Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe As Mercedes é un centro de carácter público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Proxecto Educativo do CEIP Plurilingüe As Mercedes recolle a descrición do ambiente socio-económico-cultural do entorno establecendo que: “O noso centro é un centro urbano da cidade de Ourense, está situado no límite da zona vella coa moderna da cidade, dentro dunha zona peonil con facilidade para o acceso dos alumnos e alumnas. Pola nosa localización temos familias de características moi diferentes, xa que na zona nova viven familias con poder adquisitivo medio-alto e un nivel cultural alto e na zona vella, polo xeral, viven familias con menos recursos.

 

As familias do alumnado do CEIP Plurilingüe As Mercedes manteñen unha boa relación co centro educativo sendo esta correcta. O CEIP Plurilingüe As Mercedes está adscrito ao IES As Lagoas.

Actualmente temos escolarizados entorno a 140 alumnos e alumnas, a maioría españois, se ben que está aumentando o alumnado procedente doutros países, principalmente de latino América.

Esta situación fai que, de partida, contemos cun problema engadido á hora de normalizar o galego, pois hai que dicir que a maioría do alumnado que ven ao colexio é castelán falante.

 

Desde hai moitos anos o profesorado do centro está a incluír as novas tecnoloxías na súa práctica docente, especialmente nos últimos anos.

 

Este Plan Dixital contribúe a acadar os obxectivos, principios metodolóxicos e medidas de atención á diversidade recollidos nos diferentes documentos do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Enquisa SELFIE.

Test CDD.

Ferramenta DAFO.

 

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Os espazos físicos son reducidos e non facilitan a ensinanza con tecnoloxías dixitais. C14 Infraestruturas Non
Debilidade A maioría do profesorado non é quen de crear recursos dixitais. E2 Persoal docente Non
Debilidade Pouco uso da tecnoloxía para facilitar a colaboración entre o alumnado e proxectos interdisciplinares. F5-F6 Persoal docente Non
Debilidade Pouco uso das tecnoloxías dixitais para a avaliación. G1-G3-G5-G8 Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado de 3º a 6º e quén de usar a aula virtual Alumnado Si
Fortaleza A maioría das familias reciben información do centro a través da páxina do centro e Abalar mobil. Familias Si
Fortaleza Acceso internet C1 Infraestruturas Non
Fortaleza Facilidade para buscar recursos dixitais en liña E1 Infraestruturas Non
Fortaleza Ofértase EDIXGAL no centro. C2 Oferta Non
Fortaleza Centro Plurilingüe Oferta Non
Fortaleza Aula Virtual do centro Oferta Si
Fortaleza A maioría do profesorado do centro participa nos PFPP organizados polo centro.D Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe e recursos educativos en liña E3 Persoal docente Si
Fortaleza Formación media orientativa B1 Persoal docente Non
Fortaleza Collaborador en actividades educativas do centro Persoal non docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para unha formación dixital axeitada. D Administración educativa Non
Ameaza Exceso de tarefas administrativas. D Administración educativa Si
Ameaza Cambios lexislativos constantes. A-D-F-G Lexislación Non
Oportunidade Existencia de programas como EDIXGAL. D Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de formación dixital para o profesorado. D Administración educativa Non
Oportunidade Boa localización do centro Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e TCDD, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

As áreas de mellora nas que nos centramos para a elaboración do noso plan de acción son: Prácticas de avaliación(G), Pedagoxía Apoio e recursos(E), Infraestructura e equipamento(C) e Liderado(A),

Os obxectivos para tal fin foron:

- Desenvolver o programa Edixgal no centrto.

- Promover a comuicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta Abalarpro.

- Realizar un programa de formación permanente sobre Edixgal.

- Realizar rúbricas dixitais para a avaliación dos mínimos das áreas instrumentais de Primaria adaptado á LOMLOE.

- Solicitar o Plan Director para concienciar ó alumnado dos riscos das novas tecnoloxías.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Continuar co programa Edixgal no centro
O02PD Participar no Plan Director.
O03PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro.
O04PD Realizar un Programa de Formación Permanente do Profesorado sobre E-Dixgal
O05PD Familiarizarse co material dos polos creativos.

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha reunión trimestral do equipo de TICs para ver o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Indicando a valoración do grado de execución da acción e o estado da mesma, indicando “Realizada”, “Aprazada” ou “Pendente” segundo corresponda.

1º Trimestre

ACCIÓN

ESTADO

DATA

AO1.1 Formación Edixgal do profesorado

Acadado

13-12-2023

Valorar os equipos que poden ser actualizados coa versión estándar ou a versión lixeira.

Acadado

13-09-2023

Actualizar os equipos coa versión estándar ou lixeira da maqueta abalar.

Acadado

30-10-2023

Explicar ó profesorado o uso do programa AbalarPro

Acadado

7-09-2023

Fomentar a titorización entre iguais para resolver as dúbidas no uso da ferramenta AbalarPro

Acadado

19-12-2023

Potenciar o uso de AbalarPro mediante o envío de notificacións períodicas.

Acadado

19-12-2023

Solicitude dun PFPP E-Dixgal

Acadado

13-10-2023

Realización do curso de formación Edixgal

Acadado

13-12-2023

A.O.2.1 Solicitar o Plan Director

Acadado

30-10-2023

Como modificacións da planificación inicial, temos que indicar que se realizou unha reunión informativa para as familias do alumnado usuario do programa E-Dixgal.

Tamén se levaron outras accións para pór en marcha o programa como a catalogación dos equipos, asignación, documentos de acordo de cesión...

 

2º Trimestre

 

ACCIÓN

ESTADO

DATA

A.O.5.1 Realizar sesións grupais co profesorado para coñecer os materiais dos polos creativos.

En proceso

 

A.O.5.2 Realizar algunha actividade co alumnado utilizando os materiais dos polos creativos.

En proceso

 

 

 

Durante o segundo trimestre o coordinador de Polos Creativos do centro empezou a facer a formación ofertada pola consellería que aínda continuará durante o terceiro trimestre.

 

Recibimos un primeiro kit de polos creativos que empezamos a manipular co profesorado para afacernos a eles.

 

Tamén se realizou unha formación, a través do PFPP de impresión 3d, solicitouse unha impresora en préstamo o CFR que só tivemos 3 días porque a necesitaban para outro curso.

 

O centro dispón dunha impresora propia coa que empezamos a facer deseño e impresión 3d co alumado de 4º, 5º e 6º de primaria.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha reunión do equipo das TIC ó final do curso escolar para valorar o logro dos obxectivos así como as propostas de mellora. Tendo en conta estes aspectos valorarase a posibilidade de manter, cambiar e/ou propor novos obxectivos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro foi presentado ó claustro e aprobado no Consello Escolar o 19/09/2023

No claustro faise unha revisión dos contidos do Plan Dixital de Centro, analizando a situación actual e dáse lectura dos obxectivos a acadar durante o vindeiro curso, no consello escolar, ademais apróbase dito documento.

Dito plan esta accesible na ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32009165