Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CENTRO: CPR María Inmaculada - ENDEREZO: Avda. de Portugal, 59. 32600 - CORREO: info@mariainmaculadaverin.com - ENSINANZAS: Infantil, Primaria, ESO.  Nº Alumnado: 477 Nº Profesorado 47

O CPR plurilingüe María Inmaculada vén ofrecendo un servizo educativo á sociedade de Verín (Ourense) e arredores dende 1947. Pertence á Fundación educativa AMOR de DEUS. Polas características da contorna o Centro cobre unhas s alientables necesidades educativas por ser o único colexio non público mixto de toda a bisbarra que oferta todas as etapas educativas obrigatorias: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. O Centro séntese comprometido en dialogo coa sociedade. 

O Plan Dixital de Centro debe de ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado.

É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual ( PXA).

A Educación é un recurso fundamental para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Galicia Dixital 2030, promove a consecución dunha cidadanía dixital plena. Co fin de promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, desde aqueles relacionados con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe.

O noso Centro participa activamente no Proxecto Google for Education; este é un Proxecto que se basa nun conxunto de ferramentas dixitais que Google pon ao servizo dos Centros Educativos para enriquecer os procesos de ensino e aprendizaxe, axudándolles a adaptarse ás necesidades dos estudantes do século  XXI. A súa facilidade de uso e a súa versatilidade proporcionan acceso á aprendizaxe a millóns de estudantes en todo o mundo, quen dispón dela de forma gratuíta e segura.

A contribución do Plan Dixital a PXA do Curso 2023/24, basesase nunha continuación na dixitalización tanto de tarefas como do proceso de aprendizaxe; introducirase dentro do apartado da PXA onde se especifiquen os Proxectos de innovación programados para ese curso. 

O Plan Dixital ven respaldado institucionalmente polo novo Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, faise unha clara aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital e que sexan xeradores de igualdade e de inclusión. Así como, na Estratexia Galicia Dixital 2030 e na Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia, cara a consecución dunha cidadanía dixital plena.Dentro desta estratexía, o marco legal no que se asenta o Plan é a seguinte:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

O Plan Dixital foi elaborado por un grupo de traballo confeccionado para tal efecto; este grupo está formado por catro membros do Claustro: o coordinador do Plan Dixital, e tres profesores/as das tres etapas educativas do mesmo. O grupo de traballo forma parte así mesmo doutro máis xeral e amplo que é o de Innovación Educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación Selfie

Test CDD

 

Outras fontes:
¿ Unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos que nos aportaron os
resumos da enquisa SELFIE e do test CDD.
¿ Análise dos “3 porqués”:
¿ A partires do informe SELFIE escolléronse os dous datos con maior
puntación, facendo unha reflexión sobre 3 motivos que puideron xustificar
unha valoración tan positiva.
¿ A partires do informe SELFIE escolléronse os dous datos con menor
puntación, facendo unha reflexión sobre 3 motivos que puideron xustificar
unha valoración tan negativa
¿ A partires do informe SELFIE escolléronse os dous aspectos que
presentaban maior dispersión entre equipo directivo, profesorado e
alumnado, analizando en conxunto cales poden ser as 3 causas.

¿ Unha análise cualitativa baseada na experiencia da realidade do noso Centro nas
distintas áreas que se analizaron e que axudaría, conxuntamente cos valores
acadados na análise cuantitativa, a identificar se os aspectos internos e externos.

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa formación e mentalización de Ciberseguridade. Alumnado Si
Debilidade Uso execsivo das redes sociais o que desvirtua o uso das TIC. Alumnado Si
Debilidade Alumnado con mala conectividade. Alumnado Si
Debilidade Familias cunha conectividade moi limitada Familias Si
Debilidade Escasa formación dixital das familias. Familias Si
Debilidade Equipos da Aula de Informática obsoletos para as constantes actualizacións dos programas e sistemas. Infraestruturas Si
Debilidade Sistema de ciberseguridade limitado. Infraestruturas Si
Debilidade Aproximadamente un 30 % do profesorado cre que non se usan ou se usan moi pouco, as ferramentas dixitais para a retroalimentación co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O Profesorado estima que non se usan suficientes ferramentas dixitais para a autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación Dixital. Persoal non docente Si
Debilidade Equipamento dixital nulo. Persoal non docente Si
Debilidade Reticencia ao "novo" e inovador. Persoal non docente Si
Fortaleza Uso das novas tecnoloxías dende idades moi temperás. Alumnado Si
Fortaleza Alto nivel de interese por aprender no marco das TIC. Alumnado Si
Fortaleza Evaluación de distintas materias dende un punto de vista dixital Alumnado Si
Fortaleza A maioria das Familias ve importante unha formación en ferramentas dixitais dentro do PEC. Familias Si
Fortaleza Equipamento do colexio a nivel de aulas: internet e taboleiros dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza Páxina web, que se utiliza para facer públicas e visibles desde as programacións de materias e de departamentos didácticos ata as actividades realizadas polo alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza Wifi en todo o Centro, que permite unha xestión eficiente das titorías, a convivencia, a información e comunicación do profesorado, etc. Infraestruturas Si
Fortaleza Equipo Directivo involucrado no proceso de cambio cara o dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Existencia dun Equipo TIC que analiza, asesora e elabora material para o profesorado e alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza Máis do 70% dos membros do equipo directivo e do profesorado cren que se apoia ao profesorado para que explore en novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza A maioría do equipo directivo pensa que a estratexia dixital do centro acórdase co profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Uso responsable e ética das tecnoloxías dixitais, xestionando a súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. Persoal non docente Si
Fortaleza Implicación e participación á hora de por en práctica o Plan Dixcital que se elabore. Persoal non docente Si
Fortaleza Comunicación directa e continua cos órganos de goberno do Centro. Persoal non docente Si
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia que ralentiza o proceso de dixitalización Administración educativa Si
Ameaza Falta absoluta de dotación de material Administración educativa Si
Ameaza Posibles interferencias non desexadas nin axeitadas. ANPA Si
Ameaza Que o ANPA se convertise nun órgano de control sectorial. ANPA Non
Ameaza Posible "desconfianza" do persoal docente á colaboración doutras Entidades. Outras Si
Ameaza Engadir máis carga de traballo a todo o proceso de Dixitalización. Outras Si
Oportunidade Formación continua ofertada. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de consulta online en todo momento. Administración educativa Si
Oportunidade Contacto directo coas nais/pais co que se ten unha fonte de información da implantación do Proxecto. ANPA Si
Oportunidade Elimínanse os "intermediarios" de información entre o Centro e as nais/pais. ANPA Si
Oportunidade Aproveitamento de recursos tanto humanos como materiais de Entidades externas ao Centro. Outras Si
Oportunidade Observar e aprender como as ferramentas TIC se aplican noutros ámbitos sociais. Outras Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Plan de Acción é unha ferramenta para avaliar a situación do noso Centro con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos chave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), referencia para a dixitalización dos centros educativos., para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro. Como aspectos craves no Plan de Acción destacamos:
¿ Recoñecer o Plan anual dixital como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
¿ Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
¿ Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura de dixital nas mesmas.

¿ Mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia
dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implementar o uso das Ferramentas TIC por parte do Claustro para acadar unha mellora das Competencias Dixitais docentes ao longo do curso escolar.
O02PD Introducir novos programas e contornas que faciliten a súa aprendizaxe e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos.
O03PD Dotar ao Centro co Equipamento Informático necesario
O04PD Acadar a certificación B1 por parte do 70% do profesorado.
O05PD Manter un control actualizado sobre o equipamento tecnolóxico do centro.
O06PD Deseñar e aplicar un plan sobre estratexias sobre ciberseguridade e protección de datos.

Seguimento

Procedemento

O equipo TIC xunto co equipo directivo será o encargado de manter un seguimento do conxunto de accións e obxectivos do Plan dixital do presente curso. As accións realizadas, pendentes ou que presenten algunha incidencia quedarán reflexadas nas actas de reunión que o equipo manterá unha vez ao trimestre como mínimo.   

1º Trimestre

Mediante a recollida de datos a través de formularios e reunións co profesorado das distintas etapas, o equipo TIC considera realizadas as accións establecidas no primeiro trimestre. 

2º Trimestre

Mediante a recollida de datos a través de formularios e reunións co profesorado das distintas etapas, considerase completada a acción AO2.2:
Difusión entre o alumnado do material elaborado. Queda aprazada ao terceiro trimestre a acción A01.3:Continuación coa actualización e mantemento da
páxina Web do centro, introducindo nela blogs.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas materialícense. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe  evaluativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

 

  • Avaliación Final. Realizarase ao longo do mes de Xuño de 2024; mediante un formulario baseado nos distintos obxectivos do Plan, co fin de medir o grado de consecución de cada un deles.
Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión Plan Dixital realizarase a través de:

 

  • Páxina Web do Centro. Nela habilitarase un Menú onde estará publicado o Plan, así como información tanto da súa importancia como da súa implementación no Centro. ligazón https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32013557
  • Ao comezo do Curso 2023/24 nas reunións iniciais dos distintos titores/as coas familias do seu curso, darase a coñecer os aspectos máis importantes que aportará este Plan ao proceso de ensino-aprendizaxe que recibirán os seus fillos/as.