Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Centro, para o que se desenvolve este Plan Dixital, é un CEIP de carácter público, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia situado no Concello de Muíños. O Centro atópase no pobo de Mugueimes e foi inaugurado no ano 1973. Pola súa situación o seu contorno é un medio rural, formado por varios pobos dispersos dos que proveñen a maioría dos alumnos/as a excepción de catro alumnos/as que residen no mesmo núcleo, por esta circunstancia todo o alumnado acude ao centro en transporte escolar e fai uso do servizo de comedor.

As TIC están presentes no día a día da sociedade actual e, por tanto tamén na nosa contorna, polo que entendemos que o seu uso e aproveitamento debe ser algo presente, de forma natural, no proceso de ensino-aprendizaxe do centro. O uso común de medios deste tipo nas nosas accións diarias para comunicarnos, crear e compartir ou buscar información debe reflectirse no medio educativo, e ademais con elementos de mellora na calidade do ensino que posibilitan o acceso a información tanto para o profesorado como para o alumnado.

O uso dos medios informáticos, xa dende a etapa de Educación Infantil, é algo habitual no centro, que trata de aproveitarse dos avances tecnolóxicos en pos de conseguir un ensino de maior calidade. Así por exemplo, nos últimos catro cursos desenvolveuse un PFPP cunha liña denominada “Dinamización da biblioteca escolar a través das TIC”,  co que se pretende unha alfabetización dixital desde as primeiras etapas educativas, centrada en que o alumnado comprenda o papel creativo e comunicativo das ferramentas tecnolóxicas, máis alá dun uso de lecer pasivo e do consumo de contidos. Entendemos que a capacitación tecnolóxica e o uso destes recursos, como elementos motivadores e estimuladores do aprendizaxe, son esenciais para o desenvolvemento da competencia dixital.

Nos últimos cursos, a consecuencia da COVID-19 o uso das tecnoloxías dixitais fíxose aínda máis patente no centro. No Plan de continxencia establecéronse unha serie de medias que se adoptarán no caso de suspensión da actividade lectiva e que inclúen as tecnoloxías dixitais, para así facer efectivo o ensino non presencial e a comunicación coas familias. Establécese, entre outras cousas, que o profesorado preferentemente a través da aula virtual do centro determinará as tarefas que deberá realizar o alumnado garantindo a adquisición das aprendizaxes e a avaliación continua.

Por todo o exposto con anterioridade, para a elaboración do Plan Dixital do noso centro basearémonos nos principios, obxectivos e referentes que a continuación se indican:

  • PRINCIPIOS:

a) A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.

b) O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.

c)A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

  • OBXECTIVOS:

a) Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimice a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

b) Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.

c)Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa .

d)Definir o equipo responsable de dinamización do Plan Dixital e a súas funcións.

  • REFERENTES:

a) A transformación dixital dos centros educativos atenderá ás tres dimensións: pedagóxica, tecnolóxica e organizativa.

b)Análise do centro baseado en sete elementos: Infraestrutura, Liderado e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo, así como Redes de Apoio e Colaboración.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes empregadas en cursos pasados, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Os alumnos non teñen conciencia crítica ante a información de internet. Alumnado Si
Debilidade O alumnado necesita mellorar a competencia dixital para crear contidos e comunicarse coas tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Falta de espazos físicos adecuados para a ensinanza aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade No centro non existen repositorios ou biliotecas en liña con materiais para o ensino-aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade O centro non conta cunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Empréganse algúns servizos educativos non corporativos. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo no horario escolar para explorar as tecnoloxías dixitais. Coñecemento dos dereitos de autor. Persoal docente Non
Debilidade O persoal docente usa ocasionalmente os contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non se avalían os progresos de ensino aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Existen contornos virtuais de ensino-aprendizaxe co alumnado. Alumnado Si
Fortaleza As actividades de aprendizaxe dixital resultan moi motivadoras para o alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Continuo uso das tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre a familia e o centro. Familias Si
Fortaleza O centro conta con acceso a internet para o proceso de ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica para os problemas do equipamento e internet Infraestruturas Non
Fortaleza Os docentes teñen a posibilidade de formarse en competencias dixitais coa Administración Educativa. Oferta Non
Fortaleza Existen plan de formación no centro. Oferta Si
Fortaleza O centro usa os servizos dixitais para a difusión de información de interese. Organización de centro Non
Fortaleza Participación do centro en programas de competencia dixital Organización de centro Si
Fortaleza Os docentes crean recursos dixitais para reforzar o seu método de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza Os docentes empresan as teconoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dotación de equipamento tecnolóxico insuficiente. Administración educativa Si
Ameaza Falta de infraestructura dixital para alumnos e docentes. Administración educativa Si
Ameaza Inexistencia de ANPA no centro educativo. ANPA Non
Ameaza Falta de competencias dixitais nas familias. ANPA Si
Ameaza Baixa competencia dixital dalgunhas familias. ANPA Si
Ameaza Ambiente competitivo e reticencia a compartir ideas. Contorna Non
Ameaza -Baixo acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Cambios normativos que implican unha carga burocrática para os centros e equipos docentes. Lexislación Non
Ameaza Falta da colaboración intercentros para compartir experiencias. Outras Non
Oportunidade Programas da Consellería vinculados ás TIC como edixgal, espazos maker...) Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa dotará de equipos e conexión ás familias vulnerables. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade A maioría das familias dispoñen de conexión a internet. ANPA Non
Oportunidade Colaboración e implicación de institucións alleas ao centro educativo. Contorna Si
Oportunidade A lexislación educativa aposta polos cambios nos modelos de ensinanza aprendizaxe centrados nas tecnoloxías dixitais. Lexislación Si
Oportunidade Iniciativas de colaboración intercentros para compartir experiencias. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizada a situación de partida do noso centro, definiremos o Plan de Acción. Durante todo este proceso utilizáronse como ferramentas a Aula Virtual do Centro, as reunións presenciais dos membros do Grupo de traballo e as sesións de docencia establecidas no PFPP baixo o formato de Itinerario 1 “Plan Dixital”.

Os pasos que se seguiron foron os seguintes:

1-Determinar os obxectivos que queremos conseguir.

A partir do DAFO, elaborado con anterioridade, establecéronse unha selección de obxectivos, buscando que solucionen debilidades do centro ou afronten ameazas e aproveitando, se é posible, as fortalezas e oportunidades. Resultou fundamental facer unha selección de áreas prioritarias (en función das debilidades e ameazas detectadas) e pensando nos cambios que pretendemos conseguir no noso centro, para que así contribúan realmente á transformación dixital do centro, buscando obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal.

2-Determinar valores previstos da consecución dos obxectivos.

Para lograr os obxectivos anteriores concretamos unha escala numérica ou porcentaxe da consecución dos obxectivos que se corresponde co valor que queremos acadar para o obxectivo como conseguido, determinamos a temporización (data de fin prevista) e os recursos necesarios (materiais e humanos)
 

3-Determinar as accións para conseguir cada obxectivo.

Para lograr os obxectivos anteriores concretamos as accións que os desenvolverán, eliximos os responsables das mesmas (áreas, departamentos, docentes… ) e valoramos o seu cumprimento facendo un seguimento do seu estado (realizada, pendente ou aprazada).

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso crítico e seguro das tecnoloxías dixitais.
Constituír e nomear un Equipo Dinamizador do Plan dixital para definir, asentar e establecer unha estratexia dixital para o centro.
Promover o uso da Aula Virtual do centro
Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

Pedirase a colaboración da  persoa mentora ADIX para o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan.

1º Trimestre

Realízase un seguimento dos obxectivos:

AO1-Constituír e nomear un Equipo Dinamizador do Plan dixital para definir, asentar e establecer unha estratexia dixital para o centro: EN PROCESO .

*Pendente a acción AO1.5:Seguimento e control da estratexia dixital.

AO2-Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar: ACADADO

*Explícase na reunión xeral coas familias a importancia do uso da aplicación Abalar nas comunicacións familia/escola.  

AO3-Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso crítico e seguro das tecnoloxías dixitais:EN PROCESO

*Solicítanse as charlas do Plan Director e Navega con Rumbo  co obxectivo de "Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso crítico e seguro das tecnoloxías dixitais".

AO4-Promover o uso da Aula Virtual do centro: EN PROCESO.

*Crearonse cursos e matriculáronse aos usuarios na Aula Virtual do centro.

2º Trimestre

Realízase un seguimento dos obxectivos:

AO1-Constituír e nomear un Equipo Dinamizador do Plan dixital para definir, asentar e establecer unha estratexia dixital para o centro: ACADADO.

AO2-Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar: ACADADO

AO3-Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso crítico e seguro das tecnoloxías dixitais: EN PROCESO.

*Pendente da impartición das charlas do Plan Director e Navega con Rumbo.

AO4-Promover o uso da Aula Virtual do centro como repositorio de recursos: EN PROCESO.

*Pendente o emprego da Aula Virtual do centro por parte da totalidade do profesorado como repositorio de recursos docentes.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital tomarase como criterio a información que nos ofrezan os indicadores do Plan de Acción. A persoa coordinadora do equipo de dinamización do Plan Dixital será a encargada de coordinar esta avaliación.

Realizarase unha avaliación procesual ao remate de cada trimestre do curso 2023-24. Os aspectos que se valorarán incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Ao finalizar o curso, coincidindo coa última sesión da avaliación procesual, farase unha avaliación global na que se realizará unha valoración do logro dos obxectivos e se establecerán propostas de mellora.

Toda a información que nos reporten a avaliación será tida en conta tamén para a elaboración do Plan Dixital do seguinte curso, que correrá paralelo ao desenvolvemento do actual.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será presentado aos órganos colexiados do Centro, Claustro de Profesores e Consello Escolar. Así mesmo, será publicado na páxina web do centro e na Aula Virtual do Centro. Ademais, unha copia impresa quedará a disposición da Comunidade Educativa, na secretaría do Centro, e poderá ser consultada por quen o solicite.