Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento durante este curso será realizado a través das consultas co ADIX. Darase fe dos avances no plan dixital a través das actas das revisións periódicas.
O001PD Emprego de tokapp profesorado.
Durante o primeiro trimestre os titores de todos os cursos empregan xa a app de comunicación coas familias grazas á formación dada polos propios compañeiros. Os pais que o precisaron obtiveron consello e guía para o uso da app que é case empregada polo 100% dos pais.
O002PD Número de terminais a disposición do alumnado.
Durante este trimestre non se realizou ningunha compra de material informático.
O004PD Formación do alumado en seguridade na rede.
O alumnado da 1º e 2º da ESO participou o luns, día 7 de outubro, nun participativo obradoiro cun experto da POLICÍA NACIONAL no que os estudantes debateron e falaron sobre a igualdade e tamén de seguridade na rede, de autoprotección e pautas para non deixar pegada dixital. Tamén os orientaron sobre os bulos nas redes e a forma de atopar información fiable.
Durante o mes de decembro un especialista da Guardia Civil impartiu charlas a o alumnado da ESO dentro da súa campaña de preveción da violencia de xénero e como un dos aspectos máis importantes tratouse a seguridade na rede, o seu papel como usuarios e asúa responsabilidade.
O005PD formación dixital do profesorado
Ao redor do 80% do profesorado cursou formación de FPROFE correspondente a súa competencia dixital docente, a maioría están xa no nivel B1. Outros xa partiron dese nivel por ter participado en actividades e están acadando o B2.
O001PD Emprego de tokapp profesorado.
Durante este segundo trimestre o equipo formado por Sonia Vila Blanco e Mónica Caneda Fuentes pasaron a encargarse de calquer pequeno problema que surxe coa aplicaicón Tokapp. Tamén os titores se formaron para guíar ás familias do alumnado que chega ao centro fora dos prazos habituais. Tamén se implementaron novos usos como as respostas pechadas e abertas da app.
O002PD Número de terminais a disposición do alumnado.
Durante este trimestre non se realizou ningunha compra de material informático pero si se renovaron e actualizaron dous portátiles obsoletos para poder realizar a proba piloto da AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO ONLINE para 18 alumnos simultáneamente.
O004PD Formación do alumado en seguridade na rede.
Durante esta avaliación non se realizou ningunha formación específica de seguridade na rede pero está programada para o 11 de abril "Iniciaciónsegura á pegada dixital e ás redes sociais" para o alumnado de 2º da ESO.
O005PD formación dixital do profesorado
Ao redor do 80% do profesorado está a recibir formacióh CDD para chegar a acreditación seguinte á que ten actualmente chegando no 50% ao B1.
Outros cursos relacionados coas competencias dixitais realizados:
A IMPRESIÓN 3D NO ENSINO FPROFE 4 profesores, 2 profesores de EP e 2 de ESO.
MANEXO E POSIBILIDADES DUNHA CORTADORA LÁSER, 5 profesores, 2 de EP e 3 da ESO.
O001PD Emprego de tokapp profesorado.
O002PD Número de terminais a disposición do alumnado.
O004PD Formación do alumado en seguridade na rede.
11 de abril de 2025 Obradoiro participativo "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" para o alumnado de 2º da ESO. 27 alumnos asistiron ao obradoiro que durou 1 hora e media. O resultado foi moi satisfactorio.
O005PD Formación dixital do profesorado
Avaliación
PROCEDENTO PARA A AVALIACIÓN
QUEN? Claustro de profesores.
CANDO? Claustro unha vez ao trimestre, ADIX dúas veces ao trimestre.
CÓMO? Comprobación directa ou a través de documentación dixital.
A avalización será realizada unha vez ao trimestre por parte do Claustro de profesores e dúas veces ao mes da man da ADIX. A comprobación farase insitu e a través das visitas: compra de material (comprobación directa da compra e a instalación dos aparatos) ou cursos ou obradoiros a través de docuentación dixital (fotos e publicacións), a formación do profesorado a través de FProfe pódese comprobar a súa evolución.
A avaliación do PLAN DIXITAL será unha labor continuada ao longo do curso, o claustro de profesores e os integrantes do grupo de traballo do PD analizarán periódicamente a súa efecitvidade e, a través das visitas da ADIX, levantase acta de cada un dos avances do PD.
Comunicación e difusión
Curso 24/25
No presente curso o PD foi presentado ao Claustro de profesores e ao Consello escolar o mesmo día, 30 de setembro de 2024. En canto esté revisado estará dispoñible na nosa web www.sagradocorazoncelanova.com e en Educalidade para a súa consulta.
Curso 24/25
A primeira acción de difusión do Plan Dixital levarase diante no Claustro do Profesorado celebrado ao final do presente curso , nesta reunión explicaranse pormenorizadamente as acción propostas para o vindeiro curso. Recolleranse suxerencias ou propostas de modificación para o seguinte plan de acción.
A finais do mes de xuño terá lugar tamén a última reunión do Consello Escolar no que será presentado o Plan Dixital aos representantes dos alumnos e as familias.
-O PLAN DIXITAL será colgado na web na que terá un enlace exclusivo de acceso na sección de Secretaría.
-Previa á formación do profesorado reiterarase a información sobre o PLAN DIXITAL.
-Previa á formación do alumnado reiterarase a información sobre o PLAN DIXITAL.