Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso Centro está situado nunha zona eminentemente rural, no Sureste da provincia de Ourense, está enclavado no Concello de Oímbra con dúas zonas ben diferenciadas: o val e a montaña.

A contribución do PD ó PE debemos velo dende a perspectiva de cómo pode reforzar este plan o uso axeitado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa. E sempre tendo en conta que a competencia dixital é unha das competencias clave nas que é necesario traballar co alumnado ó longo do seu paso por educación infantil e primaria.

Dito isto debemos ter en conta que o PE do Ceip de Oímbra indica dentro da súa identidade uns compromisos coa educación:

Progresista: que mira hacia o futuro, o cal é imposible sen as novas tecnoloxías, os futuros cidadáns están inmersos nunha sociedade na que a importancia de ser capaz de seleccionar a información, sendo crítico con ela, se converte nun punto vital.

Integradora e Igualitaria: a brecha tecnolóxica sempre foi un problema para o logro desta integración, para a igualdade do alumnado, que se viu agravada coa pandemia.

Plural: fálanos do dereito á liberdade de pensamento, ideas ou opinións, do dereito á igualdade, e todo isto nos medios de comunicación virtuais cobra especial importancia na actualidade.

Dentro da PXA vemos obxectivos directamente afectados pola dixitalización, tanto do centro coma da sociedade:

 Promover nos centros un clima de convivencia positivo, fomentando a igualdade entre sexos, o respecto as diferencias entre iguais e a prevención da violencia de xénero e do acoso escolar. O plan de dixitalización fará o seu obxectivo, pero concretándoo no mundo virtual.

. Desenrolo da competencia dixital do alumnado e do profesorado: un obxectivo para que o plan de dixitalización se volve imprescindible.

. Promover as relacións e establecer canles de comunicación fluídas coas familias, a ANPA e coas institucións e organismos próximos creando un clima de convivencia positivo. As canles deben ser presenciais preferentemente, pero as canles dixitais amosáronse imprescindibles nestes tempos de confinamento,debendo seguir sendo canles que se utilicen pola súa efectividade en todas as situacións.

A normativa relatia ó Plan Dixital de centro é a seguinte:

  • Art. 111 bis da LOE.
  • Art. 121 e 132 da LOE.
  • A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa

Para a elaboración do Plan Dixital teranse en conta os principios, obxectivos e referentes que a continuación se indican.

1. Principios:

a) A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.

b) O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.

c) A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

2. Obxectivos:

a) Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimice a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

 b) Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.

c) Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

d) Definir o equipo responsable de dinamización do Plan Dixital e a súas funcións.

3. Referentes:

a) A transformación dixital dos centros educativos atenderá ás tres dimensións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg): pedagóxica, tecnolóxica e organizativa.

b) O marco europeo propón unha análise do centro baseado en sete elementos: Infraestrutura, Liderado e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo, así como Redes de Apoio e Colaboración. Cada centro poderá engadir outros elementos adecuados ás súas características específicas.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron  o informe SELFIE e o test CDD, os cales adxunto nos Anexos.

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7. Escasa creación de contidos por parte do alumnado. Alumnado Non
Debilidade C7. Discrepancia á hora de ter unha protección de datos efectiva. Infraestruturas Si
Debilidade A2. Existe certa discrepancia na estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza F4. O alumnado implícase no proceso de ensino aprendizaxe aínda que esta práctica podería mellorar. Alumnado Non
Fortaleza C1. Existe un bo equipamento no noso centro. C2. O centro conta con suficientes dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza E1. Existe unha diversidade ampla de recursos dixitais educativos. E4. Presentamos unha boa comunicación entre toda a comunidade educativa. Persoal docente Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3.O alumnado considera que o acceso a internet é o axeitado, mentres co profesorado discrepa neste punto. Administración educativa Si
Ameaza C7. Descoñecemento no relativo á protección de datos. Lexislación Si
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Outras fontes:

. Análise cualitativa e cuantitativa a partires do informe selfie e do test CDD.

. Dinámica dos “ 3 porqués”.

. Videoconferencias relatadas polo noso mentor que nos asesorou e nos proporcionou documentación para a realización do mesmo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar o coñecemento da estratexia e competencia dixital (D1)
O02PD Sensibilizar a toda a comunidade educativa acerca da protección de datos. (A1)
O03PD Actualizar os dispositivos dixitais da aula de informática.(C1).
O04PD Realizar inventario do centro do equipamento infórmatico

Seguimento

Procedemento

O seguimento realizarase como mínimo unha vez por trimestre e teranse en conta as datas previstas no plan de acción. Os aspectos a valorar serán: o estado de execución das accións e a análise, estado e valoración dos resultados, tendo en conta as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre se levou a cabo a petición do PFPP relacionado cos Polos Creativos para empezar a introducirnos neste ámbito. Fíxose durante o mes de Outubro e nel participan todos os mestres do centro, o que indica o intento de mellora e interese neste ámbito.

No mes de novembro, as familiasrecibiron charlas sobre o uso seguro dos dispositivos móbiles e a forma nas que se poiden afrontar na casa  a implementación de normas, especialmente ene todo en idades temperás) para así establecer unha sá relación cas pantallas, na medida do posible. Subliñar que pese ao valor da charla a asistencia ou participación das familias non foi moita, pese a que se anunció na páxina web e enviarónse mensaxes por Abalar. 

Neste mesmo mes, e xa encamiñado ao alumnado, levarónse a cabo charlas informativas sobre o uso dos móbiles, a protección de datos e ciberseguridade. Esto último foi máis dirixido aos alumnos e alumnas do terceiro ciclo, por ser os que máis poiden estar expostos debido ao uso de redes sociais. A participación e implicación dos nenos foi9 satisfactoria.

Por último, referente ao

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre recibiuse información respecto a formación relacionada cos polos creativos, ca protección de datos e cas aplicacións informáticas que poden ser empregadas na aula. Por outra banda fíxose inventario dos elementos informáticos que se encontran dentro das aulas.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital teranse en conta os seguintes contextos:  Contexto de avalliación procesual e contexto de avaliación final. 

- No contexto da avaliación final  que se realizará como mínimo unha vez ao ano, os aspectos a valorar serán:

·        A valoración do logro dos obxectivos.

·         As propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro difundirase a toda a comunidade educativa a través da páxina web do colexio, do blogue da biblioteca, así coma a través do bloque da ANPA para dar a máxima difusión posible.

O seguinte enlace estará exposto na páxina web do centro para poder acceder a súa visualización:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32008173