Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación de Plan Dixital en relación coa normativa vixente

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliteno desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras,exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten. A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Esta resolución ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contextualización do PD no Centro e contibución ao Proxecto Educativo.

A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e fórmese como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna. O Plan Dixital de Centro encaixa no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios. . O Plan Dixital incluirase no Proxecto Educativo do Centro, co fin de promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, desde aqueles relacionados con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe.

Segundo se recolle da Memoria Final do curso 2021-2022 recollemos as seguintes propostas de mellora relacionadas con Plan Dixital:

• Reforzar, dende cada materia, as actividades relacionadas coas TIC.

• Continuar empregando diferentes metodoloxías e innovar a nosa forma de ensinar segundo as necesidades do noso alumnado e das circunstancias que se presenten. • Atender á brecha dixital dos nosos alumnos/as intentando paliala na medida do posible.

• Implicar ás familias na formación e seguridade dixital dos seus fillos/as.

• Participar no Proxecto Erasmus +.

• Dependendo da situación pandémica, recuperar a participación nos proxectos colaborativos entre etapas do alumnado e profesorado do centro

Na PXA vemos obxectivos directamente relacionados coa dixitalización, tanto do centro coma da sociedade:

- Continuar formando no uso das TIC á Comunidade Educativa para promover a mellora dos procesos de comunicación e no beneficio da aprendizaxe dinámica, didáctica e experiencial; aumentando a motivación e interese do alumnado: obxectivo para o que o Plan Dixital vólvese imprescindible.

- Educar ao alumnado na autonomía e responsabilidade : O Plan Dixital fará seu este obxectivo , pero concretándolo no mundo virtual.

- Entrar no proxecto Erasmus+

Proceso de elaboración

Ao longo do curso 2021-2022, o centro elaborou o documento do Plan Dixital para que sirva de referencia a toda a comunidade educativa, de xeito que no curso 2022-2023 a súa aplicación sexa efectiva. Para o deseño e elaboración do Plan Dixital púxose a disposición de toda a comunidade educativa, a través do portal educativo, un espazo específico de competencia dixital na que se recolleu toda a información e ferramentas para o seu desenvolvemento.

1. Realización da análise da situación do centro a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

2. Realización da diagnose de situación do centro.

a) A partir do Informe SELFIE, o centro xerou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permite a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

b) O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

3. Deseño e elaboración do Plan Dixital

4. Aprobación do Plan Dixital O Plan Dixital será aprobado pola Dirección do centro unha vez oído o claustro e será e levado como informe ao Consello Escolar.

5. Implementación do Plan no curso 2022-2023 e proceso de avaliación e mellora continua.

6. A partir deste proceso de avaliación e mellora, reformúlanse os obxectivos e accións a levar a cabo durante o curso 2023-2024.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usou a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Esta ferramenta, está desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

 De xeito complementario, o profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2), polas áreas deste Marco e devolve un detallado feedback. Así mesmo, esta plataforma xerou un Informe de Centro

A partir do Informe SELFIE, o centro xerou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permite a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado carece das ferramentas necesarias e non está suficientemente formado para identificar fontes fiables na rede e recoñecer o traballo doutras persoas que atopan en internet (H4) Alumnado Si
Debilidade Escaso nivel formativo dunha gran parte das familias (C11) Familias Si
Debilidade O centro non dispón de dispositivos portátiles na etapa de primaria para que o alumnado poda levalos para a casa e empregalos para realizar as súas tarefas, e tampouco teñen suficientes dispositivos para traballar na aula (C 10) Infraestruturas Non
Debilidade O profesorado carece de tempo para mellorar o seu método de ensinanza empregando as tecnoloxías dixitais (A4 OP) Oferta Non
Debilidade No centro carécese de espazos físicos suficientes dotados de equipos dixitais na etapa de Educación Primaria (C 14) Organización de centro Non
Debilidade Poucas veces o profesorado emprega as tecnoloxías dixitais para a autoevaluación, coevaluación e retroevaluación (prácticas de avaliación) (G1 e G3) Persoal docente Si
Debilidade O profesorado fomenta pouco a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais (F6) Persoal docente Si
Fortaleza O centro ensina ó alumnado a actuar de maneira responsable en internet (H) Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Alumnado Si
Fortaleza As familias do centro dispoñen de dispositivos dixitais na casa, adecuado para realizar o traballo. Familias Non
Fortaleza A etapa de secundaria dispón de dispositivos portátiles individuais para que o alumnado poida levalos para casa e empregalos na aula (C8) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón dunha excelente red de datos, que permite un bo acceso a internet dende todas as aulas (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro coñece e difunde a política de protección de datos entre todos os grupos de interese (C7) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón dunha estratexia dixital (A1) Oferta Non
Fortaleza No noso centro respectamos os dereitos de autor e as licencias de uso cando emprega as tecnoloxías dixitais para a ensinanza e a aprendizaxe (A5 OP) Oferta Non
Fortaleza Todo o profesorado ten acceso a formación continua no ámbito das tecnoloxías dixitais (A4 OP) Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en internet (E1) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza recursos dixitais para adaptarse a las necesidades específicas de los alumnos (F4) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para comunicacións relativas ao centro educativo (E4 Persoal docente Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de persoal para realizar todas as tarefas que implica unha educación dixital de calidade Administración educativa Non
Ameaza Pouca implicación na dixitalización do Centro (A1) ANPA Non
Ameaza Existencia dunha grande cantidade da familias cun medio económico medio-baixo que pode dificultar a alfabetización dixital do alumnado (C11) Contorna Non
Ameaza Excesiva burocracia que supón unha sobrecarga do persoal docente (A4) Lexislación Non
Ameaza Cambios continuos no currículo educativo (A4) Lexislación Non
Ameaza Poucas entidades que oferten actividades de competencia dixital e moita demanda por parte dos centros educativos da contorna (B3 e A6) Outras Non
Oportunidade A Administración educativa aposta por unha educación dixital (A1 e A3) Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA propón iniciativas e participa nas actividades propostas dende o centro ANPA Non
Oportunidade O Centro se sitúa nunha zona urbana cun bo acceso a rede de internet (C 11) Contorna Si
Oportunidade Introdución de contidos relacionados coa dixitalización en todas as materias Lexislación Non
Oportunidade Aumento da oferta de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías (B3) Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos factores internos e externos e tendo en conta aspropostas de mellora do curso anterior  tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2023-2024.

  • Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1)    
  • Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6)   
  • Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4)    
  • Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11)    
  • Actualizar o Plan de comunicación do centro (B3)    
  • Actualizar os dispositivos dixitais (C8, C10)   

Como puntos fortes do centro podemos establecer unha boa dotación tecnolóxica e un profesorado dinámico e aberto a novas posibilidades de mellora.  Temos un entorno implicado (profesorado, familias, servizo de formación, Premium, asesora ADIX,...) nos que podemos apoiarnos para mellorar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1)
O02PD Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6)
O03PD Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4)
O04PD Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11)
O05PD Actualizar o Plan de comunicación do centro (B3)
O06PD Actualizar os dispositivos dixitais (C8, C10)

Seguimento

Procedemento

O seguimento trimestral do Plan realizarase nas Actas trimestrais de Ciclo.

Reunións co mentor ADIX

O equipo do plan de dinamización do plan dixital levará a cabo, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para poñer en coñecemento e valorar os avances do plan.

Por último, a persoa coordinadora terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances e avaliacións pertinentes deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

 

1º Trimestre

Durante o 1º trimestre, empregáronse diferentes plataformas e recursos dixitais moi activamente. A comunicación cos alumnos e as familias seguiu a realizarse a través de Educamos pero, especialmente en Secundaria, a entrega de traballos e a comunicación directa cos alumnos segue a facerse principalmente a través das diferentes aplicacións de Google: Classroom, Drive, Meet e Gmail. Tamén se utilizaron os Formularios de Google para a realización de Quizzes e Cuestionarios.

Na ESO está implantado o programa E-Dixgal da Xunta de Galicia, para a dixitalización dos materiais educativos e leváronse a cabo este trimestre dúas actividades relacionadas co Plan Dixital de Centro:

Proxecto EnRedes (1º ESO)

Aula Newton (4º ESO)

Charla adición as novas tecnoloxías .PROGRAMA CONECTADOS (1º Y 2º eso)

O05PD :Revisáronse os plans e protocolos de comunicación antigos así como  as canles de información e comezouse a redactar o novo plan de Comunicación

2º Trimestre

Revisión de obxectivos:

O01PD Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1)    

Todo o profesorado utiliza ferramentas dixitais de forma habitual para o seu labor docente.

O02PD Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6)    

Existen varios proxectos no centro no que participa alumnado de diferentes etapas (Educaixa, Interculturalidade)

O03PD Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4)    

Nas diferentes materias, fanse proxectos de investigación que implica o uso de ferramentas de busca de información. Ademáis, os alumnos de 6º de Educación Primaria acoden a aula de informática para traballar estas ferramentas.

O04PD Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11)  

Pendente 

 O05PD Actualizar o Plan de comunicación do centro (B3) :

 Durante este trimestre non se avanzou na actualización do Plan de comunicación polo que queda pendente para o próximo trimestre

O06PD Actualizar os dispositivos dixitais (C8, C10)

Oxxectivo acadado na primeira avaliación.

Durante o 2º trimestre, continuouse empregando diferentes plataformas e recursos dixitais moi activamente. A comunicación cos alumnos e as familias seguiu a realizarse a través de Educamos pero, especialmente en Secundaria, a entrega de traballos e a comunicación directa cos alumnos segue a facerse principalmente a través das diferentes aplicacións de Google: Classroom, Drive, Meet e Gmail. Tamén se utilizaron os Formularios de Google para a realización de Quizzes e Cuestionarios.

O profesorado continúa a formarse na competencia dixital. Varios docentes están a traballar para conseguir a competencia B2 e na formación en polos creativos (á espera da chegada do material).

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende estas perspectivas:

  • Avaliación inicial: Realizarase durante o primeiro trimestre do curso 2023/24, na que se terá en conta o contexto, antecedentes, necesidades de formación, coordinación, estudo dos medios dispoñibles nos fogares e no centro, a partires do informe SELFIE realizado no curso 21/22, e un análise doutros proxectos do centro ou doutros centros. Estas accións realizaranas tanto o equipo directivo, como a persoa coordinadora do plan dixital.
  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase una revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento
Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

.Posibles objetivos para el curso 2024-25:

O0xPD Formar ao profesorado sobre o material de Polos Creativos.
O0xPD Inventariar o material dixital do centro.

 

.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Consideramos esencial a difusión do noso Proxecto. Con este obxectivo crearemos un plan de difusión do mesmo no que quedarán reflictidos os mecanismos articulados para que a información poida chegar a todos os grupos de interese. Os ítems mínimos a recoller en dito plan de difusión do Proxecto a través de:

- Páxina web: Plan Dixital Santo Ángel

- Redes sociais: Instagram, Facebook,...

- Canles da Institución: Red interna e Educamos.

- Presentación Claustro, Consello Escolar, ANPA, PAS,...

- Enlace directo al Plan dende Educalidade:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32008410