Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital:

O Plan Dixital enmárcase dentro da iniciativa da Consellería para acadar os obxectivos fixados a nivel nacional e ten a seguinte contextualización normativa:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Caracteísticas socioeconómicas e culturais do contexto do centro:
O CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo sitúase no municipio de O Carballiño, na provincia de Ourense, e conta cunha poboación de arredor dos 14.000 habitantes.

O Carballiño é unha vila semiurbana de interior e dispón de amplos servizos: biblioteca municipal, centro de saúde, parques, dous institutos e outros dous colexios de titularidade privada e concertada, polideportivos, auditorio, conservatorio, gardería e escola infantil de 1o ciclo da rede da Galiña Azul, estacións de tren e autobús, praza de abastos, piscinas, ximnasios e diversos establecementos públicos. Conta ademais cun polígono industrial con fábricas e empresas do sector eólico, estruturas metálicas, montaxes eléctricos, embutidos, materiais plásticos e pequenas empresas, destacando as cámaras frigoríficas de conxelados onde almacenan o gran protagonista gastronómico desta vila, que é o polbo, grazas ao cal é coñecido O Carballiño incluso internacionalmente.

As familias teñen un nivel sociocultural medio e centran a súa actividade nos sectores secundario e terciario, sendo unha minoría as que se adican ao sector primario.

Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro. Programas de innovación nos que participamos.

Dentro das actividades e proxectos nos que participa o centro atopamos o PLAMBE, incluíndo Bibliotecas Creativas, Proxecto ABALAR, Digicraft, o Plan Proxecta, Contratos Programa e sendo ademais un centro Plurilingüe.

A coordinacón é un dos piares fundamentais onde se fundamenta a nosa acción educativa. Por este motivo entendemos que os plans e proxectos que se desenvolven deben ter unha guía común e incluír a toda a comunidade educativa.

Os nosos esforzos van encamiñados a manter uns obxectivos comúns que partan do análise DAFO realizado, encamiñados a lograr a actualización do Proxecto educativo e a posta en marcha de iniciativas e actividades que axuden a desenvolver a tarefa educativa da forma máis eficiente posible.

A coordinación entre os diferentes equipos e persoas responsables dos proxectos está planificada na nosa Programación anual. Realizamos reunións periódicas e temos mecanismos de comunicación adecuados para compartir a información con todo o profesorado.

 

 Traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías.

O noso Centro ten incorporadas as tecnoloxías da información e a comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe nas dúas etapas desde que comezamos no programa ABALAR.

Nestes últimos cursos estamos facendo un cambio metodolóxico e unha adaptación para o mellor aproveitamento das posibilidades que ofertan as TIC.

O uso de ferramentas tecnolóxicas realízase desde a etapa de infantil. As aulas dixitais son empregadas por todo o profesorado, que realizou un importante esforzo de formacón e implicación grazas á oferta formativa das administracións e a coordinación TIC do noso centro.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do Plan Dixital estivo marcado en todo momento polas directrices enviadas. No centro iniciamos unha liña de formación dentro do PFPP do que formamos parte o equipo directivo, as coordinadora TIC, Polos Creativos e Plan dixital, e outros  mestres/as do centro interesados en apoiar na debandita elaboración.Realizamos a formación ofertada e mantivemos as reunións de traballo necesarias para actualizar as diferentes partes do Plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do noso análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) tivemos en conta tanto os aspectos internos, coma externos do noso centro así coma a avaliación dos nosos resultados no informe Selfie e no test CDD. 

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Alumnado Non
Debilidade FALTA DE FORMACIÓN DIXITAL PARA O E-A. MOITA INFORMACIÓN A TRAVÉS DESTOS CANLES. Familias Si
Debilidade Infraestructura Infraestruturas Non
Debilidade Protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en liña. Infraestruturas Si
Debilidade RESPONDER A DEMANDA ACTUAL E REPOÑER DRIAMENTE CON GRAN VARIEDADE DE CONTIDOS A TODA A COMUNIDAD EDUCATIVA. COMPLEXIDADE ESTRUCTURAL DO MESMO. Oferta Si
Debilidade Normas sobre os direitos de autor e as licenzas de uso Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Debate sobre o uso da tecnololxía Organización de centro Si
Debilidade Documentación da aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade Implicación do alumnado Persoal docente Si
Debilidade retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade Colaboración do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade CD MEDIA BAIXA FALTA DE FORMACION ADECUADA Persoal non docente Non
Fortaleza Comportamiento seguro Alumnado Non
Fortaleza Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza Verificar a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza Creación de contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Fortaleza Aprender a comunicarse Alumnado Non
Fortaleza Habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza COLABORACION DO PEROSAL NON DOCENTE (FAMILIAS) NAS ACTIVIDADES EDUCTIVAS. BOA RELACIÓN CO CENTRO EDUCATIVO Familias Si
Fortaleza Dispositivos digitales para la enseñanza. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispositivos digitales para el aprendizaje. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza CEIP CON COMEDOR ESCOALR. BIBLIOTECAS CREATIVAS E ROBÓTICA, IMRESORA 3D. CENTRO ABALAR, PRPXECTOS COMO DIGIGRAFT, RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC, WEB, BLOGS, AULA VIRTUAL ETC. Oferta Non
Fortaleza Tempo para explorar a ensinanza dixital Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvimiento da estrategia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Colaboracións Organización de centro Non
Fortaleza Fenda dixital Organización de centro Si
Fortaleza Novas modalidades de enseñanza Organización de centro Si
Fortaleza Aviación do progreso Organización de centro Si
Fortaleza Necesidades del DPC Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en linea Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos digitales Persoal docente Si
Fortaleza Empleo de entornos virtuales de aprendizaje Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza Aviación das capacidades Persoal docente Non
Fortaleza Participación en el DPC Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación con la comunidad educativa Persoal docente Non
Fortaleza Proyectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal non docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal non docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza EXISTENCIA DE INFRAESTRUTURA E EUIPAMENTO AXEITADO POLA COMPLEXIDADE ESTRUTURAL DO CENTRO. NECESIDADE CONSTANTE DE REPOSICIÓN. EXCESO DE TAREFAS ADMINISTRATIVAS. Administración educativa Non
Ameaza COMPLEXIDADE ESTRUTURAL DA ORGANIZACIÓN DO CENTRO DISTRIBUIDOS EN TRES EDIFICIOS. ANPA Non
Ameaza COMUNICACIÓN CON OUTROS CENTROS EDUCATIVOS FORA DA NOSA OCNTORNA- PROVINCIA. COMPLEXIDADE ESTRUTURAL DO CENTRO ( TRES EDIFICIOS) Contorna Non
Ameaza NORMAS SOBRE DEREITOS DE AUTOR E LICENZAS DE USO. CONSTANTE ACTUALIZACIÓN DA LEXISLACIÓN E REPOSICIÓN DE NOVOS DATOS. Lexislación Non
Ameaza COLABORACIÓNS CON OUTRAS ENTIDADES DE CARÁCTER EXTERNO EN CONSTANTE ACTUALIZACIÓN. FALTADETEMPO. Outras Non
Oportunidade RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS. O CENTRO DISPÓN DE ACCESO A INTERNET. O CENETRO DISPON DE ASISTENCIA TÉCNICA. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA O APRENDIZAXE DO ALUNNADO. EXISTENCIA DE PROXECTOS EXTERNOS. APOSTA POLO ENSINO DIXITAL. Administración educativa Non
Oportunidade BOA RELACIÓN COA/AANPAS/S.PARTICIPACIÓNAS FAMILIAS ANPA Non
Oportunidade LOCALIZACIÓN CÉNTRICA E CONDICIÓNS SOCIOECONÓMICAS DA CONTORNA. OFERTA DE ACTIVIDADES FORMATIVAS E AS CONDICIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN. ESTABILIDADE LABORAL DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE. Contorna Non
Oportunidade TRANSFORAMCION D APRÁCTICA DOCENTE. LEXISLACIÓN DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA AS AULAS. Lexislación Non
Oportunidade COLABORACIÓNS COON DIVERSAS ASOCIACIÓNS E/OU ENTIDADES. APRENDIXASE A DISTANCIA, ONLINE, MIXTO ( WEB, AULA VIRTAL, REDES...) APOIO PARA ABORDAR RETOS. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta a elaboración do Plan de Acción nas datas establecidas e os recursos materiais e humanos no momento do seu análise , establecemos una serie de obxectivos que se citan a continuación e que consideramos eran os mais importantes a acadar nun futuro.

O equipo formado para a elaboración do Plan dixital considerou establecer como mínimo un obxetivo para cada unhas das areas do informe Selfie, tendo en conta os resultados do informe CDD así coma o análise DAFO. No seguinte apartado resúmense cada un dos pasos da elaboración do noso Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Coordinar as tecnoloxías dixitais de entornos de innovación do ensino-aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares .
O02PD Promover e proporcionar a oferta formativa específica, mediante PFPP e contratos programa, que permita ao profesorado acadar unha maior competencia dixital.
O03PD Utilizar a Aula Virtual como complemento á educación presencial, actualizándoa con recursos audiovisuais variados.
O04PD Proporcionar ao alumnado propostas motivadoras complementarias da aprendizaxe a través do espazo Maker "Polos Creativos"
O05PD Facer máis partícipes do proceso educativo a toda a comunidade educativa, usando as tecnoloxías da información e da comunicación para a súa difusión.
O06PD Utilizar a páxina web do centro e AbalarMobil como fontes de información para as familias, promovendo a dixitalización de trámites e como canle de comunicación preferente.

Seguimento

Procedemento

Para cada un destes obxectivos cumprimentase unha táboa que recolle toda esta información e que serve para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación no Plan de Acción onde aparecen tanto os obxectivos, coma os responsables, os indicadores, valores, recursos, datas e seguimento dos mesmos.

1º Trimestre

O01PD, Coordinar as tecnoloxías dixitais de entornos de innovación do ensino-aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares. 

  • Neste trimestre foron utilizados polo profesorado para a organización, presentación e/ou creación de contidos curriculares diversos recursos dixitais  innovadores ( ferramentas Google, Canva, Intelixencia artificial, apps de realidade aumentada...) para as distintas materias e niveis educativos.

O02PD, Promover e proporcionar a oferta formativa específica, mediante PFPP e contratos programa, que permita ao profesorado acadar unha maior competencia dixital.,

  • Comezouse a formación do profesorado en competencias dixitais específicas para o seu emprego como recurso na docencia, emprego de ferramentas TIC ( Plotter, Impresión 3D, gravación de podcasts, edición de video) mediante liñas de PFPP. 

O03PD, Utilizar a Aula Virtual como complemento á educación presencial, actualizándoa con recursos audiovisuais variados.,

  • Actualizouse dende comezo de curso os cursos e especialidades da Aula Virtual do centro, tal e como así o indica na normativa vixente. 

    A actualización de contidos nos distintos niveis segue sendo sistemática por parte de titores e especialistas do centro. Destaco a utilización da mesma nos casos de hospitalizacións prolongadas do alumnado. 

O04PD, Proporcionar ao alumnado propostas motivadoras complementarias da aprendizaxe a través do espazo Maker "Polos Creativos".

  • O espazo Polos Creativos, en moitos casos en coordinación coa Biblioteca Escolar, realizou actividades de Digicraft, realizáronse gravacións de podcast, uso da intelixencia artificial para buscar información para presentacións (Copilot)...

O05PD, Facer máis partícipes do proceso educativo a toda a comunidade educativa, usando as tecnoloxías da información e da comunicación para a súa difusión., 

  • Publícanse nas RRSS do centro as actividades complementarias e extraescolares que se realizan. 
  • Tamén se utiliza outras plataformas como Gmail e Google Classroom, ou ClassDojo como alternativas naqueles casos que así se precisen. 
  • O número de familias que son "seguidores" de ditas publicacións ainda dista moito de ser maioritario. 

O06PD, Utilizar a páxina web do centro e AbalarMobil como fontes de información para as familias, promovendo a dixitalización de trámites e como canle de comunicación preferente., 

  • As comunicacións a través das plataformas oficiais (Correo corporativo, Abalar e Abalar móbil) son a maneira maioritariamente utilizada. 
  • A dixitalización de trámites a través da web do centro está limitada polas posibilidades que oferta a Consellería en certos casos, pero utilízase por parte das familias para a descarga de impresos en PDF, así coma para o pago telemático de taxas de comedor. 
2º Trimestre

O01PD, Coordinar as tecnoloxías dixitais de entornos de innovación do ensino-aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares. 

  • Neste trimestre foron utilizados polo profesorado para a organización, presentación e/ou creación de contidos curriculares diversos recursos dixitais  innovadores ( ferramentas Google, Canva, Intelixencia artificial, apps de realidade aumentada...) para as distintas materias e niveis educativos. 
  • Usamos para a materia de L.E. Inglés os recursos de gravación de Podcast no sexto nivel de E.P. 

O02PD, Promover e proporcionar a oferta formativa específica, mediante PFPP e contratos programa, que permita ao profesorado acadar unha maior competencia dixital.,

  • Comezouse a formación do profesorado en competencias dixitais específicas para o seu emprego como recurso na docencia, emprego de ferramentas TIC ( Plotter, Impresión 3D, gravación de podcasts, edición de video) mediante liñas de PFPP. 

O03PD, Utilizar a Aula Virtual como complemento á educación presencial, actualizándoa con recursos audiovisuais variados.,

  • Actualizouse dende comezo de curso os cursos e especialidades da Aula Virtual do centro, tal e como así o indica na normativa vixente. 

    A actualización de contidos nos distintos niveis segue sendo sistemática por parte de titores e especialistas do centro. Destaco a utilización da mesma nos casos de hospitalizacións prolongadas do alumnado. 

  • Realizaronse actividades de Digicraft polo equipo de Biblioteca Escolar, as cales foros subidas á aula virtual previamente co formato de curso, e ao que accedeu o alumnado na súa totalidade para poder realizalas.

O04PD, Proporcionar ao alumnado propostas motivadoras complementarias da aprendizaxe a través do espazo Maker "Polos Creativos".

  • O espazo Polos Creativos, en moitos casos en coordinación coa Biblioteca Escolar, realizou actividades de Digicraft, realizáronse gravacións de podcast, uso da intelixencia artificial para buscar información para presentacións (Copilot)...
  • Realizamos actividades conxuntas de Polos Creativos e Biblioteca escolar usando os coñecementos dos cursos de formación en Digicraft e edición de vídeo. 

O05PD, Facer máis partícipes do proceso educativo a toda a comunidade educativa, usando as tecnoloxías da información e da comunicación para a súa difusión., 

  • Publícanse nas RRSS do centro as actividades complementarias e extraescolares que se realizan. 
  • Tamén se utiliza outras plataformas como Gmail e Google Classroom, ou ClassDojo como alternativas naqueles casos que así se precisen. 
  • O número de familias que son "seguidores" de ditas publicacións ainda dista moito de ser maioritario. 

O06PD, Utilizar a páxina web do centro e AbalarMobil como fontes de información para as familias, promovendo a dixitalización de trámites e como canle de comunicación preferente., 

  • As comunicacións a través das plataformas oficiais (Correo corporativo, Abalar e Abalar móbil) son a maneira maioritariamente utilizada. 
  • A dixitalización de trámites a través da web do centro está limitada polas posibilidades que oferta a Consellería en certos casos, pero utilízase por parte das familias para a descarga de impresos en PDF, así coma para o pago telemático de taxas de comedor. 

 

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual será como mínimo unha vez o trimestre na cal o centro por parte dun cuestionario ou rubrica dependendo do aspecto a analizar valorará os resultados acadados ata ese momento; modificando as accións e os recursos necesarios para seguir os obxectivos previstos nun principio. Unha vez acadados os resultados dos items estableceranse as propostas de mellora en función da área, obxectivo e valor previsto.

En canto a avaliación final teranse en conta o análises dos resultados acadados en cada trimestre en función dos aspectos xa conseguidos e estableceranse un análise final sobre os obxectivos conseguido así coma das propostas de mellora tendo en conta todos os aspectos tanto os positivos coma os negativos para abordar un análise real da situación do centro nese momento.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En primeiro lugar información o claustro sobre os pasos que se van a seguir así coma a organización do Plan dixital e comunicación o resto da comunidade educativa a través do Consello. Para isto especificarase en qué consiste, quenes son os responsables do mesmo e que pasos se seguirán o longo do curso para a súa realización e execución durante o curso escolar.

A continuación terase en conta no Plan de comunicación de centro e por último publicitaráse a través da paxina web do centro, aula virtual e redes sociais para a completa difusión do mesmo.