Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do Plan Dixital no noso centro abranguerá dúas liñas de actuación:
- O seguimento diario, facilitado por ser un CEIP moi pequeno que permite a comunicación contínua entre docentes. Esta situación favorece e axiliza a coordinación e seguimento das accións determinadas nos obxectivos.
- O seguimento sistemático e planificado, mediante as reunións organizadas a tal fin. Nelas faremos un seguimento global do desenvolvemento do Plan, dende unha perspectiva trimestral máis ampla que permita avaliar eficazmente o grao de consecución de cada obxectivo
Para facer o seguimento do noso Plan Dixital, no 1º trimestre realizáronse dúas reunións: unha inicial en outubro coa presenza e asesoramento da asesora ADIX e outra a finais de decembro para facer balance do desenvolvemento xeral. As actas levantadas nelas son as seguintes:
DATA DA REUNIÓN: 26/10/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2
ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA
ORDE DO DÍA
- Reunión inicial coa asesora ADIX.
TEMAS TRATADOS
- Aspectos xerais da nova versión do Plan Dixital e da plataforma Educalidade.
- Información sobre actualizacións, ampliacións, aprobación e seguimentos do novo Plan.
- Liñas suxeridas de formación.
ACORDOS E COMPROMISOS
- Realizar os axustes necesarios no Plan e aprobalo no Consello en prazo.
- Axustar as formacións ao novo contexto dos Polos Creativos.
- Manter contacto para vindeira visita.
PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA
- Seguimento do Plan.
- Formación no marco do PFPP.
- Desenvolvemento dos Polos Creativos.
DATA DA REUNIÓN: 18/12/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2
ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA
ORDE DO DÍA
- 1ª Reunión seguimento Plan Dixital.
- Formación no marco do PFPP.
- Desenvolvemento dos Polos Creativos.
TEMAS TRATADOS
- Exposición das formacións deseñadas inicialmente para o PFPP.
- Coñecementos previos sobre os contidos a traballar.
- Datas máis axeitadas para as formacións.
- Valoración de posibles cambios no ámbito formativo coa implementación dos Polos Creativos.
- Periodicidade das reunións de seguimento do Plan Dixital.
ACORDOS E COMPROMISOS
- Programar as sesións de formación preferentemente nas tardes dos luns.
- Reorganizar os contidos deseñados atendendo as novas necesidades formativas xurdidas coa implementación dos Polos Creativos.
- Temporalizar formacións en función do desenvolvemento dos Polos Creativos: materiais previstos e docencias recibidas polo Coordinador.
- Reunirse trimestralmente para o seguimento do Plan.
PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA
- Seguimento do Plan.
- Formación no marco do PFPP.
- Desenvolvemento dos Polos Creativos.
No 2º trimestre realizamos unha reunión antes do remate do mesmo, pola incidencia dos Polos Creativos nas necesidades formativas do profesorado no eido dixital. A acta levantada foi a seguinte:
DATA DA REUNIÓN: 04/03/2024 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2
ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA
ORDE DO DÍA
- 2ª Reunión seguimento Plan Dixital.
- Formación no marco do PFPP.
- Desenvolvemento dos Polos Creativos.
TEMAS TRATADOS
- Seguimento Plan Dixital.
- Novos equipamentos recibidos tras roubo: situación, emprego, instalación e optimización.
- Relación dos posibles recursos de Polos Creativos a recibir antes do remate do curso.
- Valoración da formación en curso recibida polo Coordinador de Polos Creativos.
- Adecuación das formacións PFPP aos recursos en espera e á formación recibida polo Coordinador.
ACORDOS E COMPROMISOS
- Concertar datas para actividades no marco da mellora das habilidades dixitais do alumnado.
- Mellora da funcionalidade dixital da sala de mestres e do despacho de dirección cos novos equipamentos recibidos.
- Revisar os contidos das formacións técnicas recibidas polo Coordinador ao seu remate.
PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA
- Organizar/adaptar as sesións formativas do PFPP ao contexto dos Polos Creativos.
Ao remate do 3º trimestre realizamos unha última reunión, o luns 24 de xuño, para valorar o desenvolvemento xeral do Plan ao longo do curso:
ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA
ORDE DO DÍA
- Reunión final Plan Dixital 23-24.
TEMAS TRATADOS
- Avaliación xeral Plan Dixital.
- Valoración grao de consecución dos obxectivos e accións relacionadas.
- Previsión do impacto dos Polos Creativos no vindeiro curso a nivel organizativo e formativo.
- Propostas de mellora xerais e de reformulación, adición e supresión de obxectivos e accións.
ACORDOS E COMPROMISOS
- Manter as liñas organizativas establecidas no obxectivo O01PD
- Tentar continuar coas dinámicas de acción creadas no obxectivo O05PD
Avaliación
Para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos no noso Plan Dixital, é necesario valorar as accións asociadas a cada un deles. Nestas accións contaremos cuns indicadores específicos que nos permitirán estimar en términos claros e obxectivos o seu estado. Coa análise destes indicadores poderemos realizar unha avaliación efectiva do Plan dende dúas perspectivas ou contextos:
1. Unha avaliación procesual ou continua, cunha posta en común trimestral. Neste contexto teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:
a. Os indicadores específicos das accións deseñadas para cumprimentar cada obxectivo.
b. As experiencias diarias dos docentes implicados no desenvolvemento do Plan, necesarias para realizar axustes e/ou correccións e optimizar a súa aplicación.
2. A avaliación final, de carácter anual realizada ao remate do curso, e que formará parte da Memoria Anual do Centro. Neste momento teremos en conta os seguintes aspectos:
a. O grao de consecución dos obxectivos propostos, globalmente e en detalle a través das ferramentas descritas.
b. Análise actualizada dos avances do profesorado en materia dixital, de xeito subxectivo e en relación ás Acreditacións de Competencia Dixital Docente (CDD).
c. Posta en común das experiencias dos docentes implicados no desenvolvemento do Plan, co fin de obter unha visión global do mesmo e achegar propostas de mellora específicas máis alá dos marcadores obxectivos.
Valoración xeral
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
1. Xestión Xeral do Plan Dixital. ACADADO
As accións de xestión do Plan Dixital desenvolvéronse axeitadamente e segundo as datas previstas.
2. Potenciar a Competencia Dixital Docente. ACADADO
Os obxectivos propostos foron acadados a través das accións formativas deseñadas no marco do PFPP O2331072 'Optimización dos recursos dixitais do Polo Creativo para potenciar o ensino e a xestión'. O seu aproveitamento está reflectido nas Acreditacións da Competencia Dixital Docente do Claustro.
3. Aproveitamento da Aula Virtual do centro. PENDENTE
Este obxectivo non foi acadado e dende o centro valórase a súa supresión, pola moi escasa relevancia deste recurso na nosa práctica docente.
4. Promover o emprego funcional da ferramenta AbalarMóbil. PARCIALMENTE
Este obxectivo foi acadado parcialmente polo escaso impacto da ferramenta AbalarMóbil na nosa comunidade educativa, que segue a preferir, de maneira maioritaria, outras vías de comunicación co centro.
5. Mellorar as habilidades dixitais do alumnado. ACADADO
Este obxectivo foi acadado de maneira destacada en todas as acción deseñadas para o seu desenvolvemento. O emprego dos paneis interactivos atópase completamente normalizado en todas as aulas, acadando o alumnado unha competencia significativa no seu manexo diario. As numerosas actividades realizadas no centro dedicadas á competencia dixital foron ben recibidas e aproveitadas polo alumnado, salientando as 3 sesións de Robótica e Programación impartidas pola academia Captioma de Ourense. Tamén valorouse positivamente a competencia dixital adquirida polo alumnado de 6º de primaria, co obxecto de favorecer o seu desenvolvemento curricular na Educación Secundaria Obrigatoria.
Propostas de mellora
1. Obxectivo O01PD: sistematizar prazos e procesos para axilizar aspectos organizativos, facilitando a incorporación dos novos docentes ás dinámicas de xestión.
2. Obxectivo O02PD: seguir promovendo o desenvolvemento profesional continuo dende a oferta formativa de FPROFE, os PFPP de competencia dixital docente e os Polos Creativos, tomando como marco as competencias recollidas nas Acreditacións.
3. Obxectivo O03PD: valorar a supresión deste obxectivo pola escasa utilidade práctica do seu desenvolvemento.
4. Obxectivo O04PD: seguir incidindo nos beneficios do emprego da ferramenta AbalarMóbil no contexto educativo.
5. Obxectivo O05PD: sistematizar as actividades favorecedoras da competencia dixital no alumnado de 3º ciclo para facilitar o seu desenvolvemento curricular na ESO.
Comunicación e difusión
O noso Plan Dixital 2.0 foi aprobado o 3 de novembro de 2023 polo Consello Escolar, que comunicou ás familias os contidos e implicacións do mesmo.
Este Plan pódese consultar de xeito público en EDUCALIDADE, procurando o noso colexio no menú Plans dos centros.