Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, unha visita trimestral ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión do director.
Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadáronse algunhas accións dos obxectivos propostos. Para o obxectivo O01PD que consiste en "Mellorar o DPC en competencias dixitais" realizouse a acción AO1.1 - Inscrición do profesorado en cursos para mellorar a formación dixital, logrando unha porcentaxe dun 80%. E a pesares de ter que lograr a acción AO1.2- Organizar intercambios de experiencias entre profesorado do centro, e a AO1.3 Crear un grupo de comunicación para compartir recursos dixitais no seguinte trimestre, observouse que tamén estaban acadadas.
En canto o O02PD que é "Desenvolver habilidades dixitais nas diferentes materias do alumnado", a acción AO2.3 Impulsar o uso do espazo creativo, foi acadada xa no primeiro trimestre, xa que, neste espazo se realizan actividades durante todo o curso escolar.
En relación ó obxectivo 003PD Inventariar o equipamento dixital do centro educativo a través da app Inventario da Consellería, realizouse a acción AO3.1. Creación dun cartafol no cal se recollerán os datos referentes ós equipos do centro e comezouse coa AO3.2. Recoller os datos referentes a todo o equipamento no cartafol destinado para tal fin creando un cartafol no cal iremos recollendo datos, entre os membros do equipo do Plan dixital, acerca do equipamento dixital co que conta o centro.
Ao longo do segundo trimestre seguimos polo mesmo camiño. Neste, acadáronse algunhas accións dos obxectivos propostos. En canto ó obxectivo 003PD “Inventariar o equipamento dixital do centro educativo a través da app Inventario da Consellería” conseguimos acadar a AO3.2. Recoller os datos referentes a todo o equipamento no cartafol destinado para tal fin
En canto o obxectivo 005PD que consiste en “Promover entre a Comunidade Educativa un correcto uso de ferramentas que nos aseguren unha correcta protección de datos” realizouse a acción AO5.1. Orientar á Comunidade Educativa en relación á seguridade, protección de datos personais e privacidade dixital a través da participación nunha charla en rede o 23 de xaneiro para toda a Comunidade Educativa sobre protección de datos.
Durante o terceiro trimestre, seguimos traballando e pondo en práctica os obxectivos acadados ó longo do curso e por outra banda, intentado acadar os que faltan. Así, en relación ó obxectivo 003PD Inventariar o equipamento dixital do centro educativo a través da app Inventario da Consellería non se puido levar a cabo a AO3.3. Traspaso dos datos recollidos no cartafol á app Inventario da Consellería.
No tocante ó obxectivo 004PD “Empregar o material dos polos creativos nas aulas” realizouse a acción AO4.2. Afondar nos coñecementos dos materiais a través de formación para poder empregalo nas aulas á hora de realizar diferentes proxectos didácticos, foi levado a cabo pola coordinadora dos Polos creativos a través das formacións establecidas para isto. En canto á acción AO4.1. Aprender a empregar os materiais que cheguen dos Polos creativos, non se logrou o obxectivo debido a que o equipamento de polos non foi recibido.
Avaliación
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Estableceranse ademáis os mecanismos de control para a avaliación das actividades desenvoltas, así como a adecuación ao centro e ao alumnado, podéndose diseñar instrumentos de avaliación como enquisas e cuestionarios.
Comunicación e difusión
As canales de difusión do Plan Dixital de centro son as seguintes:
- A páxina web do centro; onde se publica todo o relacionado ao centro, alumnado e familias.
- Red social: dase difusión ás actividades do noso alumnado e as publicación recentes da nosa páxina web.
- O Plan Dixital poderá consultarse a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32004829