Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Proxecto Dixital de Centro é un dos documentos do centro e foi elaborado seguindo a normativa vixente no momento da súa realización. Dita normativa é a que se especifica a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da Lei Orgánica 3/2020 do 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación (LOMLOE).
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da Orde do 30 de maio do 2023, pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do Decreto 155/2022, do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da Orde do 26 de maio do 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación do currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

En relación a contextualización socioeducativa dicir que non debe esquecerse nunca que un dos índices máis fiables do desenvolvemento dun pobo vén dado pola situación educativa dos seus conveciños e conveciñas. Xa centrándose na formación dos habitantes de Sarreaus a tódolos niveis educativos, cómpre afirmar que o Concello sitúase nun nivel de instrución baixo en canto á po-boación máis nova, sendo inferior nos intervalos de máis idade, seguindo a evolución normal que se da nos contextos máis próximos.
Cabe dicir que a oferta educativa nestes intres está ser amplamanente cuberta e ben distribuída en postos escolares de ensino básico, incluso existen prazas vacantes. Os nenos para acudir a primaria, non teñen que facer grandes desprazamentos, xa que a distribución está trazada en función de áreas xeográficas. Así pois, a poboación infantil das parroquias de Cortegada e Codosedo acuden ó CEIP de Vilar de Barrio, pertencente ó devandito municipio; os restantes ó CEIP de Sarreaus.
Certifícase que o nivel educativo dos cidadáns de Sarreaus é baixo, aínda que non consten explicitados os estudios universitarios. Isto é consecuencia de determinadas variables xeracionais, circunstanciais, temporais, sociais, económicas e históricas.

A realización do Proxecto Dixital do Centro Ceip Sarreaus, foi levado a cabo polo equipo de Dinamización Dixital. Dito equipo de Dinamización Dixital realizou a formación de Deseño e desenvolvemento do Plan Dixital de Centro, enmarcado no PFPP 02131097. Así deste xeito leváronse a cabo diferentes formacións presenciais, telemáticas a maiores das reunións propias do equipo. O seu desenvolvemento levouse a cabo da seguinte maneira:

  • 18/11/2021 Presentación dos membros e do coordinador Adix. Presentación da plataforma SELFIE, cuestionarios e metodoloxía de traballo para a realización do Plan Dixital de Centro.
  • 09/12/2021. Selección e elaboración das preguntas personalizadas para a elaboración do cuestionario SELFIE e remisión dos enlaces aos membros do Equipo de Dinamización do PD.
  • 16/12/2021. Informe SELFIE. Recopilación dos datos extraídos do informe SELFIE e a realización do mesmo.
  • 03/03/2022. Docencia. Informe de seguimento. Test CDD DAFO
  • 24/03/2022. Análise individualizada dos resultados do CDD e o informe SELFIE e posta en común do equipo orientado a elaboración do DAFO (Destrezas, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades)
  • 31/03/2022. Revisión do SHERPA, análise cuantitativa, análise cualitativa e o modelo dos 3 Porqués para a elaboración do DAFO (Destrezas, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades)
  • 07/04/2022. Docencia co coordinador Adix
  • 19/04/2022. Presentación do plan de acción. Especificacións para a concreción dos obxectivos.
  • 28/04/2022. Redacción e xustificación dos obxectivos e selección dos máis axeitados
  • 12/05/2022. Redacción do documento final a cumplir para o vindeiro curso e envío ao asesor.
  • 19/05/2022. Levar a cabo as modificacións requeridas polo asesor e volver a enviar.
  • 26/05/2022. Desenvolvemento dos últimos puntos. Estrutura tecnolóxica do centro e avaliación.
  • 31/05/2022. Memoria. Materiais e últimos retoques.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a análise DAFO son as seguintes:

  • Autoavaliación SELFIE: permite a análise da situacióne a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos obxectivos e actuacións.
  • Test CDD: no que se analizou a participación segundo o perfil doprofesorado, a puntuación e nivel de comptencia do centro, a puntuación e nivel de competancias por etapas e a distribución do profesorado por niveis.
  • Outras fontes empregadas: unha vez realizado e extraído do informe SELFIE os datos o equipo dixital empregou ademais as seguintes fontes para a súa elaboración:
    • SHERPA
    • Análise cuantitativa
    • Análise cualitativa
    • Modelo do 3 Porqués
Interno
62 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de recursos tecnolóxicos e formativos polos medios no ámbito rural. Alumnado Non
Debilidade Supervisión continua do profesorado debido a súa falta de autonomía nalgunha competencias dxitais básicas. Alumnado Non
Debilidade Escasa formación e autonomía no emprego das novas tecnoloxías derivadas da comunicación. Alumnado Non
Debilidade Falta de estratexias dixitais para a autoavaliación. Alumnado Non
Debilidade Falta de recursos tecnolóxicos e formativos polos medios no ámbito rural. Familias Si
Debilidade Non se dispoñen de recursos suficientes para o seu acceso. Familias Non
Debilidade Emprego simple de aplicación AbalarMóvil. Familias Non
Debilidade Falta de recursos tecnolóxicos e formativos no ámbito rural. Familias Non
Debilidade Non todas as familias dispoñen dos recursos básicos para a axuda do alumnado dentro do ámbito domiciliario. Familias Non
Debilidade Liderazgo Infraestruturas Non
Debilidade Colaboración e redes. Infraestruturas Non
Debilidade Infraestructura. Infraestruturas Non
Debilidade Prácticas de avaliación. Infraestruturas Non
Debilidade Competencias dixitais do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Emprego de recursos postos a disposición pola Consellería de Educación, de forma xenérica e básica. Oferta Si
Debilidade Descoñecemento na programación e codificación de recursos dixitais. Oferta Non
Debilidade Coñecementos básicos para solventar dúbidas xerais para un funcionamento axeitado. Oferta Si
Debilidade Emprego xenérico nas diversas áreas de traballo derivados da falta de recursos humanos. Oferta Non
Debilidade Novas modalidades de ensinzanza. Organización de centro Si
Debilidade Verificación e calidade da información (curación de contidos) Organización de centro Non
Debilidade Aprender a comunicarse. Organización de centro Non
Debilidade Codificación e programación. Organización de centro Non
Debilidade Avaliación do progreso. Organización de centro Si
Debilidade Biblioteca e repositorios en liña. Organización de centro Non
Debilidade Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade Comentarios a outros alumnos/as as sobre o traballo. Organización de centro Non
Debilidade Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade Comportamento responsable. Organización de centro Non
Debilidade Habilidades dixitais para diferentes materias. Organización de centro Non
Debilidade Resolución de problemas técnicos. Organización de centro Non
Debilidade Recursos educativos en liña. Organización de centro Non
Debilidade Avaliación dixital. Organización de centro Non
Debilidade Documentación da aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Creación de contidos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Falta de organización temporal para a xestión das actividades de carácter virtual. Persoal docente Non
Debilidade Non se conta cunha boa organización dos recursos humanos posto que non hai un único docente a tempo completo que poida levar a cabo esta labor derivado da falta de persoal co que conta o centro educativo. Persoal docente Non
Debilidade Emprego secundario das habilidades dixitais derivadas da falta de recursos humanos. Persoal docente Non
Debilidade Coñecementos básicos na resolución de problemas técnicos. Persoal docente Non
Debilidade Emprego dos recursos postos a disposición pola Consellería de Educación de forma xenérica e básica, derivados da súa complexidade. Persoal docente Si
Debilidade Escasa competencia dixital debido a carga de traballo noutros ámbitos da práctica docente. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado amosa unha actitude de respecto e empatía en relacións aos traballos de aprendizaxe levados a cabo polos compañeiros/as e mestras do centro educativo. Alumnado Non
Fortaleza Infraestructuras e equipos Infraestruturas Si
Fortaleza Pedagoxía: apoios e recursos. Infraestruturas Si
Fortaleza Desenvolvemento profesional e continuo Infraestruturas Non
Fortaleza Práctica de avaliación. Infraestruturas Non
Fortaleza Competencias dixitais do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza Comunicación fluida cos respectivos estamentos da comunidade educativa. Oferta Non
Fortaleza Empréganse diferentes modalidades de avaliación para dar un recoñecemento adecuado das competencias adquiridas. Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento de estratexias co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Normas acerca do dereitos de autor e licenzas de uso. Organización de centro Non
Fortaleza Sinerxias para o aprendizaxe mixto. Organización de centro Non
Fortaleza Participación no DPC. Organización de centro Non
Fortaleza Colaboracións. Organización de centro Non
Fortaleza Avaliación das capacidades. Organización de centro Non
Fortaleza Retroalimentación axeitada. Organización de centro Non
Fortaleza Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Organización de centro Non
Fortaleza Protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a ensinanza. Organización de centro Non
Fortaleza Espazos físicos. Organización de centro Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo docente amosa unha coordinación axeitada ás características da avaliación en relación á retroalimentación. Persoal docente Non
Fortaleza Disposición favorable para a realización de actualizacións de formación por parte do profesorado, incluidas as ofertadas pola administración educativa tanto no ámbito local, autonómico coma a nivel estatal. Persoal docente Non
62 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dificultades de conectividade derivadas do medio rural. Administración educativa Non
Ameaza A representación da ANPA é meramente institucional debido ao número de alumnado matriculado no centro educativo. ANPA Non
Ameaza Brecha dixital: apoio para abordar retos. Contorna Non
Ameaza Dificultades derivadas da falta de conexión dixital por pertencer a un medio rural. Contorna Si
Ameaza Dispoñibilidade de dispositivos no ámbito familiar. Contorna Si
Oportunidade Desenvolvemento do PDC a través da formación ofertada pola Consellería de Educación cos fondos proporcionados pola Unión Europea. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta continua de experiencias doutros centros educativos ofertados pola Consellería de Educación e mais o Ministerio de Educación. Administración educativa Non
Oportunidade A autoavaliación constante das necesidades, carencias, dificultades e oportunidades que brindan recursos tecnolóxicos nesta era dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Actualización de equipos tecnolóxicos e informáticos e renovación. Administración educativa Non
Oportunidade Presencia de Recursos Educativos en Aberto (REA) Administración educativa Non
Oportunidade Dificultades derivadas do ámbito rural. Contorna Non
Oportunidade Baixa formación e actualización en ferramentas dixitais por parte da contorna e familias do centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Baixa oferta en formación informática por parte do Concello no que se atopa o centro. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O análise DAFO permítenos tomar decisións con respecto a aspectos dixitais educativos de caracter interno (equipo docente, equipamento...) e externo (contorna, ANPA...). Resulta fundamental para a proposta de estratexias e dos obxectivos, os cales pódense ver no seguinte apartado, que permitirán aproveitar as fortalezas e oportunidades, así como minimizar as debilidades e amenazas.

No PD específicanse as fortalezas tales como a existencia de infrestructuras e equipos, boa coordinación por parte do persoal docente, boa actitude do alumnado e dispoñibilidade de espazos físicos. En canto as debilidades destacar a  escasa competencia dixital debido a carga de traballo, falta de recursos.... No documento tamén se detallan as amezas como as dificultades de conectividade ou a baixa dispoñibilidade de recursos dixitais no ámbito familiar e, por último, as oportunidades como a oferta continua de experiencias ofertadas pola Consellería.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Continuar coas TICs empregadas o curso anterior (robótica, Aula Virtual...)
002PD Continuar co uso doutras ferramentas dixitais por parte do profesorado e alumnado.

Seguimento

Procedemento

Establécese un mínimo dunha reunión trimestral para o seguimentos dos obxectivos establecidos no plan de acción. Nelas valorararse a execución das accións implementadas así como a valoración dos resultados obtidos e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

1º Trimestre

O primeiro trimestre, estivo adicado á aplicación de coñecementos básicos ao alumnado. Leváronse a cabo actividades de LibreOffice, nos que os nenos e nenas realizaron traballos nalgunha das materias para que quedara informatizado, así como a continuación de creación de códigos QR para que eses traballos puideran ser visitados desde calquera dispositivo con lector deste tipo de códigos. 

Ademais en Educación Infantil, tamén se iniciou a implantación de pequenas actividades a partir dos robots cos que contamos no centro, tal como o Tru Tru.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha xuntanza final para valorar os procesos seguidos e se se conseguiron os tres obxectivos establecidos no Plan de Acción. Nela exporase por parte do equipo que incide no proceso unha valoración xeral do conxunto dos obxectivos, así como unha análise máis profunda sobre as dificultades atopadas e os logros conseguidos. Do mesmo xeito estableceránse as liñas de actuación para o curso 2023 /2024.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Estratexias de difusión do Plan Dixital do Centro entre a comunidade educativa:

  • Publicación online na páxina web do centro educativo
  • Publicación na aula virtual do centro educativo
  • Presentación na reunión de inicio de curso a toda a comunidade educativa
  • Posto a disposición en formato papel (previa correspondente solicitude a dirección do centro) a comunidade.
  • https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32012425