Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

No PEC remárcase como un dos obxectivos a potenciación das novas tecnoloxías. De feito, no noso centro levamos anos apostando por un proceso de dixitalización en diversos aspectos: equipamentos, formación do profesorado, participación en diversos proxectos para mellorar as habilidades dixitais do alumnado, etc.

En canto a formación do profesorado levamos desde o curso 15/16 tendo un itinerario de formación en TICs dentro do noso PFPP. Dentro deste itinerario aparte de formación xeral en novas tecnoloxías abordamos varios cursos específicos para manexo da aula virtual, todo o relativo a Edixgal e tamén unha liña específica de robótica durante 5 anos.

Fomos, no seu momento, o 1º centro de EP en adherirse ao Clube da Ciencia; participamos no programa de introdución a robótica en EP durante varios cursos, estamos desenvolvendo o proxecto de DigiCraft, levamos 4 cursos co programa Edixgal...

Breve xustificación do mesmo

O plan dixital é un instrumento de planificación que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

Tal e como se indica na Guía de Elaboración do Plan Dixital de INTEF, este debe ser “o instrumento que adapta e facilita o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado”. Para iso, engade, “é fundamental dar un enfoque de centro no uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, para que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dá coherencia e oriente o uso das tecnoloxías”.

O referente fundamental é o marco europeo para organizacións educativas competentes dixitalmente (DigCompOrg).

Este plan concíbese como un documento vivo que recolle os acordos acadados no centro respecto dos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión do recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón o compromiso de toda a comunidade educativa.

O presente Plan Dixital actualizouse en base ás propostas de mellora expostas no plan do pasado curso, dando continuidade aos obxectivos do ano pasado non acadados e seguindo as indicacións dadas pola asesora do equipo ADIX.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos que se empregaron para a recollida de información previa foron o test SELFIE e o test CDD

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 2.Escasa utilización de tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida observar o traballo dos compañeiros. Alumnado Si
Debilidade 3. O alumnado precisa desenvolver habilidades dixitais para o uso eficiente dos dispositivos Alumnado Si
Debilidade 1.Escasa utilización de tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade 1.Carencia de espazos físicos que faciliten a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (fóra das aulas abalar). Infraestruturas Si
Debilidade 2. Non hai dispositivos dixitais para ou uso polo alumnado de 1º e 2º ciclos. Infraestruturas Si
Debilidade 3. Non se proporcionan claves wifi oficiais a todos os alumnos de Primaria porque non existe cobertura wifi. Infraestruturas Si
Debilidade 1.Falta dunha extratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade 2.Falta de debates no centro sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade 5.Falta de proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade 3.Falta dunha avaliación sistematizada sobre os progresos no ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 4.No centro non dispoñemos de bibliotecas ou repositorios con materiais dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 6. Escasa colaboración con outros centros Organización de centro Si
Debilidade 1.Falta de concienciación no profesorado da necesidade dun ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade 2.Reticencias dunha parte do profesorado a implementar na súa aula as TIC. Persoal docente Si
Debilidade 3.Falta de formación dunha boa parte do profesorado (segundo o test CDD o 50% do profesorado participante ten un nivel de Explorador A2) Persoal docente Si
Fortaleza 1.O alumnado de 3º ciclo aprende a crear contidos dixitais para diferentes materias, a comunicarse usando tecnoloxías dixitais, a atopar información fiable e precisa empregando internet... Alumnado Si
Fortaleza 1. A inmensa maioría do alumnado dispón de conexión a internet no seu fogar. Familias Si
Fortaleza 1.Todas as aulas do centro dispoñen de acceso a internet, pc e pantalla dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza 2.Dispoñemos de dispositivos dixitais para o alumnado con NEE. Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Dispoñemos de ordenadores para préstamo ao alumnado máis desfavorecido. Infraestruturas Si
Fortaleza 2.Levamos varios cursos desenvolvendo seminarios sobre TICs no PFPP Organización de centro Si
Fortaleza 3.Dentro do horario lectivo contémplase un tempo adicado á comunicación. Organización de centro Non
Fortaleza 1.Aposta do equipo directivo pola implantación de plans de innovación educativa Organización de centro Si
Fortaleza 4. No centro temos previstos os medios necesarios para a aprendizaxe mixta a través de Edixgal e da AV Organización de centro Si
Fortaleza 1.Boa disposición por parte do profesorado a formarse en novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Fortaleza 2.A baixa idade do profesorado definitivo que está chegando ao centro nos últimos concursos. Persoal docente Si
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de información/concienciación sobre as necesidades de levar adiante este plan. Administración educativa Non
Ameaza 2. Falta de tempo, dentro do horario lectivo, para o intercambio de experiencias e a elaboración de materiais comúns. Administración educativa Si
Ameaza 4. É algo que se impón sen concienciar antes ao profesorado da súa necesidade. Administración educativa Si
Ameaza 3. Falta de información por parte da administración dos obxectivos que se perseguen con este plan. Administración educativa Si
Ameaza 5. Os materiais do proxecto Edixgal son de moi baixa calidade pedagóxica polo que o profesorado se ve obrigado a elaborar os seus propios recursos. Administración educativa Non
Ameaza 6. Falta de recursos económicos suficientes para fornecerse dun bo equipamento de dispositivos dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de acollerse a plans da consellaría como os espazos maker, etc. Administración educativa Si
Oportunidade Aparente aposta da consellaría pola promoción e desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. Administración educativa Si
Oportunidade Boa disposición da ANPA para colaborar en todo o que se lles solicita. ANPA Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise do DAFO realizouse o Plan de Acción cos distintos Obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar unha estratexia dixital para o centro. (A1)
O02PD Mellorar as habilidades dixitais do alumnado.
O03PD Participar no proxecto de innovación Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

Como mínimo unha vez ao trimestre realizarase unha xuntanza do equipo de dinamización do PD para valorar o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Executáronse todas as accións que estaban deseñadas para este primeiro trimestre, tendo en conta que tanto o calendario do uso dos ordenadores portátiles por parte do alumnado do segundo ciclo, así como a programación para mellorar a competencia dixital deste alumnado, son documentos abertos e flexibles que poden ir sufrindo modificacións ou melloras ao longo do curso.

2º Trimestre

Executáronse todas as accións que estaban deseñadas para este segundo trimestre. Tras a análise das TIC nos documentos de centro, detectouse a necesidade de elaborar unha "Guía para o uso responsable das TICS", documento que está en proceso de elaboración. A análise das TIC nos documentos de centro é unha tarefa que habería que realizar en cada curso académico debido aos cambios constantes que se producen neste eido polo avance das tecnoloxías da información e comunicación e o seu uso por toda a comunidade educativa.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A final de curso farase unha valoración do grado de consecución dos obxectivos propostos e unha proposta dun novo plan de acción para o curso seguinte.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez informado o Claustro e aprobado polo Consello Escolar, o PD será publicado a través dunha ligazón na web do centro.

Tamén se pode ver na seguinte ligazón:  https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27016728