Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 O IES do Camiño encóntrase no concello lucense de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. Este municipio conta na actualidade con 3.388 habitantes (INE 2019) e ademais do núcleo urbano, onde se sitúa o instituto, conta con unha ampla contorna rural.

Pola súa parte, Palas forma parte dunha comarca, a Ulloa, na que tamén se sitúan os concellos de Antas de Ulla e Monterroso. Entre as principais actividades económicas deste espazo destaca o sector primario, tanto en canto a agricultura como a gandería. Alén diso, Palas é unha importante referencia no Camiño Francés, o que repercute no sector servizos.

O presente Plan dixital elaborouse en base ao Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e o Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Así como tamén se seguen o Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e o Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, que establecen que: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”.

O Plan Dixital, contribuirá aos obxectivos do Proxecto Educativo do centro axudando á adquisición de técnicas de traballo, así como de coñecementos de diversos tipos. Así mesmo, existen no centro outros plans e proxectos. Neste sentido, cómpre nomear a existencia no centro dun Proxecto Lingüístico, un Plan anual de traballo da biblioteca, un Plan anual do Equipo de Normalización lingüística, un Plan de atención á diversidade, un Plan de convivencia, un Plan de Formación do Profesorado, un Plan de Acción Titorial, un Programa TEI (Titoría entre Iguais), un Proxecto E-Dixgal, un Proxecto Abalar ou un Plan Proxecta de correspondentes xuvenís...

Así, o Plan Dixital contribuirá a fomentar a páxina web do centro; a coordinar a acción do profesorado das diferentes áreas en relación ao traballo coas TIC; a impulsar a comunicación con outros centros e localidades; a facilitar o acceso ás tarefas de apoio e reforzo por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo; a potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento; a utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo; a fornecer ao alumnado de estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC; a utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas; a potenciar a comunicación cos seus iguais; a mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC; a empregar as TIC para o traballo cotián e as actividades de aula; a intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de colaboración como internet; a lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación; a poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica a disposición de nais e pais para favorecer a adquisición dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.

Neste sentido, o Plan Dixital será un elemento importante dentro da Programación Xeral do curso 23/24. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Plan Dixital do centro foi elaborado inicialmente creando un grupo de traballo coa intención de crear o documento. A través da Aula Virtual, obtívose o asesoramento externo e seguimento de todo o procedemento e materiais precisos (SELFIE, Plan de Competencia Dixital Docente, Plan de Acción...). O grupo de traballo reuniuse de forma regular e realizáronse reunións presenciais coa Coordinadora do Plan Dixital asignada ao centro por parte da administración educativa.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Cando é procedente, o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade Falta de conciencia da necesidade de comprobación se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade Non todas dispoñen de competencia dixital Familias Non
Debilidade Insuficiente política de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiente formación sobre aprendizaxe mixta Infraestruturas Non
Debilidade Imposibilidade de ofertar todas as materias por baixa ratio. Oferta Non
Debilidade Dentro do horario non se contempla tempo dedicado á comunicación sobre o desenvolvemento coordinado do Plan Dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Falta de claridade no feito de que as ferramentas dixitais sexan todas da súa competencia Persoal non docente Non
Fortaleza Suficientes dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Suficiente comportamento seguro e responsable do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Boa disposición ao emprego de tecnoloxías dixitais. Familias Non
Fortaleza Elevado número de equipos e moi boa conectividade. Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado conta cos seus propios dispositivos portátiles Edixgal para a súa propia aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Están actualizados os equipamentos e as redes Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza Oferta de optativas relacionadas coas tecnoloxías dixitais Oferta Non
Fortaleza Suficiente variedade nas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza O número do alumnado co que contamos permite un bo aproveitamento dos espazos e recursos do centro educativo. Organización de centro Non
Fortaleza Centro de antiga implantación pero con infraestruturas actualizadas. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo involucra, de forma xenérica, ao profesorado na estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente utilización de recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa a través de medios dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Entorno dinámico e traballador. Persoal docente Non
Fortaleza Traballo en equipo Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de traballo burocrático. Administración educativa Non
Ameaza Creación dun perfil en XADE común a todos os centros co epígrafe ¿Orientación" Administración educativa Non
Ameaza Falta de renovación de determinados equipamentos informáticos de aula e insuficientes equipos a disposición do profesorado Administración educativa Si
Ameaza Dificultades dende Orientación para o envío de mensaxería a través de Abalar por non teren grupos asignados con docencia e imposibilidade de solicitar información ao profesorado Administración educativa Non
Ameaza Non existe a posibilidade de organizar actividades extraescolares en relación ás ferramentas dixitais ANPA Non
Ameaza A distancia entre os pequenos núcleos de poboación, xunto coa falta de infraestruturas, incide na fenda dixital non facilitando acceso de calidade a internet Contorna Non
Ameaza Amplitude e inestabilidade lexislativa. Lexislación Non
Ameaza Vixencia de varias leis educativas solapadas, cos seus conseguintes desenvolvementos normativos. Lexislación Non
Ameaza Carencia de espazos de uso público con medios e conectividade dixital. Outras Non
Oportunidade Apoio institucional ao plan dixital Administración educativa Si
Oportunidade Creación dunha ANPA ANPA Non
Oportunidade Existencia de equipamento dixital na maioría dos domicilios do alumnado para ser usados no proceso de aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade Moi boa ratio profesorado ¿ alumnado. Contorna Non
Oportunidade Algúns cambios lexislativos favorables, que ofrecen: equidade, seguridade xurídica, lexislación sobre o ciberespazo etc. Lexislación Non
Oportunidade Plan director do Ministerio do Interior: Ciberacoso, Internet e RRSS e Plan Proxecta+: Correspondentes xuvenís Outras Non
Oportunidade Apoios por parte do concello Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo da análise do SELFIE o Test de Competencia Dixital e a análise DAFO e reunións coa Coordinadora territorial do Plan Dixital, establecéronse áreas prioritarias que permitiron determinar os obxectivos (específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal). Estes obxectivos están contextualizados a áreas de mellora.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o dominio por parte das familias da contorna dixital ABALAR (Ítem B3*).
O02PD Mellorar o coñecemento por parte das familias da Aula Virtual e de EDIXGAL (Ítem B3).
O03PD Comunicar e desenvolver unha liña de formación para o profesorado relativa aos Polos Creativos
O04PD Incorporación de novos materiais dixitais no centro

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de
obxectivos consistirá:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao
trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e
valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as
propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os
aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as
propostas de mellora.
Utilizaranse as táboas do Plan de Acción comprendido dentro deste Plan Dixital como un
medio que facilite o seu seguimento.

1º Trimestre

Os primeiros obxectivos "1. Mellorar o dominio por parte das familias da contorna dixital ABALAR" e "2. Mellorar o coñecemento por parte das familias da Aula Virtual e de EDIXGAL" foron acadados satisfactoriamente no principio de curso, no mes de setembro, nunha reunión informativa e formativa que se tivo coas nais e pais do alumnado. Valórase positivamente e recoméndase continuar con esta liña de trraballo no próximo curso, como xa contempla o presente Plan dixital.

No tocante ao obxectivo 3 aínda estamos pendentes de recibir o material do Polo Creativo.

Así mesmo, no tocante ao oxbectivo "4. Incorporación de novos materiais dixitais no centro" xa se fixeron as primerias xestións, como o inventariado dos equipos informáticos que se deben cambiar, e xa se encargou a primeira tanda de cinco equipos novos que serán instalados ao logo do mes de xaneiro se se cumpren as previsións do proveedor.

2º Trimestre

No tocante ao obxectivo 3,  aínda que nontemos o material do Polo Creativo a estas alturas de curso, nin se nos informou de que material se nos enviará, xa comezamos a formación con material emprestado do CEFORE.

No tocante ao oxbectivo 4. Xa se mercou o novo material (cinco ordenadores) e está instalado e en funcionamento.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos consistirá:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do Claustro e Consello Escolar, farase público na páxina web do centro e será exposta unha copia impresa na Sala de profesorado.