Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O ISEC (Índice Socieconómico e Cultural) das familias é medio-baixo. Na zona habita unha poboación maioritariamente constituída por persoas que cursaron estudos obrigatorios (primario ou secundario), sen que iso implique a obtención da titulación correspondente (Graduado Escolar ou Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria). Unha menor porcentaxe rematou estudos secundarios postobrigatorios ou estudos superiores.

A procedencia xeográfica do alumnado circunscríbese na súa maior parte ao Concello de Lugo. Unha pequena parte do alumnado procede doutros concellos limítrofes e adoita utilizar o servizo de transporte. Outra parte (no ensino postobrigatorio) procede do Concello de Friol, que se atopa dentro da área de influencia a efectos de escolarización do alumnado

Na súa maior parte é de orixe nacional (entre o que hai unha importante proporción de alumnado de etnia xitana). Hai tamén unha pequena parte de alumnado inmigrante, especialmente de orixe latinoamericana e norteafricana.

Forma parte do Proxecto Educativo do centro a vontade de continuo avance na dixitalización do centro tanto no eido administrativo como nos procesos de ensino-aprendizaxe. A raíz da pandemia e o confinamento, profesorado, alumnado e familias tomaron un contacto irreversible con instrumentos dixitais como correo electrónico, web do centro e, sobre todo, a Aula Virtual, que pasou a formar parte do noso día a día en cada materia impartida.

O Plan Dixital ordena e consolida estas actuacións buscando ampliar o seu alcance a nivel administrativo, automatizando e dixitalizando procedementos e reducindo burocracia, como a nivel educativo, propoñendo tarefas, ofrecendo apuntamentos e materiais, gañando transparencia na avaliación e mellorando a retroalimentación.

2.  Breve xustificación do mesmo

Este Plan Dixital contextualízase dentro da seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
  • ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

3.   Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital realizaouse un Grupo de traballo: L2105101, que forma parte do PFPP: L2131087 ANÁLISE DA COMPETENCIA DIXITAL DO CENTRO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL.

Este grupo está formado por 6 profesores que durante o desenvolvemento do grupo elaborouse o PD seguinto as seguintes fases:

  • FASE I: Análise e Diagnose de situación do centro. Nesta fase traballaronse os seguintes aspectos:
    • Realización do SELFIE do Centro, coa participación voluntaria do alumnado e profesorado.
    • Emisión do Informe SELFI de Bacharelato e Secundaria que recolle os resultados obtidos nos 8 ámbitos nos que se investiga:
      • A: Liderazgo
      • B: Colaboración e redes
      • C: Infraestrutura e equipos
      • D: Desenvolvemento profesional continuo
      • E: Pedagoxía: Apoios e recursos
      • F: Pedagoxía: Implementación na aula
      • G: Prácticas de evaluación
      • H: Competencias dixitais do alumnado
    • Realización do Test de Competencia Dixital CCD, do profesorado de Centro e realización do informe cos resultados obtidos.
    • A partir dos datos obtidos fixemos unha análise cualitativa e cuantitativa deles para poder elaborar o DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades), informe fundamental para ter unha visión das situación actual do Centro no ámbito dixital.
  • FASE II: Elaboración do Plan de acción que recolle os obxectivos nos que debemos traballar para obter melloras.
  • FASE III: Realización do presente Plan Dixital que adoita ser a Versión primeira (Ver: 1) que será revisada anualmente.    

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: Información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa na seguinte táboa:

Areas Grupos ESO BAC
A -Liderado Equipo Directivo 4.1 3.6
Profesorado 3.7 3.7
Alumnado -- --
B- Colaboración e redes Equipo Directivo 4.3 4.1
Profesorado 3.1 2.6
Alumnado 3.1 2.5
C- Infraestruturas e Equipos Equipo Directivo 4.4 4.1
Profesorado 3.8 3.5
Alumnado 3.6 3.3
D- Desenvolvemento profesional continuo Equipo Directivo 4.9 4.8
Profesorado 3.6 3.7
Alumnado -- --
E- Pedagoxía: Apoio e Recursos Equipo Directivo 4.5 4.6
Profesorado 4.2 4.4
Alumnado 3.9 3.7
F- Pedagoxía: Implementación na aula Equipo Directivo 3.5 3.2
Profesorado 3 3.3
Alumnado 3.5 3
G- Prácticas de avaliación Equipo Directivo 3.1 2.9
Profesorado 2.4 2.6
Alumnado 3 2.5
H- Competencias dixitais do alumnado Equipo Directivo 4.2 3.7
Profesorado 3.5 3.2
Alumnado 3.6 3.2

Test CDD:

  •  Participación segundo perfil do profesorado
  Profesorado que participa Profesorado total % Participación
Definitivo 33 38 86.8%
Provisional 9 9 100%
Interino 4 7 57.1%
Substituto 1 1 100%
  • Puntuación e nivel de competencia do centro

A puntuación media do test (sobre 192) foi dun: 81.1 que corresponde a un nivel: INTEGRADOR/A (B1) sendo a puntuación media do test en Galicia (sobre 192) dun 76.4 correspondendolle un nivel de competencia: INTEGRADOR/A (B1). Estamos sobre a media de Galicia.

  • Puntuación e nivel de competencia por etapas

A puntuación media do test (sobre 192) na ESO foi dun: 79.4 que corresponde a un nivel: INTEGRADOR/A (B1) sendo a puntuación media do test en Galicia (sobre 192) dun 79.2 correspondendolle un nivel de competencia: INTEGRADOR/A (B1). Estamos na media de Galicia.

A puntuación media do test (sobre 192) na ESO foi dun: 82.6 que corresponde a un nivel: INTEGRADOR/A (B1) sendo a puntuación media do test en Galicia (sobre 192) dun 77.9 correspondendolle un nivel de competencia: INTEGRADOR/A (B1). Estamos sobre a media de Galicia.

  • Distribución do profesorado por niveis

A2: con 20 profesores/as que representan o 40.8% do total do profesorado.

B1: con 17 profesores/as que representan o 34.7% do total do profesorado.

B2: con 7 profesores/as que representan o 14.3% do total do profesorado.

C1: con 3 profesores/as que representan o 6.1% do total do profesorado.

C2: con 2 profesores/as que representan o 4.1% do total do profesorado.

 

Interno
63 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. No noso centro non utilizo a tecnoloxía para coñecer en maior detalle os meus puntos fortes e débiles como estudiante nin para realizar observacións sobre o traballo dos meus compañeiros (G5, G6). Alumnado Si
Debilidade 2. Non utilizo suficientemente a tecnoloxía no fogar para as tarefas escolares (UTIC2). Alumnado Non
Debilidade 3. No noso centro unha parte do alumnado con necesidades educativas especiais ten dificultades ao acceso ás tecnoloxías de apoio (C15). Alumnado Non
Debilidade 1. Proporción elevada de familias pouco implicadas co ensino (C13 OP). Familias Non
Debilidade 1. Temos dúas aulas T1 e T2, con ordenadores obsoletos (C2). Infraestruturas Non
Debilidade 2. Equipos informáticos insuficientes nos Departamentos (2). Infraestruturas Non
Debilidade 3. Velocidade de acceso a Internet (3). Infraestruturas Non
Debilidade 4. Ausencia de rede wifi nas aulas para o alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Necesidades de formación adecuada para o profesorado do Centro (A1-A2). Oferta Non
Debilidade 2. Centro ausente da rede Edixgal (A3). Oferta Non
Debilidade 1. Pouca colaboración coas empresas na estratexia dixital (A6). Organización de centro Non
Debilidade 1. O profesorado non fomenta a realización de comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo (G6). Persoal docente Non
Debilidade 2. Non existe utilización das TIC para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaxe (G5). Persoal docente Si
Debilidade 4. Non se fai unha avaliación e debate sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e aprendizaxe co uso das TIC (B1). Persoal docente Non
Debilidade 6. Hai unha escasa formación en tecnoloxías dixitais de apoio a alumnado con necesidades educativas especiais. Persoal docente Si
Debilidade 3.Non se fomenta la participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando as TIC (F6). Persoal docente Si
Debilidade 5. Non se fai unha avaliación do progreso e debate sobre o uso das TIC (B3). Persoal docente Si
Debilidade 1. Falta de formación interna no PND nas ferramentas corporativas (E3). Persoal non docente Non
Fortaleza 1. No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os precisa (C8). Alumnado Non
Fortaleza 2. No noso centro os alumnos usan ferramentas e contornos de simulación con fines didácticos para reproducir o contexto de traballo real (C17). Alumnado Si
Fortaleza 3. No noso centro aprendo a actuar de maneira segura en internet e aprendo a actuar de maneira responsable e a respectar aos demais cando utilizo internet (H1, H3). Alumnado Si
Fortaleza 4. No noso centro aprendo a comprobar se a información que atopo en internet é fiable e precisa e a utilizar o traballo doutras persoas que atopei en internet (H4, H6). Alumnado Si
Fortaleza 5. No noso centro aprendo a crear contidos dixitais e a comunicarme usando a tecnoloxía (H7, H8). Alumnado Si
Fortaleza 7. Utilizo a tecnoloxía fóra do centro con fines de aprendizaxe (UTIC2, UTIC3). Alumnado Non
Fortaleza 6. Utilizo con certa frecuencia a tecnoloxía no centro (UTIC1). Alumnado Si
Fortaleza 1. A min ou a miña familia chégannos avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil. Ademais pódense xustificar as faltas ou pedir titorías (PE3). Familias Non
Fortaleza 1. No noso centro a infraestructura dixital respalda a ensinanza e o aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais e existe un alto nivel de dixitalización nos procedementos internos de xestión (C1). Infraestruturas Non
Fortaleza 2. No noso centro existen dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor docente (C2). Infraestruturas Non
Fortaleza 3. No noso centro facilítase o acceso a internet para o ensino e aprendizaxe (C3). Infraestruturas Non
Fortaleza 8. No noso centro o alumnado pode traer os seus propios dispositivos portátiles e usalos durante as clases (C13). Infraestruturas Non
Fortaleza 9. No noso centro os espazos físicos facilitan o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C14). Infraestruturas Non
Fortaleza 4. No noso centro disponse de asistencia técnica cando xortden problemas coas tenoloxías dixitais e existe un sistema efiicente de mantemento de incidencias (C5). Infraestruturas Non
Fortaleza 5. No noso centro existen sistemas de protección de datos (C7). Infraestruturas Non
Fortaleza 6. No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os precisa (C8). Infraestruturas Non
Fortaleza 7. No noso centro hai dispositivos portátiles administrados e propiedade do centro que os alumnos poden levar a casa cando sexa preciso (C10). Infraestruturas Non
Fortaleza 10. No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso a tecnoloxías asistenciais (C15). Infraestruturas Non
Fortaleza 1. No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado porde utilizar cando os precisa (C8). Oferta Non
Fortaleza 2. No noso centro existe un número determinado de ordenadores que se lle pode prestar ao alumnado para que os leve á súa casa. Oferta Non
Fortaleza 1. No noso centro contamos cunha estratexia dixital e o equipo directivo involucra ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro (A1, A2). Organización de centro Si
Fortaleza 2. Apoiamos aos profesores para que exploren novas ofrmas de ensino con tecnoloxías dixitais (A3). Organización de centro Si
Fortaleza 4. No noso centro temos medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos alumnos e o seu contexto socioeconómico (C11). Organización de centro Non
Fortaleza 8. O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, video conferencia,abalar Mobil, correo electrónico...) (PE4). Organización de centro Si
Fortaleza 3. No noso centro avaliamos os nosos progressos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B1). Organización de centro Non
Fortaleza 5. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (E4). Organización de centro Non
Fortaleza 6. O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos (web,aula virtual, videoconferencia, correo corporativo...) para difundir a información do centro e o ensino virtual (PE1). Organización de centro Si
Fortaleza 7. Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas pola Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado (PE3). Organización de centro Non
Fortaleza 1. Conto co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais (A3). Persoal docente Non
Fortaleza 5. No noso centro debatimos sobres as vantaxes e inconvintes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B2). Persoal docente Non
Fortaleza 6. No noso centro usamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións (B3). Persoal docente Non
Fortaleza 4. No noso centro avaliamos os nosos progresos en materia de ensio e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B1). Persoal docente Non
Fortaleza 8. Teño acceso a posibilidades de aprendizaxe de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais (D2). Persoal docente Non
Fortaleza 7. O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais (D1). Persoal docente Non
Fortaleza 9. O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais (D3). Persoal docente Non
Fortaleza 10. Busco recursos educativos dixitais en internet e creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino (E1, E2). Persoal docente Si
Fortaleza 11. Utilizo entornos virtuais de aprendizaxe cos alumnos e recursos educativos abertos (E3, E5). Persoal docente Si
Fortaleza 13. Realizo actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado (F4). Persoal docente Si
Fortaleza 16. Atopei útiles as actividades de DPC sobre formación a través da cooperación e orientación e asesoramento internos (DP3, DP5). Persoal docente Non
Fortaleza 12. Utilizo tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado, favorecer a colaboración entre eles e avaliar as súas habilidades (F3, F5, G1). Persoal docente Si
Fortaleza 14. Participo en actividades formativas individuais organizadas pola Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado (PE1). Persoal docente Non
Fortaleza 15. Son coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e dispoño e fago uso deste tipo de ferramentas nocentro (PE5). Persoal docente Si
Fortaleza 17. Manexo con seguridade as TIC para a preparación das clases, impartilas e para a comunicación co alumnado (SMT1, SMT2, SMT4). Persoal docente Si
Fortaleza 1. Os conserxes dispoñen cada un do seu ordenador con acceso a internet. Persoal non docente Non
Fortaleza 2. Boa disposición do PND na atención ao alumnado (F3). Persoal non docente Non
63 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Dotación de equipamento informático ao Centro (C2). Administración educativa Non
Ameaza 1. Pouca participación da maioría de familias (G5). ANPA Non
Ameaza 1. Situación económica do barrio en mal momento (C13 OP). Contorna Non
Ameaza 1. Inseguridade ante a normativa sobre dereitos de autor (A5 OP). Lexislación Non
Ameaza 2. Normativa Estrita sobre PDCP (C7). Lexislación Non
Ameaza 1. Crise Económica (C1-C8). Outras Non
Oportunidade 1. As diferentes modalidades de formación organizadas pola Administración Educativa axústanse as miñas necesidades formativas en competencia dixital (PE3). Administración educativa Non
Oportunidade 2. Existe unha aposta da administración pola dixitalización (C2-C3). Administración educativa Non
Oportunidade 1. Colaboración na consecución de recursos (F3). ANPA Non
Oportunidade 1. O CEIP de Casás e o Menéndez Pelayo está inmerso no Programa EDIXGAL (C2-C3). Contorna Non
Oportunidade 2. Os alumnos/as teñen motivación polo aprendizaxe a traves das Tecnoloxías Dixitais (C8). Contorna Non
Oportunidade 1. Impulso ao Plan Dixital dende a Administración (C1-C5). Lexislación Non
Oportunidade 2. Investimento en dixitalización de Bibliotecas (C16 OP). Lexislación Non
Oportunidade 1. Boa relación con proveedores tecnolóxicos (C1-C8). Outras Non
Oportunidade 2. Boa relación con outras institucións (C1-C8). Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión dos obxectivos a acadar e a partir de el deseñamos o Plan de Acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Avaliación das actividades e retroalimentación axeitada na Aula Virtual (G1), (G3), (G5) e (G7)
O02PD Realizar unha proba de Avaliación, por cada U.D. elaborada, con retroalimentación das respostas para que o alumno/a reflexione sobre a súa resposta. Se atoparán elaboradas mediante recursos que ofrece a nosa Aula Virtual (G3).
O03PD Deseñar e crear procesos de ensino-aprendizaxe (E2) e Retroalimentación axeitada (G3)

Seguimento

Procedemento

A avaliación procesual do plan de acción farase como mínimo unha vez ao trimestre. Nesa avaliación reuniranse os responsables de cada obxectivo a conseguir. Farán un seguimento do estado da execución das accións a desenvolver, a análise e valoración dos resultados e estableceranse, de ser o caso, posibles modificacións das accións e das propostas de mellora.

1º Trimestre

Seguemento das accións desenvolvidas ao longo do trimestre recollidas no Anexo I: Seguimento Obxectivos do PD.

2º Trimestre

Seguemento das accións desenvolvidas ao longo do trimestre recollidas no Anexo I: Seguimento Obxectivos do PD.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

É necesaria unha avaliación do plan de acción durante a súa execución, para garantir a consecución dos obxectivos propostos. Farase ademais unha avaliación final ao remate do curso para avaliar a consecución dos obxectivos propostos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

    • Para a difusión do Plan a toda a comunidade educativa, publicarase na páxina web do Centro.

    • O Claustro e Consello Escolar terán acceso directo ao documento e as súas propostas de mellora e evolución a través dos respectivos cursos da nosa Aula Virtual.

    • Levarase mantemento constante do curso PFPP-Plan Dixital que seguirá aberto a todo o profesorado.

    • O profesorado ao completo é o responsable da aplicación do Plan, polo que debe coñecelo coa maior profundidade. Levarase a cabo a través de cantas reunións de claustro se consideren necesarias. Ademais, a Comisión de Coordinación Pedagóxica será responsable tamén da difusión e dinamización do Plan entre todo o profesorado dos seus respectivos Departamentos.

    • En certos aspectos do Plan o responsable da dinamización será o equipo directivo, que nas súas reunións periódicas habilitarán os medios necesarios para a súa implantación. É especialmente relevante o seu papel no referente a infraestruturas e equipamento, xestión e organización de centro e comunicación e interacción institucional.

    • O equipo coordinador do Plan Dixital encargarase de que que estas accións se leven a cabo e realizará as correccións oportunas para mellorar a difusión e posta en marcha do Plan.

Ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesleiraspulpeiro/?q=system/files/Plan_Dixital_Leiras_1.0.pdf