Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Introducción

1.1.Datos básicos do centro

 

O noso centro é CEIP Xoaquin Lourenzo Xocas, que se atopa na localidade de Bande, unha poboación rural a media hora de Ourense.

Contamos con Educación Infantil e Educación Primaria en tres grupos mixtos cun total de 40 alumnos atendidos por un total de 5 mestres con destino definitivo.

Como servizos complementarios contamos con comedor de xestión directa e transporte escolar.

A nosa páxina web é https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxoaquinlourenzoxocas/

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

En xeral, os núcleos familiares dos alumnos que asisten ó centro están formados maioritariamente por familias monoparentais e familias de país divorciados que volveron refacer a súa vida con outras parellas, polo que temos moitos alumnos irmáns e medio- irmáns. O nivel cultural e económico, en xeral, é medio-baixo, algúns pais/nais traballan no sector terciario, outros, moi poucos, no secundario e a gran maioría, no sector primario. A gran maioría profesa a relixión católica, educación que desexan para os seus fillos. As familias responden moi ben e valoran positivamente as actividades que se organizan dende o centro.

Nos últimos anos estanse a incorporan algúns alumnos procedentes do extranxeiro, especialmente de Venezuela. A adaptación destes alumnos ó centro tense producido con toda naturalidade.

A lingua vehicular, tanto das familias como dos alumnos, pódese dicir que nunha absoluta mayoría é o galego.

 


 

 


 

 

 

1.3.Breve xustificación do mesmo

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4.Proceso de elaboración

 

A través do PD queremos favorecer outras liñas de traballo nas que xa nos involucramos fai tempo como centro, fomos de contratos programa en varias das súas liñas de actuación, das seccións bilingües, educación responsable así como mellorar o traballo do día a día na dinamización lingüística, no proxecto lector e noutros plans a través dos que desenvolvemos a nos función docente. Temos que seguir a integrar o PD dentro da PXA do curso 23/24 xa que buscamos uns obxectivos para os que temos que diseñar un plan de acción que implica toda a comunidade educativa.

 

Para o proceso de elaboración do PD elaborouse seguindo as directrices de Consellería un equipo de dinamización de PD constituido no noso caso por dous mestres do centro.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  1.  

Para facer unha análise do punto de partida do centro recurrimos tanto á avaliación selfie, como o test CDD que nos permite coñecer as fortalezas, as debilidades, as oportunidades e as ameazas do nos centro nas distintas categorías (infraestructura, comunidade educativa, organización de centro, factores externos).

 

 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Desinterese por introducir novas formas de organización metodolóxicas integradas nas TICS. Alumnado Non
Debilidade -Desinterese por introducir novas formas de organización metodolóxicas integradas nas TICS. Alumnado Non
Debilidade -Formación no uso das TICS inexistente. Pouca coordinación neste ámbito co centro escolar. Poucas ferramentas dixitais (tablets,ordenadores)e sen conexión en liña. Un único uso de un teléfono móbil por unidade familiar. Familias Non
Debilidade Equipos informáticos, internet e encerados dixitais desactualizados e obsoletos na maioría dos casos. Infraestruturas Non
Debilidade Uso de metodoloxías tradicionais e de acomodación. -Formación básica dos profesores en competencias dixitais. -Desinterese por introducir novas formas de organización metodolóxicas integradas nas TICS. -Pobre coñecemento sobre dereitos de autor e licenzas de uso. -Protección de datos non levado do xeito que require. -Falta de manexo cas ferramentas dixitais corporativas, o que deslucirá o proceso de ensinanza/aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade -Formación básica dos profesores en competencias dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado con boa perspectiva respecto ao uso/aproveitamento/visión metodolóxica das TIC. Alumnado con gañas de aprender usando as TICS. Alumnado Non
Fortaleza Familias con boa perspectiva respecto ao uso/aproveitamento/visión metodolóxica das TICS. Familias Non
Fortaleza equipos informáticos, internet e encerados dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Concienciación no centro educativo da importancia do uso das TICs e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico. Organización de centro Non
Fortaleza Concienciación por parte do persoal docente da importancia do uso das TICs e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro que frean o desenvolvemento de plans dixitais. -Falta de axudas económicas por parte da administración. -Problemas técnicos frecuentes causados polos equipos obsoletos ou desconexión/velocidade wifi. Administración educativa Non
Ameaza -Pouca resposta por parte dos pais/nais cara ao aprendizaxe a distancia. -Pouca resposta nos cursos ofertados a pais e nais ou titores legais sobre as TICS. ANPA Non
Ameaza -Non proporcionar medidas para identificar dificultades e subministrar recursos. -Familias con poucos recursos tecnolóxicos o que deslucirá o proceso ensino/aprendizaxe a distancia. Contorna Non
Ameaza -Falta de participación das empresas na estratexia. -Falta de participación de entidades exteriores de todo tipo e índole. Outras Non
Oportunidade Papel das autoridades educativas con respecto a implantación do plan dixital. Implantación dos recursos dixitais para desenvolver as distintas tarefas administrativas e docentes:Xade.programacións... Total control e mantemento de: -Infraestructura -Dispositivos dixitais para o ensino -Acceso a internet -Asistencia técnica -Espazos físicos -Bibliotecas/repositorios en liña. Administración educativa Non
Oportunidade Nexo de unión colaborador para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Promotor de cursos sobre as TICS a pais e nais ou titores legais. ANPA Non
Oportunidade FENDA dixital: Apoio da administración local para abordar dificultades e suministrar recursos. Contorna Non
Oportunidade Suficiente promoción das empresas na estratexia dixital. Colaboracións exteriores de todo tipo e índole. Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 

No noso caso este análisis puxo de manifesto as seguintes fortalezas:

Existe unha concienciación no centro da importancia do uso das TICs e da realización dun PD real e práctico.

Hay unha concienciación por parte do persoal docente da importancia do uso das TICs e da realización dun PD real e práctico.

Contamos co seguinte equipamento: equipos informáticos, internet e encerados dixitais, non dispomos de aula de informática.

A familia e o alumnado teñen boa perspectiva respecto ao aproveitamento e a visión metodolóxica das TICs.

As debilidades pasan pola sobrecarga de burocracia que frean o desenvolvemento dos plans por equipos desactualizados e pola carencia de formación específica da comunidade educativa e pola descordinación dunha estratexia dixital común.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro centro (PDC).
O02PD Acreditar como mínimo unha competencia dixital B2 nun 100% do claustro
O03PD Actualización dos equipos informáticos do centro
O04PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro ( non equipos informáticos)
O05PD Reorganizar o 100 % dos espazos do centro educativo para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías
O06PD Potenciar o uso da Aula Virtual entre a comunidade educativa .

Seguimento

Procedemento

Teremos en conta o desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos do mesmo, indicando:

-Avaliación do proceso do plan como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Faremoslle unha avaliación  como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

Seguimento para ver si se obteñen os obxectivos e metas dixitais neste primeiro trimestre :

-reunións co grupo de traballo do PD.

-dixitalización con  polos creativos e digicraft.

  1. Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro.

2º Trimestre

Seguimento para ver si se obteñen os obxectivos e metas dixitais neste segundo trimestre:

- detección de necesidades en relación a competencia dixital docente.

-optimizar espazos e recursos TICS do centro.

-formación do profesorado con un curso de plotter e impresora 3D.

- reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías de toda índole.

 

 

3º Trimestre

Seguimento para ver si se obteñen os obxectivos e metas dixitais neste terceiro trimestre:

-posta en funcionamento e maximización de equipamento dixital.

-posta en funcionamento e maximización de aula virtual.

-asistencia cos alumnos a xornadas tecnolóxicas con relatores especializados en novas tecnoloxías.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

O equipo do Plan Dixital encargarase do procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

O plan dixital será unha ferramenta en constante renovación que servira para avaliar as melloras paulatinas da dixitalización no centro educativo.

Proposta de mellora

Paulatinamente engadiranse novas propostas de mellora do dito plan. Deixando así aspectos obsoletos das Tics e centrándonos nunha educación cunha visión máis dixital,creativa,motivadora e efectiva.


 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Co comezo do curso o plan dixital formará parte dos demais plans do centro e darase a coñecer a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxoaquinlourenzoxocas/