Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

-Art. 11 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Instrucións de inicio de curso.

-Resolución do 3 de setembro de 2021.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A dixitalización da escola é un proceso inaplazable e que ten que ir da mao das institucións e organismos públicos, ao mesmo tempo que a sociedade vai cambiando, e que ten que ter como obxectivo principal unha formación integral do alumnado.

A escola non pode contribuir á sociedade se non é unha escola acorde cos tempos, preparada para as novidades e os cambios.

O Plan Dixital ten que ser unha ferramenta que permita organizar e establecer uns obxectivos definidos que permitan acadar esa formación integral antes mencionada.

A presenza dunha estratexia definida através do P.D.permitirá ver os avances e as melloras acadadas, así como permitirá as oportunas reflexións perante as dificultades que xordan.

A metodoloxía na ensinanza tense que aprobeitar das oportunidades que lle ofrecen as TICs,non como un único elemento, se non como un máis, que permita unha sociedade adaptada ós tempos, independentemente de se procedes dun entorno rural ou urbán. E así como a escola ten que funcionar como igualador de oportunidades, sobre todo para aqueles alumnos que pertenzan as clases máis desfavorecidas.

Por último, decir, que a escola e o seu equipo docente ten que procurar que unhas instalacións e uns equipos e materiais dixitais que permitan obter os obxectivos plantexados no P.D., así como contribuir ó PEC.

En canto a súa importancia dentro doutros Plans do centro, destacar que o colexio pertence ó PLAMBE dende o ano 2011, e as bibliotecas creativas dende o ano 2017.Na biblioteca temos unha cantidade respetable de volumenes en formato papel, pero non contamos con libros electrónicos que poidan presentar unha nova forma enriquecedora de achegarse á literatura.E se falamos da biblioteca creativa, o noso centro ven de participar en anos consecutivos na introducción da robótica e a impresión dixital na escola a través dos escornabots e a impresora 3D. No cabe dúbida de que a dixitalización da nosa escola debe e pode avanzar nos vindeiros cursos.

  Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

As modificacións máis salientables consistirán na inclusión de novos obxectivos que garantan a posta en marcha do P.D.

-  Mellorar a administración e xestión do centro.

-  Acceder a novas ferramentas e recursos didácticos como medida de renovación de metodoloxías.

-  Facilitar a comunicación entre os diferentes membros da comunidade educativa.

            Proceso de elaboración

O proceso de elaboración deste Plan Dixital comeza dentro do marco de desenvolvemento dun PFFP no que participaron o equipo de TICs do centro, composto por os catro mestres do claustro. O seu desenvolvemento comezou a finais de novembro de 2021.

Estivo composto de diferentes fases que expoñemos brevemente a continuación:

FASE 1. ANÁLISE E DIAGNOSE DE SITUACIÓN DOS CENTROS

–                 Presentación e contacto co centro.

–                 Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas.

–                 Realización do test CDD

–                 Presentación informe DAFO

FASE 2. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

–                 Obxectivos do Plan de Acción

–                 Redacción Plan Dixital

FASE 3. IMPLEMENTACIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL

Estase levando a cabo ó longo do curso 22-23 e 23-24.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO, a primeira ferramenta que se utilizou foi a realización do SELFIE, tanto por parte da dirección,o claustro, e nalgúns apartados o alumnado.

Podemos subdividir os apartados desta ferramenta, catalogalos como fortalezas ou debilidades do centro e indicar a información recollida.

A.  LIDERAZGO

Debilidades: Estratexia dixital, desenrolo dunha estratexia co profesorado e o tempo para explorar a ensinanza dixital.

Fortalezas: O uso de novas modalidades de ensinanza.

B.  COLABORACIÓN E REDES

Debilidades: A avaliación do progreso e as sinerxías para o aprendizaxe mixto. Fortaleza: O debate sobre o uso da tecnoloxía e a colaboración.

C.  INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS

Debilidades: A asistencia técnica, os dispositivos para o alumnado para levar á casa, tecnoloxías asistencias e repositorios en liña.

Fortalezas: As insfraestructuras, os dispositivos dixitais para a ensinanza, o acceso a internet, a protección de datos, os dispositivos dixitais para o aprendizaxe, medidas para identificar a brecha dixital e os espazos físicos.

D.  DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO

Fortalezas: A participación en DPC e os intercambios de experiencias. Debilidades: Ningunha.

E.  PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS

Debilidades: O emprego de entornos virtuais de aprendizaxe.

Fortalezas: Recursos educativos en liña, creación de recursos dixitais, comunicación coa comunidade educativa e utilización de recursos educativos abertos.

F. PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA

Debilidades: Ningunha.

Fortalezas: Adaptación as necesidades do alumnado, o fomento da creatividade, a implicación do alumnado, a colaboración do alumnado e os proxectos interdisciplinares.

G.  PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN

Debilidades: Avaliación das capacidades, autorreflexión sobre a aprendizaxe, comentarios ó alumnado sobre o seu traballo, o emprego de datos para mellorar a aprendizaxe.

Fortalezas: Retroalimentación adecuada, avaliación dixital,e documentación da aprendizaxe.

A pesar destes datos amosamos neste apartado, e a presenza de fortalezas e debilidades, non podemos tampouco dar estes datos coma infalibles. Cabe destacar a profunda diferencia de puntuación entre a dirección do centro e o profesorado, tendo nos mesmos apartados profundas diferencias en canto á valoración dos mesmos.

Ademáis moitos dos apartados considerados fortalezas neste Plan poderían incluirse dentro das debilidades, e viceversa, xa que en moitas ocasións as puntuacións están na fronteira.

 

Test CDD:

A elaboración deste TEST por parte do profesorado permite ter unha visión do nivel competencial en materia dixital do mesmo, e comparalo coa media de Galicia nos seus diferentes apartados.

É, polo tanto, recomendable, neste curso 23-24,continuar co traballo realizado no curso anterior e facer un seguimento e valoración destas fortalezas e debilidades, tendo todo o claustro, dirección e alumnado moi claro e definidos os criterios para valorar cada cuestión. 

Desta análise emanarán os obxectivos que plantexaremos para este curso. 

           

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro dispoñemos dun número limitado de dispositivos dixitais para que o alumnado poida levar para a casa Infraestruturas Non
Debilidade O centro non dispón dunha persoa cualificada para resolver problemas técnicos, depende dun servizo técnico profesional e da súa dispoñibilidade Infraestruturas Non
Debilidade O profesorado soporta unha gran carga lectiva e de funcións dentro do centro e non dispón de horas suficientes no seu horario lectivo para mellorar e desenvolver as súas capacidades de ensinanza a través das competencias dixitais Persoal docente Non
Debilidade Non dispoñemos dun repertorio en liña con material de aprendizaxe e ensinanza dixital Persoal docente Non
Fortaleza O centro dispón tanto de wifi como internet por cable en todas as dependencias e aulas Infraestruturas Si
Fortaleza Tanto dende o centro como dende as titorías, utilízanse medios dixitais para comunicarse cos diferentes membros da comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado utiliza recursos en liña nas súas clases e crea materiais propios coa axuda das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado fai uso das tecnoloxías dixitais para cubrir as necesidades de aprendizaxe do alumnado, tendo en conta os diferentes ritmos e motivacións do alumnado Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Temos un profesorado pouco estable. Isto pode repercutir no desenvolvemento do plan dixital e das súas accións Administración educativa Non
Ameaza Parte do alumnado non dispón de dispositivos dixitais na súa casa ou o seu uso está limitado Administración educativa Si
Ameaza A cobertura de internet en certas zonas do municipio é deficiente Contorna Non
Oportunidade As actividades formativas permiten estaablecer un diálogo entre o profesorado e establecer liñas de colaboración con outros centros Administración educativa Non
Oportunidade Dende o centro podemos promover actividades formativas para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Mediante o uso de recursos dixitais promovemos unha ferramenta máis na aula que permite implicar e motivar tanto ó alumnado como involucrar as familias e outros organismos do municipio Contorna Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os datos obtidos son a base das liñas de acción e permiten unha análise profunda dos diferentes elementos a ter en conta para a posta en práctica do noso Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao alumnado no uso das redes sociais e prevencion contra o "ciberbulling"
O02PD Actualización e mantemento dos equipos informáticos do centro
O03PD Uso de Abalar como ferramenta de comunicación coas familias
O04PD Desenvolver o plan de lectura dixital para as bibliotecas escolares (E-LBE.2)

Seguimento

Procedemento

No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ó trimestre, levándose a cabo en claustros de profesorado. Os aspectos a valorar trimestralmente serán:

1- Estado da execución das accións para cada obxectivo do Plan de Acción

2- Análise e valoración dos resultados

3- Posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

1º Trimestre

- Realizouse a charla contra o "ciberbulling" e uso adecuado das redes sociais. A charla realizouna un equipo especializado da garda civil. Levouse a cabo o día 11 de decembro do 2023.

2º Trimestre

Os obxectivos relacionados co uso de Abalar por parte das familias e a actualización dos equipos informáticos están acadados.

3º Trimestre

O obxectivo para este trimestre relacionado co préstamos de libros para as familias vaise adiar para o próximo curso

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia será de unha vez ó ano , en xuño de 2023. Os apectos a considerar serán:

1- Valoración do logro dos obxectivos para cada acción desenvolvida no PDC.

2- Propostas de mellora e obxectivos para o curso 23-24.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan é coñecido por toda a comunidade educativa. Pode consultarse na páxina web do centro para calquera que o desexe.

Emitiuse ás familias do centro unha circular por diversos medios informando da existencia do Plan, da súa finalidade e onde poder consultalo.

Na seguinte ligazón podémolo consultar: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32000708