Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Eduardo Blanco Amor de Ourense ubícase no barrio da Ponte, un barrio urbano, que mantén unha identidade marcada por edificios emblemáticos como a estación de Renfe, praza de Abastos, Centro Cívico da Ponte, Centro Lusquiños, asociación Frei Canedo e outras asociacións que fan que este barrio teña certo dinamismo cultural e comercial.

O desenvolvemento do PD ten unha liña paralela ao noso proxecto Educativo de centro, xa que se relaciona con moitos programas de éxito educativo en marcha no noso centro entre os que destacamos o STEMBach, o proxecto Edixgal, contratos programa Innova, Observa - Acción, Plan Proxecta, acreditación de linguas estranxeiras. Todos estes proxectos contribúen a mellorar as posibilidades do alumnado e a calidade do ensino.

Este dinamismo sería imposible se non tivésemos un profesorado involucrado, se temos recursos máis adecuados, as condicións de traballo mellorarán facilitando a aprendizaxe do alumnado.

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Os artículos 111 bis, 121 e 132 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio. Estes artigos recollen os protocolos e formatos para o intercambio de datos entre sistemas de información das Administracións educativas. Os entornos virtuais de aprendizaxe empregados nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos no currículo. O proxecto educativo do centro recolle unha estratexia dixital de centro, tendo en conta a contorna social, económica, natural e cultural do alumnado do centro, e o entorno máis inmediato, e que compensará as carencias que puideran existir ou presentarse. Este proxecto educativo terá como o maior representante do centro á Directora que debe ser coñecedora de todas as súas competencias.
  • A resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Plan Dixital que foi implementado nos dous cursos académicos seguintes, e sometido a unha revisión continua para coñecer os obxectivos acadados, total ou parcialmente.

O equipo dinamizador do Plan Dixital deste curso 23/24 está  formado por  profesorado do Centro. Unha vez marcados os obxectivos do plan dixital, fixaremos as accións correspondentes para cada un deles. O seguimento do mesmo será un dos puntos fundamentais do traballo a desenvolver polo equipo de dinamización, xunto coa posta en marcha das medidas contempladas no PD.

Os pasos que nos levaron ata a elaboración do actual Plan Dixital de centro baséanse na modificación dos obxectivos iniciais e na elaboración de outros novos, tendo en conta as propostas de mellora feitas no curso 2022_23, facendo así un PD máis activo, e actualizado.

 O equipamento dispoñible no centro é:

  • A infraestrutura dixital do centro: conectividade, infraestruturas de voz e de datos tanto conexións cableadas e sen fíos. Rede inalámbrica: Edixgal, edu.xunta.gal e a rede cableada por DHCP, a rede WiFi do centro . Temos un rack principal en Oficinas e varios switch no centro, en varias estancias.
  •  Dúas aulas de Informática (Informática 1 e Informática 2) con un total de dezanove e vinte e dous postos respectivamente.
  •  As aulas dixitalizadas, co proxecto E-Dixgal reúne a todos os niveis da ESO, cos seus carros de carga correspondentes.
  • Os equipos de xestión e administración son tres en Oficinas, un na Conserxería e catro que corresponden ao Equipo Directivo.
  • Os equipos da Biblioteca son cinco en total .
  •  E os equipos para uso na sala de profesorado son catro, e dous máis nunha estancia ao lado da Sala de Xuntas.
  • En cada Departamento hai un equipo que se vai renovando periódicamente dos reciclados das aulas onde se cambian máis habitualmente. Non hai mobilidade de equipos ultraportátiles para  aulas.
  •  Os servizos dixitais educativos que dispoñemos no centro, e que case todo o Equipo Educativo coñece, son os servizos corporativos ou non corporativos e que van facilitar a xestión docente: a páxina web do centro, correo electrónico (edu.xunta.gal), Aula virtual, E-Dixgal, Espazo Abalar, Abalarmóbil, Abalar Pro e Agueiro, algúns destes servizos moi empregados por parte do profesorado e dunha gran cantidade de responsables do alumnado do centro e o propio alumnado.
  • A xestión do mantemento do equipamento do centro ven a resolverse do xeito que segue por agora: o profesorado cubre un parte que deixan na Conserxería coa información do lugar e o problema, revísase a incidencia por algunha das persoas encargadas das TIC do centro e ponse e solución ou infórmase á Administración educativa, sección UAC ou servizo Premium, segundo corresponda, e tamén contamos cun servizo de mantemento privado, que ven un día semanalmente durante dúas horas.
  • Neste centro non se conta con ordenadores de emprego público para consultas ou matriculación.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida  de datos foi o SELFIE levado a cabo no curso 2021_22, o test de Competencia Dixital Docente (CDD) e a análise cualitativa de ambas ferramentas.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A sociedade hiperdixitilizada na que vivimos propicia que o alumnado utilice as tecnoloxías nas aulas para outros fins que se apartan do estrictamente académico. H3 Alumnado Si
Debilidade Non todo o alumnado resolve satisfactoriamente problemas técnicos. H13//H11 Alumnado Si
Debilidade No todo o alumnado emprega ferramentas colaborativas para avaliar o traballo doutros alumnos. G6 Alumnado Si
Debilidade O alumnado emprega información da rede sen verificar a vericidade da mesma. H4. Alumnado Si
Debilidade Apenas se contempla a participación das familias neste proceso de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. B2 Familias Non
Debilidade Equipos obsoletos nas aulas de 1º ESO. C Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. C5 Infraestruturas Si
Debilidade Unha parte do profesorado non coñece a Estratexia Dixital do centro. A1 Organización de centro Si
Debilidade Non temos en marcha moitos proxectos interdisciplinares.F6 Organización de centro Si
Debilidade O claustro é numeroso e non favorece a coordinación e o traballo cooperativo. B3//G5 Persoal docente Si
Debilidade Escasean os proxectos interdisciplinares de profesores cara ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Prácticas de avaliación nulas F6.Prácticas de retroalimentación nulas G3 Persoal docente Si
Fortaleza As actividades levadas a cabo no EVA, simuladores, programas específicos,... son motivadoras para o alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Nalgunhas asignaturas os alumnos traballan con tecnoloxía dixital para a súa aprendizaxe en grupo.F5 Alumnado Si
Fortaleza As familias, sobre todo de cursos inferiores, teñen interese xeral polo proceso ensino aprendizaxe con ferramentas dixitais do alumnado. E4 Familias Si
Fortaleza A conexión de Internet funciona ben en todo o centro.C3 Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro dispoñemos de dispositivos dixitais para aquel alumnado teña necesidade de dispoñer deste servizo en casos excepcionais.C10 Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro está inmerso en toda a ESO no proxecto Edixgal. C8 Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado está inmerso nun proceso de dixitalización do ensino aprendizaxe. A3 Oferta Si
Fortaleza O centro promove proxectos de innovación e melloras na práctica educativa.....B3 Organización de centro Si
Fortaleza Hai estabilidade do persoal docente e, un grupo deste profesorado, aposta pola innovación e mellora educativa. D2 Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado traballa coa Aula Virtual na materia que lle corresponde, con certa asiduidade. Persoal docente Si
Fortaleza Os compañeiros comparten materiais de elaboración propia, pero non suficiente. B2 Persoal docente Si
Fortaleza Este persoal recolle os avisos dos fallos da equipación Informática no centro mediante un formulario asignado a tal fin e que se deixan en Conserxería.C1 Persoal non docente Si
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As Anpas non fan actividades de actualización tecnolóxica no noso Centro ANPA Non
Ameaza Nivel socio-económico medio-baixo dunha parte do alumnado. Contorna Non
Ameaza Debido a carga nos horarios que temos, non podemos desenvolver correctamente a formación e posterior aplicación nas nosas clases. A4. Lexislación Si
Ameaza Neste Barrio existen moitas asociacións culturais pero estamos en colaboración con algunha puntualmente. Outras Non
Ameaza Moitas entidades do Barrio están pechadas e non poden empregarse como lugar de desenvolvemento de posibles proxectos tecnolóxicos. Outras Non
Oportunidade A administración Educativa aposta polo emprego das tecnoloxías nas aulas. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de realizar cursos de formación. D Administración educativa Si
Oportunidade Maior implicación das familias na educación dixital do seus fillos ANPA Non
Oportunidade O Barrio no que estamos, dispón de varios edificios con infraestructuras Mercado, Biblioteca, Edificio do Concello.. Contorna Non
Oportunidade O noso Centro oferta Infraestructuras ademáis como IES como sección EOI. Contorna Non
Oportunidade A lexislación favorece elementos de mellora para a nosa labor docente. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise do DAFO anterior, así como a revisión das propostas de mellora fixadas ao finalizar o curso 2022_23 permítennos orientar os obxectivos a cumprir no PD dos vindeiros anos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Emprego de ferramentas corporativas de comunicación dixital.
O02PD Realizar proxectos interdiciplinares.
O03PD Actualizar os equipos informáticos das dependencias do centro
O04PD Fomentar a creatividade do alumnado a través de distintas ferramentas.
O05PD Establecer un protocolo de comunicación de incidencias dixitais.
006PD Protección de datos e bo emprego de recursos dixitais.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso 2023_24 faremos a revisión da marcha do Plan Dixital adaptando a mesma aos tres trimestres do curso académico.

Utilizaremos as ferramentas que consideremos oportunas para obter a información mais fiable en cada momento.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre fomos desenvolvendo diferentes accións ligadas aos obxectivos inicialmente propostos, que eran:

(1)   Emprego de ferramentas corporativas de comunicación dixital: co fomento da plataforma ABALAR para a comunicación bidireccional centro educativo & padres; titores & profesores; ...

(2)   Realizar proxectos interdisciplinares: no marco de datas sinaladas como o un de novembro (dende a Biblioteca); 25 de novembro, dende as titorías e orientación; decoración de Nadal no centro (departamentos de Educación Plástica e Visual, departamento de Matemáticas, titorías da ESO...)

(3)   Actualizar os equipos informáticos das dependencias do centro: foron actualizadas maquetas ABALAR en diferentes equipos e esperamos que ao longo do segundo trimestre cheguen nuevos equipos para as aulas, así como pantallas dixitais de nova xeración.

(4)   Fomentar a creatividade do alumnado a través de distintas ferramentas: desenvolvendo dous PFPP orientadas á creatividade no marco da Educación Responsable e tamén no ámbito dos Polos Creativos.

(5)   Establecer un protocolo de comunicación de incidencias dixitais: o equipo do plan dixital está a investigar diferentes ferramentas corporativas que axilicen a comunicación destas incidencias, facilitando así o traballo tanto aos coordinadores correspondentes (TIC e EDIXGAL) como a resolución de ditas incidencias.

(6)   Protección de datos e bo emprego de recursos dixitais: desenvolveuse no primeiro trimestre unha conferencia para 2º ESO coa temática fundamental do bo uso das redes. Tamén foron solicitadas charlas para profesorado, alumnado e familias no marco do proxecto "Navega con rumbo" que serán desenvoltas no segundo e terceiro trimestre xa que fomos elixidos na convocatoria correspondente. 

12 decembro 2023 : Charla "Riscos en internet" impartida pola Policía Nacional dentro do Plan Director  para todo o alumnado de 2º ESO
 

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre desenvolvimos diferentes accións ligadas aos obxectivos inicialmente propostos, tales como:

(1)   Emprego de ferramentas corporativas de comunicación dixital: co fomento da plataforma ABALAR para a comunicación bidireccional centro educativo & padres; titores & profesores; formulario en AbalarBox para informar de incidencias técnicas;...

(2)   Realizar proxectos interdisciplinares: no marco de datas sinaladas como o 11 de febreiro (día da muller e a nena na ciencia); 8 de marzo (día da muller), dende as titorías e orientación; a celebración do Entroido,...

(3)   Actualizar os equipos informáticos das dependencias do centro: foron actualizadas maquetas ABALAR do alumnado tras clonación en diferentes momentos do trimestre; foron sustituidos a maior parte dos equipos de aula á volta das vacacións de Nadal.

(4)   Fomentar a creatividade do alumnado a través de distintas ferramentas: desenvolvendo dous PFPP orientadas á creatividade no marco da Educación Responsable e tamén no ámbito dos Polos Creativos (no segundo trimestre continuamos co traballo nestas dúas liñas do PFPP).

(5)   Establecer un protocolo de comunicación de incidencias dixitais: o equipo do plan dixital despois de investigar diferentes ferramentas corporativas que puideran ser utilizadas para a comunicación destas incidencias, co fin de facilitar o traballo tanto aos coordinadores correspondentes (TIC e EDIXGAL) como a resolución das mesmas, decidiu implementar na aula virtual do centro un hipervínculo a un formulario no que quedan detalladas as incidencias axilizando así a súa resolución.

Ao longo do terceiro trimestre faremos unha valoración do uso e efectividade desta ferramenta.

(6)   Protección de datos e bo emprego de recursos dixitais: celebráronse varias conferencias coa temática referida. Sendo estas:

  • 19 marzo 2024: Taller «Para Piensa Conéctate», se imparten formaciones sobre bienestar digital. Será impartida por la organización cibervoluntarios.org al alumnado de 4º ESO de la materia FOPP.
  • 21 marzo 2024: Charla "Seguridade en dispositivos móbiles" a cargo da UVigo para todo o alumnado de 3º ESO.
3º Trimestre

Ao longo do terceiro trimestre desenvolvimos diferentes accións ligadas aos obxectivos inicialmente propostos, tales como:

(1)   Emprego de ferramentas corporativas de comunicación dixital: mantivemos a dinámica xa implementada nos trimestres anteriores de uso da plataforma ABALAR para a comunicación bidireccional centro educativo & padres; titores & profesores; formulario en AbalarBox para informar de incidencias técnicas;...

(2)   Realizar proxectos interdisciplinares: co motivo do día do libro implementáronse diferentes actividades articuladas en torno aos departamentos de linguas e levadas a cabo por membros de diferentes departamentos; tamén leváronse a cabo proxectos no ámbito dos Polos Creativos nos que houbo unha participación heteroxénea; no marco das graduacións do alumnado de 4ºESO e 2º Bacharelato tamén foron diversos os proxectos postos en marcha.

(3)   Actualizar os equipos informáticos das dependencias do centro: foron sustituidos os ordenadores das aulas de informática e comezamos o terceiro trimestre con equipos informáticos renovados.

(4)   Fomentar a creatividade do alumnado a través de distintas ferramentas e proxectos: fixéronse diferentes proxectos relacionados coa creatividade tales como a celebración do dia do libro cunha feria representativa dos mesmos, lectura de poemas co gallo do día das Letras Galegas, representacións teatrais na actividade "Sillas" en dúas sesións no mes de maio, proposta de elaboración de chapas para as graduacións de 4º ESO e 2º Bach, uso dos kits singulares nas materias de Tecnoloxía de 1º ESO e o Chroma e iluminación en 4º ESO, ...

(5)   Establecer un protocolo de comunicación de incidencias dixitais: o protocolo de comunicación de incidencias dixitais posto en marcha ao longo do segundo trimestre foi avaliado a través dunha enquisa para o profesorado, obtendo uns resultados altamente satisfactorios.

(6)   Protección de datos e bo emprego de recursos dixitais: celebráronse varias conferencias coa temática referida. Sendo estas: 10 de maio, "Navegando con rumbo" para alumnado de 1º ESO,... Non foron feitas ningunha coas familias ou directamente co profesorado, sendo estas dúas accións unhas posibles do vindeiro Plan Dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguemento do Plan Dixital e a consecución de obxectivos será valorada polo equipo de dinamización do PD, que reunirase en dúas ocasións máximo por trimestre analizando o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Esta avaliación procesual poderase facer mediante respostas directas ás táboas de obxectivos ou mediante enquisas breves expostas na Aula Virtual e cuxos resultados faremos públicos á Comunidade Educativa, según corresponda.

Queremos deixar constancia de que o traballo do equipo de dinamización do PD non está enmarcado dentro de ningún PFPP nin os membros integrantes teñen redución horaria, polo que o traballo que se faga será según disponibilidade voluntaria dos membros deste equipo.

Valoración xeral

No curso 23_24 foron acometidas diferentes accións, todas de gran interese e repercusión para a comunidade educativa. As mais destacables foron as relativas ao uso de plataformas dixitais para a comunicación entre a comunidade educativa e a implantación de diferentes proxectos ligados á creatividade de profesorado e alumnado (dende o grupo de traballo da Educación Responsable, dende a Biblioteca e dende o grupo de traballo dos Polos Creativos).

Tamén destacaremos a renovación dos equipos informáticos do centro, inda que estamos á espera das tan prometidas pizarras dixitais de última xeración que esperemos cheguen o vindeiro curso.

As charlas ligadas á formación do bo uso das redes sociais foi moi ben aceptada polo alumnado e será otra vía de acción para o vindeiro curso.

Proposta de mellora

As liñas de acción propostas polo equipo do Plan Dixital para o vindeiro ano son:

  • Aumentar o número de profesorado que fai uso das plataformas de comunicación dixital.
  • Posibles cursos de formación ligados ao uso de Abalar, Agueiro, Proens,... (ferramentas dixitais da Xunta de Galicia).
  • Charlas de difusión de boas prácticas no uso do mundo dixital.
  • Teremos en conta tamén outras propostas que vaian xurdindo ata a definición do PD 24_25.

No caso de recibir as pizarras dixitais de última xeración tamén deberemos propoñer formación asociada ás mesmas.

Faremos traslado ao organismo correspondente das propostas de mellora ou peticións que o Claustro do IES Blanco Amor de Ourense fai respecto á plataforma ABALAR.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia que se define para difundir o plan dixital á comunidade educativa será o que segue:

A primeira versión do PD foise elaborando ao longo do curso 2021_22, a partir da formación dun grupo de traballo formado por sete profesoras comprometidas na mellora do centro. Este grupo de docentes revisou os datos obtidos na análise DAFO correspondente, analizou gráficas e seleccionou aqueles obxectivos que atenderan á mellora clara da práctica docente e do proceso de aprendizaxe.

Ao profesorado achegouselle a información a través do taboeiro na sala de profesores. O Plan Dixital enviouse polo correo electrónico ao claustro e publicouse na web do centro para poder ser consultado por todos os membros da comunidade educativa.

Progresivamente e a medida que se foron cumprindo os tempos, informuse ao claustro a través do correo e dun Informe feito público na sala de profesores.

No actual curso, 2023_24, fíxose unha adaptación do PD en base aos obxectivos cumpridos nos cursos previos e á proposta de mellora feita na memoria do PD do curso 2022_23. Esta adaptación do PD foi comunicada ao claustro e aprobada polo Consello Escolar nas datas correspondentes, que figuran no apartado "Vixencia", e pode ser consultada na plataforma EDUCALIDADE e na páxina web do centro a través do correspondente hipervínculo.