Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

  •  - Nome do centro: CEIP Padre Crespo

      •  Dirección:Estrada de Maceda s/n 32670 Xunqueira de Ambía

    - Correo: ceip.padre.crespo@edu.xunta.gal

    - Páxina web:http://colexiopadrecrespo.blogspot.com/

    - Etapas educativas:Educación infantil e Educación Primaria

    4º Infantil: 8

    5º Infantil:14

    6º Infantil:13

    1º Primaria:21

    2º Primaria:13

    3º Primaria: 13

    4º Primaria: 10

    5º Primaria: 16

    6º Primaria: 18

    Profesorado

    3 mestras e 1  mestre para Educación Infantil

    1 mestre de Educación Física

    1 mestre de Inglés

    1 mestra de Música

    1 mestre de PT de Atención Preferente

    1 mestre de PT

    4 mestras de Educación Primaria

    Ademais da Orientadora do colexio,  contamos con profesorado compartido con outros centros:

    1 mestra de Atención Domiciliara e 1 mestre de Relixión.

    Ao ter Seccións Bilingües, contamos con unha persoa Auxiliar de Conversa compartida.

    En canto ao persoal non docente, dispomos de Coidadora, Oficial e Axudante de cociña.

    1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • No  CEIP Padre Crespo iniciamos hai uns cursos unha serie de actuacións coas que pretendíamos cambiar un colexio no que estaba esmorecendo. Demandamos moitas melloras nas instalacións, que pouco a pouco imos conseguindo, pero que non servirían de nada se non lle deramos un gran pulo a nivel educativo. Para iso fomos introducindo profundos cambios nas aulas, a través de metodoloxías activas, nas que primamos o protagonismo do alumnado, fomentando a cooperación entre iguais, o traballo interciclos, proxectos comúns a todo o centro, tentando espertar o espírito crítico e creativo dende as primeiras etapas.

    Paralelamente volcámonos na organización de actividades e saídas lúdicas e culturais que cambiaron dun xeito radical o día a día do centro educativo, e estamos presentes en moitas iniciativas e programas educativos da Consellería: Plans Proxecta (Consumópolis, Aliméntate Ben, PVDA, Mirando polo Camiño) Contratos-Programa (as 5 modalidades do CP Inclúe e as 5 modalidades do CP Innova), Seccións Bilingües, PLAMBE, Lectura e Familias, a Radio, Voz Natura, O Club de Ciencia,  robótica… que nos garanten poder contar con máis recursos, actividades, obradoiros ou saídas didácticas.  

  • O noso obxectivo fundamental como colexio rural é por unha banda, elevar a calidade do ensino, e por outra ofertar o maior número de actividades alternativas tanto educativas coma culturais, tentando compensar a falla de posibilidade de acceso ás mesmas para todos e todas, potenciando así a igualdade de oportunidades.  

  • Nos últimos cursos, coa nova filosofía do centro, coa  mellora das nosas instalación e dos servizos, que con moito esforzo, estamos a introducir,  pretendemos atraer novo alumnado para así garantir a supervivencia do colexio. Todo ese traballo estase a ver reflectido no número de alumnos e alumnas que, ano tras ano e paseniño, paseniño, está a medrar debido á aposta de moitas familias, incluso de fóra do  noso Concello, que buscan alternativas a centros grandes e masificados ou máis “tradicionais”. 

  • Con este incremento tamén aumentan os retos, a carga de traballo, parte dela asociada ás propias necesidades do novo alumnado, pero tamén, a ilusión e as gañas de seguir  dando pasos encamiñados cara conseguir que os nosos nenos e nenas, por moito que estean nun pequeno colexio do rural, poidan gozar duns servizos e dunha ensinanza de calidade, sen esquecer o cultivo dos valores humanos  que motivarán e orientarán as  inquedanzas da súa vida cotiá e da realidade social na que estamos. 

  • ¿¿O Plan Dixital do centro deberá contribuír a esta ensinanza de calidade e adaptada aos tempos que nos toca vivir. Temos que integrar as novas tecnoloxías coma algo natural no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Debemos estar preparados a tódolos niveis, tanto na formación do profesorado coma na dotación de medios e adaptación das instalacións para acometer a tarefa. No noso caso vai ser un reto dobre, ao estarmos inmersos nun cambio metodolóxico importante, xa que os contextos ou ámbitos educativos pasaron a formar parte do noso día a día e para o vindeiro curso iniciamos a aventura do programa Edixgal.

1.3.Breve xustificación do mesmo

 

  • Para levar a cabo este Plan dixital tívose en conta a normativa vixente en referencia ó mesmo, que de maneiar xeral se reflicte nas seguintes leis:¿Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021

  • Artigo 30.1. do DECRETO 150_2022 do 8 de setembro

  • Artigo 15 da orde do 30 de maio.

  • Artigo 34.1 do decreto 115-2022 do 15 de setembro

  • artigo 14 da orde do 26 de maio de 2023

  • 1.4.Proceso de elaboración

  • Para a elaboración do Plan dixital realizouse unha organización e reparto de tarefas en relación as características e persoal docente encargado das mesmas. Así o equipo de Dinamización do plan dixital, co seu responsable, así como co director do centro foron os encargados de repartir tarefas, enviar cuestionarios as familias, así como de programar as actividades que despois ían ser levadas a cabo polo resto dos mestres.

  • Para outras aportacións realizáronse grupos de traballo e charlas coloquio para a realización e análise de datos do DAFO, así como para unha valoración xeral. Tamén se tivo en conta a aportación das familias para a posterior aprobación no consello escolar. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para obter información previa e recollida de datos no centro tivemos en conta o informe SELFIE, así como o test de competencia dixital docente. Así mesmo tamen estendemos cuestionarios entre as familias e tivemos en conta a opinión das anpas así como do persoal non docente e do concello para ter unha imaxe mais global de todas as ameazas e fortalezas do noso centro

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dificultades no acceso a Internet e falta de formación e dispositivos axeitados Alumnado Non
Debilidade Falta de control no uso da rapazada das tecnoloxías Familias Non
Debilidade Oposición ao uso das tecnoloxías por parte de certas familias Familias Non
Debilidade Falta de formación Familias Si
Debilidade Infraestructura arcaica e antiga en varias zonas do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais obsoletos e avariados Infraestruturas Non
Debilidade Oferta de formación axeitada ou adaptada aos distintos niveis e intereses. Oferta Non
Debilidade Falta de estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Falta de recursos económicos para a estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Non hai plan de protección dixital de datos Organización de centro Non
Debilidade Ausencia de medios actualizados Persoal docente Non
Debilidade Non dispoñer de asistencia. Persoal docente Non
Debilidade Utilización da aula virtual Persoal docente Non
Debilidade Falta de estratexia dixital. Persoal docente Non
Debilidade Fomento da autoreflexión nos alumnos a traves de estratexias dixitais Persoal docente Non
Debilidade Habilidades e intereses dispares. Persoal docente Non
Debilidade Formación limitada. Persoal non docente Non
Fortaleza Motivación máxima en canto a uso das novas tecnoloxías Alumnado Non
Fortaleza Utilización de ferramentas dixitais para a mellora cognitiva Alumnado Non
Fortaleza Implicación co centro por parte de moitas familias no uso controlado das tecnoloxias dixitais Familias Non
Fortaleza Optimización no uso dos recursos. Infraestruturas Non
Fortaleza Rede Wifi en tódolos edificios (Redes Concectadas) Infraestruturas Non
Fortaleza Mellora no cableado do centro Infraestruturas Non
Fortaleza Formación continua de estratexias dixitais Oferta Si
Fortaleza Proxectos interdisciplinares Oferta Si
Fortaleza apoio o profesorado para execución de estratexias dixitais" Organización de centro Si
Fortaleza Inclusión do alumnado con dificultades Organización de centro Non
Fortaleza coordinacción correcta de propostas e actividades de ensino dixital, cursos, seminarios... Organización de centro Non
Fortaleza debatimos estratexias para o ouso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Ensino dun uso seguro das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Interese por aprender e estar ao día" Persoal docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Edificios pouco fucionais. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades para a mellora das instalacións. Administración educativa Si
Ameaza Axuda limitada dadas as características da nosa zona. " Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na lexislación. Lexislación Non
Ameaza Non estar ao día en canto a lexislación. Lexislación Si
Ameaza Pouca implicación do Concello na contribución a mellora do centro. Outras Si
Oportunidade Mellor dotación para o centro educativo Administración educativa Si
Oportunidade Mellora das insfraestruturas Administración educativa Non
Oportunidade Concienciación das familias para un uso axeitado das tecnoloxías. ANPA Non
Oportunidade Concienciación das familias para un uso axeitado das tecnoloxías. ANPA Non
Oportunidade Colaboración coas entidades, asociacións da comarca (formación, medios¿) Contorna Non
Oportunidade Fomento dun uso seguro dos dispositivos e aplicacións Lexislación Non
Oportunidade Interese do Concello polo bo funcionamento do colexio.. Outras Non
Oportunidade Cesión ou donación de equipamento Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos). 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD COMPRENDER O USO DE APPS UTILES PARA O USO DIARIO NA AULA
O02PD DOTAR EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE RECURSOS DIXITAIS
O03PD RECIBIR FORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE POLOS CREATIVOS
O04PD CONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL
O05PD INTRODUCIR AS TECNOLOXÍAS DIXITAIS COMO FERRAMENTA CLAVE NA AVALIACIÓN DE CONTEXTOS EDUCATIVOS

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
 

1º Trimestre

Realizouse unha visita do coordinador ADIX. Para os obxectivos realizamos unha serie de actividades:

O01PDCOMPRENDER O USO DE APPS UTILES PARA O USO DIARIO NA AULA

iniciación o uso de IDOCEO.

PROGRÁMAME PARA EDUCACIÓN E CONTEXTOS.

   O02PDDOTAR EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE RECURSOS DIXITAIS

Recepcións de armarios para portátiles.

adquisición de mac para avaliación e proxectos de video e fotografía

recepción de portátiles para edixgal

   O03PDRECIBIR FORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE POLOS CREATIVOS  

O coordinador de polos creativos comeza a súa formación

 O04PDCONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL 

Utilizamos dentro do que podemos oa biblioteca para a realización de programas de radio na biblio e algunha formación.

 

  O05PDINTRODUCIR AS TECNOLOXÍAS DIXITAIS COMO FERRAMENTA CLAVE NA AVALIACIÓN DE CONTEXTOS EDUCATIVOS

utilización e creación de rúbricas coa app prográmame.

Formación de docentes na mesma.

2º Trimestre

O coordinador adix realizou a visita correspondente para realizar axustes na elaboración do plan dixital.

- Revisión cumprimento accións do segundo trimestre

- Reunión con equipo ADIX

Valoración positiva

O01PDCOMPRENDER O USO DE APPS UTILES PARA O USO DIARIO NA AULA 

Seguimos coa aplicación do idoceo

  O02PDDOTAR EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE RECURSOS DIXITAIS 

Recibimos mais equipamento para as aulas en forma de portátiles

  O03PDRECIBIR FORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE POLOS CREATIVOS 

o coordinador de polos creativos recibe formación en impresión 3d e impresión, así como robótica.

Neste trimestre recibimos a formación sobre os Polos Creativos ademais dos seus Kits singulares. Os cales intentaranse ir traballando ao longo do terceiro trimestre.

  O04PDCONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL 

Realizamos gravacións na nosa radio para o día das letras galegas

Realización dun scape room na biblioteca con elementos dixitais.

   O05PDINTRODUCIR AS TECNOLOXÍAS DIXITAIS COMO FERRAMENTA CLAVE NA AVALIACIÓN DE CONTEXTOS EDUCATIVOS

Avaliamos a traves de idoceo e prográmame 

 

3º Trimestre

O 7 de maio recibimos a visita do coordinador ADIX, con valoración positiva, ademais seguironse traballando os obxectivos propostos:

O01PDCOMPRENDER O USO DE APPS UTILES PARA O USO DIARIO NA AULA 

o afianzamento xa foi maoir e moito do profesorado adquiriu coñecementos entorno a app usada

  O02PDDOTAR EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE RECURSOS DIXITAIS 

Seguiu chegando material o centro 

  O03PDRECIBIR FORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE POLOS CREATIVOS

Formación no centro e creación de evidencias relacionadas con polos creativos e tarefas de robótica.

   O04PDCONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL 

O espazo de radio seguiuse utilizando de mateira habitual.

  O05PDINTRODUCIR AS TECNOLOXÍAS DIXITAIS COMO FERRAMENTA CLAVE NA AVALIACIÓN DE CONTEXTOS EDUCATIVOS

Avaliarase o terceiro trimestre tamén a partir de rúbricas creadas con IDOCEO, así como prográmame para contextos educativos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Como xa foi indicado nun apartado anterior, o coordinador tentará monitorizar o uso dos cursos da aula virtual do centro. Os obxectivos de dotación de infraestrutura dependen da administración, polo que estamos supeditados a elo.

Proposta de mellora

A nivel xeral a coordinación co coordinador ADIX foi boa, realizando sesións trimestrais de valoración do plan, así como a solución de posibles díbidas e calquera dificultade que puidera xurdir durante este curso.

Como proposta de mellora plantexaríase unha actuación mais práctica e menos teórica, xa que a cantidade de tempo utilizada na teoría vai en detrimento da práctica eduativa cos alumn@s.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan dixital, utilizaremos as vías habituais de comunicación coas familias, si ben implementaremos outras a medida que os nosos recursos sexan maiores, así como a nosa formación e páxinas web e o seu uso correcto. Ademais tamén difundiremos o mesmo entre a comunidade educativa e introduciremos o mesmo no resto da vida cotiá, pois consideramos un aspecto básico na relación centro-entorno.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32005691