Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento durante este curso será realizado a través das visitas do Adix. Patricia Conde Cid. Darase fe dos avances no plan dixital a través das actas das reunións periódicas.
21/10/2023
- Creado grupo de traballo para manexo da app TOKAPP. Todos os docentes tiveron que enviar a documentación ás familias coa aplicación. Quedaron tras reunión de inicio de curso coas familias que precisaban axuda coa inatalación e manexo da app.(obx.1). Este curso o equipo do comedor incorpórase ao uso de TOKAPP para informar sobre os menús e calquera incidencia sobre o comedor.
- Adquisición das pantallas SMART froito da subvención indicada, xa están instaladas e dispoñibles. 6 pizarras dixitais SMART.
- Adquisición das pantallas SMART para 6 aulas con subvencionadas. 6 pizarras dixitais SMART.
- Solicitado curso da Garda Civil de seguridade na rede. (OBX 4)
- Xornadas de Educación Financiera na ESO cun módulo sobre seguridade na rede. 10 de outubro 2023.
- Solicitado mancomunidade de Celanova sobre protección na rede (bulling, ciberacoso...(OBX. 4)
PLANIFICACIÓN DE FORMACIÓN: Durante o mes de xuño e setembro 2023 o profesorado matriculouse a través de FPROFE nos cursos pertinentes para acadar o seguinte nivel na súa formación na Competencia Dixital Docente.
O01PD Promover o emprego da app Tokapp por parte de todo o profesorado e ampliar o uso de utilidades e prestacións. Facer partícipes ás familias destas novas utilidades e informalas do seu bo uso. Neste trimestre continuamos a mellorar o emprego da nosa app de comunicación coas familias. O menú do comedor e as súas incidencias xa se envían regularmente por Tokapp. En EI xa é o primeiro medio de comunicación coas familias.
O04PD Formación do alumado en seguridade na rede. Seguridade persoal, fiabilidade da información recibida. Formación dentro da materia de tecnoloxía con atención especial á seguridade na rede e fiabilidade da información. Os alumnos de 4º mellorarán tamén a súa competencia dixital practicando para o Certificado de competencia dixital.
O05PD Formación dixital do profesorado, Este obxectivo está prácticamente acadado pois todo o profesorado matriculouse nos cursos de Competencia Dixital para, alomenos, acadar o seguinte nivel ao que tiñan ao inicio de curso. O obxectivo é acadar todo o claustro de profesores o nivel B1 o vindeiro curso.
O06PD Dixitalización aulas. Sustitución de proxectores, pantallas e portátiles por nova tecnoloxía en pizarras dixitais SMART a cargo de orzamento do centro
Procedeuse á adquisición de 1 pantalla SMART a cargo do propio centro educativo para completar todas as aulas de EI, EP e ESO. Neste segundo trimestre pasan a ter tecnoloxía SMART todas as aulas do centro cumprindo co obxectivo establecido. Procedeuse tamén a colocación dun proxector xa existente no centro na Aula Informática da ESO conectado ao servidor da aula para así proxectar as tarefas para todos os alumnos que seguen as clases dende os seus terminais.
O05PD Formación dixital do profesorado. Rematados os cursos de FProfe para acadar o seguinte nivel dentro da Competencia Dixital Docente. O obxectivo é acadar, alomenos, o nivel B2 todo o profesorado.
Avaliación
PROCEDENTO PARA A AVALIACIÓN
QUEN? Claustro de profesores e ADIX.
CANDO? Claustro unha vez ao trimestre, ADIX dúas veces ao trimestre.
CÓMO? Comprobación directa ou a través de documentación dixital.
A avalización será realizada unha vez ao trimestre por parte do Claustro de profesores e dúas veces ao mes da man da ADIX. A comprobación farase insitu e a través das visitas: compra de material (comprobación directa da compra e a instalación dos aparatos) ou cursos ou obradoiros a través de docuentación dixital (fotos e publicacións), a formación do profesorado a través de FProfe pódese comprobar a súa evolución.
A avaliación do PLAN DIXITAL será unha labor continuada ao longo do curso, o claustro de profesores e os integrantes do grupo de traballo do PD analizarán periódicamente a súa efecitvidade e, a través das visitas da ADIX, levantase acta de cada un dos avances do PD.
A elaboración e a posta en marcha do PLAN DIXITAL foi valorado positivamente polo profesorado e pola dirección do centro como unha ferramenta efectiva para avaliar a situación do centro en canto ás novas tecnoloxías e tomar conciencia das carencias e posibilidades que temos nos vindeiros anos. Tomar conciencia tamén de que o PLAN DIXITAL ten que estar en continuo avance e renovación para darlle respostas ás necesidades do centro.
No próximo Plan Dixital queremos establecer obxectivos claros e quizais máis ambiciosos en formación do profesorado, formación do alumnado e dixitalización do centro. Tamén se pretende mellorar a implicación de todo o profesorado.
1. Sistematizar as exixencias de formación do profesorado concretando os cursos, requisitos ou horas de formación que se van facer no curso. Pódese aproveitar a calificación establecida en FPROFE a partir dos niveis A1, A2, B1,B2 e procurar avanzar dende a formación de cada profesor.
2. Sistematizar as compras de sistemas informáticos e ter un inventario actualizado que se poida adxuntar ao PLAN DIXITAL cada curso.
3. De forma tamén sistemática organizar a formación para o alumnado en temas dixitais: seguridade na rede, identidade, perigos na rede.
4. Actualizar, a través das propostas do Plan Dixital a formación dixital do alumnado, tendo previamente estudadas as súas necesidades.
5. Búsqueda e preparación da presentación de subvencións do ámbito dixital tendo en conta a orientación do PD.
Comunicación e difusión
Curso 23/24.
No presente curso o PD foi presentado ao Claustro de profesores e ao Consello escolar o mesmo día, 27 de setembro de 2023. En canto esté revisado estará dispoñible na nosa web www.sagradocorazoncelanova.com e en Educalidade para a súa consulta.
Curso 22/23.
A primeira acción de difusión do Plan Dixital levarase diante no Claustro do Profesorado celebrado ao final do presente curso 2021/2022, nesta reunión explicaranse pormenorizadamente as acción propostas para o vindeiro curso. Recolleranse suxerencias ou propostas de modificación para o seguinte plan de acción.
A finais do mes de xuño terá lugar tamén a última reunión do Consello Escolar no que será presentado o Plan Dixital aos representantes dos alumnos e as familias.
-O PLAN DIXITAL será colgado na web na que terá un enlace exclusivo de acceso na sección de Secretaría.
-Previa á formación do profesorado reiterarase a información sobre o PLAN DIXITAL.
-Previa á formación do alumnado reiterarase a información sobre o PLAN DIXITAL.
- Unha copia do PLAN DIXITAL estará á disposición das familias no centro.