Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Dirección: Ronda de María Emilia Casas Baamonde s/n Monforte de Lemos (Lugo)

email: ceip.monforte@edu.xunta.gal.

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/

Etapas educativas: Infantil e Primaria

N.º de Alumnado: 285

N.º de Profesorado: 30

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Plurilingüe Monforte (Colexio Novo) xorde como resposta á necesidade de trasladar dous antigos centros de ensino (San Antonio e Sagrado Corazón), situados no casco urbano de Monforte a un novo edificio, que subsana as deficiencias de espazos e/ou condicións “físicas” destes (falta de patios de lecer, edificios moi antigos e de difícil illamento térmico, ...), acadando unha clara mellora das condicións , instalacións e distribución de espazos na que os alumnos e profesorado traballan diariamente. A día de hoxe, acolle a documentación procedente de ámbolos dous centros nomeados e do centro de Educación Infantil Caixa Galicia, que desapareceu, como tal, xa hai varios anos. Situación: O CEIP Plurilingüe Monforte situase na zona norte da cidade, a carón da Rolda Mª Emilia Casas Baamonde e do Río Cabe, relativamente cerca do centro urbano, de onde provén a maior parte do seu alumnado. Titularidade: É un colexio público e, en consecuencia, está baixo a titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia. A meirande parte do alumnado é monfortino; procedente do casco urbano (temos unha clara minoría procedente das aldeas e parroquias), pero tamén acollemos, e cada vez máis, alumnado doutras comunidades e doutros países (especialmente suramericanos, romaneses e marroquís). O nivel económico e socio-cultural das familias é moi diverso o que permite, en certa medida, equilibrar os niveis de aprendizaxe. No centro conviven en harmonía distintas relixións, culturas e tipos de familias.

Este Plan Dixital de Centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e promover o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co fin último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por iso, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual. Ademais, é fundamental dotar ao Plan Dixital dun foco central na utilización dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, para que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o emprego das tecnoloxías. Será un instrumento que forma parte do Proxecto Educativo, do Proxecto de Dirección e da Programación Xeral Anual (PXA).

1.3. Breve xustificación do mesmo

A xustificación normativa deste plan está recollida nos seguintes artigos e disposicións:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

Este plan dixital foi elaborado a partir das actividades propostas polo mentor ADIX do noso centro e colgadas no aula virtual habilitada a tal efecto.

2. Situación de partida

2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro

Neste curso 2023-2024 o noso centro forma parte da rede EDIXGAL, temos conectividade wifi en todo o centro e todas as aulas cableadas.

Equipamento dispoñible

Todas as aulas de infantil e primaria contan con equipo para o profesorado, ademáis de paneis dixitais interactivos. As aulas de 5º e 6º contan con equipamento Edixgal completo. O equipo directivo conta con equipo para uso persoal e impresora. O profesorado conta con 3 equipos fixos na sala de mestres conectados á impresora en conserxería. A biblioteca conta cun equipo fixo para xestión da biblioteca, catro equipos portátiles e duas tablets. Contamos cun aula TIC/idiomas con 22 equipos fixos para uso do alumnado e un aula de informática que se emprega para actividades extraescolares con equipos antigos.

Servizos dixitais educativos: servizos corporativos ou non corporativos que facilitan a xestión docente No centro emprégase o plataforma XADE para a xestión docente e de aula, e o servicio de Abalar para a comunicación coas familias. Contamos con páxina web corporativa e aula virtual en moodle. Xestión do mantemento do equipamento do centro. O mantemento do equipamento do centro realízase por parte do coordinador TIC/Edixgal co apoio de outro profesorado do centro, do asesor Abalar de zona, da UAC e do servizo Edixgal Premium.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO fíxose unha recollida de documentación previa entre o profesorado a través da ferramenta SELFIE e o TCDD, incluídos en anexos

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado vulnerable unicamente dispón de 6 meses de conexión a internet. A competencia dixital do alumnado está máis orientada a dispositivos táctiles e pouco cara o PC. Poca competencia ALFIN/AMI. Alumnado Non
Debilidade Moitas familias vulnerables sen recursos dixitais. Baixa competencia dixital dalgunhas familias. Familias Non
Debilidade Gran número de equipos obsoletos. Os equipos que proporciona a consellería non traen sistema operativo Windows, o que dificulta o seu emprego polo profesorado e ademáis veñen bloqueados polo que non se pode instalar nada que non traia de serie. Non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Tarefas mecánicas non dixitalizadas que requiren recursos humanos no comedor Infraestruturas Si
Debilidade EDIXGAL en 5º e 6º impide o estudio en papel. O programa radio escolar non ten previstas horas de liberación para coordinador nin membros do equipo. Falta de solicitude de Proxecta+ relacionado coa dixitalización. Procedimentar o uso dos robots da biblioteca. Oferta Non
Debilidade Aula de informática e recursos dixitais cun uso non procedimentado. As accións de aula relacionadas coas TIC non se recollen na PXA. Pouca difusión do plan TIC do centro e escaso compromiso polo seu cumprimento. Mellorable coordinación entre o profesorado. Non existe un plan de formación interno sobre os procedementos do centro Organización de centro Si
Debilidade Persoal do claustro aínda con dificultades dixitais que require formación. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Numeroso profesorado NON definitivo no centro Persoal docente Si
Debilidade O persoal de limpeza e conserxería non depende da administración educativa. Falta de persoal de administración. Rexistro de entrada e saída do persoal non docente non automatizado recén implementado pola Consellería. Persoal non docente Non
Fortaleza Motivación pola aprendizaxe dixital. Posibilidade de que practicamente todo o alumnado dispoña dun equipo informático. Boa competencia dixital do alumnado Alumnado Non
Fortaleza As familias están empregando abalarmóvil, aula virtual e blogs de aula. As familias polo xeral amosan boa aceptación das iniciativas do centro. Boa comunicación co centro a través de Whatsapp Familias Non
Fortaleza Importante número de dispositivos dixitais no centro, tanto ordenadores como tablets e libros electrónicos Ordenador e pizarra dixital en todas as aulas. Aceptable velocidade de conexión a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza EDIXGAL en 5º e 6º. Actividad extraescolar de informática. TIC en 4º como libre configuración. Radio escolar. 1 hora semanal de apoio TIC en todos os cursos de primaria. Contratos programa en prol da dixitalización. Solicitude de actividades relacionadas coa seguridade na rede. Biblioteca escolar con páxina web e blog propios e presentes na web corporativa. Oferta Non
Fortaleza Aula TIC con suficientes ordenadores operativos. Páxina web actualizada. Emprego de plataformas educativas dixitais para a aprendizaxe. (Liveworksheets, EVA-Edixgal, Matific...) Organización de centro Non
Fortaleza Maioría do profesorado cunha competencia dixital básica. Grupo de profesorado con maior competencia dixital e disposición de compartir coñecementos. Boa motivación de cara a formación. Adoitado a empregar ferramentas dixitais, sobre todo dende a pandemia. Persoal docente Si
Fortaleza Persoal non docente con estabilidade no centro. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Formación dixital non multinivelada no PFPP. Falta de tempo dos docentes para a exploración de medios dixitais e a creación de contidos dixitais. As aplicacións corporativas son pouco intuitivas, pouco personalizables e extramadamente pouco operativas. Lentitude por parte da administración educativa respecto da atención de solicitude de novo equipamento tecnolóxico. Non están reguladas as horas de liberación do coordinador TIC/Edixgal nin do equipo. Non hai posibilidade de empregar contas edu.xunta.gal para equipos do centro que non sean os persoais. A rede da Consellería non permite conectar dispositivos intelixentes como smartsTv , Alexas... Os centros non teñen acceso ás contas de "familia" das aplicacións corporativas. Falta de aplicación corporativa específica para orientación. Falta dun plan dixital marco común a todos os centros. Falta dunha carreira profesional que non valora a formación nin a implicación do profesorado. Exceso de burocracia e papeleo en todos os ámbitos de funcionamento do centro que nos impiden destinar os nosos esforzos a cousas máis productivas. Inefectividade real da estratexia dixital 21-25 tendo en conta os recursos económicos destinados a ela Administración educativa Non
Ameaza ANPA non estable, con cambios de directiva cada poucos anos ANPA Si
Ameaza Falta de liberación horaria dos integrantes do equipo TIC. Continuos cambios na lexislación. A normativa de protección de datos é moi restrictiva nalgúns aspectos Lexislación Si
Ameaza O persoal de limpeza e conserxería non depende da administración educativa. Outras Non
Oportunidade Contratos programa de innovación que facilitan ao centro recursos humáns, económicos e de formación. Posibilidade de solicitar á Consellería a través das distintas convocatorias, PFPP (Planes de Formación Permanente do Profesorado), seminarios ou actividades de actualización. Estar en edixgal proporciona servicio técnico bastante rápido en caso de incidencias Administración educativa Non
Oportunidade Boa colaboración co ANPA ANPA Non
Oportunidade Fibra óptica na zona. A dixitalización está en auxe, e dende a pandemia moi aceptada e recoñecida socialmente. Contorna Si
Oportunidade Lexislación que aboga pola dixitalización Lexislación Si
Oportunidade Participación nas actividades promovidas polo Concello. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellora e actualización constante dos elementos TIC do centro.
O2PD Mellorar a competencia dixital do profesorado
O3PD Fomentar o emprego do aula TIC/idiomas
O4PD Designar e recoñecer a figura do dinamizador da radio escolar
O5PD Actualizar e dinamizar a páxina web do centro

Seguimento

Procedemento

Unha vez ao trimestre analizaremos o estado de execución as accións previstas, valoraremos os resultados acadados e
analizaremos posibles modificacións destas accións con vistas a elaborar propostas de mellora.

1º Trimestre

Desenvolvéronse todas as actividades propostas para este trimestre

2º Trimestre

Desenvolvéronse todas as actividades propostas para este trimestre.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O equipo TIC do centro xunto co equipo directivo serán os encargados de realizar a avaliación do plan dixital.

A final de curso realizaremos unha valoración xeral do logro de obxectivos e indicaremos propostas de mellora. Ao remate do curso, unha vez que se consoliden as accións, a competencia dixital do centro debe ser valorada globalmente e froitop desa valoración estableceranse unhas propostas de mellora.

Esta avaliación realizarase preferentemente en claustro ao final do curso escolar, cunha cadencia como mínimo anual e dará lugar á revisión e actualización do Plan Dixital Centro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan dixital será publicado na páxina web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/