Non
Ameaza 1.-Escasa oferta de actividades culturais durante o curso escolar Contorna Non
Ameaza 2.Poboación envellecida Contorna Non
Ameaza 1. Cambios constantes Lexislación Non
Ameaza 2. Na normativa faise fincapé nas novas tecnoloxías pero non se artella ben a maneira de pola en práctica Lexislación Non
Ameaza 1. A moitos pobos non chega a conexión de rede e as familias so dispoñen de datos móbiles Outras Non
Oportunidade 1. Ampla oferta de formación para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade 2.Ampla oferta de actividades, encontros, programas e proxectos Administración educativa Non
Oportunidade 1.Boa oferta de actividades extraescolares ANPA Non
Oportunidade 1.Existencia dunha biblioteca municipal con equipamento Contorna Non
Oportunidade 1.Amparo lexislativo todo o relacionado coas novas tecnoloxías Lexislación Non
Oportunidade 1.Existencia dunha asociación cultural que oferta actividades durante o verán Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feito o estudo da situación do centro a través da matrícula DAFO establecemos os obxectivos para aproveitar as oportunidades e as fortalezas e intentar paliar as ameazas e as debilidades

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear contidos dixitais empregando as ferramentas do centro
O02PD Implementar os recursos e ferramentas dixitais do centro. (paneis dixitais e ferramentas polos creativos)

Seguimento

Procedemento

- Avaliación procesual :

- Temporalización: 1 vez por trimestre.

- Aspectos a valorar: Estado das accións que pretendemos levar a cabo en cada obxectivo.

 

 

 

1º Trimestre

Obxectivo nº1- A primeira acción está completada

Obxectivo nº1- A segunda acción está en proceso

Obxectivo nº 2- A primeira acción está en proceso

Obxectivo nº 2- A segunda accion está en proceso

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

 

- Avaliación final:

- Temporalización: - a fin de curso.

- Logro dos obxectivos. Elaboraremos unha tabla cos indicadores de cada obxectivo valorando se fomos acadando o que nos propuxemos.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan difundirase a través de:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32014151

- Páxina web do centro.

- Na reunión de principio de curso darase a coñecer ás familias.

- A principio de curso darase a coñecer ó profesorado, sobre todo ó de nova incorporación.