Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro (as
podemos extraer do Proxecto Educativo).
A zona que atende o Colexio inclúe as parroquias de:Rioaveso, San Lorenzo de
Árbol, Carballido,Goiriz, Martiñán e Román. Nesta última está situado o Centro.
A poboación e os asentamentos humanos distribúense en núcleos pequenos e
dispersos, de aí que a case totalidade do alumnado sexa usuario dos servicios
de transporte e comedor escolares.
¿ Os servicios socio-profesionais e os equipamentos colectivos básicos en materia
de sanidade, cultura, información, ocio, etc..., así como a maioría dos
movementos culturais asociados, centralízanse na vila de Vilalba, quen
representa no seu espazo circundante o punto de referencia para a actividade
comercial e social actuando polo tanto de catalizador comercial e prestador de
servicios.
A poboación da zona está composta por agricultores-gandeiros con explotacións
de tamaño pequeno ou medio e, fundamentalmente, por obreiros sen
cualificación que traballan na pequena industria ou en servicios nas
localidades de Vilalba, As Pontes, etc..., e que compaxinan este traballo cunha
actividade agrícola e gandeira, fundamentalmente de autoconsumo.
¿ Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. O PD terá unha
relación con diversos programas do centro, como programa dixital ou os
contratos programa inclúe-t; debido a que se utilizan recursos TIC para a
elaboración de recursos para atender a diversidade.
¿ Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23: O plan
dixital terá a súa concreción anual na PXA, de acordo os artigos 120-122
da LOMLOE, e establecerase que se traballe dunha forma dinamizadora co
resto de plans e proxectos do centro, así como un uso continuo das TIC no
desenvolvemento curricular das áreas/materias.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1 Escaso equipamento dixital no fogar e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos (UTIC1-3) Alumnado Non
Debilidade 1.Escaso uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado e non se utilizan para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe nin poden levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros G1 Persoal docente Si
Debilidade 2.Non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais (B1) Persoal docente Non
Fortaleza 3. O alumnado aprende a actuar con seguridade, responsable en internet (H1-H3) Alumnado Non
Fortaleza 2. Existen dispositivos dixitais do proxecto edixgal que o alumnado utiliza e leva para a súa casa (C8-C10) Alumnado Non
Fortaleza 1. Escaso equipamento dixital no fogar e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos (UTIC1-3) Alumnado Non
Fortaleza 4. Existen debates e reflexión sobre as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza 1. O profesorado cconta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con medios audiovisuais coa presenza de voz e imaxe de alumnado (A3) Persoal docente Non
Fortaleza 2 A infraestrutura dixital das aulas non edixgal e espazos comúns é adecuado para desenvoler procesos de ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1- C2) Persoal docente Non
Fortaleza 3 Non existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise fóra do equipamento edixgal (C8-C10) Persoal docente Non
Fortaleza 4 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado:fomentar a creativivade, motivación, colaboración e traballo interdisciplinar (F1-F3-F4-F5- F6) Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Escaso equipamento dixital no fogar e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos (UTIC1-3) Outras Non
Oportunidade 2.A infraestrutura dixital nas aula de 5º e 6º apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1-C2) Administración educativa Non
Oportunidade 1.Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado:fomentar a creativivade, motivación, colaboración e traballo interdisciplinar (F1-F3-F4-F5-F6) Administración educativa Non
Oportunidade 3.Acceso a internet en todas as aulas tanto por ethernet como por wifi (C3) Administración educativa Non
Oportunidade 4. Somos conscientes e coñecedores das diferentes modalidades formativas para o profesorado: presencial, en liña, a través da cooperación e que contribúen ao desenvolvemento profesional a través de redes profesionais da formación interna e programas acreditados (DPC1-2-3-4-6-8) Administración educativa Non
Oportunidade 1Acceso a internet en todas as aulas tanto por ethernet como por wifi (C3) Outras Non
Oportunidade 2Existen dispositivos dixitais do proxecto edixgal que o alumnado utiliza e leva para a súa casa (C8 Outras Non
Oportunidade 3 .O alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa nin aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais (H... Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre o profesorado do centro mediante abalarpro (A2)
O02PD Empregar a plataforma EVA para avaliar o alumnado de 5 6 primaria EDIXGAL
O03PD Crear recursos dixitais para E.I. (E2)
O04PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital

Seguimento

Procedemento

O procedemento que se realiza para seguir este plan sería dunha vez trimestral.

1º Trimestre

O01PD: A inicio de curso comentouselle ó profesorado o uso de AbalarPro por parte do mesmo. Durante este 1º trimestre logrouse que a totalidade do claustro utilizara esta ferramenta para as comunicacións diarias.

O02PD: O profesorado de 5º6º primaria, en especial o mestre titor está utilizando a plataforma moodle para a realización de tarefas co alumnado, principalmente tarefas de cuestionarios e plantillas de documentos en world e PDF. A cualificación será principalmente mediante táboas de cotexo.

O03PD: O profesorado de infantil está xenerando recursos dixitais, referentes a situacións de aprendizaxe relacionadas co plan proxecta mestres gandeiros, que se publican de forma transversal co equipo de biblioteca a través do blog da mesma.

O03PD: Durante est primero trimestre fixemos a solicitude do Plan Director de Convivencia centrado nos perigros das redes sociais e o ciberacoso.

2º Trimestre

O01PD: A inicio de curso comentouselle ó profesorado o uso de AbalarPro por parte do mesmo. Durante este 2º trimestre logrouse que a totalidade do claustro utilizara esta ferramenta para as comunicacións diarias.

O02PD: O profesorado de 5º6º primaria, segue a utilizar a plataforma Moodle, centrándose neste trimestre nas presentacións de contidos en formato vídeo e presentación, sobre todo nas ciencias naturais, ciencias sociais.

O03PD: O profesorado de infantil  creou dous recursos dixitais, centrados no plan proxecta mestres gandeiros, en especial para actividades de promoción do centro, como foi crear carteis informativos do espazo agroandeiro para posterior realización dun montaxe audiovisual para  a tv.

O04PD: En marzo fixemos as actividades Plan Director de Convivencia centrado nos perigros das redes sociais e o ciberacos e seguridade vial

3º Trimestre

O01PD: A inicio de curso comentouselle ó profesorado o uso de AbalarPro por parte do mesmo. Durante este 3º trimestre logrouse que a totalidade do claustro utilizara esta ferramenta para as comunicacións diarias.

O02PD: O profesorado de 5º6º primaria, segue a utilizar a plataforma Moodle, centrándose neste trimestre en creación de contidos relacionado cas saídas complementarias como coñecer os recursos naturais e sociais da Ribeira Sacra o do eido do Camiño de Santiago.

O03PD: O profesorado de infantil  creou dous recursos dixitais, centrados na promoción da cultura galega, como é  a festividade dos Maios ou as Letras Galegas.

O04PD: Xa está realizado dende o segundo trimestre as actividades Plan Director de Convivencia centrado nos perigros das redes sociais e o ciberacos e seguridade vial

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A maior parte dos obxectivos propostos como utilizar abalarpro, xerar recursos dixitais tanto na etapa de infantil como de primaria, ou actividades relacionadas co Plan Director de convivencia foron alcanzados na súa totalidade.

Proposta de mellora

Despois de buscar espazo e crear un espazo específico para Polos Creativos, agardamos o vindeiro curso ter material específico do mesmo, como pode ser impresora laser e impresora 3D para facer actividades con estes recursos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

-Publicación na páxina web do centro da dirección URL que dará acceso a educalidade