Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro
As características socioeconómicas nas que o centro se encontra inmerso son relativamente estables, aínda que, a concurrencia de feitos acaecidos nestes dous últimos anos fixeron que moitas familias, em-pregados e autónomos, económicamente falando, se resentiran.

A maioría dos alumnos conta con smartphone ou tabletas dende primeiro de ESO, ou mesmo en idades inferiores. As familias do noso alumnado, usan de maneira habitual as ferramentas de comunicación baseadas en TIC, acceden á web colexial, utilizan o portal de comunica-cións e participan nas sesións formativas que se ofrecen dende o centro.

Atopamos entre os obxectivos xerais do proxecto educativo os seguintes obxectivos xerais, e que son os do noso plan estratéxico 2022-2025, vencellados tamén á dixitalización polas súas implicacións xerais. É no contexto do primeiro dos obxectivos, a implantación do modelo pedagóxico marista, onde a referencia ás TICC faise máis patente. Como non pode ser doutro xeito as TICC atópanse integradas de forma completa, diriamos máis, transparente, en todo o proceso de cambio metodolóxico nos nosos modelos pedagóxicos, iCrezco para infantil e iApprendo para primaria e a ESO, ademais na didáctica AICLE de Infantil e Primaria e plurilingüe e das seccións bilingües en ESO. Deste obxectivo estratéxico que se desglosa en varios proxectos estratéxicos, resaltamos o de consolidar a incorporación das novas tecnoloxías no ensino aprendizaxe.
Este cambio foi progresivo e requiriu a formación previa dos educadores e os implicados para posteriormente irse estendendo a toda a comunidade educativa. Este cambio foi liderado polo Equipo directivo e posteriormente polo equipo TICC colexial.

O Plan TICC colegial 18-22, foi un elemento dinamizador da integración da tecnoloxía no colexio, e a mellora das infraestructuras, e sempre apiado pola Provincia Marista Compostela sobre todo económicamente, no que se refiere a infraestructura, software e hardware.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Temos que facer, sen dúbida, referencia ó marco de referencia da competencia dixital docente, no que se definen áreas, competencias, etapas, niveis e indicadores de logro. As áreas 3, 4 e 5 apuntan directamente ao proceso de ensino-aprendizaxe, avaliación e retroalimentación e o empoderamiento do alumnado e a inclusión, eixe vertebrados do modelo educativo para o vindeiro trienio. Ofrece pistas interesantes para avanzar na noso plan estratéxico colexial, plan dixcital anual, e telo presente na actualización do cara o modelo educativo. Desta forma, é imprecindible:

  • Integrar nas situacións de aprendizaxe o uso das tecnoloxiías dixitais, de forma creativa, segura e cri¿tica para mellorar a eficacia das prácticas docentes.
  • Xestionar e coordinar adecuadamente as intervencións didácticas dixitais, asegurando o funcionamento dos dispositivos, recursos e servizos durante a implementaciónn da programación didáctica.
  • Utilizar as tecnoloxías e servizos dixitais, cumprindo coas medidas de seguridade e protección de datos, para mellorar a interacción individual e colectiva co alumnado, dentro e fóra das sesións de aprendizaxe.
  • Empregar as tecnoloxías dixitais para ofrecer orientación e asistencia pertinente e específica.
  • Seleccionar e utilizar tecnoloxías dixitais seguras para mellorar a aprendizaxe do alumnado a través da colaboración.
  • Proporcionar estratexias ao alumnado para utilizar as tecnoloxías dixitais de comunicación e cooperación co fin de enriquecer os procesos de aprendizaxe e desenvolver a súa capacidade de aprender a aprender entre iguais. 
  •  Utilizar as tecnoloxías dixitais para favorecer no alumnado a metacognición, a través da reflexión sobre a propia aprendizaxe e o desenvolvemento das accións estratéxicas para planificar, supervisar, contrastar ideas, solicitar axuda e documentar os procesos de aprendizaxe realizados. 
  • Utilizar as tecnoloas dixitais para o disen¿ou dos medios e instrumentos de avaliación diagno¿stica, formativa e sumativa e implementarlos cumprindo coas medidas de seguridade e proteccio¿n de datos persoais.
  • Utilizar as tecnoloxías dixitais para ofrecer retroalimentación ao alumnado respectando a privacidade e seguridade da información achegada.
  • Utilizar as tecnoloxías dixitais para atender as diferenzas do alumnado, garantindo os seus dereitos dixitais, de forma que todos poidan alcanzar os obxectivos de aprendizaxe.
  • Integrar as tecnoloxías dixitais en estratexias pedagóxicas que promovan o compromiso activo do alumnado cunha materia, sendo protagonista da súa propia aprendizaxe e incentivando o desenvolvemento de operacións cognitivas complexas e de competencias transversais, como o pensamento crítico ou a creatividade.

Breve xustificación do mesmo

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do centro a ter en conta para o diseño, posta en funcionamento e avaliación do plan dixital:

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-202. Neste equipo estaban representadas tódalas etapas. Partindo da análise inicial, estudo e contextualización, realizárase unha análise DAFO para obter al-ternativas estratéxicas que desen paso aos obxectivos e accións a desenvolver. Por último, apróbase no último claustro, en xuño do 2021, previa aprobación do Equipo directivo e Consello Escolar do centro.

No ano 2022-2023 levouse a cabo o plan en a súa implantación foi satisfactoría. No curso 2023-2024, baseados na avaliación final e a memoria presentada  ó eqyuipo directivo se fixo un no vo plan con cinco obxectivos e veinte accións.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: información do resumo das áreas do informe SELFIE de 2021, de cada etapa educativa na seguinte táboa.

Test CDD: información recollida nas táboas 1.3, 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro. Aínda que hai que precisar que os resultados non deixan de ter un valor estimativo, posto que é una autoavaliación do profesorado, que ten o valor indicativo pero de ningún xeito serve para facer comparanzas entre os centros e incluso no propio centro.

Ademáis comparouse o resultado do informe Selfie do 2019-2020, observando un avance neste curso co relación o de 19-20. A memoria do plan anual TICC 2020-2021 reflectido na PXA 2021-2022.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A utilización da tecnoloxía para traballar en equipo. Desenvolvemento de traballos interdisciplinarios e implicación do alumnado. Utilizar tecnoloxía para realizar a metacognición e coevaluación do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Os distintos colectivos non teñen un comportamento seguro en Internet. Actuar de maneira responsable para compartir contidos non propios e respectar o autorìa de os contidos dixitais. Familias Si
Debilidade Utilización de dispositivos e tabletas por parte do alumnado e do profesorado de forma libre. Descoñecemento de ferramentas de evaluación. Escaseza de recursos económicos para inversión en infraestruturas. Infraestruturas Si
Debilidade Non se utilizan outras plataformas tecnolóxicas (como Microsoft ou Moodle). Formación escasa do alumnado en seguridade dixital. Falta de PDI en algún curso de infantil. Escasos dispositivos en educación primaria. Oferta Non
Debilidade Non avaliamos no noso centro os progresos en materia de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Tempo escaso do profesorado para uso tecnoloxía en diversos aspectos, sobre todo, creación de contido. Organización de centro Si
Debilidade Non hai reflexión sobre o desenvolvemento persoal continuo. Non se debate sobre as necesidades no relativo a ensino con tecnoloxías. Non se crean moitos recursos dixitais propios. Seguridade e o respecto polos recursos creados por outros. Falta de ferramentas de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Desigual competencia dixital entre o persoal. Non adopción da tecnoloxía como ferramenta eficaz. Persoal non docente Si
Fortaleza O alumnado sente que o profesor asigna diferentes actividades utilizando tecnoloxías acordes ás súas necesidades. Alumnado Non
Fortaleza Hai un número suficiente de dispositivos nas familias para o ensino híbrida. Hai acceso a internet en gran porcentaxe de familias. Familias Non
Fortaleza Hai un bo sistema de protección de datos. Dispositivos dixitais os docentes poden utilizar para o seu traballo. Tanto a asistencia técnica como a infraestrutura apoia o ensino-aprendizaxe con tecnoloxía dixital. Infraestrutura sólida con equipos estables. Sistema de incidencias tecnolóxicas Plataforma de software ofimática establecida. Infraestruturas Si
Fortaleza Hai unha estratexia que ofrece dispositivos segmentada por etapas. Biblioteca escolar equipada dixitalmente. Utilización de plataforma de comunicación e aprendizaxe Oferta Si
Fortaleza O equipo directivo apoia e o profesorado sente ese apoio para novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Hai unha estratexia dixital na que se involucran. Utilízanse metodoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. Protocolo de asignación de contas establecido. Organización de centro Si
Fortaleza Opcións de desenvolvemento profesional continua. Utilízanse e búscanse recursos dixitais para o ensino-aprendizaxe. Formación para obtención de competencia e certificación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Utilizan algunhas ferramentas para comunicación coas familias. Utilizan plataforma de xestión Contratación técnico para incidencias tecnolóxicas. Persoal non docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia que minora o tempo necesario para o profesorado.. Falta de fondos e equipo dixital insuficiente Administración educativa Non
Ameaza Persoas da ANPA non conformes coa implementación da tecnoloxía. ANPA Non
Ameaza Seguridade das ferramentas dixitais de software libre. Utilización fraudulenta de recursos dixitais. Correntes ideolóxicas en contra das novas tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza Legislación sobre protección de datos que crea dificultades na utilización de recursos. Lexislación Non
Ameaza Excesivo número de empresas tecnológicas que ven un nicho de mercado na educación. Outras Non
Oportunidade Formación organizada e de calidade. Administración educativa Non
Oportunidade Implicación na seguridade dixital: ciberseguridad. ANPA Non
Oportunidade Aplicacións de software libre que facilitan o uso de aplicacións. Recursos gratuítos para ensino e aprendizaxe. Mellora de infraestruturas de acceso a internet. Contorna Si
Oportunidade LOMLOE que posibilita o uso da tecnoloxía en ensino e aprendizaxe. Lexislación Si
Oportunidade Subvencións Quit Dixital Apoio da Provincia Marista en formación e infraestructura. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.

Os obxectivos proponen  unha mellora relativa do uso, que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.

Plan de Acción a partir da análise DAFO:

 Se establecen áreas prioritarias e determinan os obxectivos que queremos conseguir coas seguintes características:

-         específicos,

-        medibles mediante indicadores cuantitatuivos,

-        alcanzables,

-        relevantes,

-        axustados a un marco temporal.

Ademáis os obxectivos están contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

Tamén Indicamos brevemente ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos que proporcionará e reportara aos indicadores e os seus valores de partida e de chegada.

Así mesmo, se determinan as accións para conseguir cada obxectivo, os responsables das mesmas, acordar unha temporización e determinar os recursos necesarios.

Para cada obxectivo cumprimentarase unha táboa que recolle esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.

O plan de acción faise para un curso escolar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dotar ao alumnado dun aula steam.
O02PD Promover a inclusión no centro de ferramentas tecnolóxicas para a ensinanza e aprendizaxe e debatir sobre as mesmas.
O03PD Promover a formación dos docentes en competencia dixital e ferramentas dixitáis para o proceso de ensinanza e aprendizaxe.
O04PD Implementar proceso de dixitalización no aula liderado pola CCP e apoio con recursos dixitais compartidos.
O05PD Consensuar na CCP un documento que recolla aspectos esenciáis da dixitalización no contexto da ensinanza e aprendizaxe no colexio.

Seguimento

Procedemento

-       O responsable de seguimento do plan  é o equipo de dinamización do plan dixital, nas súas reunións periódicas, una vez por trimestre.

-       Informará do seu desenvolvemento do plan ao equipo de á CCP e ao E.D. O plan dixital e os documentos adxuntos están dispoñibles na DRIVE, en PLAN DIXITAL - SEGUIMENTO.

-        Chamadas virtuáis coa mentora para facer seguimiento do plan dixital e resolución dás dúbidas.

1º Trimestre

Nos primeiros dos meses facemos o seguimento das acción correspondentes as datas. Además, fixemos unha reunión entre a mentora do plñan dixital (Belén Opazo) e o coordinador do plan dixital. Recóllese na acta os temas tratados.

O plan dixital líncase a páxina web do centro, na mesma dirección que o curso pasado.

De outra banda créase un grupo de traballo nos que se atopan miembros do equipo de coordinación do plan dixital.

Faise uyn seguimento do plan, e por medio da mentora hai unha suxerencia cos indicadores dos obxectivos se pongan no primeiro ano.

Visita da mentora Belén Opazo no final do trimestre, en decembro, Se recolle na acta correspondente.

2º Trimestre

O 19/01/2024 faise o seguimento polo equipo dinamizador das accions do plan dixital do centro. Estamos satifeitos da evolución do mesmo. E na CCP está a facer progresos de coodinación.

 Se eliminan as evidencias asociadas o curso 22-23 das accións.

Con motivo da Resolución do 28 de febreiro de 2024, dá Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación dás competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria indicouse a todo o alumnado de 4º de ESO e aos de Bacharelato a posibilidade de realizar un exame para obter unha competencia intermedia. Inclúese en plataforma colexial a información ás familias.

C

3º Trimestre

No 23/04/2024 faise seguimento das accións en se procede se adxunta documentos. Quedan por rematar poucas accións.

É necesario para o vindeiro curso promover a realización din novo plan dixital, avaliación e análisis Selfie e novo DAFO.

Reunión coa mentora Belén Opazo o 3/05/2024 para facer seguimento do pla.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O desenvoilvemento dos obxectivos do plan no primeiro trimestre o valoramos como óptimo; e non hai diverxencias entre uns e outros obxectivos.

Os elementos e datas planificadas foron levadas a cabo co normalidad e sen dexixar de facer ningunha.

A axuda da mentora e esencial para o desencolvemento do plan.

Ó remate do 2º trimestre as accións lévanse a término e hai xa varios documentos a ter en conta no futuro.

Respecto de dotar ao alumnado dun aula steam apróbase polo Equipo directivo no conxunto dun investimento global da 3º planta do centro, a realizar no verán de 2024.
De 2º obxectivo, promover a formación dous docentes en competencia dixital e ferramentas dixitáis para  ou proceso de ensinanza e aprendizaxe, fanse tdas as accións e auméntase o uso de ferramentas. Con todo, en formación de CDD, por mor da solicitude de cursos na plataforma Fprofe non vai tan rápido como quixésemos. 
Implementouse proceso de dixitalización non aula liderada pola CCP e apoio con recursos dixitais compartidos, sobre todo na CCP de primaria, que teñen recursos de avaliación consensuados.  Ambas as CCP seguiron unha lista de cotexo da dixitalización. Estes resultados fan que o 4º obxectivo non se consiga na súa totalidade.
Respecto do último obxectivo, hase onsensuado na CCP varios documentos que recoll aspectos esenciáis dá dixitalización non contexto dá ensinanza e aprendizaxe non colexio.
 

Proposta de mellora

Despois de tres anos de vixencia e desenvolvemento do plan dixital, faise imprescindible abordar a realización dun novo plan, partindo dunha nova análise DAFO, valoración do contetxo, avaliación Selfie, as necesidades de formación emerxentes do profesorado.
Por outra banda é preciso que desde a CCP abórdense aspectos concretos da avaliación, centrados nos procedementos comúns: rubricas e formularios.
Así mesmo, dotouse á CCP dunha lista de cotexo que é necesario revisar  ao comezo de cada curso e retomar aspectos sobre todo relacionados co ensino e a aprendizaxe.
Non debemos esquecer a inmersión da Intelixencia Artificial que fai necesario un plan de centro específico, cohente e adaptado á realidade. Por iso é polo que unha nova análise do contexto faise moi necesario.

Por estes motivos será necesario:
1º Atender ás necesidades de formación expresadas, sobre todo, no referente a Competencia dixital docente.
2º Formación de grupos de traballo en liña coa CDD e a aula polos creativos.
3º Realizar unha análise Selfie novo no mes de novembro para realizar un novo DAFO que se adapte ao novo contexto e a IA.
4º Seguir potenciando desde a CCP o proceso de ensino-aprendizaxe @teniendo en cuenta a lista de cotexo.
5º Propoñer un obxectivo concreto sobre IA que dea resposta ás esixencias a curto e medio prazo.


 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

No contexto do Plan de comunicación colexial, o Equipo de Comunicación velará para que as acción acometidas no Plan Dixital sexan coñecidas por medio das redes sociais do colexio.

Ademáis temos que ter en conta:

-       A súa presentación o Consello Escolar na primeira reunión do curso actual e aprobación.

-       Informar o claustro na reunión do 26 de setembro de 2023.

-       Para a difusión do plan á comunidade educativa publicarase na intranet colexial. 

-        Da mesma forma, consideramos á Comisión de Coordinación Pedagóxica corresponsable da difusión e dinamización do plan entre o profesorado, a través das reunións de ciclos e equipos didácticos.

Enlace ó plan dixital na web colexial: PLAN DIXITAL CPR SANTA MARÍA - OURENSE

a difusión para o curso 2023-2024 n luirás e unha ligazón ó plan DIXITAL en Educalidade.